FSF: O Villa de Cee pecha en casa un ano impecable na súa estrea na Liga Galega
Vase rematando as Ligas de FSF dos equipos costeiros. A semana pasada facíano as Centolas da Liga Galega emais as pondalianas e esteirás na Liga Provincial. Os que están a piques de facelo son os homes do Villa de Cee, que no seu ano de estrea na categoría autonómica aseguraron xa a 4ª praza, e loitarán na última xornada (en Ordes) por subir ao podio. Os ceeses recibían ao Castroverde e brindaban unha cómoda vitoria aos sues incondicionais para despedir a liga na casa gañando con solvencia, e convertindo este nun ano de 10.
Ademais, na 2ª División estalal, o Fisober sumaba un empate no derbi ante o Cidade de Pontevedra disputado no Conco. Un puntiño que serve para manter viva a súa loita pola salvación nun partido no que foi case sempre por diante no marcador e que se lle escapou a falta de tres minutos. Nunha clasificación que sigue nun pano ata seis equipos en catro puntos a falla de tres xornadas, aínda que hai equipos que só lle restan dous partidos.
2ª División Femenina - Grupo I. 27ª xornada
Bárbara co Fisober ante o Cidade de Pontevedra- Resultado: Fisober - Cidade de Pontevedra (2-2)
- FISOBER: Leti, Paula Fandiño, Ana, Inés, Noe; tamén xogaron: Mai, Bárbara.
- Goles: 1-0 min. 13 Bárbara, (descanso), 2-0 min. 22 Noe, 2-1 min. 26 Heba, 2-2 min. 37 Irene.
Nos primeiros minutos ningún dos equipos foi quen de dominar, aínda que o Fisober agazapado trataba de saír en perigosas contras. Ana, Inés, Noe e Bárbara tentaron sorprender a visitante María cas súas ocasións. E así se adiantaron as locais, un sorpresivo saque de banda de Ana para Bárbara que remataba para o un a cero aos sete minutos poñendo as locais en vantaxe. Co Fisober por diante as da cidade do Lérez decidíronse máis ao ataque. Con Carmen e Sandra como estiletes ofensivos que non eran quen de materializar as súas ocasións. As locais tampouco se quedaban atrás e a falla de catro minutos Ana e Bárbara disfrutaban de moi boas ocasións que non se chegaron a materializar.
O inicio da segunda metade tivo un maior ritmo. Primeiro un tiro da visitante Heba bicou o trabe e pouco despois aos dous minutos un lanzamento de Noe que tocaba nunha xogadora visitante poñía o dous a cero no electrónico. Ese gol podía dar a salvación virtual ao Fisober. As visitantes deron un paso adiante e foron a polo partido. Carmen probou a Leti en varias ocasións pero a porteira local non se deixou sorprender. Tamén probou Paula Fandiño a porteira visitante Anouk cun lanzamento lonxano. Aos 26 minutos despois de varios rexietes a visitante Heba enganchaba un lanzamento para o dous a un.
O esforzo comezaba a notarse nas locais. Máis cando a falla de doce para o fin Inés vía a segunda amarela e o Fisober debía solventar dous minutos en inferioridade. As visitantes incrementaron os riscos co xogo de cinco, pero as locais foron quen de aguantar o temporal e manter o resultado a costa dun esforzo titánico, que as limitou aínda máis.
A falla de 6:35 para o fin as pontevedresas arriscaron co xogo de cinco. Dous roubos de Noe a piques estiveron de darlles o gol que daría a vitoria e probablemente a salvación as locais. Mentras que nas visitantes Irene estaba a ser o perigo, ata enviou un balón ao pau. E como o perigo chegaba por Irene tiña que ser ela a que anotara o gol da igualada a tres para o fin.
Liga Gallega Norte Masculina, Xornada 29ª
- Resultado: FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) - Castroverde FS (10-6)
Saíron a por todas os rapaces e nos 5 primeiros minutos xa ían gañando 3-0, o partido era de total dominio para os locais, sendo totalmente superiores. Co 5-0 baixaron o pistón os homes de Llopis e o partido perdiu intensidade, e rematando cun 10-6 final, onde o importante era conseguir os puntos.
Os homes de Llopis aseguraron a 4ª praza da liga. Gran ano para o estreo da categoríacumprindo con creces cos obxetivos marcados o principio da tempada. Tan só queda agora xogar a última xornada, en Ordes, e de gañar poderían asaltar o 3º posto. En todo caso, o ano ten sido xenial, os deberes feitos e con nota de sobresaliente.
2ª División Femenina - Grupo IV. 27ª xornada
O Viaxes Amarelle FSF da muxiá Patri, deu a cara nun partido marcado polas súas ausencias, principalmente na portería. Malia iso a escuadra galega mediuse de ti a ti contra un rival directo, como o Unami CP, aínda que terminou cedendo unha derrota por un marcador de 2-0. Foi un partido no que hai que destacar a capacidade de loita do conxunto dirixido por Pili Costa, que fronte ás adversidades crécese e malia afrontar o mellor día para loitar polos tres puntos, deron a cara nunha das canchas máis complicadas da competición de liga, posto que o Unami CP tan só cedeu unha derrota en toda a tempada. Ademais da notable falta dunha porteira con experiencia, que foi suplida por unha xogadora do filial, Marta Hermo, que respondeu con solvencia para ser a súa primeira actuación baixo paus nunha competición deste nivel.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- As Centolas e as Atletes rematan a tempada con boas sensacións.
- Maratón centoleiro.
- Un derbi con diferenzas.
- Un empate que sabe a moito.
- Primeira alegría do Conco.
- Un día de praia.
- O Semáforo volve brillar.
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])