Xoves. 10.10.2024
El tiempo

FSF: O Atletes pon a súa mellor cara

FSF: O Atletes pon a súa mellor cara
Atletes nun choque desta campana As do Atletes, nun choque desta campaña, protagonizaron a mellor nova da fin de semana no FSF costeiro

Na 2ª División, fermosísimo partido o vivido no Conco, dos que fan afección polos goles e a emoción. Mágoa que os puntos marcharan para Zaragoza.

Xa nas Ligas Galegas, as mozas do Semáforo disputaban un estrano partido, e tras unha gran primeira metade na que lanzaron ata 7 balóns aos paus, desmororánose moralmente na segunda sufrindo un set ante o Santiago Futsal.
Pola contra, os chicos vencían un partido importante que os aúpa á 3ª praza, a só 3 puntos do 2º, se ben cun partido máis.

Na Liga Provincial, o Ponteceso FSF tiña oportunidade para ter cazado ao líder, pero na súa visita á Baña as de Pondal caían nun partido bronco na que o resultado non amosa o visto na pista. Deste xeito, as costeiras quedan con 5 puntos de desvantaxe sobre o liderado, pero un partido menos, aínda con opción a todo.

A mellor nova da semana foi o partidazo das mozas do Atletes, que por fin competiron a grandísimo nivel ante as 3ª da Provincial, sacando un empate que ben puido ser unha vitoria.

 

2ª División Nacional, Grupo I, xornada 23

Laura co Fisober Laura co Fisober Noe marcou 4 goles co Fisober Noe marcou 4 goles co Fisober
  • Resultado: FISOBER F.S.F. - SALA ZARAGOZA (4-6).
  • FISOBER: Lía, Tamara, Paula Fandiño, Ana, Noe. Tamén xogaron: Leti, Mai, Bárbara, Inés , Laura.
  • Goles: 0-1 min 1 Rapha; 0-2 min 3 Rapha; 1-2 min 9 Noe; 2-2 min 10 Noe; 2-3 min 13 Rocío; 2-4 min 17 Rapha; 3-4 min 18 Noe; 3-5 min 19 Rocío (descanso); 4-5 min 29 Noe; 4-6 min 36 Rapha.

Partido adiantado da xornada 23ª a petición do conxunto aragonés, aproveitando a xornada de descanso na liga, e que se celebrou na tarde do sábado no Conco. E foi un gran partido, cheo de emoción, de tolemia por momentos, dos que fan desfrutar o público, cunha metade para cada equipo e que finalmente se levou o Sala Zaragoza para terras aragonesas, onde a local Noe e a brasileira Rapha marcaron ata por catro veces cada unha.

Non podía arrancar peor o partido para o equipo costeiro. Xa que aínda dentro do primeiro minuto a brasileira Rapha adiantaba o equipo aragonés. E non tardou moito en repetir tan solo un par de minutos despois. Malas perspectivas para o Fisober que se vía cun 0 a 2 en tan solo tres minutos. Pero non se viñeron abaixo as locais. E seguiron loitando. Mediada esta primeira metade Noe e Bárbara tiñan moi boas ocasións para estrear o electrónico local. Tivo que ser Noe a que os nove minutos puxera o primeiro gol do Fisober. A resposta visitante foi por mediación de Laura Boix pero non foi quen de superar a Lía. Acto seguido aos dez minutos un lanzamento cruzado de Noe petaba nunha xogadora visitante para poñer de novo táboas no marcador. E a punto estivo Inés de adiantar as locais cun testarazo. Quen si marcou foi a visitante Rocío Faci aos 13 minutos para poñer novamente en vantaxe ao Sala Zaragoza. Tivo novamente que aparecer Lía ante unha dobre ocasión visitante, mentras que Paula Fandiño tiña a ocasión local. Aos 17 minutos novamente Rapha facía o 2 a 4, respostaba Noe tan só un minuto despois co 3 a 4, e dentro da tolemía cando chegábamos ao último minuto da primeira metade Rocío Faci facía o 3 a 5 co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade apareceu un Fisober moito máis entregado que na primeira metade facendo protagonista a porteira visitante. Paula Fandiño, Noe e Inés puideron recortar diferenzas nesta primeira metade. E si chegaban as visitantes aparecía Leti con solvencia na portería para frenalas. Non foi ata o minuto 29 cando Noe finalizaba unha gran combinación local para poñer o 4 a 5 e apretar o electrónico. Case de seguido Inés facía lucir de forma espectacular a porteira visitante que evitaba o empate cando a grada xa o cantaba. Pasaban os minutos e o Fisober non daba acadado o ansiado empate. Foi a falta de catro minutos cando novamente Rapha finalizaba unha contra para poñer o definitivo 4 a 6. Dende aquí ata o final foi un querer e non poder das locais que incluso utilizaron o xogo de cinco no último minuto pero xa sen froito.
A vindeira semana chega o San Bernabé rioxano a Dumbría nun choque importante para ambos equipos.

Lia porteira do Fisober Lía, porteira do Fisober

Liga Galega Masculina, xornada 19

  • Resultado: FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) - Autos Muiño Concello de Guitiriz (9-4)
  • FSF Villa de Cee: Pose, Marroco, Hidalgo, Rober e Miguelon. Tamén: Bruno, Jose Antonio, Santi, Juanjo, Aitor, Perce e Gabi.

Partido case perfecto dos ceenses ante un equipo que chegaba como 3ª e que marcha de Cee como 4º. Primeira metade brutal dos costeiros, dexando o choque sentenciado ao descanso cun parcial de 6-1, con goles de Perce (2), Juanjo, Aitor, Miguelón e Hidalgo.
Ao comezo da segunda, os lucenses case se meten no partido, pero rapidamente os tantos de Perce, Miguelón e Bruno darían conta para finiquitar o choque.
Difícil escoller as estrellas desta xornada, pero a directiva sinala a 3* a Perce polos seus tres goles; 2* para o partidazo de Juanjo, e º* para Hidalgo que segue medrando como xogador o fisterrán, cada vez máis concentrado en defensa.

 

Liga Galega Feminina, xornada 17

  • Resultado: FSF Villa de Cee (O Semáforo)- Santiago Futsal
  • Villa de Cee: Vanesa, Adriana, Andrea, Tati e Goreti,. Participando tamen Alba Cambeiro, María Lijó, Paula Trinidad, Serena, Marta, Maria Dumbría e Carla.

Comenzaron moi ben situadas as ceenses na pista dominaban o xogo e xeraban continuas ocasións de gol, chegando o primeiro os poucos minutos de comenzar por obra de Tati. Seguían dominando e todo parecía que ía ser un partido fácil, pero non foi así, pois a pelota non quería entrar. Ata 5 paus e outras tantas paradas da meta santiaguesa impedían o gol. E así, nos últimos minutis da primeira metade, 3 chegadas illadas das visitantes, e 3 goles.

Púñase costa arriba o partido, e cos nervos chegaron os erros, e as precipitacións. Cada unha tiraba polo seu e as santiaguesas ampliaban o marcador ata o 1-6 final.
As estrelas nesta semana son 3* Adriana, intentouno todo, 2* María Lijó, das poucas que non pediu o ritmo de xogo na segunda parte e 1* Paula Trinidad.

 

Liga Provincial, xornada 17

  • Resultado: S.D. A Baña - Concello de Ponteceso F.S.F. (4-1)
  • AD VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Aniña, María, Carmen e Verónica - tamén xogaron - Alba, Nuria, Sandra e Martina.
  • Goles: Nuria (2), Daniela, Andrea, para as locais. E Alba para as da vila de Pondal.

Partido embarullado e con pouco fútbol o visto na tarde do sábado en A Baña, no que o resultado non reflexa o ocorrido na pista. Parecía que saían fortes as visitantes, que nas primeiras xogadas do partido xa conseguían un par de chegadas claras con un tiro ó pau incluído. Ambos equipos intentaban saír co balón xogado desde atrás e as locais dificultaban a saída das pontecesanas cunha intensa presión arriba desde o minuto 1. Pasarían 7min do xogo cando Nuria adiantaba ó seu equipo cun tiro desde fóra da área. Non lles daba tempo de recuperarse do gol ás de Ponteceso cando a mesma Nuria facía o segundo tras roubar o balón nun erro da defensa visitante. Pero a pesar dos resultados non baixaban os brazos as pondalianas, que seguían chegando á portería rival. A pontecesana Nuria mandaría un balón ó longueiro cun disparo lonxano e Sandra probaría tamén de lonxe, pero a meta local mandábao a córner. Nos últimos segundos da primeira metade, farían o terceiro as de A Baña mediante un tiro de castigo, despois de fallar outro uns minutos antes.

