FSF: O Semáforo volve brillar
Importante e necesaria vitoria para as rapazas do Villa de Cee O Semáforo, que rompe unha maña serie de resultados, e que permite afrontar con máis confianza o tramo final desta liga tan competitiva.
Foi a nota máis destacada desta fin de semana na que tamén venceron os ceenses na complicada saída a Brión, ante un dos equipos máis regulares da liga. Unha vitoria que sirve para mantelos no alto da táboa de clasificación.
Xa na Liga Provincial, outra dura derrota para o Concello de Ponteceso FSF, que se descolga dos primeiros postos da táboa clasificatoria, pero aínda con 2 partidos menos.
A alegría chegou do cadro esteirán do Atletes, que conseguía un empate na casa ante o Melide, demostrando que xa compiten con case todos os equipos.
Liga Gallega Feminina, Xornada 19
- Resultado: Cerveceria La Brújula Hércules - FSF Villa de Cee (O Semáforo) (2-4)
- FSF Villa de Cee: Vanesa, Adriana, María Dumbría e Tati. Tamén: Alba Cambeiro, Andrea, Paula Trinidad, Serena e María Lijío.
Empezaron mal as rapazas de Mario de José, imprecisas, moi nerviosas e comentendo moitos erros en defensa, o que ocasionou que nos primeiros 10 minutos xa encaixaran un 2-0. Xa temendo unha nova derrota seguida as ceenses puxeron as pilas, máis intensidade, máis concentraciónque se traduciron en mellor xogo e empezaron a crear ocasións de gol, mentras o rival co resultado a favor limitábase a esperar atrás e intentar saír á contra. Nos minutos finais da 1ª parte nunha bonita xogada combinativa do equipo Paula Trinidad consegui marcar o 2-1.
Na 2ª parte saíron a por todas as Ceenses, e dominaron totalmente o xogo, non sufrían en defensa e empezaron a crear ocasións e resultado empezaron a entrar os goles, Alba, Adriana e Andrea, poñendo o marcador nun claro 2-4, a favor das mozas do Semáforo.
As estrelas esta semana son 3* Paula Tinidad, primeiro gol que meteu de novo o equipo no partido, 2* Maria de Dumbría, 1* Tati.
Liga Gallega Masculina, Xornada 22
- Resultado: Multiópticas Fagín Fs (Brion) - FSF Villa de Cee (O Semáforo) (2-3)
Comenzaron máis intensos no partido os de Brión, combinando ben e creando moito perigo mentres os homes de Llopís sufrían en defensa nunha primeira parte moi trabada onde non conseguían enlazar o seu xogo. Resultado disto fóronse o descanso cun 2-1.
Xa na 2ª parte os homes de Llopis saíron máis concentrados e moito máis intensos, e as cousas empezaron a saír, conseguindo empatar o partido e finalmente gañalo cun asustado resultado 2-3.
As estrelas nesta semana: 3* Aitor, segue marcando partido a partido, 2* Perce e 1* Jose Antonio.
Liga Provincial, xornada 20
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - FC Meigas (3-4).
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Aniña, Martina, María e Vero - tamén xogaron - Alba, Carmen e Nuria.
- Goles: Carmen, Alba e Vero para as locais; e Sara, María, Nuria e Teresa para as Meigas.
Partido entretido e moi disputado o visto a tarde do sábado en Ponteceso, no que xa comezaba avisando o Meigas cun disparo que se ía alto tras un erro defensivo das pontecesanas. Co paso dos minutos ían centrándose as xogadoras do Ponteceso e comezaban a chegar á portería rival. Chegaría asi o primeiro tanto do encontro obra de Carmen, que remata soa no segundo pau tras unha xogada de córner, poñendo por diante no marcador ó conxunto local. Seguían tendo ocasións as pondalianas, pero sen lograr batir á porteira rival. Alba remataba no primeiro pau un balón que chegaba despois dunha boa xogada combinada, pero sairía pegado ó balón. A partir de aí chegaron os erros pontecesáns, tanto en defensa como coa saída do balón. E foi tras varios erros defensivos como o Meigas lle dou a volta ó marcador nos últimos 7 minutos antes do descanso, facendo 3 goles nas únicas 3 ocasións que tiveran. No último minuto aínda habería unha ocasión para cada equipo, incluído un tiro ó pau do Meigas, pero irían cara os vestiarioos co 1-3 no luminoso.
