Xoves. 18.04.2024
El tiempo

FSF: O filial do Fisober xa sabe gañar

FSF: O filial do Fisober xa sabe gañar
Fisober B ganou o primeiro partido O Fisober B gañou o primeiro partido ante o Ulla

Non foi boa a xornada para o Fisober da Preferente. O cadro de Fran Toba volvía caer nun feudo maldito, o da Estrada, que tardou en decidirse ata o treito final. A derrota deixa ás costeiras na 9ª praza con 10 puntos.

Na 1ª Galicia, suspendeuse o choque no cumio entre Amarelle Santa Comba e Villestro. Pero a xornada puxo o foco nos outros dous partidos nas nosas. Inesquecible encontro que se disputou no pavillón muradán, un deses choques que fan afección. O partido remataba cun empate do Atletes ante o Cruces que deixou un sabor de boca máis que agradable para todos.

Ademais, a xornada deixou, por fin, a primeira vitoria da tempada para o Filial do Fisober, que viña mellorando e adaptándose nas últimas semanas, e que conseguíu sumar os tres puntos ante Ulla Oil Vedra, quedando a un só punto das esteiráns, ambas na parte baixa da táboa.

Toca agora preparar o derbi do vindeiro sábado 17 ás 18:15 no Conco, entre o Fisober B e un Amarelle Santa Comba cheo de ex xogadoras do cadro dumbriés.

 

Preferente Galicia, xornada 8

  • Resultado: PASTELERÍA CERVELA A ESTRADA FUTSAL-FISOBER F.S.F. (3-0).
  • FISOBER: Lía, Noe, Ana, Paula Fandiño, Mai ; tamén xogaron : María Dumbría, Adriana, Nuriña, Laura, Kenny, Carre.
  • Goles: 1-0 min 32 Alba , 2-0 min 34 Natalia, 3-0 min 39 Sonia.

Segue a maldición do Fisober no Coto Ferreiro onde non é capaz de gañar, nun partido igualado no que o primeiro en marcar gol sería o que se levará o gato ao auga, e foron as locais as que o acadaron a falla de oito minutos e con elo quedaron cos tres puntos.
Arrancaron ambos equipos moi comedidos e sen arriscar moito por medo de que o que o fixera recibiría un gol. non había ocasións claras se ben Paula Fandiño, Noe ou Ana si que se amosaron pola área rival.

Na segunda non modificou a estratexia e o respecto sería predominante. Nuriña mandou o segundo balón ao pau da noite, e foron as locais as que abriron a lata e levaron o premio. Tiveron que abrirse as costeiras, e á contra chegou a sentenza.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 6

  • Resultado: ULLA OIL VEDRA F.S.F. – FISOBER F.S.F. B (2-4)
  • FISOBER B: Naira, María Maroñas, Saray, Uxía, Sharay; tamén xogaron: Andrea, Serena, Kenny, Paula Fandiño.
  • Goles: 0-1 min 14 Saray, 0-2 min 18 Kenny, 1-2 min 22 Vero, (descanso), 2-2 min 47 Vero, 2-3 min 47 Paula Fandiño, 2-4 min 48 Sharay.

Comezou ben o filial costeiro, cun bo ritmo e dinámica. Dominando o partido na busca de algo positivo, e coas primeiras ocasións ata que Sharay abría o marcador. Pouco despois unha combinación entre Paula Fandiño e Kenny remataba co segundo desta, rubrincando os mellores minutos das costeiras no que vai de curso. Pero as locais recurtaban antes do descanso, non sen antes ter Kenny o 1-3 nas súa botas.

A volta de vestiarios todo trocou, as locais estiveron mellor e as visitantes relaxáronse un pouco. Comezaron a chegar as ocasións locais cunha Naira inspirada na portería visitante. O filial chegaba a contra pero recibía moito perigo local que estrelaron dous balóns no pau. E tanto foi o balón a portería, que Vero igualaba a tres para o fin. E nese momento espertou o filial, primeiro cun zarpazo de Paula Fandiño para poñer en vantaxe as súas. E logo cunha contra de Sharay Caamaño para poñer o definitivo dous a catro e traer a primeira vitoria para a Costa por fin.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 6

  • Resultado: A.D. Athletés - Cruces, F.S.F. (5-5).
  • A.D. Athletés FSF: Julia (P); Mari; Cris; Sara C.; Saray; Martina (2); Laura; Antía (1)(pm); Ana; Ainoa (2).
Saray Rama e Sara Caamano debutaron este ano co Atletes Saray Rama e Sara Caamaño debutan este ano co Atletes

Partido incrible o vivido en Muros. Saía o Atletes, coma sempre, facendo presión sobre as xogadoras do Cruces, o cal daba como resultado o dominio absoluto sobre as pontevedresas, nesta primeira metade. Xa no minuto dous, Antía, de tiro esquinado inagura o marcador para as locais. Froito do dominio constante das locais, Martina, no minuto 9, tras unha xogada individual, pon o dous a cero. Esta misma xogadora, no minuto 16 deixa o tres a cero a favor do Athletés na primeira parte.

Na segunda metade, as de Cruces, en unha reacción fabulosa, os dous minutos, marca Clara o primeiro gol para as forasteiras. Dous minutos mais tarde, esta mesma xogadora volve a marcar o segundo gol para as de Cruces. As de Esteiro, reaccionan e Ainoa, no minuto 7 pon o 4 a 2 no marcador a favor das locais. As de Cruces non se dan por vencidas e Clara, de novo, no minuto 8 pon o 4 a 3 para o Athletés. No minuto 16, en unha xogada desgraciada das esteiranas, Antía marca en propia porta, poñendo o empate a catro.

Seguía o partido de ida e volta, e se ben volvían dominar as locais, no minuto 22 Sandra adianta as de Cruces, poñendo o marcador en 4 a 5. As de Esteiro reaccionan con derroche físico incríble, e no último minuto, nunha xogada extraordinaria de Ainoa, pon o empate a cinco, que sería o definitivo. Pero a 25 segundos do final, Martina, ca porteira visitante desprazada da súa portería tira un disparo que toca no poste dereito das visitantes. Faltando oito segundos para o final, Laura de espuela lanza outro tiro que desvía a porteira in extremis.
En resumen, un gran partido que deixou ca boca aberta os espectadores, tanto de Esteiro, coma de Cruces que tamén asistiron o encontro.

 

1ª División Nacional Liga Foro 16 Feminismo, xornada 7

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Ourense Envialia FSF (0-3).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Iraia, Reneé, María Gómez (cinco inicial), Irune, Zaida, Mónica, Inés.

Varios erros puntuais deixaron ás herculinas das nosas Patri e Inés, de novo sen premio. O partido empezaba con moita igualdade entre ambas escuadras, pero varios erros das herculinas acabaron por determinar o encontro para as ourensás que se impoñían no marcador por un 0-3, que lucía ao final do tempo reglamentario no luminoso da Sagrada Familia.

 

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-o-filial-do-fisober-e-o-atletes-asinaron-un-empate-no-derbi-costeiro-de-1a/ “FSF: O Atletes non puido co potente Amarelle Santa Comba” — Que pasa na costa  

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

 

Comentarios