FSF: O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra
Protagonismo esta semana para o FSF Villa de Cee por motivos extradeportivos. A loita social que vive a comarca estes días polo mantemento dos postos de traballo de Ferroatlántica non é allea ao cadro ceense, que amosaba o seu compromiso xusto despois de que tivera lugar a concentración no centro da vila. O Pavillón municipal acollía unha boa entrada con 150 afeccionados, para disfrutar dunha nova sesión doble de fútbol sala do mellor do país. As de Juan Jesús colleitaron a súa terceira vitoria, tres puntos máis que deixan o equipo na zona noble da táboa e mostra que as rapazas están collendo o pulso a esta nova categoría. Pola contra, os de Llopis sufriron unha derrota ante un equipo que deixou moi boa impresión e que seguro vai estar nos postos de arriba da táboa.
Ata Zaragoza tiveron que viaxar as mozas do Fisober para xogar na mañá dominical, para volver sen premio na 8ª xornada do Gr.IV da 2ª División Estatal.
Mentres, no Gr.I da mesma categoría, o Viaxes Amarelle FSF de Patri mantense no liderato logo de conseguir unha vitoria pola mínima, 0-1, sobre o O Pirata FSF Moaña no derbi galego da xornada. A nosa muxiá Patri foi protagonista dando o pase do único gol do partido.
Na Liga Provincial, o Ponteceso aprazaba o seu choque mentres o Atletes caía en Melide con malas sensacións, e sen acabar de collerlle o ritmo á competición. En todo caso, teñen a ilusión posta nas dúas novas fichaxes que aínda non puideron debutar pero que esperan mellore moito o nivel do equipo.
2ª División Femenina – Grupo I, xornada 8
- Resultado: A.D. SALA ZARAGOZA F.S. – FISOBER F.S.F. (4-2).
- FISOBER: Lía, Ana, Bárbara, Paula Fandiño, Noe; tamén xogaron: Mai, Inés, Leti.
- Goles: 1-0 min 12 Marta, (descanso), 2-0 min 25 Rapha, 3-0 min 31 Marta, 3-1 min 35 Inés, 3-2 min 38 Inés, 4-2 min 40 Rapha.
O Fisober vendeu moi cara a súa pel na súa primeira visita da historia a Zaragoza e a terras aragonesas. Unha boa primeira metade, un mal arranque de segunda e un gran final foron o resumo do partido. Comezou o partido con moito ritmo e con ocasións para ambos equipos. Marta e Denise tiñan as primeiras ocasións locais. Sendo para as costeiras Bárbara e Noe as primeiras que poñían en apuros as aragonesas.
Pasaban os minutos e ía vaixando o ritmo, ata que aos 12 minutos o cadro local abre o marcador.
No inicio da segunda metade non foi nada alentador para as costeiras, non se atopaban cómodas. Os dous minutos xa Rapha enviaba un balón o pau. E no minuto cinco era Rapha a que poñía o dous a cero, nunha xogada na que as visitantes pediron man da local Rocío. Todo se complicaba máis para o Fisober cando dende once minutos para o fin se viron ca espada de Damocles enriba das cinco faltas. Máis aínda cando a nove para o fin Marta aproveitaba un dobre penalti para poñer o tres a cero local.
E cando peor parecían as cousas, apareceu o carácter Fisober para volver a entrar no partido. Dous goles case seguidos de Inés puxeron o tres a dous no electrónico e os nervios nas locais. E a piques estivo Paula Fandiño de lograr a igualada despois dun lanzamento seu. A un para o fin decidiu o Fisober arriscar co xogo de cinco, algo que non funcionou xa que a local Rapha roubaba un balón co que poñía o catro a dous que resultou definitivo.
As infantís
O equipo infantil do Fisober aprazou o seu partido correspondente a 3ª xornada da Liga Galega Infantil feminina que o debía enfrontar ao Poio, pero en cambio adiantou o da cuarta xornada fronte o Comarcal A Fervenza. O domingo pola mañá o Conco acollía este partido que remataba con 2-7 a favor das de Ferrolterra. Participando polo Fisober : Sharay Caamaño, María "Kenny", Uxía, Ánxela, Saray Duarte, Ruth, Lara, Daniela, Lariña. Os goles do Fisober foron obra de María "Kenny" e Saray.