Comezarían o segundo período enchufadas e con ganas as xogadoras de Curro, tratando de levar o peso do encontro e dificultando moito a saída do balón das visitantes. Dispoñerían de varias ocasións para acortar distancias e non tardaría en facelo Alba, que remata soa teas recoller o rexeite do despexe da porteira a un disparo anterior dela. Intentarían chegar tamén as visitantes á portería defendida por Isabel, pero non lograban ter ocasións claras. Vero poñía as táboas no marcador tras roubar un balón na frontal. Quedaban aínda 5 minutos intensos nos que ambos equipos intentaban ir a polo gol da vitoria, pero os dous erraban nas definicións finais. Sería a falta de 9 segundos para o final cando o Meigas facía o tanto da vitoria, precedido por unha polémica falta a favor do Ponteceso que non pita o colexiado. Remataba así o encontro co resultado de 3-4.
Liga Provincial, xornada 20
- Resultado: A.D. Atletes – Melide F.S.F. (3-3).
- A.D. Atletes FSF: Martina (P); Mariña; Julia; Marta; Alba (1); Antía (2); Ana; Sara; Ainoa.
Frouxa entrada en Esteiro, case con máis espectadores chegados dende Melide que da comarca, para ver un novo empate que demostra que estas noviñas xogadoras poden competir xa con case calquera.
Comenzaba o encontro co Atletes temeroso tratando de defenderse a partires de un cuarto de pista na súa parcela. O Melide facíase dominador do encontro, e as esteiranas defendíanse comodamente sen apuros. Tanto Ana coma Marta, gran encontro das dúas, daban boa conta da parcela defensiva dereita e central do medio campo do Atletes, e mesmo se estiran nalgunha contra, unha vez que as locais se van sacudindo o dominio. Julia dominaba a parte esquerda e Antía levaba as contras con liberdade, lanzando ás Alba e Ainoa, rapidísimas e inquientantes durante todo o partido para as xogadoras do Melide.
Na portería, Martina mantense moi segura e impide a efectividade de algún tiros a porta das de Melide.
Cando faltaban 4 minutos e medio para acabar a primeira metade, Tamara nun rápido contraataque, logra marcar o primeiro gol do partido para as de Melide. Pero, a falta de 45 segundos para o descanso, Alba, moi incisiva toda tarde, consigue o empate cun tiro raso que se cola por debaixo da porteira do Melide, Dolores. Empate a un no descanso do partido.
A segunda metade do encontro foi unha das mellores que se leva visto este ano no pabellón de Esteiro. Paco cambia a táctica do seu Atletes, e sae con Sara como pivot adiantada. Esta lúcese, e con moi bos detalles de clase e brega, consigue que a última defensora do Melide non se poida incorporar o ataque. Sara logra conservar o balón o tempo suficiente para que Antía se poida sumar arriba, e así conter as de Melide, que intentar conseguir o dominio do partido. Chegado o minuto 7 e medio desta segunda parte, nun despiste da defensa esteirana, Andrea consigue adiantar as de Melide, poñendo o 2 a 1 no marcador. A partir de aquí, o Atletes, cambia de estratexia, retira a Ana e Marta, dúas das mais destacadas no Atletes, pero xa agotadas físicamente polo esforzo físico realizado, e arrisca con Ainoa e Alba como xogadoras máis adiantadas, buscando a vitoria do encontro. Nesta parte Julia realiza un gran encontro, esforzándose o máximo, xa que queda ela e Antía como únicas defensoras, e a veces incorporándose o ataque en apoio de Alba e Ainoa. Chega o minuto 14 e Antía, a máis destacada das esteiranas, logra o empate mediante un tiro na área das de Melide. O Atletes desmelénase, e lánzase totalmente o ataque, deixando a veces a defensa desguarnecida; e aquí entra en escena Martina, que coma una defensa máis consigue salvar e cortar os avances das de Melide, fóra da súa área, logrando ser outra das destacadas do Atletes. Faltando tres minutos para o final, Antía, desde fora da área das de Melide, larga un gran tiro, enorme tiro, que se cola pola escadra dereita da porteira de Melide, que anque logra rozar o balón, debido a forza do tiro non consigue desvialo, e ponse por diante o Atletes. O cabo de minuto e medio, dase a xogada más espectacular do partido; nunha contra levada por Ainoa pola banda dereita lanza un gran tiro que por milímetros, no segundo poste non consigue meter Alba o cuarto gol, que chegaba como una bala dende o medio campo. Finalmente, faltando 1 minuto e medio, o Melide, por medio de María, a mellor do encontro, sen dúbida, logra o empate, dando por finalizado en bonito encontro que se puido ver no pavillón, este sábado.
2ª División Estatal, xornada 19
- Resultado: FSF Ciudad de Alcorcón B - Viaxes Amarelle FSF (6-1).
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Dolo, Patri, María Gómez, Sheila (cinco inicial), Xiana, Alba, Martita.
Partido duro para a escuadra herculina, que se atopou cun gol moi tempranero do seu rival e iso unido á boa definición do FSF Cidade de Alcorcón B e a falta de gol do Viaxes Amarelle FSF, acabou deparando unha dolorosa derrota para o cadro galego.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])