FSF: Vai de maldicións
A maldición vasca sigue moi viva para o Fisober. Enésima visita e enésima derrota e xa van 8, a última esta fin de semana en Bilbao. Por sorte esta tempada solo queda unha visita máis a territorio vasco.
Tamén na 2ª, o Viaxes Amarelle colleitaba a súa segunda derrota do curso no derbi ante o Valdetires Ferrol e cae á 4ª praza.
Pola Liga Galega, a boa nova da xornada, e tamén en clave de maldición, pero neste caso rompéndoa, chegou dos mozos do Vila de Ceeo. Os homes de Mira Llopis sumaban ante un pavillón aitegado unha importantísima vitoria que ademais rompe un maleficio, vencendo ao que chegaba de líder. Agora quedan os ceenses a 4 puntos do liderado na 6ª praza nun alto da táboa tremendamente igualado. Pola contra a derrota das bravas do Semáforo deixa ao equipo de Juan Jesús na zona morna, aínda con moito marxe coas de abaixo.
Na Provincial inesperada primeira derrota do Ponteceso na Coruña, que deixa ás de Curro a 4 puntos do liderado. As que non dan recuperado son as esteirás do Atletes, que seguen amosando melloría pero que non acaban de estrear o taboleiro de puntos.
2ª División Femenina – Grupo I, xornada 10
Nova equipación do Fisober Dumbría- Resultado: STILO KIROL KLUBA – FISOBER F.S.F. (10-3).
- FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Noe, Inés; tamén xogaron: Laura, Bárbara, Leti.
- Goles: 1-0 min. 13 Oly, 2-0 min 19 Txibi, 2-1 min 20 Paula Fandiño, (descanso), 3-1 min 23 Amaia, 3-2 min 24 Inés, 4-2 min 24 Txibi, 5-2 min 32 Txibi, 6-2 min 33 Alaitz, 7-2 min 34 Amaia, 8-2 min 36 Txibi, 8-3 min 39 Inés, 9-3 min. 39 Amaia, 10-3 min 40 Estizen.
O Stilo foi mellor e mereceu a vitoria o propio resultado o di todo, pero cabe destacar que partido se foi 2-1 ao descanso e estaba 4-2 a falla de 8 minutos, para rematar cun rotundo 10 a 3. Do partido a tenor do resultado pouco se pode falar. As vascas dominaron o tempo de xogo e o control do partido en todo momento, pero o Fisober foi aguantando. Pero non foi ata o minuto trece cando Oly puña en ventaxa as locais.
Na segunda metade nada cambiou. Os tres minutos Amaia poñía o 3 a 1 no electrónico. Respostaba tan só un minuto despois Inés para o 3 a 2. Pero pouco lles duraba a ledicia as costeiras xa que un libre indirecto no borde do área sinalado polos colexiados nese mesmo minuto deixaba o resultado en 4 a 2. Puido recurtar Noe mediada a segunda metade cun lanzamento o trabe. Pero a falla de oito minutos todo se desencadeou para mal. O quinto a dous obra de Txibi descompuxo totalmente as visitantes e chegaron outros tres goles en catro minutos para o 8 a 2 obra de, Alaitz, Amaia e de novo Txibi. Decidía o Fisober co partido xa perdido probar cousas do xogo de cinco, pero definitivamente non era o día.
A única boa noticia do partido foi a volta de Laura lesionada na pretempada e que xogou os seus primeiros minutos esta tempada. Estreaba o Fisober equipación branca que non deu moita sorte polo que se ve.
Liga Galega Feminina Norte, x.11
- Resultado: FSF Villa de Cee “O Semáforo” - A Estrada FS (2-6).
Comenzaron bastante mal as rapazas do Villa de Cee, sen ritmo e sen intensidade o rival dominaba o partido e comenzaba a avisar con varias ocasións, mentras o Villa de Cee case non intimidaba o rival. Os poucos minutos marcaron as da Estrada. Durante toda a primeira parte en ningun momento se decantaba o partido para as Ceenses, chegando o final da mesma cun 0-3.