Liga Gallega Feminina, xornada 7
- Resultado: FSF Villa de Cee (O Semáforo) - Cervecería La Brújula Hércules (5-2)
- Villa de Cee: Vanesa, Tati, Adriana, María Dumbría e Paula Trinidad. Tamén: María Lijó, Andrea, Goreti, Marta, Carla , Serena e Lucia.
- Goles: 1-0: Goreti; 2-0: Goreti; 2-1: Rita; 2-2: Rita (descanso); 3-2: María de Dumbría; 4-2: Goreti; 5-2: Paula Trinidad.
Comenzaron moi ben as de Juan Jesús, dominando o xogo dende o primeiro minuto, e en poucos minutos a porteira Vanesa marca un golazo dende a súa portería, o cal sería anulado por unha nefasta decisión árbitral alegando que a canasta impediu velo á porteira visitante. Pero as ceenses insitían no seu bo xogo e nunha falta Goreti marca o 1-0. Continuaban dominando as locais mentras o rival limitábase a defender atrás e intentar saír á contra, contras que eran ben atalladas pola defensa e pola porteira local.
Pronto, froito do bo traballo que estaba a facer o equipo, Goreti marca o 2-0. Cara os minutos finais da primeira parte as herculinas marcan o 2-1 nunha contra por obra de Rita, a mellor xogadora do Hércules. Xa no último segundo da primeira parte nun balón golpeado por Rita dende a propia área colle despistado a todo o equipo e marca o 2-2 sobre a bocina. Resultando de empate a dous goles que se foi o descanso un pouco inxusto polos méritos mostrados polos dous equipos.
Xa na segunda parte, as ceenses foron de forma descarada a polo partido, dominaban o xogo e creaban infinidade de ocasións, conseguindo marcar María de Dumbría nos primeiros 5 minutos nunha bonita xogada combinada. Seguían as rapazas de Juan Jesús facendo vibrar o pavillón co seu bo xogo e Goreti chega a estrelar un balón o pau, pero na seguinte oportunidade non perdoa e marca o 4-2. Non conformes as ceenses e ca leccíon aprendida da remontada do rival na primeira parte, seguirón a dominar o xogo e nunha bonita xogada entre María Lijó e Paula Trinidad, Paula marca o definitivo 5-2. Xa nos minutos finais as Coruñesas intentáronno ca saída de 5, que as locais defenderon perfectamente e finalizando o partido cun claro 5-2 para as locais.
As Estrelas nesta ocasión son: 3* Goreti, partidazo e 3 goles; 2* Paula Trinidad, unha das pequenas do equipo que este ano dou un paso adiante e fixo un partidazo en defensa e conseguindo marcar un bonito gol; 1* María Lijó, cada vez mellor, máis intensa e combinando xogadas de ataque mellor ca nunca.
Liga Gallega Masculina Norte, xornada 9
- Resultado: FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) - S.I. Outeiro de Rei (3-6)
- Villa de Cee: Bruno, Perce, Miguelón, Aitor e Santi. Tamén Pose, Mario, Rober, Hidalgo, Marroco, Pablo e Juanjo.
Comenzou o partido cun ritmo altísimo por parte dos dous conxuntos, pero as mellores ocasións estaba a ser para o visitantes onde Bruno estaba espectacular na portería, facendo unhas paradas incribles. Aínda así os locais tiveron ocasión de adiantarse no marcador cun dobre penalti que Mario tirou a cruceta, e acto seguido marcaron eles o 0-1, resultado co cal iríamos o descanso.
Na segunda parte os Ceenses fóronse a por todas, con máis corazón que cabeza e conseguirían darlle a volta o marcador con goles de Perce e Rober poñeríanse cun 2-1, e igual que na primeira parte outra bola o pau dos ceenses. Pero en apenas dous minuton, o xogador visitante Javi Rio (o mellor do partido) conseguiría marcar tres goles seguidos poñendo o marcador nun 2-4. Xa nos minutos finais os homes de Llopis intentaron ca saída de 5 retomar o partido, pero pouca claridade dos locais e o bo facer dos visitantes rematou nun contundente 3-6.
As estrelas 3* Bruno, espectacular a primeira parte, 2* Rober, cada día mellor, 1* Pose.
Liga Provincial Feminina, xornada 7
- Resultado: Melide, FSF - A.D. Atletes (10-3)
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Julia; Sara C; Marta; Martina (1); Alba; Antía (1); Ana; Sara (1).
O partido comenza con alternativas varias, sen crear moito perigo, tanto de parte das de Melide como as de Esteiro. Cando transcurrían 6 minutos desta primeira parte, nunha contra rápida marca para o Melide, Carmen de forte tiro dentro da área. O Atletes non se amilana, inmediatamente, os tres minutos marca Martina para as de Esteiro, nunha xogada de picardía dentro da área pequeña das de Melide.
A partir de aquí o Melide reacciona, e a súa mellor xogadora, Patricia, aos dous minutos seguintes, marca dous goles deseguido. O Atletes vese totalmente desbordado, e a pesar de pedir un tempo morto para amainar o temporal, non consegue frear ao Melide que se fai dono absoluto do partido nesta primeira metade. A continuación, marca o cuarto gol para o Melide, María, outra das destacadas no encontro. No minuto dezaseis, Anabel pon o quinto gol no marcador, deixando un cinco a un para chegar o final da primeira metade.
Despous do descanso, as de Esteiro, para non perdelo costume, encaixan o sexto gol, primeiro desta segunda metade, cando só ían transcurridos 36 segundos de xogo. Gol marcado por Andrea. Pasados dous minutos deste gol, a figura do encontro, Patricia volve a marcar o séptimo gol para o seu equipo.
A partir deste gol, e durante catorce minutos, o Atletes, ferido no seu orgullo, realiza un partido soberbio. Con disciplina, vontade, boa colocación táctica e presión asfixiante sobre as de Melide, faise dominador do partido. Durante este período, marca o segundo gol das de Esteiro, Sara Domínguez, sendo esta xogadora a única que deixou ver algo de calidade en relación cas de Esteiro. Cinco minutos mais tarde, marca o terceiro gol para o seu equipo, Antía. A partir de aquí as de Esteiro volven a súa rutina, e vense desbordadas outra vez polas de Melide. No minuto dezaseis, marca o octavo gol para o seu equipo, Dulce, que de novo, os dous minutos volve a marcar o noveno (segundo na conta persoal), para terminar faltando un minuto establece o marcador definitivo, Elvira.
2ª División Femenina – Grupo IV. Xornada 8
Patri co Viaxes Amarelle ante O Pirata Moaña FSF- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - O Pirata FSF Moaña (1-0)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Dolo, Patri, Lago, Sheila (cinco inicial), María Gómez, Martita, Alba, Carmen (portera suplente).
- Goles: 1-0 Sheila (min. 24).
A primeira metade empezaba cun Viaxes Amarelle FSF moi activo en ataque e xerando constantes ocasións constantes sobre a portería dun O Pirata FSF Moaña que non podía facer máis que defender e ver como a súa porteira facía un gran partido sacando balóns de onde as herculinas estaban cantando o gol. Os minutos pasaban e o dominio do balón seguía sendo herculino, cada vez ocasións máis claras, pero as visitantes moi concentradas en defensa xunto coa boa actuación da súa porteira impediron que o marcador movésese do 0-0 inicial.
Na reanudación, as visitantes empezaron a xogar moito máis alto e cun perfil máis ofensivo que xerou unha ocasión moi clara que coa axuda dos paus, conseguiu manterse o 0-0 no marcador. As locais saían á contra para tratar de conseguir o gol e volvían xerar perigo, pero nuevamente grandes actuacións da porteira visitante evitaban o gol, ata que aos catro minutos de xogo Patri fai unha xogada por banda que a porteira local rexeita e o balón cáelle a Sheila que cun potente disparo desde 13 metros pon o 1-0 no marcador. Os minutos pasaban e o partido igualábase cada vez máis con ocasións para ambos equipos, e aínda que as das visitantes non eran tan claras eran evitadas dúas delas pola axuda dos paus da portería herculina.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).