Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: O Fisober suma 3 cantos

FSF: O Fisober suma 3 cantos
O Fisober volveu de 3 Canos cos 3 puntos O Fisober volveu de 3 Canos cos 3 puntos

Por fin chegou, e foi en Madrid, a desexada primeira vitoria para o Fisober e como case sempre tivo que chegar a domicilio onde soe conseguilo o cadro costeiro nesta xa a súa 5ª tempada na categoría de Prata do fútbol sala feminino nacional.

Pola súa parte, as Centoliñas seguen sen puntuar pero volven da cancha das líderes cun gran sabor de boca. Os que si sorriron de todo foron os seus compañeiros, sumando a segunda vitoria na 3ª Nacional e escapando da zona baixa.

Na 1ª Galega, se o Atletes non apareceu pola pista do Betanzos, o Concello de Ponteceso si que vencía e se coloca na zona alta. O Fisober B tamén vencía ao Pontedeume mentres que o Amarelle Concello Santa Comba non podía co Culleredo.

2ª División Nacional, Gr.IV, xornada 6

  • Resultado: UNIÓN TRES CANTOS F.S. – FISOBER F.S.F. (2-3).
  • FISOBER : Lía, Carla, Mai, Paula Fandiño, Mai; tamén xogaron: Bárbara, Andrea M., Taibo, Ainho, Noe.
  • Goles: 0-1 min. 7 Bárbara, 1-1 min. 14 Vane; (descanso), 1-2 min. 35 Paula Fandiño, 1-3 min. 37 Ainhoa, 2-3 min. 39 Marta.

A primeira vitoria chegou despois de desperdiciar numerosas oportunidades e con sufrimento dentro do último minuto para que tivera mellor sabor. Arrancou moi ben o Fisober e con gran número de ocasións. Tivo que ser Bárbara a que aos sete minutos puxera as costeiras en vantaxe. Pero non foi quen o Fisober de aumentar diferenzas a pesares das ocasións. Nunha das poucas ocasións locais Vane facía a igualada.

Na segunda metade mantívose o guión. Con moitas ocasións para as costeiras. Incluso un tiro de Noe petou nos dous paus, paseouse pola liña e non quixo entrar. Parecía que a vitoria se lles ía escapar de novo o conxunto de Fran Toba. Pero a falla de cinco minutos Paula Fandiño poñía en vantaxe as visitantes. E pouco despois Ainho facía o seu primeiro gol na categoría facendo xustiza no electrónico e dando un punto de tranquilidade o Fisober.

Ainda así un gol no último minuto visitante fixo sufrir e moito a un conxunto costeiro que tivo que loitar ata o fin para levarse estes importantes tres puntos. Gran esforzo e traballo dun Fisober que por fin vio recompensa a outro longo viaxe.

A vindeira semana chega a Dumbría o filial do Majadahonda.

 

1ª Autonómica Feminina, xornada 6

  • Resultado: Leis Pontevedra - O Semáforo FSF Villa de Cee (5-1)

Difícil saída tiñan as Centoliñas, neste comenzo de Liga, onde o calendario non lle da respiro téndose que enfrontar a todo o alto da táboa, e tocou visitar o líder da competición nun difícil partido, onde en todo momento deron a cara e ofreceron unha gran imaxe de xogo e loita, aínda sufrindo unha derrota onde influíu o fisico o ir tan só con 7 xogadoras e non poder rotar o ritmo do contrario.

Na primeira parte adiantouse o rival no primeiro minuto de xogo, nun erro defensivo das ceesas, mais isto non influíu, e puxéronse as pilas e non permitían que se lles escapase o partido. Aos catro minutos Alba Cambeiro conseguía empatar nunha bonita xogada con Andrea . O control do partido era para as pontevedresas, pero as Centolas estaban realmente ben en defensa e cunha Adriana espectacular na portería, conseguían crear moito perigo a contra cunha Andrea que o rival tiña que parar a base de faltas para freala. No último minuto índose Andrea o ataque sufre unha clara falta que o arbitro non pita, e favorece unha contra do rival o cal consegue marcar para irse o descanso cun inxusto 2-1.

Na segunda parte as Centoliñas volveron a poñelo todo, pero o esforzo físico empezou a pasarlles factura, mentres o rival que ia todo o partido facendo rotacións de catro en catro, as nosas limitábanse a defenderse coma podían, finalmente perderon o partido por un 5-1 co líder do campionato.

As estrelas, a verdade que nesta ocasión as merecerían todas: 3* Alba Cambeiro: o referente na pista para todo o equipo; 2* Adriana, o seu na portería e doutro planeta; 1* Tamara, cada día mellor no equipo.

 

3ª División Nacional Masculina, xornada 5

  • Resultado: FSF Villa de Cee- GRI Carballiño (6-5)

Partido importantísimo para o Villa ante o pechacancelas, que lles permite escadar posicións e escapar da zona perigosa. Por iso notaron a presión os costeiros e non fixeron nin moito menos o seu mellor partido, pero aínda asi sacaron coraxe e raza para levantar un encontro moi moi tolo.

Saíron enchufados, presionando no campo contrario, conseguían roubar infinidade de balóns en zonas perigosas, pero unhas veces as imprecisións e outras o porteiro visitante evitaban o gol, pero os nove minutos chegaría por medio de Hidalgo e pouco despois por medio de Aitor. Dous erros nosos cando o partido estaba enfilado fixo que O Carballiño remontara, e incluso adiantándose no marcador, pero xa cara final da primeira parte Santi consegue empatar a 3-3 para irse así o descanso.

Xa na segunda parte os ceeses foron a por todas, e erraron nos primeiros minutos ocasións imperdoables, ata 4 clarisimas. Moitas imprecisións por un e outro equipo, que tiñan moito medo a perder. Adiantouse o Villa, déronlle a volta os Ourensans e volveron replicar os Centolos para deixar o definitivo 6-5.

As estrelas: 3* Angelito; 2* Santi; 1* Aitor.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 2

  • Resultado: Troula Betanzos, F.S. - A.D. Atletes (14-1)
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Laura; Cris; Julia; Marta; Martina (1); Alba; Antía (pp); Ana.

Partido sin ninguna historia, sobre todo para o Atletes, que non dou a cara en ningún momento do partido. Non pasaran 2 minutos, cando xa o Troula marcaran os dous primeiros goles da súa abultada vitoria. Un tras outro foron marcando as de Betanzos ata chegar o descanso co marcador seis a cero. Na segunda metade, para as esteiranas discurreu moito peor, xa que encaixaron 8 goles…

1ª Galicia Feminina, xornada 2

  • Resultado: Fisober B - Ponteceso (5-3)
  • Fisober B: Marta, Myre, María de Dumbría, Laura , Nuriña ; tamén participaron : Serena, Lucía, Daniela, Andrea, Gisela.
  • Goles: 0-1 min. 4 María, 1-1 min. 9 Serena, 2-1 min. 10 Lucía, 3-1 min. 12 Nuriña, 4-1 min. 18 Serena, (descanso) 4-2 min. 24 Alexia, 5-2 min. 28 Laura, 5-3 min. 35 María.

O Fisober acadaba a primeira vitoria da tempada no día que María de Dumbría voltaba a vestir a camiseta do Fisober na súa volta a entidade e xogando agora na súa Dumbría natal. Iniciabase mal o partido para as costeiras cun gol visitante por parte de María. Pero mediada a primeira metade Serena, Lucía e Nuriña dábanlle a volta o partido en tres minutos frenéticos. Un novo gol de Serena que facía dobrete preto do tempo de lecer acadaba o catro a un co que se foron os vestiarios ambos equipos. A gran vantaxe da primeira metade deu tranquilidade a un combativo filial nesta segunda metade.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 12

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Ulla Oil Vedra FSF (3-2).
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Nuria, Vero e Alba - tamén xogaron - Saray e Aroa.
  • Goles: Verónica (2) e Alba.
  • Saían fortes as locais que, nos primeiros minutos de xogo, parecía que ían levar o control do encontro. Non tardaban en adiantarse no marcador. Era Verónica quen abría a lata cun tiro dende a frontal. Tralo gol, comezaron a chegar os erros, sobre todo nas saídas do balón, provocando que as de Vedra se fosen achegando pouco a pouco á portería defendida por Uxía. Alba intentaba tirar do carro no conxunto pontecesán, intentando ampliar distancias tanto con xogadas dende atrás como con disparos lonxanos, chegando algún a impactar no poste. Tamén o intentaban as visitantes, pero a defensa e Uxía conseguían despexar os tiros. O Ponteceso tiña máis a posesión do balón, pero o Vedra non deixaba de intentalo con contras e xogadas desde atrás. Quedaban 2 minutos para o remate da primeira metade cando Verónica ampliaba a vantaxe rematando no segundo pau un centro de Alba tras unha boa xogada por banda. Irían así cara os vestiarios co 2-0 a favor das pondalianas.

    No segundo período sairían máis centradas as do Vedra, que nos primeiros minutos tras a reanudación xa conseguían recortar distancias por medio de Verónica tras unha xogada combinada do equipo. Co tanto víñanse arriba as visitantes, que subían a presión e dificultábanlle o xogo as rapazas de Curro, que conseguían sacar o balón de atrás con dificultade. Pasaban os minutos e o xogo era de idas e voltas, con apenas descanso e con ambos equipos intentando chegar á portería rival. Sería outra vez o Ponteceso o que aumentaría a distancia, cun tiro de Alba dede os 3/4 da cancha tras cortar ela mesma o saque da porteira rival.
    Aroa salvaba a portería tras dous disparos das visitantes. Pero nun tiro de falta dende o medio campo, tras abrirse a defensa, Ainoa conseguía bater á porteira pontecesana facendo o 2º gol para o seu equipo.

    Quedaban aínda 10 minutos para o final con todo por resolver, tendo aínda os dous equipos claras ocasións. Nuria dispoñería de dúas oportunidades dende a frontal e Saray remataba no 2º pau, pero o balón saía desviado por centímetros. Tamén tería unha última ocasión o Vedra cun pase ó segundo pau ó que non chegaba rematar ninguén, finalizando así o encontro co 3-2 no marcador.

     

    1ª Galicia Feminina, xornada 2

Comentarios