De volta do descanso seguiría o encontro na mesma liña, coas xogadoras de Curro tendo máis ocasións de gol, pero sen conseguir recortar distancias. Vero e María probaban con tiros lonxanos, pero sen bater á porteira rival. Sería Alba quen recortaría distancias, rematando de cabeza un pase de Aniña, que conseguía traspasar a liña de gol. Quedarían aínda varios minutos para chegar ó remate, e aínda dispoñerían de máis ocasións as pondalianas. Pero volverían ser as bañenses as que sumarían un tanto ó marcador tras unha xogada combinada. Alba tería a última ocasión do encontro, pero mandaba o que sería o terceiro balón ó pau para as pontecesanas.
Remataría o encontro cun 4-1, resultado avultado para un efectivo SD A Baña que logrou meter casi todos os tiros á portería que fixeron, ó contrario que o Concello de Ponteceso FSF, que pese a non facer un bo partido puido obter un mellor resultado nun encontro cheo de protestas e pouco fútbol. Baixa así ó segundo posto da táboa clasificatoria, poñéndose a 5 pts do líder provisional.

 

Liga Provincial, xornada 17

  • Resultado: Ventorrillo FSF Bodega O Rincón - A.D. Atletes (2-2)
  • A.D. Atletes FSF: Martina (P); Cris; Julia; Marta; Alba (1); Antía (1); Ana; Sara; Ainoa.
  • Goles: 0-1, m.18: Antía; (descanso); 1-1, m.24; 1-2, m.27: Alba; 2-2, m.39.

Como xa é costumbre, saíu o Atletes a xogar contra o Ventorrillo na Coruña pechado na súa parcela, intentando saír á contra a través das súas xogadoras máis veloces: Alba e Ainoa. O Ventorrillo facíase dono do medio campo e intenta atacar sobre a portería das esteiranas. Intenta o Ventorrillo acosar a portería do Atletes, pero estas impedíano gracias á gran actuación da porteira Martina, impoñendo una barreira defensiva mediante Ana, Antía e Julia, que non deixan asomarse a súa porta as coruñesas. Unha vez feitos os cambios o Atletes, con Marta e Cris, seguen mantendo o seu nivel defensivo. A partir da metade desta primeira parte, o Atletes, una vez afianzado na defensa, trata de arriscar lanzando contínuas contras, ben dirixidos por Antía, e igualmente ben levadas, tanto por Ainoa como por Alba. Chegado o minuto 18 desta primeira metade, un forte disparo de Antía desde o seu campo, colle adiantada a porteira do Ventorrillo, Ana, e consigue o primeiro gol para o Atletes, co cal chégase o descanso do partido.

Na segunda metade, as coruñesas forzan o ritmo do partido, sin que o Atletes se descompoña, nin moito menos, conseguindo frear ás coruñesas, a pesar de que levan contínuo perigo sobre Martina, que se elixe como una das destacadas do partido. O Atletes non se achica e segue saíndo con rapidez sobre a porta do Ventorrillo, que tamén fan destacar a súa porteira Ana, a cal mostra moi boas maneiras, frenando as embestidas de Alba e Ainoa. Chegado o minuto catro, un penalti dudoso señalado en contra das de Esteiro, logra o Ventorrillo o seu primeiro gol, por medio de Isabel, con diferencia a mellor xogadora do Ventorrillo. Sigue o partido ca mesma tónica e, tres minutos máis tarde, nun dos clásico contraataques de Alba, escórase á dereita, e a través dun forte tiro, con moi pouco ángulo, consegue o dous a un para o Atletes. Un gol precioso que premia o bo xogo que están a facer as de Esteiro.
A partir deste gol o Atletes faise dono do partido e pasa o ataque, poñendo en perigo a porta das coruñesas, que apenas logran deter os avances sobre a súa portería. Foito deste dominio o Atletes consigue sacar catro saques de esquina consecutivos na portería das herculinas, que consiguen frenas as esteiranas pola boa actuación da súa porteira Ana.
Faltando un minuto e catorce segundos para o final, consigue o empate o Ventorrillo por medio de Isabel, que deixa o marcador definitivo en empate a dous goles, e o segundo na súa conta particular.
En resumen, un moi bo partido de fútbol sala xogado polos dous equipos que deixou satisfeitos os espectadores e os contendentes do encontro. No Ventorrillo destacou a súa xogadora Ana Isabel, autora dos dous goles do seu equipo e a directora do mesmo. Polo Atletes, todas estiveron a moi alto nivel, destacando Antía e Martina.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios