FSF: O Villa de Cee remata unha temporada de 10 mentres o Fisober aínda ten que esperar pola salvación



Ata Castro Urdiales, en Cantabria, desprazouse a expedición do Fisober para disputar na mañá dominical a antepenúltima xornada da 2ª estatal. Un choque marcado por un minuto fatídico, que privou ao Fisober dun mellor resultado. A pesar do resultado, boa imaxe dun Fisober que segue tendo a salvación moi preto, ademais os resultados do fin de semana axudaron.
Os que si pecharon a Liga foron os homes do Villa de Cee, e o fixeron cunha malleira que lles permite rematar o seu ano de estrea como recén ascendido en liga autonómica no podio. “Un ano de 10” valora a propia a directiva non só por ese 3º posto se non por todo o que fixo ben este equipo, que xa pensa na Copa.
2ª División Nacional, xornada 28
- Resultado: : FLAVIOBRIGA F.S. – FISOBER F.S.F. (4-3).
- FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Inés, Noe ; tamén xogaron : Mai, Tamara, Bárbara, Laura.
- Goles: 1-0 min. 11 Paula, 1-1 min. 12 Noe, (descanso), 1-2 min 23 Noe, 2-2 min. 23 Ana, 3-2 min. 24 Ana p.p. , 4-2 min 39 Reichel, 4-3 min. 40 Paula Fandiño.

O partido comezou sen un dominador claro e con dous equipos dispostos a levarse os tres puntos. Os minutos ían pasando e non se movía o tanteador. As mellores ocasión foron mediada esta primeira metade con dous lanzamentos cántabros que bicaron o pau da portería de Lía. Era así a local Paula a que aos once minutos adiantaba as súas cun gol despois dunha contra. Non tardaría en respostar o Fisober xa que tan só un minuto despois Noe facía a igualada despois dun saque lateral. Tiveron a oportunidade de adiantarse as visitantes pero desaproveitaron un libre indirecto no borde do área. Viviron os últimos minutos as costeiras co perigo do dobre penalti tras sinalarlle a quinta falta os colexiados. No último minuto tiveron un dobre penalti as cántabras pero non foron quen de batir a Lía.
A volta de vestiarios todo trocou cando aos tres minutos Noe adiantaba ao Fisober despois dun roubo. Pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que nese mesmo minuto a local Ana volvía a instaurar as táboas no electrónico. E tan só un minuto despois un lanzamento da local Tamara petaba na costeira Ana para poñer en vantaxe de novo as locais. Tan pouco durou a ledicia para o Fisober, que o pasou mal despois dese mal minuto que foi chave no partido.
Repuxéronse as visitantes e foron de novo a intentar traer algo positivo de terras cántabras, pero non foron quen de igualar. Reichel nunha contra facía o catro a dous a pouco máis de un minuto nunha contra o que pechaba case o partido. Xa sen tempo Paula Fandiño facía o catro a tres definitivo.
Liga Gallega Norte, Xornada 30
- Resultado:Jogafan Ordes Fs - FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) (2-8)
- Villa de Cee: Bruno, Jose Antonio, Perce, Marroco, Purti, Aitor e Mixi.
Dende o primeiro minuto foron a portas, sabedores de poder acadar o 3º posto da táboa de clasificación. Comenzaron dominando totalmente o partido, tendo o balón e non permitindo o rival virse arriba en ningún momento, facendo unha primeira parte espectacular e rematando a mesma cun contundente 0-4, onde o rival tan so se limitaba a defenderse coma podía e case non foi capaz de xerar perigo algún para os ceeses./p>
Xa na segunda parte, e co resultado a favor, os centoleiros saíron a controlar o partido, defendendo perfectamente e intentando saír a contra, dosificándose fisicamente pois a 2ª parte se lles podía facer moi larga. O rival intentouno de todas formas, índose o ataque, saíndo de 5, pero os costeiros estiveron perfectos en defensa e facendo moito dano a contra, conseguindo un mais que merecido 2-8 o final do partido. Os goleadores foron Perce con tres goles, Aitor e Jose Antonio con dous cada un e Mixi un gol.
As estrelas nesta última xornada son 3* para cada un deles, o esforzo feito cos homes xustos, e o partidazo que se fixo, fai imposible o reparto de estrelas.
2ª División Femenina - Grupo IV. 28ª xornada
- Resultado Viaxes Amarelle FSF - VP Soto del Real FSF (0-5)
- Viaxes Amarelle FSF: Pau, Alba, Patri, María Gómez, Xiana (cinco inicial), Dolo, Martita, Mónica, Mariña, Sheila, Marta Hermo, Sandra.

En conclusión, partido con moita igualdade en intensidade de xogo, pero o maior acerto goleador das visitantes, acabou por forzar o xogo de cinco das herculinas, que resultou nefasto e acabou vendo como o Viaxes Amarelle FSF encaixaba tres goles nos últimos minutos, que acaban facendo un pouco máis líder ao VP Soto do Real.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- O Villa de Cee pecha en casa un ano impecable na súa estrea na Liga Galega.
- As Centolas e as Atletes rematan a tempada con boas sensacións.
- Maratón centoleiro.
- Un derbi con diferenzas.
- Un empate que sabe a moito.
- Primeira alegría do Conco.
- Un día de praia.
- O Semáforo volve brillar.
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)