Na segunda parte mais do mesmo que na primeira, estaba claro que non era o día das Ceenses, rendindo moi por debaixo do seu nival e chegando a recibir outros 3 goles, finalmete cara o final do partido dous goles de Goreti conseguian disimular o marcador cun 2-6 que reflexaba o xusto para os meritos mostrados para ambos equipos.
As estrelas nesta ocasion serán: 3* Goreti con dous goles, 2* Vanesa e 1* Carla.
Liga Galega Masculina Norte, x.11
- Resultado: FSF Villa de Cee - Culleredo (6-4).
Increible partido o vivido o sábado no Municipal de Cee, recibian os homes de Llopis o lider da categoría, e tiñan os Ceenses numerosas baixas, xa que non poideron contar con Jose Antonio, Aitor, Hidalgo e Gabi.
Comenzou o partido da peor forma posible, pois en 5 minutos ian perdendo 0-3 e por si fora pouco Perce lesionabase, todo apuntaba a un dia nefasto para os homes de Llopis . Pero este equipo cheo de orgullo e gañas e apoiados por unha afición impresionante foronse a polo partido. Marroco daba unha inxección de moral marcando un golazo precioso, Mario marca de penalti o 2-3 e todo apuntaba a remontada, pero faltando 5 segundos para rematar a primeira parte o Culleredo marca o 2-4 .
Xa na segunda parte apareceu o vendaval Ceense, Marroco marca o 3-4 nada mais comenzar e posteriormente nunha espetacular xogada con "lambreta" incuida, case consegue o empate. Seguían os Ceenses dando todo na pista, Santi consegue o empate e a 5 minutos do final marca Pablo poñendo en vantaxe o marcador por primeira vez mno partido . Sairon de 5 co porteiro xogador os de Culleredo, conseguindo apretar os Ceenses e facendos sufrir en defensa, cando Bruno dende a porteria sentenciaria o partido anotando o 6:4 para delirio dunha afección totalmente entregada o equipo.
As estrelas esta semá son 3* Marroco, dous golazos, lambreta, unha pesadela para a defensa do rival, 2*.
Liga Provincial Feminina, x.9
- Resultado: Seguridade Galega 5 Coruña FS - Concello de Ponteceso FSF (2-0)
- SEGURIDADE GALEGA 5 CORUÑA FS: Katia, Patricia, Guadalupe Alba e Nuria - tamén xogaron - Ainhoa, Laura, Silvia, Cristina, Ana Belén, Alba e Regina.
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carmen, Verónica e Nuria - tamén xogaron - Sandra, María, Martina e Chus.
- Goles: Laura e Alba.
Intenso o encontro vivido no Barrio das Flores, onde ningún equipo tivo un momento de relaxacion. Comezaban xa presionando arriba as coruñesas, ó igual que as pontecesanas, que lograban complicarlle a saida do balón dende atrás ás locais. Pasados 10 min sen ningún tiro a portería, empezarían a probar ambos equipos con disparos lonxanos. Tería unha oportunidade o 5 Coruña cun tiro dende a liña de penalti despois dunha cesión do conxunto pontecesán, pero despexaríao a defensa. Achegaríase tamén o Ponteceso, cun tiro de Ana que sae rozando o pau. María tería a ocasión máis clara despois dunha xogada persoal, pero o balón peta no pau e sae rozando a liña de gol. Sairía de 5 o conxunto coruñés para unha xogada de falta e chegaría o primeiro gol do encontro tras un despiste da defensa visitante.
Despois do gol levarían o control do partido as locais, cun Ponteceso que presionaba arriba intentando provocar os erros das rivais, pero ningún dos equipos conseguía xerar ocasións de gol. Sairía outra vez coa porteira xogadora o 5 Coruña no último minuto, pero desta vez as visitantes estiveron atentas, provocando o erro na xogada e facendo que se chegase ó descanso co 1-0 no luminoso.
Volverían dos vestiarios presionando arriba as xogadoras de Curro, tratando de darlle a volta ó marcador dende o inicio do segundo período. Ana e María terían as primeiras ocasións, pero os balóns sairían desviados. Co paso dos minutos lograban chegar en reiteradas ocasións as pondalianas, sendo María e Verónica as que dispoñerían das oportunidades máis claras para igualar o marcador. Pese ó mellor xogo das visitantes, lograrían facer o segundo as coruñesas nunha saída co balón, despois dun erro nas marcas das pontecesnas. Dispoñería aínda de 4min o Ponteceso para recortar distancias e intentar igualar o marcador, pero a pesar de ter un par de ocasións, non serían capaces as xogadoras de bater á porteira local, chegando así a primeira derrota ligueira para o Concello de Ponteceso FSF.
Liga Provincial Feminina, x.9
- Resultado: Comarcal A Fervenza F.S.F. - A.D. Atletes F.S.F. (9-1)
- Comarcal A Fervenza, FSF: Alba Carro (P); Carmen; Raquel Rodríguez (1); María; Iara; Natalia; Raquel Felepete (1); Alba Permuy (2); Claudia (2); Lucía; Alba Otero (3).
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Julia; Sara C; Martina; Alba (1); Ana; Sara; Ainoa.
Poucos espectadores, que pertenecían os familiares das xogadoras da Fervenza, no Pavillón Polideportivo A Solaina, de Narón Como era previsible o Fervenza comezou volcado sobre o Atletes, que se defende con bastante orde. Esto non impide que no minuto tres e medio, a mellor xogadora da Fervenza, Alba Otero, marque o primeiro gol para as da casa. O Atletes, seguía defendéndose con orde e intentando chegar o campo das da Fervenza, pero éeste, superior, no minuto nove, volve a marcar por medio de Raquel Rodríguez. As de Esteiro seguían resistindo, pero dous minutos máis tarde, Raquel Felepete marca de novo, poñendo o tres a cero no marcador. O Atletes non se descompuña, e faltando 55 segundos para finalizar a primeira metade, nunha contra, Alba, velocísima, marca o único tanto para as de Esteiro. Pouco lles dura alegría o Atletes, posto que, 15 segundos máis tarde, volve a marcar a Fervenza por medio de Alba Otero, a súa mellor xogadora.
Comenza a segunda metade, e os dos minutos, marca Claudia o quinto gol para as da Fervenza. A partir de aquí, o Atletes, si que decaeu, e as locais dominan totalmente o partido. As de Esteiro, perderon absolutamente a concentración e víanse incapaces de controlar as da Fervenza. Cada dous ataques que facían as da Fervenza marcaban un gol, e así ían caendo ata que as xogadoras do Atletes acababan pedindo o final do partido, e da viaxe máis longa e accidentada do curso.
Entre as de Paco, cómpre nomear a Alba e Ana, pero o equipo volveu amosar unha cara amarga.
2ª División Femenina – Grupo IV. Xornada 10
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Valdetires Ferrol FSF (3-5)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Dolo, Lago, Martita (cinco inicial), María Gómez, Alba, Laura Tesouro, Sheila, Xiana.
- Goles: 0-1 Sheila (min.2); 0-2 Lidia (min. 3); 1-2 Laura Tesouro (min. 9); 2-2 Dolo (min. 13); 2-3 Sheila (min. 19); 3-3 Martita (min. 23); 3-4 Lidia (min.25); 3-5 Erika (min. 32).
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, cede a segunda derrota da tempada e a primeira como local ao caer na tarde deste sábado ante un rival directo no derbi galego da xornada contra o Valdetires Ferrol FSF por un marcador de 3-5. En conclusión, partido moi traballado e longo, pois se chegou a alargar máis de dúas horas e marcado por unha lesión importante da xogadora herculina ao final da primeira parte tras un choque con Lidia. As herculinas sempre a remolque conseguiron igualar dúas veces a contenda, pero finalmente acabaron cedendo os tres puntos ante un rival directo.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).