FSF: Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca
Pechaba o ano 2016 o Fisober acadando un importante e moi traballado punto no Conco ante un equipo cántabro de gran potencial e vello coñecido da anterior etapa do Fisober no Gr.I. Un empate que deixa un bo sabor de boca ás de Fran Toba, a pesar de rematar o ano na 12ª praza, cun só punto de vantaxe sobre a zona perigosa.
Un 2016 moi positivo para a familia costeira agora radicada en Dumbría, onde se acadou de novo o ascenso a 2ª División Nacional, a Copa da Costa e semifinais de Copa Autonómica , así coma un subcampionato provincial alevín e volver a competir en Liga Galega Infantil.
En Liga Galega, descansaban as rapazas de Juan Jesús, que rematan o ano nunha posición bastante cómoda e con dous partidos menos. Si que xogaron os homes de Llopis, que facían un mal partido, moi imprecisos co balón e sen intensidade en defensa, pero que aínda así lograron traer unha importante vitoria que os deixa a 5 pts. do líder no parón navideño. Ollo ao Calendario do Vila de Cee, que xa tendes ao voso alcance... Sen agochar nada, coas fotos de Jorge Parri.
Na Liga Provincial, descansaba o Atletes, mentres que o Concello de Ponteceso FSF sumaba 3 puntos fáciles, o que lle permite chegar ó parón de Nadal a un punto do líder a falta dunha xornada para rematar a primeira volta e cun partido menos.
2ª División Femenina – Grupo I, xornada 13
- Resultado: FISOBER F.S.F. – FLAVIÓBRIGA F.S. : 1-1.
- FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Inés, Laura; tamén xogaron: Mai, Tamara, Bárbara, Noe, Leti.
- Goles: : 0-1 min. 17 Erica, (descanso), 1-1 min. 39 Noe.
O partido arrancou con dous equipos temerosos de cometer erros que puideran deixar en vantaxe o rival no partido. Ningún dos dous quería levar un excesivo peso no xogo. Os minutos ían pasando e as cántabras collían un pouco de dominio do balón. Pero o Fisober tamén o quería. Chegaron as primeiras ocasións para as visitantes, e aparecía Lía na portería local para desfacelas. Seguía correndo o crono e o resultado seguía sen moverse. A cinco para o fin desta primeira metade chegou a mellor ocasión local nas botas de Inés quen non foi quen de marcar. A igualada desfíxose a tres do fin da primeira metade cando Erica finalizaba unha combinación das cántabras para o cero a un.
O inicio da segunda metade tivo que aparecer desta vez Leti, para que non marcaran as visitantes. Aínda así deu un paso adiante o Fisober na segunda parte. Empezou a empurrar cada vez máis na busca da igualada. Cun traballo incansable de tódalas súas xogadoras tentando darlle unha ledicia a súa parroquia. Con moitas xogadoras da base animando incansables. E froito dese traballo chegou o gol da igualada a pouco menos de dous minutos para o fin. Noe finalizaba para empatar o electrónico. Dende aquí ata o final sufrimento para acadar un importante punto co que finalizar este ano 2016. E a noite poder celebrar a cea de Nadal do club cun bo sabor de boca.
Liga Galega Masculina Norte, x.12
- Resultado: Castroverde F.S. - FSF Villa de Cee "Clinica a Xunqueira" (4-8)
- Vila de Cee: Pose, Bruno, Pablo, Rober, Hidalgo, Miguelon, Mario, Marroco, Aitor e Santi.
Comenzaba o encontro fácil para os homes de Llopis, xa Rober os 20 seg. e Miguelón os 2 min. conseguían adiantar o marcador cun cómodo 0-2 nada mais comenzar o partido, pero isto logrou darlle alas os locais e que conseguirían rematar a primeira parte cun 2-2 e dando grazas a unha gran actuación de Pose na porteria.
A segunda parte sería xa cun Villa un pouco mais centrado, e Miguelón facía o 2-3, pero o pouco lograban empatar os locais, Os homes de Llopis tiveron que poñerse as pilas e Aitor merca o 3-4 posteriormente Santi e Mario de dobre-penalti conseguía abrir brecha cun 4-6 terminaría marcando Marroco e Santi de novo para o definitivo 4-8.
As Estrelas nesta semana son: 3* Pose, increible o meta na primeira parte, 2* Bruno, a tarde foi de porteiros, 1* Para Serena, Jaime e Raquel.
Liga Provincial Feminina, x.12
- Resultado: FS Pontedeume - Concello de Ponteceso FSF (0-13).
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Ana, Carmen, María e Verónica - tamén xogaron- Martina.
Comezaba tranquilo o partido en Pontedeume, con ambos equipos mostrando respeto ó rival e sen arriscar e coas locais intentando levar iniciativa. Pero aínda non chegaríamos ó minuto 2 cando recibían un duro golpe as xogadoras de Pontedeume, que viron como se adiantaban as visitantes cun tempraneiro gol de Carmen.
Pasaban os minutos e seguiría o partido na mesma liña, pero co Ponteceso empezando a ter o control do balón. Ana poñía o segundo no marcador tras unha xogada combinada con María. A partir deste segundo tanto levaron todo o peso do encontro as pondalianas, coa posesión do balón e xerando ocasións case cada minuto. Martina facía dous goles en 2 minutos, o primeiro rematando dentro da área tras unha xogada embaullada e o segundo rematando no segundo pau. Ana fai o quinto rematando tamén no segundo pau tras un pase de María onde o balón recorre toda a área. Sería ela quen faría tamén o seguinte, logrando o seu hat-trick, tras un remate de córner. Verónica e Ana dispoñerían dun par de ocasións, pero sen lograr ampliar a vantaxe. A falta dun minuto para ir cara ós vestiarios, Martina volvia rematar no segundo pau tras un pase de Carmen, poñendo así 0-7 co que se chegaría ó descanso.
Co encontro xa sentenciado dende a primeira metade, reanudaríano con calma as xogadoras de Curro. Seguirían co dominio do partido e con reiteradas chegadas á portería rival. Carmen e Vero facían os seguintes dous tantos. Intentaban chegar á portería defendida por Isabel as de Pontedeume, pero a boa defensa pontecesana evitaba todas as ocasións. Carmen facía o cuarto tanto na súa conta cun remate de córner, sendo ese o décimo para o Ponteceso. Chegaría, a 7 min para o final, a única ocasión clara do partido para o Pontedeume, pero Isabel saca o pe e, cunha boa intervención, evitaría o primeiro tanto das locais. Seguía saíndo ben o conxunto visitante de atrás e María, Carmen e Martina sumaban 3 goles máis ó marcador, deixando o 0-13 como resultado final.
2ª División Femenina – Grupo IV. Xornada 13
- Resultado: VP Soto del Real - Viaxes Amarelle FSF (9-2)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Laura Tesouro, Patri, Martita, Dolo (cinco inicial), Sheila, María Gómez, Alba, Xiana.
- Goles: 1-0 Coral (min. 6); 2-0 Ana (min. 11); 3-0 Coral (min. 17); 4-0 Ana Cristina (min. 22); 4-1 Patri (min. 23); 5-1 Coral (min. 25); 6-1 Laura Stone (min. 26); 7-1 Laura Stone (min. 38); 8-1 Alba (propia puerta) (min. 39); 9-1 Laura Morales (min. 40); 9-2 Dolo (min. 40).
Non vleu o gol de Patri, xa co 4-0 no marcador, para que as de Pili Costa reaccionasen na segunda metade ante o Soto del Real, o líder da competición. En conclusión, partido doloroso para a escuadra herculina que sufriu unha dolorosa derrota ante o líder da competición, encaixando un total de nove goles en contra. As herculinas intentaron parar o ataque das locais, pero resultou imposible e acabaron pagando cunha derrota a última saída do ano 2016.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).