Xoves. 10.10.2024
El tiempo

FSF: O Ponteceso volve á senda da vitoria

FSF: O Ponteceso volve á senda da vitoria
banner-semaforo-fisterra O Semáforo de Fisterra patrocina as crónicas do FSF. Pincha no banner e coñécenos a través de FB

Só dous partidos na xornada entroideira do FSF costeiro. Había parón na 2ª Estatal, mentres na Liga Galega descansaban os homes Cee, e na Provincial non xogaba o Atletes.

Así a xornada saldouse cunha derrota, moi dura, do Semáforo, ante As Burgas, a pesar de ser un equipo da zona baixa; e unha vitoria, a do Ponteceso que que volve á vitoria despois das derrotas anteriores.

Liga Gallega Feminina, Xornada 19

  • Resultado: FSF Villa de Cee (O Semáforo) - Cidade de As Burgas FSF (1-8)
  • O Semáforo: Vanesa, Adriana, María Lijó, María Dumbría e Goreti. Participando tamén: Alba Cambeiro, Andrea, Paula Trinidad, Serena.
FSF Vila de Cee O Semaforo

Dura derrota, para as ceenses nun mal partido xogado na casa ante un rival que aínda estando nos postos de abaixo, fixo un partido moi serio. Comenzaron bastante ben as locais, pero coma xa esta pasando na casa nos últimos partidos non son capaces de aproveitar as suas oportunidades cara a gol, e acabando pagando carísimo.
Na primeira parte as ourensás defendíanse perfectamente, mentres que as rapazas do FSF Villa de Cee, levaban o control xogo e empezaban a dispoñer de oportunidades, pero nos dous primeiros ataques das visitantes, en dous erros defensivos recibiron dous goles, os poucos minutos recortaría Goreti poñendo o 1-2, para ir o descanso.

Outra vez na casa as ceenses na segunda parte viñéronse abaixo no se xogo, sufrindo uns 10 minutos de descontrol o cal lles custou o partido perdendo 1-8, resultado que reflexa demasiado castigo para o mostrado na pista.
As estrelas nesta semana son 3* María Lijó, 2* Paula e 1* María de Dumbría.

 

Liga Provincial, xornada 19

  • Resultado: Melide FSF - Concello de Ponteceso FSF (2-5).
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, Martina, María e Vero - tamén xogaron - Sandra, Nuria e Alba.
  • Goles: Patricia e Andrea para as locais; María, Aniña, Vero e Alba (2) para as pontecesás.
Ponteceso FSF

Encontro moi disputado o xogado este sábado de entroido. Durante os primeiros minutos parecía que serían as pontecesanas as que terían o peso do encontro, tendo ocasións xa dende o incio e facendo un bo xogo. María dispoñería da primeira oportunidade para adiantarse no marcador, pero despexa a porteira o seu tiro e o de Aniña, que collía o rechace e probaba dende a frontal. Verónica e María terían tamén varias oportunidades, pero os disparos irían fóra. Sería María quen estrease o marcador das visitantes cun tiro cruzado tras unha boa xogada combinada con Aniña. Non lles duraría moito a alegría, pois ós 2 minutos respondía o Melide volvendo a poñer as táboas no luminoso cun disparo cruzado de Patricia que toca en Melani e entra. Despois do gol chegaban os mellores minutos do Melide, movendo moito o balón e chegando en varias de ocasións, pero indo os disparos pa fóra. A última ocasión antes do descanso sería para o Ponteceso, cun tiro de Aniña que vai alto, co que remataría a primeira metade co 1-1.

Volvía forte o Melide dos vestuarios, que nos primeiros minutos xa probaban con tiros desde a frontal e seguindo co bo xogo dos últimos compases do primeiro período. Pero nunha boa saída de balón do Ponteceso, Aniña volvía adiantar ó conxunto visitante cun tiro cruzado tras un bo pase de Alba.
Foi a partires deste gol cando se viñeron arriba as xogadoras de Curro, estando máis fortes tanto en defensa como en ataque. Mentras atrás lograban defender ben a portería, arriba sucedíanse as ocasións. E así chegaría o 3° tanto, tras unha boa xogada combinada de Vero con Martina, que lle da un pase ó segundo pau deixando a Vero rematar soa. Non deixaban de intentalo as locais e volverían dispoñer dunha boa ocasión tras un erro en saida das pondalianas, pero despexaría Melani. Tamén volvería a chegar o Ponteceso, desta vez cunha dobre ocasión de Aniña e Vero que despexa a porteira local en ambas ocasións.
Na seguinte xogada de ataque das visitantes, aproveitaría o erro o Melide para montar unha boa contra poñer o segundo na súa conta. Quedarían 2 minutos para o final, pero non serían os últimos goles, pois Alba aumentaría a vantaxe das da vila de Pondal por dúas veces, a primeira rematando na frontal un saque de falta de Ana e a segunda no último segundo do encontro, facendo unha vaselina coa que batía á porteira rival.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios