FSF: O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF

11:45 03/11/15
Impresionante o derbi costeiro da liga Provincial Feminina celebrando entre o Concello de Ponteceso FS e FSF Villa de Cee, dous dos mellores equipos da categoría, no Pavillón cunha asistencia de público dunhas 80 persoas. Venceron as ceenses que se afianzan no liderado.
Xa na Liga Galega, vistoso empate sen goles do Fisober na casa, que mantén as de Fran e Jemisa na 5ª praza.
Pola súa conta, os mozos do Vila de Cee colleitaron un empate que soubo a pouco en Noia pero seguen sen coñecer a derrota.
Ana co Fisober
Noe co Fisober
Aínda que pareza mentira e a pesar do resultado gafas de igualada a cero o partido foi unha delicia para o espectador dos que fan afección, cheo de intensidade, ocasións, emoción e que puido caer de calquera lado, só faltou o gol para facelo máis bonito aínda, polo tanto, pode ser que a igualada fose un resultado xusto, o que parece incrible foi que non se movera o electrónico en toda a tarde, grazas tamén á gran actuación das porteiras.
Arrancaron moi fortes as visitantes, a pesar da súa xuventude as rapazas do filial do Poio, que son as actuais campionas da competición, amosaron o seu poderío. Tras uns primeiros minutos de dominio visitante as costeiras foron sacudíndose dito dominio e comezaron a poñer en perigo a porta defendida por Laura nesta primeira metade.
Dominio visitante e rápidas contras locais, ese era o guión. E as ocasións chegaban por ondadas, pasábase duns minutos no que as visitantes tiñan as súas, a outros no que chegaban as das costeiras. Nesta primeira metade as máis claras por parte local foron para Inés, Paula Fandiño e Ana que non chegou por pouco a un pase cruzado. Pero chegouse con igualada a cero o tempo de lecer, ningún equipo era quen de perforar as redes.
Na segunda metade foi un pouco do mesmo. Minutos bos dun equipo daban paso a minutos bos do outro. Nesa alternancia de xogo e ocasións que foi unha constante durante todo o partido. E tanto Leti coma Andrea, que foi a elexida para defender a portería visitante nesta segunda metade, seguían infranqueables. As mellores ocasións locais nesta segunda metade estiveron nas botas de Mai, Noe e Paula Fandiño que dispuxo dun libre indirecto no borde da área a catro para o fin.
As visitantes tamén tiveron as súas pero non foron quen de superar a Leti.
En definitiva gran partido de todas as rapazas de ambos os equipos sobre o rectángulo de xogo que a pesar do inusitado resultado deron un gran espectáculo.
Os do Vila de Cee co Negro-Foto_FB de JO
Aitor levou as estrelas da xornada-Foto-Fb de JP
Liga Autonomica, xornada 7

- Resultado: FISOBER F.S.F. – POIO PESCAMAR “B” (0-0)
- FISOBER: Leti, Tamara, Noe, Paula Fandiño e Ana; tamén xogaron: Mai, Nuriña, Inés e Andrea Piroja.

Liga Provincial feminina, xornada 5
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - FSF Villa de Cee (2-4)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen e Sandra - tamén xogaron- Chus, Noa, Zeltia, Cintia e Martina.
- FSF VILLA DE CEE: Carla, Adriana, María de Dumbría, Andrea e Alba -tamén xogaron- Marta, María Lijo, Paula Trinidad e Vanesa.
- Goles: 0-1.- Andrea (min.12); 0-2.- Andrea (min.15); 0-3.- Andrea (min.16); 1-3.- Chus (min.27); 1-4.- Marta (min.33); 2-4.- Chus (min. 38)
Liga Provincial masculina, xornada 5

- Resultado: Noia – FSF Villa de Cee (1-1).
- Vila de Cee: Rafa, Juanjo, Miguelón, Aitor e Hidalgo. Participando tamén: Joseño, Carlos, Estrella, Pablo, Mario, Champi e Marroco.
- Goles: 1-0, m.5; 1-1, m.13: Aitor.

Liga Provincial feminina, xornada 5
- Resultado: Concello de Carnota Lira FSF – A Baña S.D. (0-2).
- Lira FSF: Lía, Terre, Alba, Martina e María. Tamén xogaron: Eva, Inés e Uxía.
Liga Provincial feminina, xornada 5
- Resultado: A.D. Atletes - Espartanas F.S. (2-6)
- Atletes: Mariña; Cris; Sara; Marta; Bárbara (1); Alba; Antía (1); Ana, Sandra.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Novas relacionadas
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).