FSF: Primeira alegría do Conco
Só o Fisober sumou a vitoria esta fin de semana para a familia do FSF costeiro. Unha vitoria, a primeira como locais da tempada e con toda a familia de base presente, importantísima ademais, que lle permite respirar ante o acoso dos equipos que rozan o descenso, e achega ás de Fran Toba ás salvación.
Un Fran Toba que ademais recibía a nova de que vai ser un dos membros da Comisión do fútbol sala galego. A comisión está formada por un grupo de persoas de toda a xeografía galega, cunha gran experiencia na especialidade de Fútbol Sala, e tamén de diferentes estamentos do Fútbol Sala dentro da propia FGF. Na Comisión están representadas a Federación, os clubs, xogadores, adestradores, árbitros e universidade. A Comisión xa celebrou duas reunións ó respecto.
Seguindo o repaso á xornada, na Liga Galega, o Villa de Cee masculino presentabase en Outeiro de Rei, para enfrontarse o lider. Presentábase con baixas e con varios xogadores lesionados e a pesar de estas circunstancias, o Villa puxolle as cousas moi dificiles ao líder e de non ser por unha máis que discutida actuación arbitral, o resultado podería ter tido outro signo.
Máis baixas tiveron as bravas de Mario de José na súa visita a Tabeirós. Fixeron un gran partido pero non tiveron forzas suficientes no treito final para traer puntos da colleita.
Xa na Liga Provincial, o Concello de Ponteceso sufría unha inesperada derrota na casa quedando na 4° praza a falta de 4 xornadas para a conclusión da Liga.
Ademais,
2ª División Nacional, xornada 21
- Resultado: FISOBER F.S.F. – ORDIZIA K.E. (5-2.)
- FISOBER: Leti, Laura, Inés, Ana, Paula Fandiño, tamén xogaron: Mai, Bárbara, Tamara, Noe.
- Goles: 0-1 min. 1 Irati, 1-1 min 14. Laura, ( descanso ), 2-1 min 21 Paula Fandiño, 3-1 min. 23 Paula Fandiño, 3-2 min. 28 Naroa, 4-2 min 38 Paula Fandiño, 5-2 min. 38 Ana.
Non puideron arrancar peor as cousas xa que no primeiro minuto a visitante Irati aproveitaba un rexeite para facer o primeiro gol. Tocáballe remar as locais novamente. O partido a pesar do gol non tiña un dominador claro no seu inicio. Tanto locais coma visitantes pretendían levar o xogo o seu porto pero non eran quen. E así ían pasando os minutos. Ata que os catorce minutos as locais aproveitaban unha contra para que Laura fixese a igualada. Unha Laura que nunca marcara na categoría e xa leva facendo dúas semanas consecutivas. Co resultado de igualada a un chegouse o tempo de lecer.
Desta vez o arranque da segunda metade foi positivo para as costeiras. No primeiro minuto un lanzamento de saque de banda de Paula Fandiño petaba nunha xogadora visitante e poñía en vantaxe as locais. Tan só un par de minutos despois nunha situación parecida, Paula Fandiño de novo golpeaba e de novo vía como seu disparo entraba a gol. Dous goles de vantaxe coma locais, unha situación nunca vivida na tempada. Eran os mellores minutos dun Fisober que puido marcar por mediación da mesma Paula e de Ana. Despois do gran arranque local, as visitantes comezaron a desperezarse. E a tomar máis ocasións sobre a porta de Leti. Froito dese dominio chegou no minuto 28 o gol visitante despois de golpear nunha xogadora local. E a piques estiveron de igualar o partido con varias ocasións. A falla de catro minutos para o fin decidiron as vascas utilizar o xogo de cinco na busca do gol. Pero as locais defenderonse con solvencia e con dous roubos, Paula Fandiño e Ana sentenciaban o partido e dábanlle a primeira vitoria coma local o Fisober de forma xusta. O que lles da de novo un respiro fronte a zona de descenso.
Liga Gallega Masculina Norte, xornada 24
- Resultado: S.I. Outeiro de Rei - FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) (3-2)
- Villa de Cee: Bruno, Perce, Rober Hidalgo, Santi. Participando tamén: Jose Antonio, Miguelón, Aitor e Pose.
Na primeira parte non empezaron ben as cousas para os nosos, xa que o comezo do partido, cando se levaban transcurridos 3' adiantábase cun golazo pola escuadra ante o que Bruno non pudo facer nada. Aínda así o Villa seguiu tocando con moito sentido o balón e dispuxo de varias ocasións. Houbo moita igualdade nesta metade, e xusto cando quedaba 1' para ir ó descanso unha boa acción de Aitor déixalle a bola a Miguelón, o cal estrelou contra o poste o seu disparo. Chegábase co 1-0 no descanso. Xusto un descanso no cal o árbitro (que tivo unha actitude chulesca durante todo o encontro) expulsaría a Perce amosándolle a segunda amarilla.
A volta dos vestiarios, volveria a anotar o Outeiro de rei de novo ós 2'. Seguiu o Villa intentando remontar tendo boas ocasións, pero sería de novo o Outeiro o que marcaria o 3-0. Parecía imposible pensar na remontada pero o equipo visitante marcou dous goles consecutivos e deixaba un 3-2 que invitaba a crer na remontada. Pero de novo unha decisión arbitral moi discutida deixaba ó Villa cun menos, por expulsión de Miguelón, xusto cando mellor estaba o equipo. Seguiu remando o equipo con todas as circustancias na súa contra, e seguiria o esperpento arbitral expulsando a Hidalgo e posteriormente a Pose. Quedaban con 5 xustos os ceenses e acabaría asi o encotro.
As estrelas son: 3* Aitor, incrible a súa relación co gol; 2* Jose Antonio, o motor do equipo; 1* Bruno, posiblemente o mellor porteiro da Autonómica.
Liga Gallega Feminina, xornada 22
- Resultado: Vasan Inversia A Estrada FsF - FSF Villa de Cee “O Semáforo” (
- Villa de Cee: Vanesa, María Lijó, Adriana, Paula Trinidad e María de Dumbría. Participando tamén: Andrea.
Tocoulles viaxar as rapazas de Mario de Jose, e tocoulles facelo nun día co equipo plagado de baixas, onde tan só poderon acudir tan só 6 xogadoras, e que condicionou totalmente o partido, aida así moi bo traballo das ceenses e moi boa imaxe deixada en terras da comarca de Tabeiros.
Comenzaron as ceenses esperando atrás o rival e intentando dosificarse dende o primeiro minuto, a fin de que con tan só un cambio eran conscientes de que o partido se lles ía facer un pouco longo. As locais tiñan a posesión do balón, pero non eran capaces de crear perigo para as ceenses, as cales defendíanse perfectamente e trataban de saír a contra. Nunha xogada desafortunada para as ceenses no mediado da primeira parte as de A Estrada marcan o primeiro gol, lonxe de virse a menos as rapazas de Mario, continúan co guión de boa defensa e saída a contra e por medio de Andrea en dúas ocasións conseguen darlle a volta o marcador e poñerse por diante , pero nos últimos segundos da primeira parte as locais conseguen empatar indo ao descanso cun 2-2.
Saíron na 2ª parte as locais a presionar moito as ceenses conscientes de que fisicamente xa lle quedaba pouca gasolina e case sen cambios, a mala fortuna fai que Adriana sufre unha forte falta dunha rival e lesionase, e a Andrea lle poñen a 2ª amarela o cal ocasionou a sua expulsión, quedando o equipo en mínimos, con todo isto o rival consegue marcar o 2-3 e nos instantes finais o 2-4 definitivo.
As estrellas son: 3* Andrea con dous golazos , 2* Vanesa un gran traballo debaixo dos paus, 1* María Lijó, asumindo galóns coma cerre nos intres finais do partido.
Liga Provincial, xornada 22
- Resultado; Concello de Ponteceso FSF - 5 Coruña FSF (2-5).
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Nuria, Aniña, Alba e Vero - tamén xogaron - Sandra.
- Goles: Nuria e Vero para as pondalianas. Silvia (3), Alba e Nuria para as herculinas.
Comezaban o partido con intensidade e presionando arriba as pontecesanas, que no primeiro minuto xa tiñan unha ocasión nos pés de Vero, que manda un balón ó pau. Durante os primeiros 10min o dominio era claramente pontecesán, sendo estas as que controlaban o xogo e as que dispoñerían de todas as oportunidades para adiantarse no marcadorm Ana, Alba e Sandra serían as que dispoñerían das máis claras, pero sen lograr batir á meta rival. Non fallarían de igual xeito as visitantes as súas ocasións, pois no seu primeiro disparo a portería, conseguían que o balón traspasase a liña facendo así o primeiro gol. Nunha mala saída co balón das pondalianas tras sacar de centro, conseguían aumenta-la vantaxe as coruñesas, poñendo o 2-0 no luminoso en apenas 1 min. Recortaría distancias Nuria que, tras recoller o rexeite da porteira a un tiro de Alba, tiraba coa súa perna mala e o balón entraba polo primeiro pau. Serían uns minutos de tolería, pois nos 2 minutos finais do primeiro período, veríanse aínda tres goles máis. Ampliaban distancias as herculinas tras unha boa contra, ó que respondían as de Ponteceso con varias ocasións, pero sería o 5 Coruña o que volvería marcar cun tiro lonxano ó que non logra chegar Isabel. Parecía que chegaría así o descanso, pero Vero poñía o 2-4 no marcador no último segundo antes de que soara a bucina.
De volta dos vestiarios veríase un partido máis igualado en canto a xogo, sen un dominador claro e con ambos conxuntos xerando ocasións. Serían as xogadoras de Curro as que volvían ter a primeira ocasión, desta vez cun disparo de Aniña que despexa a porteira. Pero a partir de aí sucederíanse as oportunidades para os dous equipos. Cun xogo acelerado, ninguén era quen de sumar outro tanto ó seu casilleiro. Sería Nuria a que o sumaría para o 5 Coruña, cun tiro de penalti sinalado polo colexiado. Non se viñan abaixo as de Ponteceso a pesar do resultado e e seguían en busca do gol, pero non había maneira de que o balón chegase á rede. Aniña mandaba un balón ó longueiro a 2 min para o final. As últimas ocasións serían todas para as coruñesas, que tras ver como Isabel impedía o sexto tanto parando un tiro de castigo, chegaban ó final cun par de ocasións nos últimos segundos, pero sen conseguir aumentar a distancia.
Liga Provincial, xornada 22
- Resultado: A.D. Atletes: - Comarcal A Fervenza FSF “B” (1-2).
- Comarcal A Fervenza FSF “B”: Alba (P); Carmen; Lucía; Natalia (1-pp); Sofía; Claudia; Iara; Alba (2).
- A.D. Atletes FSF: Martina (P); Manola; Julia; Sara C; Bárbara; Sara; Ainoa.
O Atletes presentou un equipo de circunstancias e enormemente escaso de xogadoras, por ter estado de viaxe de fin de curso máis da metade do equipo. No comenzo da primeira metade, as esteiranas xogan metidas dentro da súa área, totalmente agazapadas e, polo que se vía, demasiado temerosas. Esto favorece que a Fervenza, con un equipo moi novo pero bo dominador da pelota, logre chegar con facilidade a portería das do Atletes.
As esteiranas no logran pasar da media pista, e as poucas veces que o fan, consígueno por medio de tiros largos dende o seu campo, que se perden sin máis perigo nas máns da porteira ferrolana. Cando se levaban doce minutos de xogo, en un ataque pola dereita da Fervenza, Alba, en un tiro sen perigo, consigue o primeiro gol para o seu equipo o escápaselle a Martina das máns o balón, a causa de encontrarse tapada por una compañeira. O Atletes atópase asfixiado polo cansancio, xa que carece de banquillo, éste con Sara C, ausente e sen entreno durante tres meses, e Manola recén saída dunha lesión. As esteiranas piden tempo morto para tratar de romper o ritmo das ferrolanas pero, a causa do cansancio, vense moi dominadas polas contrarias, que non afinan demasiado na porta do Atletes. Co resultado de un a cero vanse os dous equipos o descanso.
Na segunda metade, o Atletes, consigue frear un pouco máis ás da Fervenza, e través de loita contínua, e consegue chegar a porta das ferrolás, aproveitando a velocidade de Ainoa, pero o esforzo e moi grande, e sin recambios, esta logo demostra síntomas de cansancio. O Atletes deféndese como pode, e no minuto 12, Julia saca de banda, e o balón, despois de tocar en Natalia, despista a porteira da Fervenza e métese na porta das ferrolás, logrando empatar a Atletes. As ferrolanas aumentan a súa presión e no minuto dezaseis e medio, Alba a mellor xogadora das ferrolanas, nun ataque pola dereita a través dun tiro forte e raso, pon en ventaxa o seu equipo, resultado que xa non se movería ata o final do partido.
Polo Atletes, non hai moito que pedirlles, xa que bastante fixeron con aguantar o partido, pola escaseza de cambios; e polo visto no encontro, Julia sobresaiu polo desgaste físico e o desdoblamento cara a portería contraria que mostrou na segunda metade. Pero sobre todas do seu equipo, Manola que volvía de novo o equipo, foi a máis destacada, mostrando veteranía e esforzo, ademais de moi boa calidade e intelixencia táctica que mostrou no seu reencontro. Extraordinario partido de Manola.
2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 21
- Resultado: Colmenarejo FSF - Viaxes Amarelle FSF (0-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Sheila, Martita, Patri, María Gómez (cinco inicial), Alba, Dolo, Xiana.
- Goles: 0-1 Joana (propia puerta) (min. 25).
Partido contra un dos rivais máis complicados para facerlle gol, e actual terceiro clasificado, ao que o Viaxes Amarelle FSF cunha clara posición na cancha, anulou todo o ataque do Colmenarejo FSF e aproveitou o seu momento para facer bo o gol en propia meta tras un saque de córner directo de Patri que a porteira local intentaría atrapar, pero acabou introducindo na súa propia portería, e que lle acabaría concedendo os tres puntos.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Un día de praia.
- O Semáforo volve brillar.
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])