FSF: Preparando o Nadal
Penúltima xornada do ano para o fútbol sala feminino da bisbarra. Con alegrías e tristuras, como a que trouxo o Fisober de Pontevedra.
En Cee, cunha asistencia dunhas 150 persoas ao pavillón, as mozas do Semáforo daban unha alegría sumando 3 puntazos, mentres que os homes de Llopis facían un partido regular pero mantiñan un punto na casa. O sábado pechouse coa cea de Nadal da familia do Villa de Cee.
Na Provincial había derbi entre o Concello de Ponteceso e o Atletes de Esteiro, e como facía prever a clasificación, foi o cadro pontecesán o que sumou 3 novos puntos que deixan ás de Curro a 4 puntos do líder provisional, cun partido menos.
2ª División Femenina – Grupo I, xornada 12
- Resultado: Cidade de Pontevedra - Fisober (4-1)
- Fisober. Leti, Ana, Paula Fandiño, Mai, Noe; tamén xogaron: Inés, Bárbara, Tamara.
- Goles:: 1-0 min 2 Leti, (descanso), 1-1 min 24 Paula Fandiño, 2-1 min 32 Carmen, 3-1 min 37 Gema, 4-1 min 38 Gema.
- Resultado: FSF Villa de Cee "O Semaforo"- Ribadeo FSF (2-0)
- Resultado: FSF Villa de Cee "Clinica a Xunqueira"- FS Alameda Xario (2-2)
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - AD Atletes (6-0)
- AD VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Martina, María e Verónica - tamén xogaron - Chus e Isabel.
- AD ATLETES: Martina, Bárbara, Marta, Alba e Ana -tamén xogaron- Antía, María Julia e Sara.
- Goles: Verónica (3) e María (3).
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Unami CP (2-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, María Gómez, Dolo, Patri, Martita (cinco inicial), Marta, Alba, Xiana, Mariña.
- Goles: 1-0 Dolo (min.11); 2-0 Patri (min. 34); 2-1 Cris Carre (min. 40).
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Derbi igualado o disputado entre o Cidade e o Fisober que caeu nos últimos minutos para unhas locais, máis entonadas. Nas locais debutaban os seus últimos fichaxes Heba e María.
Non podía arrancar peor o partido para as costeiras , xa que os dous minutos xa se poñían por diante as do Cidade. Leti a reviravolta poñía o un a cero no electrónico. Tocáballe remar o Fisober dende o inicio. Nun partido con pouco ritmo xa que os dous equipos estaban temerosos de cometer erros que beneficiasen o rival. Respostou Noe os catro minutos cunha boa ocasión para o Fisober. A primeira metade non tivo moitas ocasións e si moito respeto. As locais tiveron unha moi boa cun man a man de Carmen ante Leti, que resolveu a porteira de maneira excelsa. A mellor ocasión do Fisober nesta primeira metade chegaba por Paula Fandiño pero a porteira Anaouk desvíaba a saque de esquina.
A volta de vestiarios o Fisober dominou máis o xogo, pero sen crear moitas ocasións. Aínda así os catro minutos un lanzamento de falta de Paula Fandiño do que ela aproveitaba o seu propio rexeita poñía as táboas no marcador. Quizais estes foron os mellores minutos do Fisober no partido. A tranquilidade do empate deulle outro pouso o equipo. Aínda así os dez minutos un lanzamento de falta da local Carmen íase o pau. Todo trocou no minuto 32, unha falta que ademais supuña a quinta, era lanzada por Carmen para o 2 a 1. O gol descolocou a un Fisober que non foi quen de restablecer a situación. Deixou de sentirse cómodo na pista e co risco de que cada falta sería un dobre penalti, un par deles disfrutaron as locais. Co tres a un obra de Gema a tres para o fin, rematou o partido. As visitantes arriscaron co xogo de 5, pero non serviu de nada. Xa que as locais aproveitaban a dous para o fin novamente por medio de Gema para facer o catro a un definitivo.
Liga Galega Feminina Norte, x.12
Recibian as Ceenses a un dos equipos do alto da táboa o Ribadeo FSF, partido moi complicado máis vindo dunha derrota contra o líder a semana anterior. Nesta semana si xa dispoñía o equipo de rapazas suficientes, para afrontar o partido al menos con garantías de poder competir. E así o fixeron, saíndo dende o primeiro minuto a polo rival dominando o xogo e conseguindo por obra de Goreti adiantarse no marcador na primeira parte e indo o descanso co 1-0.
Repetise o guión na segunda parte, con dominio das ceenses e que obrigaba as rivais a esforzarse ó límite chegando a cometer as 5 faltas. Difrutaron as locais dun dobre-penalti o cal transformaría outra vez Goreti e establecendo o 2-0,, resultado máis que xusto polo xogo ofrecido por ambos equipos.
As estrelas nesta ocasión son 3* Vanesa, un muro na porteria; 2* Goreti, dous goles; e 1* María de Dumbría.
Bonito este último partido na casa ata a volta do Nadal, que ofreceron as ceenses os seus afeccionados, a vindeira semana toca xogar o ultima saída do ano contra E.D.M. Salceda nunha das viaxes m´is longas da temporada.
Liga Galega Masculina Norte, x.12
Non xogou o Villa de Cee o seu mellor partido nin moito menos, e aínda así tivo numerosas ocasións para poder gañar, pero atopouse cunha actuación incrible do porteiro visitante. Non saíron ben os homes de Llopis, e pronto o Alameda Xario púxose cun 0-2 en dúas contras. O rival defendíase perfectamente e os Ceenses trataban de romper esa defensa a base de tiros exteriores , pero nunha acción Mario sufre un penalti o cal el mesmo transforma, índose así para o descanso cun 2-1.
Na segunda parte comezaba ca mesma idea, o rival ben cerradiño e con contras perigosas e os ceenses que abusaban do tiro exterior, ata que nunha boa xogada logra Marroco o empate 2-2, resultado definitivo.
3* Estrelas para Marroco, 2* para Mario e 1* para Rober.
Liga Provincial Feminina, x.9
Derbi costeiro na Provincial no que as locais comezaban máis enchufadas, levando o control dende o principio. María tería a primeira ocasión do encontro, pero o balón ía directo ó pau, e Vero abría a sía conta goleadora. Ana, María e Vero seguían facendo dano á feble defensa esteirá, que intentaba chegar á meta de Melani con contras, como unha que remataba en córner trala parada da porteira local. Co 1-0 remataría a primeira metade, aínda coas de Esteiro metidas no partido.
Volverían dos vestiarios máis centradas as xogadoras do Atletes, que intentaban saír co balón xogado e achegarse á portería local. Pero a primeira ocasión de perigo sería das xogadoras de Curro, cun tiro de María que saía desviado. Pese a ser o partido máis disputado que na primeira metade, Vero aumentaba diatancias para o Ponteceso cun tiro ó primeiro pau. Pasarían dous minutos e volvería marcar Verónica, que poñía o terceiro no luminoso para o seu equipo. Tería unha boa ocasión o Atletes tras un erro sa defensa local, pero o esférico saía rozando o pau e, do saque en largo de Melani, Vero controlaba e pasaba ó segundo pau onde remataba María facendo o cuarto, e deixando o partio sentenciado.
2ª División Femenina – Grupo IV. Xornada 10
O Viaxes Amarelle FSF de Patri volve sorrir tras conseguir unha vitoria ante un rival directo nun partido moi tenso ata o último segundo, pero onde un axustado marcador por 2-1 acabou dando tres valiosos puntos á escuadra herculina. A muxiá foi clave marcando o segundo gol a só 6 minutos do final, e que acabou sendo fundamental para sumar unha nova vitoria.
O próximo enfrontamento terá lugar o domingo 18 de decembro de 2016 a partir das 12:00 horas no Pabellón Municipal de Soto do Real (Soto do Real - Madrid) ante o VP Soto do Real.