FSF: O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala
Tocáballe descansar ao Fisober, e un dos focos de atracción do fútbol sala costeiro era o pavillón de Fisterra. Volvía o fútbol sala á vila do Cristo (por mor da festa dos maiores de Cee), unha das vilas que máis disfrutou deste deporte naqueles tempos do Bodegón Anchoa. E non defraudou a afección, e máis de 120 siareiros para ver unha completa tarde de bo FS, cos choques das Ligas Galegas masculina e feminina do Villa de Cee. As de Juan Jesús abrían a tarde ante o 5 Coruña pero non conseguían nada positivo e suman a súa segunda derrota da tempada en sendos partidos. Os mozos ceenses si que vencían, e nótanse que van a máis, manténdose por agora na zona morna da táboa.
Na Liga Provincial, o Ponteceso sumaba a primeira vitoria do curso mentres que o Atletes descansaba.
Liga Galega Feminina, xornada 3
Choque do Vila de Cee feminino- Resultado: Fsf. Villa de Cee - 5 Coruña 4 (1-4).
- Villa de Cee: Vanesa, Adriana, Paula, Marta e Andrea. Tamén: Carla, María, Serena e Lucía.
- Goles: 0-1; 0-2; (descanso); 1-2: Andrea; 1-3; 1-4.
Xogaban as ceenses con numerosas e importantes baixas, xa que non puideron contar con tres das fixas (Alba, Tati e Goreti), e a idea non foi outra que defender ben replegadas e sair á contra. Puxéronse as visitantes cun 0-2, Andrea recortou distancias ó comenzo da segunda metade, mais as forzas das ceenses non deron para máis e sucumbiron por 1-4. En todo caso, o club non pode máis que felicitar ás rapazas polo esforzo realizado, ademais de darlle 3 estrelas a Paula, 2 a Andrea e 1 a Andriana.
Liga Galega Masculina, xornada 5
O FSF Vila de Cee volveu levar o fútbol sala a Fisterra- Resultado: F.S.F. Villa de Cee - Praias de Barreiros C.D. (4-2)
- Vila de Cee: Bruno, Perce, Gaby, Jose Antonio e Hidalgo. Tamén: Marroco, Aitor, Mario, Miguelón, Juanjo e Róber.
- Goles: 1-0: Miguelón (descanso); 2-0: Miguelón; 2-1; 3-1: Perce; 4-1: Perce; 4-2.
Segundo triunfo consecutivo dun Villa de Cee que vai a máis, e iso que o Praias de Barreiros ofrecieu unha gran imaxe en Fisterra. Comezaba o partido cun ritmo altísimo, sen moitas ocasións de gol. A 5 segundos para o descanso adiantábanse os ceenses cun gol de Miguelón.
Na segunda metade notouse máis a superioridade do cadro local. Miguelón anotaba o segundo, pero os visitantes recortaban distancias. Un espellismo porque dous goles de Perce botaban terra de por medio, e puideron ser alguns máis, pero 30 segundos o Praias de Barreiros facía o definitivo 4-2.
As 3 estrelas do club van para Perce, que ademais de facer 2 goles demostra que o equipo xira entorno o ritmo que marca el. 1 estrelas para Miguelón, que fixo outro partidazo, e 1 estrela para Bruno, o novo porteiro de Sardiñeiro que mellora a pasos axigantados.
Liga Provincial Feminina, xornada 3
- Resultado: Ventorrillo FSF Bodega o Rincón - Concello de Ponteceso FSF (3-6)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, María, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Ana e Verónica.
- Goles: María e Laura (2) para as locais. Sandra, Verónica, Carmen, Ana e María (2) para as visitantes.
Comezaba o segundo encontro ligueiro para o Concello de Ponteceso FSF, ó que tamén chegaban con poucos efectivos, con algo de nervios nas xogadoras, errando xa nas primeiras xogadas, con precipitacións no pase e mal en ataque, concedendo moitas contras. Froito deso e de erros na defensa chegou o primeiro gol da tarde para o Ventorrillo nos primeiros minutos, dun tiro cruzado ó segundo pao despois dunha contra. A partir de aí, comezaron a tocar máis o balón e chegar con perigo as pontecesanas e, nun roubo de balón, Sandra encarou dirección porteria e anotaba o primeiro para o seu equipo nun man a man coa porteira. Parecía que co paso do tempo se ían asentando as visitantes, xogando máis tranquilas e tendo a posesión e Verónica, tras unha xogada combinada, dáballe a volta ó marcador cun tiro cruzado.
Non o poñían fácil as locais, que non baixaban os brazos e subiron a presión. Con ela, chegou outro erro defensivo do Ponteceso co que lograban o empate as coruñesas. Carmen faría o terceiro para as pondalianas tras un pase de Verónica ó 2° pau, pero antes do descanso, volverían poñer as táboas no marcador as do Ventorrillo tras unha contra, co que irían cara os vestiarios co 3-3 no luminoso.
No segundo período saían máis concentradas as xogadoras de Curro, tendo máis o balón e sen precipitarse nas xogadas. Pero serían elas as que levarían o primeiro susto, cun tiro das locais que bate no pau. Respondían ben a iso as de Ponteceso e Ana facía o cuarto tras outra xogada combinada. Seguía facendo o seu xogo o Ventorrillo, intentando chegar á contra á portería rival. E volvían conseguilo unha vez máis, pero erraban no desenlace da xogada no man a man coa porteira. Tampouco se rendían as pontecesanas, que cada vez ían facendo mellor xogo e, tras outra xogada combinada e co Ventorrillo arriba correndo máis riscos, facía o quinto por medio de María. Sería ela tamén a que poñería o sexto e último tanto no marcador tras xogada personal. Os últimos minutos foron máis relaxados, coa posesión do balón e creando máis ocasións as da vila de Pondal, pero sen conseguir ampliar máis a vantaxe.
Remataba así o encontro co 3 a 6 no luminoso, 3 puntos conseguidos nun partido difícil contra un equipo recén formado, pero que conta con xogadoras experimentadas provintes de equipos que a tempada anterior xa nolo puxeran difícil e que seguro van dar moita guerra esta tempada.
Este vindeiro sábado 22 de outubro, estrea na casa, ás 19:00 da tarde ante o S.D. A Baña.
2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 4
Patri ante o Alcorcon B- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - FSF Ciudad de Alcorcón B (2-2)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Dolo, Patri, Lago, María Gómez (cinco inicial), Sheila, Alba, Martita, Laura Tesouro.
- Goles: 0-1 Carol (min. 1); 1-1 Lago (min. 2); 2-1 Lago (min. 30); 2-2 Houda (min. 37).
Punto agridoce o que sumou o cadro herculino ante o Alcorcón B, pois estiveron todo o partido enriba do rival e non conseguiron a vitoria. Un choque comezaba cun erro da muxiá, e unha das capitanas, Patri, que permitía que as visitantes abrisen o marcador. Conseguiron remontar pero un erro no treito final permitiu ás madrileñas empatar o choque. Así e todo, as coruñesas manteñen o liderato do Gr.4 da 2ª División Nacional.
As boas novas chegaron tamén o luns ao cdaro herculino e Pili Costa será a seleccionadora sub21 da Selección Galega.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).