Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Soñando ca permanencia

FSF: Soñando ca permanencia
Celebrando un gol do GFisober As mozas do Fisober soñan coa permanencia

Importante triunfo do Fisober en Guadalaxara, que a base de esforzo, traballo e coraxe de todas e cada unha das súas compoñentes sacou adiante este complicado partido na sempre difícil pista do Chiloeches castelán manchego, remontando un dous a cero a prol das locais. Con esta vitoria as dumbriesas, que aínda pechan a táboa clasificatoria do Gr.4 da 2ª Nacional, alcanzan ao Ciudad de Guadalajara e se achegan ao Cidade de Pontevedra, que marca a permanencia con tan só 2 puntos máis que as dumbriesas, que aínda soñan ca permanencia, cando restan 12 partidos por desputar.

En 1ª Autonómica, bo partido das Centoliñas que lle plantaron cara a un dos candidatos a gañar a liga na súa casa, e penalizaron en demasía os 5 primeiros minutos onde entraron algo despistadas. Tamén os homes do Villa de Cee fixeron un gran partido ante un galo da competición, o Pazos de Borbén, que ocupa a segunda plaza da clasificación, e tamén volvían sen premio.

Xa en 1ª Galicia, o Amarelle Concello Santa Comba, facía boa a súa situación na táboa e vencía con claridade o derbi da Costa da Morte contra o filial do Fisober FSF. As xalleiras manteñen unha esperanzadora 2ª praza.
Ademais, se descansaba o Atletes, as que sumaban unha gran vitoria foron as do Ponteceso FSF, que quedan a so 6 puntos desa 2ª praza que ostentan as xalleiras.

2ª División Nacional, Gr. 4, xornada 18

  • Resultado: C.D. CHILOECHES – FISOBER F.S.F. (2-3).
  • FISOBER: Andrea M., Ana, Paula Fandiño, Nuriña, Noe; tamén xogaron: Carla, Taibo, Ainho.
  • Goles: 1-0 min. 5 Eli, 2-0 min.15 Jessi, 2-1 min. 17 Taibo, ( descanso ), 2-2 min. 32 Ana, 2-3 min. 39 Noe.

O partido comezaba un pouco frío, sen un dominio claro. Aínda así as locais tiñan a primeira ocasión nun lío no área que sacaba unha xogadora do Fisober xusto na liña. Quen non perdoaba era Eli aos cinco minutos facendo o un a cero para o conxunto castelán. O gol non cambiou moito o escenario do partido que non parecía ter moito ritmo. Pero todo trocou cando aos dez minutos nunha contra visitante os colexiados consideraban que a porteira local Sandra paraba a xogada con man fora do área, cortando unha ocasión manifesta de gol. Dende esta xogada o partido volveuse tolo. A goleadora Eli pasou a portería facendo unha extraordinaria labor. Aparecía unha gran oportunidade para as costeiras coa falta ao borde do área pero Eli despexaba o forte lanzamento de Paula Fandiño. O Fisober non foi quen de aproveitar os dous minutos de superioridade e o resultado permanecía igual. Dende este momento as locais combinaron o xogo de cinco co xogo posicional perante boa parte do partido.

No minuto quince Jessi facía o dous a cero o que foi un xerro de auga fría para as costeiras. Pero unha gran combinación do Fisober rematou con gol de Taibo a tres minutos para chegar o tempo de lecer e foi chave para a remontada visitante. Ese gol dotou de confianza as costeiras de cara o que quedaba de partido. Co dous a un chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade seguiu o guión co que rematou a primeira cun partido tolo con multiples ocasións e no que tanto as porteiras Eli para as locais e Andrea M. para as visitantes estaban a facer unha gran labor con paradas de gran mérito. Para as costeiras destacaba unha xogada de Taibo, e unha dobre ocasión para Ainho e Noe na que aparecía Eli para evitalas. A igualada chegou cando a oito para o fin Ana cunha espectacular volea facía o dous a dous para as costeiras. As locais non querían o empate e volveron a alternar o xogo de cinco o que propiciou un partido aínda máis tolo.

E nesa tolemia apareceu unha contra na que Noe a cincuenta segundos para o fin dun forte disparo culminaba a remontada visitante co terceiro gol.

 

1ª Autonómica, xornada 1

  • Resultado: Bembribre - Hotel O Semáforo FSF Villa de Cee (7-4)
  • Hotel O Semáforo: Adriana, Paula, Alba, Marta, María Lijó. Tamén: Andrea, Tamara e Alejandra.

A Vigo marcharon as Centolas a loitar contra as terceiras, e saíron algo despistadas, recibindo xa 3 goles nos primeiros 10 minutos. Sacaron de xenio as costeiras e consegue marcar Alba Cambeiro a pase de María Lijó, apretando durante moitos minutos pero sen poder recurtar máis ata o descanso.

Comezaba a segunda cun novo tanto das locais, pero as vermellas non deixaon de loitar, e nunha bonita xogada combinada entre Paula Trinidad e Maria Lijó conseguen marcar e recortar o marcador 4-2. Xa empezaron a ariscar as Centolas saíndo de 5 e buscando dar a sorpresa, e a punto estiveron de marcar cando nun rechace o rival lanza o balón a porta baleira e marca o 5-2. Outra vez moi a remolque insistían as Centolas e agora tocaríalle a Andrea recortar 5-3. Faltáballes un pouquiño de sorte as ceesas, pois arriscando de 5 outra vez se adiantan de novo as locais 5-3, o cal respondería Alba Cambeiro para volver a recortar o marcador 6-4. Balón o pau de Andrea por dúas ocasións, e intentando ata os minutos finais onde finalmente conseguen marcar as do Bembrive nunha perdida de balón nos minutos finais o 7-4 definitivo.

As estrelas nesta semana son: 3* Andrea, 2* Paula 1* María.

 

3ª Nacional, Gr.1

  • Resultado: Pazo de Borbén - FSF Villa de Cee (6-3).
  • Villa de Cee: Pose, Perce, Marroco, Aitor e Dudo. Bruno, Santi, Maio, Miguel e Esparís.

Sairon enchufadisimos os ceeses e ben poideron poñerse por diante con unha ocasion de Aitor e outra de Dudo, pero o porteiro local e o pao evitárono. Estábase a xogar cun ritmo altísimo, intensidade e os locais puxéronse con 5 faltas a 9 min para o descanso, mais os ceeses non lograron sacarlle a 6° falta. Cando faltaban menos de 4 min po descanso, veríase a inercia que leva este equipo en toda a tempada, Miguelon tiña o 0-1 nunha clarisima ocasion, e de seguido pasaríase ó 1-0. Inxusto totalmente, pero os rapaces non se rendiron e seguírono intentando de todolos xeitos, e noutra crueldade, Marroco tivo o empante nunha espectacular xogada individual, con lambreta incluida, pero o seu remate iría o pao, e na contra os locais anotarían o 2-0 co que se chegaba o descanso.
No descanso víase perfectamente que este equipo non se ía dar por rendido, e saleu na segunda parte a por todas. En 4 minutos xa tiñan empatado o encontro, xa que Perce e Dudo, en dous saques de esquina lograban empatar o encontro e pouco despois era Pepe o que anotaría o 2-3 e demostraba que o Villa de Cee compite con calquera, mesmo cos equipos sobranceiros da categoria. A vantaxe duroulle apenas un minuto, xa que os locais empataron pronto. E a 7 min do final, a mesma historia, Marroco pudo adiantar ó Villa e na seguinte xogada o 4:3 no marcador. Este gol si que fixo dano nos nosos xogadores que recibian o 5:3 pouco despois. Cando restaban 3 min para o final, sacamos porteiro-xogador, e Aitor e Mario puderon recortar, pero foron os locais quenes sentenciaron xa casi sobre a bocina.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 16

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - Fisober FSF (6-1)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Vanesa, Lucía, Rita, Tania, Navia (cinco inicial), Paula, Violeta, Leti, Carla, Nerea.
  • Fisober FSF: Marta, Lucía, María Pérez, María Allo, Serena (cinco inicial), Alba.
  • Goles: 1-0 Carla (min. 6); 2-0 Alba (propia porta) (min. 9); 3-0 Rita (min. 17); 4-0 Tania (min. 19); 4-1 María Pérez (min. 24); 5-1 Carla (min. 29); 6-1 Violeta (min. 37).

O partido comezaba cun conxunto xalleiro que buscaba ter o balón e xerar perigo sobre a portería visitante conseguindo abrir o luminoso aos seis minutos de xogo tras un tanto anotado por Carla. As de Dumbría intentaban igualar a contenda, pero o Amarelle Concello de Santa Comba e na medianía do periodo conseguía ampliar o marcador ata o 2-0, tras un tanto en propia porta de Alba. Aínda quedaba moito partido por diante e as locais seguían intentando ampliar a súa renda no marcador o que conseguían con dous goles, de Rita e Tania, nos últimos minutos da primeira metade, para irse ao tempo de descanso cun parcial de 4-0.
Na reanudación, o conxunto visitante conseguía recortar distancias no marcador cun gol de María Pérez aos catro minutos, pero as locais reaccionaron e antes de chegar á medianía do segundo periodo conseguían recuperar a distancia co 5-1 anotado por Carla. O partido iríase igualando segundo pasaban os minutos e chegaba o final cun vencedor claro pola vantaxe que tiñan no marcador as xalleiras, pero aínda así conseguiron finiquitar o partido cun gol a falta de tres minutos de Violeta para deixar no luminoso o 6-1 definitivo.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 16

  • Resultado: Ponteceso FSF - Melide (8-2)
  • D VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Martina, Alba e Saray - tamén xogaron - María e Uxía.

As pondalianas sumana unha nova vitoria nun choque directo pola 4ª praza, quedando as de Curro a só 6 puntos de Amarelle e Troula.

Bo partido o realizado o sábado polo conxunto pontecesán, que soubo repoñerse do prontío gol do Melide, que se poñía por diante no marcador tan só 30segundos despois do comezo do encontro. Despois duns primeiros minutos de idas e voltas, con ambos equipos chegando á portería rival, parecía que se iba asentando no xogo o conxunto local, tendo o dominio de balón e estando máis centradas en defensa. Non tardarían en igualar o resultado, sendo Alba a encargada tras unha boa xogada individual. Foi despois do gol cando se viñeron arriba as pontecesanas e, en 3 minutos, Ana e Saray poñían o 3-1 no luminoso. Intentábano tamén as visitantes, pero a boa defensa do Ponteceso evitaba que conseguisen chegar á portería de Aroa. Si o conseguían as pondalianas e, Saray por dúas veces, conseguía ampliar a vantaxe antes do descanso. Nos últimos instantes intentábano as melidenses cun tiro dende a frontal, pero Aroa despexaríao sen problemas, indo cara os vestiarios co 5-1.

No segundo período saían enchufadas as visitantes, que nos primeiros 5 minutos tiñan o dominio do balón e dispoñían de varias ocasións de gol salvadas por Aroa. O equipo de Curro tamén tería un par de ocasións, pero serían desviadas pola gardameta visitante. Seguiríao intentando o Melide e, tras un rexeite de Aroa a un disparo de María, conseguían recortar distancias por medio de Carla. Ó igual que na primeira metade, responderían ben ó gol as da vila de Pondal e, medio minuto despois, Uxía facía o 6º tanto rematando un pase ó oco de María. A partir de aí, outra vez dominio pontecesán, chegando con perigo varias veces ata que Uxía e Saray conseguían transformar os seus disparos, poñendo 8-2 no electrónico. Non deixarían de intentalo as de Melide, que nos últimos minutos disfrutarían dun par de oportunidades máis para recortar distancias. A máis clara sería un disparo dende a frontal que lograba sacar Saray baixo paus. Chegaba o encontro ó final co 8-2 a favor do Concello de Ponteceso FSF, que consegue 3 puntos máis e se coloca na 4ª posición da táboa clasificatoria.

A vindeira xornada, derbi Fisober B - Ponteceso FSF.

 

2ª Nacional, G.IV. x.18

A capitana Patri celebra un tanto do Viaxes
  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Cidade de Guadalajara FSF (2-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Patri, Inés, María Gómez (cinco inicial), Dolo, Mónica, Sheila, Pau.
  • Goles: 1-0 Inés (min. 1); 1-1 Eli (min. 12); 2-1 María Gómez (min. 25).
Patri e Inés (segunda e terceira pola esquerda na fila de abaixo) co Viaxes de 2ª Nacional

Un gol da costeira Inés, titular coa muxiá Patri (a capitana) permitiulle ao Viaxes Amarelle sumar unha nova vitoria tras un mes de parón, e mantense na 2ª posición.

 

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios