Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Ponteceso e Atletes afían a puntería

FSF: Ponteceso e Atletes afían a puntería

Tocaba descanso para os equipos do Fisober da 2ª Nacional e as Centolas do Villa de Cee O Semáforo na 1ª División Autonómica. Non así para os mozos do Villa de Cee da 3ª Nacional, que caían pola mínima ante todo un Sala Ourense, líder da categoría, nun choque brillante.

O protagonismo estivo centrado na 1ª Galicia (antiga Liga Provincial), doble goleada do Ponteceso e do Atletes (grandes novas para as de Esteiro, mentres que o Amarelle Santa Comba empataba a 3 con todo un Melide. Ademais, o Fisober B disputou o venres un partido da 3ª xornada ante o Melide, no que caía con rotundidade.
Quedan as pontecesás 3ª a 3 puntos do Culleredo, co Amarelle na 6ª praza con 7 ountos, e Atletes e Fisober na zona baixa con 3 puntos, pero con 3 equipos por abaixo, Ulla, Cruces e Pontedeume que aínda non sumaron.

 

3ª División Nacional Masculina, xornada 8

  • Resultado: Sala Ourense - FSF Villa de Cee (4-3)
  • Villa de Cee: Bruno, Insua, José, Javi e Cristian-cinco inicial-.Tamén xogaron José Ángel, Pérez, Pablo, Edu, Oliveira e Aitor.
  • Goles: 0-1,m .7: Javi; 1-1, m.8: Sergio; 1-2, m.13: Pérez; 2-2, m.23: Sergio; 3-2. m.23: Daniel; 4-2, m.32: Tizón; 4-3, m.38: Oliveira.
Villa de Cee en Ourense O Villa de Cee acariñou a vitoria en Ourense

Prantou cara o Villa de Cee a un líder que só cedeu 3 puntos no que vai de liga. Os ceeses fixeron un gran partido manténdose no partido en todo momento, pero a vitoria escapouse deixando ao equipo na 12ª praza con só 6 puntos, pero aínda con 4 equipos por debaixo.

Comezaba o choque cun Ourense máis mandóns pero era o Villa o que se adiantaba. De contado empataba o Sala, que mandaba pero non podía superar a un gran Bruno, que permitían que os costeiros marchasen con vantaxe no marcador ao descanso.

Na segunda pesaban os minutos nos costeiros e pouco a pouco o Sala foise facendo máis co control do partido. Colocábanse con 2 goles de vantaxe os locais a falta de 8 minutos, no que parecía a sentenza, pero a este equipo non hai que o desmoralice e, con xogo de 5 inquedaron metendo o 4-3 no marcador e apretando ata o último segundo.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 4

  • Resultado: Cruces FSF - A.D. Atletes (0-6)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Laura (1); Cris; Leti (2); Martina (2); Alba; Antía; Ana; Sara (1).
  • Goles: 0-1, m.17: Leti; 0-2, m.31: Martina; 0-3, m.32: Sara; 0-4, m.35: Martina; 0-5, m.37: Leiti; 0-6, m.39: Laura.

Dous equipos moi renovados enfrontábanse na Vila de Cruces. Comenza o encontro con dominio do Atletes, que acorrala as de Cruces na súa propia pista. O Atletes encarou este partido cunha intensidade pouco vista nos pasados choques. Facendo forte presión sobre as xogadoras de Vila de Cruces facía recaer todo o xogo do encontro no campo das de Cruces. Ataque tras ataque as de Cruces tiñan en Sandra, a súa porteira, un valladar que as de Esteiro non conseguían romper. Ata que chegado o minuto 17 da primeira metade, Leti, unha das destacadas do Atletes, consigue o primeiro gol para as de Esteiro.

Na segunda metade, as de Esteiro non ceden na súa presión, e os 31 minutos marca o segundo para as esteiranas, Martina. Sigue ca mesma presión o Atletes, e no minuto 32 e medio, marca Sara, en unha magnífica combinación o terceiro gol para o Atletes.
Aí rompíase o partido, co baixón das locais e o aínda maior dominio das de Esteiro. No minuto 35 volve a marcar Martina o cuarto gol para as visitantes. Un minuto máis tarde, Leti marca o segundo da súa conta particular, e o quinto para o Atletes. Faltando dous minutos para o final do partido, marca o sexto e último gol para as visitantes, Laura, outra das destacadas das esteiranas.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 4

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - TCA Instalaciones FS Pontedeume (13-1).
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Alba, Nuria, Saray e Martina - tamén xogaron - Ana, Verónica e Aroa.
  • Goles: Nuria (3), Saray (4), Alba (3), Ana (2) e Martina, para o Ponteceso. Noelia para as ferrolás.
FSF Ponteceso Vila de Pondal Goleada do FSF Ponteceso Vila de Pondal

Contundente vitoria a do conxunto pontecesán na 4ª xornada ligueira, nun partido no que tivo o control de principio a fin. Xa comezaban o encontro avisando, cunha chegada na segunda xogada na que Nuria remataba e a porteira enviaba a córner. Alba e a mesma Nuria, volverían probar con tiros dende a frontal. Non tardaría en chegar o primeiro tanto, pois no minuto 2 Nuria estreaba o marcador cun tiro cerca do primeiro pau.
Contestarían as visitantes cun tiro desde a frontal que sae fóra por pouco. Pero as pondalianas seguían co bo xogo, saíndo co balón desde atrás e facendo boas xogadas, e nos seguintes 3 minutos sumaba 4 goles no seu casilleiro, anotados por Saray, Ana e un doblete de Alba.

Pouco a pouco baixarían un pouco o ritmo as pontecesás, co que disminuiría tamén o número de chegadas. Pero non quedaría así o resultado de cara á segunda metade, pois Martina, Nuria e Saray cun tiro desde a frontal que entra pola escadra, aumentarían a vantaxe das locais.

Os primeiros minutos do segundo tempo serían dun partido roto, con idas e voltas e cun par de ocasións para ambos conxuntos. Uxía sacaba unha dobre ocasión do Pontedeume e Alba probaba tamén con dous disparos que rematarían un desviado pola porteria e o outro batendo no longueiro. Despois de 10 minutos de pouco xogo, volvían a centrarse e subir o ritmo as da vila de Pondal, que en 5 minutos eran quen de anotar outros 5 goles e de mandar outro balón ó longueiro.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 4

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - Melide FSF (3-3)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Vanesa, Violeta, Ge, Nuria, Tania (cinco inicial), Gemma, Nerea Míguez, Leti, Nerea Ramallo.
  • Goles: 0-1 María (penalti) (min. 7); 1-1 Nuria (min. 11); 1-2 Anabel (min. 17); 2-2 Ge (min. 19); 3-2 Nuria (min. 24); 3-3 Andrea (min. 32).
Amarelle-Concello de Santa Comba O Amarelle Concello de Santa Comba O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, segue sen conseguir a primeira vitoria da tempada como local. Conseguía sumar desta volta nun partido con alternativas para os dous conxuntos. Na primeira parte, o conxunto xalleiro saía con intención de buscar o partido, pero o rival ben suscitado na cancha creaba perigo e conseguía adiantarse aos sete minutos de xogo cun gol de María, transformado por medio dun penalti. As xalleiras conseguían igualar a contenda aos once minutos de xogo cun gol da muxiana Nuria. O partido íase igualando e novamente as visitantes do Melide FSF, conseguían volver poñerse por diante no marcador cun gol de Anabel a tres minutos do descanso. O marcador volvía estar en contra do Amarelle Concello de Santa Comba, pero as locais reaccionaban a falta de 45 segundos para o tempo de asueto cun gol transformado por Ge.

Na reanudación, os dous equipos saían á cancha coa igualdade no luminoso, e as locais empezaban a xerar ocasións conseguindo adiantarse e poñerse por primeira vez por diante no marcador, tras un gol transformado pola muxiana Nuria aos catro minutos de xogo. Aínda quedaba moito partido por diante e o partido estaba moi igualado, e as xogadoras do Melide FSF íanse facendo máis fortes ata que a falta de oito minutos para o final do encontro volvían poñer as táboas no marcador cun gol de Andrea. Aínda había tempo por diante para que os dous equipos loitasen polos tres puntos, pero o gol resistiuse, e ao término do tempo reglamentario ambos conxuntos tivéronse que conformar con táboas e reparto de puntos.

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios