FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado
Partido regular do FSF Villa de Cee en Fene, onde o mellor foi o resultado, e eses puntos que lle permiten seguir no máis alto da Liga Provincial. Nunha xornada na que só dous partidos nesta categoría pois foi aprazado o Concello de Ponteceso - Espartanas, e descansou o Atletes.
Ademais, os mozos do Vila de Cee xa disputaran o partido desta xornada hai un par de semamas.
Mentres, en Liga Galega, o Fisober non podía cun dos grandes da categoría que levaba de Vimianzo os puntos e a supera na táboa, quedando as soneirás de 6ª.
Liga Autonomica, xornada 9
- Resultado: Fisober F.S.F. – Cidade de Pontevedra F.S. (2-5).
- FISOBER: Leti, Ana, Tamara, Noe, Paula Fandiño; tamén xogaron: Andrea Muíño, Laura, Nuriña, Inés, Ale.
- Goles: 1-0 Laura (descanso) , 1-1 Figo, 1-2 Tamara, 1-3 Figo, 2-3 Inés, 2-4 Nerea, 2-5 Gema.
Partido correspondente a novena xornada da Liga Autonómica Galega disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo. Antes do comezo do mesmo gardouse un minuto de silencio en memoria dos falecidos no atentado de París.
Nun partido máis igualado do que amosa o marcador final o Fisober pagou caro un mal minuto no inicio da segunda metade que deu a volta o marcador e as fixo ir a remolque ata o final. Chegaba a Vimianzo unha dos mellores planteles da categoría o que fixo que se puidera disfrutar dun bo espectáculo e dun partido con constantes alternativas. Arrincaron moi fortes ambos equipos con gañas de agradar e de poñerse por diante no electrónico. Chegaban as primeiras ocasións pero as porteiras impúñanse as atacantes. E así foi ata que os sete minutos unha gran combinación nunha contra do conxunto local rematou con Laura batindo por baixo a Helena para poñer en vantaxe as locais. Un gol que supoñía o primeiro de Laura na categoría. Ese gol deulle un pouso de tranquilidade as locais.
O partido seguía baixo o mesmo guión con ocasións en ambos lados. Destacando para as locais un lanzamento de Laura o traveseiro. A pouco máis de tres minutos para o fin a local Ana recibía un balonazo , tendo que estar o partido detido varios minutos, aínda que finalmente por sorte todo se quedou nun susto. Agradecer as facilidades e o comportamento do árbitro e toda a expedición visitante axudando e preocupándose en todo momento. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.
O arranque da segunda metade cambiou de escenario o partido, por mor dun fatídico minuto tres para as locais. Xa que unha gran xogada visitante deixou a Figo sola ante Leti para batila. E case sen pestanexar nese mesmo minuto era a visitante Tamara quen sen apenas ángulo poñía en vantaxe as pontevedresas. Non asimilaron nada ben os goles as locais que pasaron uns malos minutos. Algo que aproveitou novamente Figo para poñer o terceiro deixando máis terra de por medio se cabe.
Este novo golpe espoleou as locais quen a once para o fin despois dunha gran xogada vían como Inés batía a Ana para poñer o dous a tres.
Entraban de novo as costeiras no partido, tentando igualar o electrónico, pero a nove para o fin Nerea facía o dous a catro que case matou un partido que baixou o seu ritmo. Así foron pasando os minutos con ocasións para ambas escuadras pero xa non tantas, cas locais buscando a remontada e as visitantes finiquitar definitivamente o partido, ata que a pouco máis de minuto e medio para o fin Gema facía o definitivo dous a cinco.
Liga Provincial feminina, xornada 7
- Resultado: Concello de Carnota Lira FSF – Santiago Futsal A Gaiola. (0-4).
- Lira FSF: Lía, Inés, Uxía, Martina e María. Tamén xogaron: Eva, Isa, Cris e Denisse.
Partido malo en Lamas o sábado das Roxiñas. Chegaban cas baixas de Alba, por motivos persoais e Terre, aínda arrastrando problemas trala lesión contra A Baña. Tamén Isa e Inés viñan tocadas, de feito, a primeira non puido xogar ata ben entrada a primeira parte. Ademáis, era o debut de Cris, recente incorporación ó equipo, máis a sorte non estivo da súa parte.
Comezaron as Roxiñas desconcentradas e aguantando como podían os ataques do Santiago Futsal, que movían ben o balón e sentíanse cómodas na pista. E así transcurríu a primeira parte, as de Santiago dominando, as de Lira aguantando como podían e saíndo algunha vez á contra timidamente, podendo poñer Uxía ás de Lira por diante nun man á man ca porteira que non acabou vendo portería. Despois diso, as do Santiago non saían da área das Roxiñas, véndose Lía obligada a desviar un balón ca man fóra da área e vendo así a tarxeta amarela. O debut de Cris foi amargo, xa que se lesionou ó pouco de entrar, e aínda que tentou seguir non foi capaz de facelo. Ó descanso chegouse co 0-2 no marcador, pero a sensación é que o Santiago podía levar máis.
Xa na segunda parte as Roxiñas saíron con algo máis de coraxe, pero a falta de forzas e de ideas non axudaba. Así, na segunda parte os ataques das Roxiñas foron aínda menos. Salvounas de novo Lía dunha goleada, que cabe destacar que estivo unha vez máis impresionante, demostrando un nivel por encima das demáis e conseguindo amagarlle a tarde á de Santiago, que seguro se foron ca sensación de que a goleada puido ser maior. Cabe destacar tamén a lesión de Denisse nos últimos minutos, quedando o equipo das Roxiñas practicamente en cuadro. O Santiago Futsal marcou dous goles máis na segunda parte, deixando así o marcador co final 0-4.
Toca semana de recuperación para as lesionadas, para ver se chegan listas para a vindeira semana, xa que é o derbi contra o Villa de Cee.
Liga Provincial feminina, xornada 7
- Resultado: Artabras Fene FSF - FSF Villa de Cee (3-4)
- FSF Villa de Cee: Carla, Adriana, Alba, María de Dumbría e Andrea. Tamén xogaron; Marta, Maria Lijó e Paula Trinidad.
- Goles: 0-1: Adriana; 1-1; 1-2: Andrea (descanso); 1-3: Andrea; 1-4: María de Dumbría; 2-4; 3-4.
Comezaron moi dubitativas as Ceenses, gardando moito respecto o rival, esperando en media pista o contrario. As rapazas do Artabras dominaban o xogo e tiñan o control do balón, pero non conseguían intimidar o FSF Villa de Cee, o cal esperando atrás limitábase a saír a contra. No mediado da primeira parte Adriana nunha bonita escapada consegue marcar o primeiro gol. Non tardaron as locais en responder e os poucos minutos establecian o 1-1. Continuaba o partido igual, as Ceenses defendendo ben e saíndo rápido a contra cando xa cara o final da primeira parte Andrea marca de falta o 1-2, resultado o cal levarían o descanso.
Na 2ª parte repítese o guión, dominan as Artabras e o Fsf Villa de Cee a contra, sen facer un bo xogo as Ceenses creaban perigo sen sufrir en defensa. As rapazas do Fene conseguían frear as contras das Ceenses a base da faltas e sobre o minuto 12 xa tiñan o total de 5 faltas acumuladas. Faltando 4 minutos para o final e vendo que non eran capaces de remontar o 1-2 favorable o Villa de Cee, o equipo Local decidiu saír de 5 ca porteira xogadora. As rapazas do Fsf Villa de Cee, defendíanse perfectamente e en dous roubos conseguiron marcar Andrea e Maria de Dumbría poñéndose o partido cun 1-4. Seguiu de 5 o contrario faltando 2 minutos conseguen marcar o 2-4. As Ceenses empezaron a poñerse nerviosas ante o ataque de 5 e ante un arbitraxe final moi favorable as locais o cal negouse a pitar en varias ocasións a 6 falta que significaría dobre-penalti . Xa faltando 1 minuto nunha contra de Andrea fanlle unha falta clarísima e tiran con ela, o arbitro non pita nada ocasionando un despiste nas Ceenses e marcando o 3-4. Os últimos 50 seg. foron de pánico para as visitantes e nos últimos segundos fallan unha ocasión clarísima as rapazas do Artabras, quedando o resultado definitivo 3-4.
As estrelas nesta ocasión son: 3* para María de Dumbría , 2* para a capitán Adriana e 1* para Andrea con dous goles.
O vindeiro sábado día 21 xogara na casa derbi da costa contra o FSF Carnota Lira as 16.30h no Pavillón Municipal de Cee.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- Muros e Carnota aproveitan a ponte de decembro para o Fútbol Sala.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).