FSF: Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce


Comezou a temporada ligueira para os equipos de Fútbol Sala Feminino da bisbarra. Cos Ponteceso FSF e Atletes aínda agardando o calendario da Liga Provincial, Fisober e Villa de Cee botaron a rodar os balóns, sen demasiada sorte. O Fisober caía na volta das Patri e Inés co Viaxes Amarelle, mentres que as do Semáforo caían na súa estrea. A boa nova chegaba do bando dos homes do Clínica Xunqueira, que estreaban categoría vencendo fóra de casa.
2ª Nacional, Gr.IV, xornada 1
- Resultado: FISOBER F.S.F. – VIAXES AMARELLE F.S.F. (1-5).
- FISOBER: Lía, Paula Fandiño, Ana, Ainho, Noe; tamén xogaron: Bárbara, Mai, Taibo, Carla, Andrea M., Laura.
- AMARELLE: Sandra, Martita, Dolo, Patri, María Gómez; tamén xogaron: Inés, Sheila, Tati, Mónica, Pau.
- Goles: 0-1 min 12 Patri, 0-2 min 16 Tati, (descanso), 0-3 min 22 Martita, 0-4 min 26 María Gómez, 1-4 min 30 Paula Fandiño, 1-5 min 32 Mónica.

Durante a tarde do pasado sábado, o pavillón do Conco acollía o comezo de temporada, cun choque moi especial, despois da unificación dos grupos: por primeira vez na historia dábase un enfrontamento en liga entre o Fisober e o Amarelle, dous equipos con obxectivos moi dispares pero que nesta tempada compartirán grupo na 2ª División Nacional. O Fisober chegaba con catro debutantes na categoría coma Taibo, Carla, Ainho e Andrea M., cas herculinas chegaban dúas ex do equipo local, Patri e Inés. Un enfrontamento no que o Fisober deu a cara ata o segundo gol visitante que foi unha lousa para as costeiras.
O partido iniciábase sen un dominador claro e con dous conxuntos moi nerviosos e ansiosos ante o derbi e o inicio de tempada. Ainhoa e Tati avisaban polos dous bandos ata que Patri abría o marcador de falta. De novo a muxiá Patri, coma na final da Copa Deputación de fai 2 anos, era decisiva.
A pesar do gol non perdeu a cara o partido o Fisober. A cinco para o fin unha falta era lanzada pola local Noe e tiña que ser Sheila a que salvara baixo paus. O que si cambiou o partido foi o segundo gol obra de Tati, o gol foi unha lousa moi grande para as locais. Con ese resultado o tempo de lecer.
A volta do descanso un tempraneiro gol da internacional sub 17 por España, Martita aos dous minutos quebrou definitivamente o marcador.

1ª División Autonómica, x.1
- Cidade das BurgasFS - Hotel O Semáforo - Villa de Cee FSF (3-1)
- O Semáforo: Vanesa; Adriana, María Lijó, Goretti e Paula Trinidad. Yamén Marta, Tamara e Alba.

Segundo ano na categoría 1ª División Autonómica Feminina, e para comezar ás ceesas tocoulles viaxar, e lonxe a Ourense, e xogar contra Cidade das Burgas FS. Viaxaron xustas de efectivos as Ceenses, con importantes baixas coma Andrea, María do Pindo, Alba Cambeiro e Noelia, o cal rematou pasandolles factura fisicamente no encontro.
Saíron un pouco nerviosas e despistadas as ceesas, e nos primeiros 5 minutos recibían o 1-0 nunha xogada colmada de erros en defensa. As rapazas de Santi puxéronse as pilas, e comenzaron a dominar o xogo e crear ocasións de gol, sen sufrir en defensa. Por unha vez Goretti, outra María Lijó, outra o pau, e as boas intervencións da porteira rival, fixeron que o partido fórase o descanso co 1-0.
Xa na segunda parte, as Centolas buscaron a remontada e sobre o minuto 10 Goretti nun roubo sae a contra e cun zurdazo seco asustado o pau consegue marcar o 1-1.
As sensacións pintaban ben para as costeiras, aínda sin un gran dominio estaban ben plantadas na pista e ían a polo partido tendo algunha ocasión para adiantarse no marcador, pero nunha xogada illada, cando estaban atacando a portería contraria sofren unha contra que xunto cun erro defensivo, libre de marcaxe unha xogadora rival marca o 2-1. Pesou coma un lousa este segundo gol das ourensás para as ceesas, cargándose de nervios e ocasionado erros sucesivos no seu xogo e na sua defensa, o cal ocasionou faltando 5 minutos o 3-1, resultado definitivo do final do partido.
As Primeiras Estrelas da tempada para as Centoliñas son para: 3* Goretti, amosou seu carácter e personalidade de gañadora na pista, deuno todo sendo a autora do gol. 2* María Lijó, aínda que moi nerviosa aportou saída o balón, 1* Tamara, seu primeiro partido co equipo e mostrou veteranía e saber facer no seu xogo.
3ª División Nacional
- Resultado: Santa Isabel FS - FSF Villa de Cee (4-7)
- Villa de Cee: Bruno, Aitor, Angel, Perce e Santi. Tamén: Dudo e Miguelón.

Comenzou a Liga o FSF Villa de Cee Clínica Xunqueira no seu terceiro ano de vida, e arrancou por primeira vez en Liga Nacional de Fútbol Sala, concretamente na 3ª División Nacional F.S. Grupo I, nunha primeira xornada onde lles tocou viaxar a Lugo a enfrontarse contra o Santa Isabel Fútbol Sala de Outeiro de Rey, tamén recén ascendido o cal viña de se o ano pasado o Campión da Liga Autonómica Galega Norte.
Viaxaron con baixas os Ceenses e tan só dispuxeron de 8 xogadores, pero aínda con baixas importantes lograron conseguir unha importante vitoria na sua primeira saída e no seu debut na categoría.Empezaron fortes os nosos dispoñendo de varias ocasións, e os 5 minutos de xogo xa se poñían 0-2, no marcador, por medio de Ángel. Seguirían dominando o partido e tendo ocasións as cales non remataban de materializarse e en dous erros defensivos a balón parado empatarían os de Outeiro. Pero os costeiros non se viñeron abaixo e conseguiron ampliar distancias por medio dun incrible Aitor, índose o descanso cun 2-4 mais que merecido.
Na segunda parte o Outeiro apertou moito, os ceeses cerrábanse ben e saían á contra onde marcaría Mixi 2 goles máis para por o marcador nun 2-6. Os locais xa a desesperada conscientes de que se lles escapaba o partido arriscarano todo saíndo co xogo de 5 e recortando distancias chegando a poñerse cun 4-6, pero xa nos instantes finais despois dun enorme partido do porteiro Bruno, para poñerlle a guinda a sua actuación, consegue marcar dende a súa portería o 4-7, resultado xa definitivo.
As primeiras Estrelas da tempada son 3* Bruno, partidazo na portería e marcando o último gol, 2* Angel, espectacular estreo co equipo dando unha exhibición de colocación na pista. 1* Perce, o de Malpica nunca pasa desapercibido nun partido.

Novas relacionadas
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).