Xoves. 10.10.2024
El tiempo

FSF: Superando o frío

FSF: Superando o frío
Os bravos de Cee superaron o frío de Begonte Os bravos de Cee superaron o frío de Begonte Reparto xusto de puntos para o Fisober emocionante e vibrante partido ante o Caceatense no Conco. Por primeira vez era quen de puntuarlle o Fisober como local as rioxanas, pero sigue sen poder gañarlle, mantendo unha relativamente cómoda situación no Grupo I da 2ª Estatal. Na Liga Galega, non trouxeron nada positivo as rapazas do Semáforo da díficil saída a Bembrive. Un dos aspirantes á Liga, o segundo clasificado, puido cas bravas locais, que fixeron un gran partido no que mereceron máis. Para bravos, os mozos ceenses que puxeron o forro polar para superar as baixas temperaturas de Begonte para volver gañar e manter unha fantástica 6ª posición a só 4 puntos dos líderes. Xa na Liga Provincia, o Ponteceso FSF mantense como líder provisional da categoría tras sumar unha nova vitoria. Non sumou o Atletes.  

2ª División Estatal, Grupo I, xornada 16

Fisober no Conco Fisober no Conco
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – CALCEATENSE (3-3)
  • FISOBER: Leti, Paula Fandiño, Ana, Inés, Noe; tamén xogaron: Mai,Laura, Tamara, Bárbara.
  • Goles: 0-1 min.2 Rut, 1-1 min.8 Ana, 2-1 min.14 Inés, 2-2 min.20 Silvia, (descanso), 2-2 min.36 Silvia, 3-3 min.37 Paula Fandiño.
Ana celebra un gol co Fisober Ana celebra un gol co Fisober Partido vibrante, emocionante e cheo de ocasións no Conco, con alternancias e golazos. Se cadra non foi o mellor partido de fútbol sala, pero si que deixaron todo o seu esforzo sobre a pista para que o moito público asistente a Dumbría se enganchase o fútbol sala. Quizais un empate xusto polo visto sobre a pista. O partido non puido arrancar peor para o Fisober xa que os dous minutos Rut poñía en vantaxe as visitantes cun auténtico golazo. Tocáballe remar as costeiras en contra do marcador. Non tardou moito en igualar o Fisober xa que os seis minutos a local Ana aproveitaba unha indecisión na saída de balón das rioxanas para poñer de novo táboas no electrónico. O partido tiña ritmo e non tiña un dominador claro. Nuria tiña a mellor ocasión visitante nesta primeira metade. A seis para o fin da primeira metade chegaba outro dos golazos da tarde, desta vez obra de Inés para poñer por diante ao Fisober. Pouco despois era Mai a que tiña unha boa ocasión para as locais. E cando parecía que se ía chegar con vantaxe o tempo de lecer, despois dun saque de esquina a visitante Silvia devolvía as táboas o marcador a falla de dez segundos. A segunda metade foi incluso máis vibrante que a primeira. Aos catro minutos dispuñan as rioxanas dun libre indirecto despois dunha cesión que resolveu o equipo local con solvencia. Pasaban os minutos e disfrutaban os entregados siareiros do partido. Mediada esta segunda metade aparecía a figura de Mai que tiña dúas grandes ocasións. O resultado non se movía ata que de novo nunha xogada de pizarra aparecían as visitantes para poñer o 2 a 3 a falla de catro minutos por mediación de novo de Silvia. Todo parecía máis escuro para as costeiras. E desta vez aparecía Paula Fandiño para sacarse un golazo de forte disparo e devolver a igualada o marcador. En plena efervescencia do gol e expoleadas polo público chegaron os mellores minutos do Fisober. De novo Paula Fandiño, Inés e Noe puideron adiantar o Fisober, pero a porteira visitante evitouno. E cando parecía que se ía chegar o final con igualada na última xogada do partido tiveron a vitoria as visitantes, un lanzamento o trabe e unha parada salvadora de Leti no rexiete evitárono. A vindeira semana non haberá liga debido os partidos de seleccións autonómicas e a liga volta dentro de 2 semanas ca visita a Bilbao. Paula e Barbara co Fisober no Conco Paula e Barbara co Fisober no Conco  

Liga Galega Feminina, xornada 14

  • Resultado: Bembrive FS - FSF Villa de Cee “O SEMAFORO” (3-1)
FSF Vila de Cee feminino Entraron algo frías as ceense na pista, en consecuencia a iso nada máis comenzar o partido e no primeiro minuto recibían o primeiro gol. Pero enseguida se repuxeron e fixeron unha primeira parte moi seria, defendendo ben ante un rival que tocaba rápido o balón. Tiveron as visitantes bastantes ocasións pero a boa labor da porteira local e os paus impedían o gol do empate, que si chegaría antes do descanso, por medio de Adriana. Na segunda parte o xogo estaba moi equilibrado, pero aos poucos minutos nunha contra logra marcar o 2-1. Non decaeron as de Juan Jesús, aínda que se atoparon con un bo rival en defensa que abusaba das faltas ca permisividade dun arbitro moi caseiro, que igual que na primeira parte chegou a comerse al menos con dous dobre-penalti. Xa cara o mediado da segunda parte, noutra contra, as de Bembrive marcan o 3-1 definitivo, aínda así os últimos minutos apertaron as ceenses, pero sen conseguir premio. As entreliñas son 3* Goreti, 2* Vanesa, 1* Andrea. A vindeira semana toca recibir na casa os veciños da Coruña Viaxes Amarelle, partido entre dous rivais moi igualadas na táboa da clasificación.  

Liga Galega Masculina, xornada 16

  • Resultado: Concello de Begonte F.S. - F.S.F. Villa de Cee (3-7)
Saían os nosos rapaces a Baamonde, para enfrontarse ó Begonte, sobrepoñéndose a numerosas adversidades. Viaxaban con numerosas baixas, pois ata 5 xogadores non puideron estar dispoñibles por diferentes motivos e ó chegar aló, os termómetros marcaban baixo 0. Pero este equipo ten garra, orgullo e corazón, e canto máis complicada está a cousa, máis compiten. E iso que empezaron por baixo no marcador, pero dous goles de Aitor e un de Santi mandábannos co 1-3 ó descanso. A segunda metade comezaría de forma fatídica para os nosos, ós poucos minutos os locais empatarían o encontro, e o pavillón era unha caldeira, ca afección moi enriba. Pero os nosos repóñense a todo, e Aitor adiantaba de novo ós de Llopis, aínda que o pouco despois outra adversidade, pois Rober era expulsado e solo deixaba ós nosos con dous cambios de pista, e para colmo empataba o Begonte inmediato. Quedaban 14 minutos e calquera outro equipo se viría abaixo, pero estes nosos rapaces non, e Aitor marcaba un golazo co peito ante a saída do porteiro. Faltando 6 min os locais sacarían porteiro xogador, e os nosos defenderon coma jabatos e Jose Antonio faría o 4:6. A falta de 3 minutos a última adversidade, Pose era expulsado e Bruno tiña que entrar completamente frío, pero non notou tal cousa, e Aitor completaría unha tarde noite espectacular co seu quinto gol e sétimo do equipo. As estrelas sin dúbida son 3* Aitor, partido colosal do xogador do Pindo, inconmensurable en defensa e sin comentarios en ataque, nin máis nin menos 5 goles; 2* Pose: súper seguro o de Vimianzo cando máis asediou o Begonte; 1* para o resto do equipo, competindo dunha maneira espectacular. Para a vindeira semana toca recibir na casa os veciños de Padrón o Stellae FS , rival complicado, pero seguro os nosos darano todo ante os seus afeccionados.  

Liga Provincial Feminina, xornada 14

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Troula Betanzos FS (3-1).
  • A.D.VILA DEE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, María, Carmen e Verónica -tamén xogaron- Nuria, Martina e Sandra.
  • Goles: Aniña (2) e Martina.
Saían os dous equipos sen deixar xogar ó rival, presionándolle na saída do balón e intentando combinar nas xogadas de ataque. O xogo estaba sendo de ida e volta, ata que se adiantaron as betanceiras no minuto 6 tras un erro defensivo e unha mala saída da porteira pontecesana. Non lles duraría moito a alegría, pois Ana empataba no seguinte minuto tras unha xogada combinada con Carmen. Víñanse arriba as pondalianas tra-lo tanto e Ana facía o 2-1 tirando dende o borde tras unha boa saída combinada desde atrás. Parecía que comezaban a ter o control do xogo as locais, que facendo xogadas combinadas lograban xerar varias ocasións de gol, pero sen conseguir o resultado querido. Tería tamén unha clara o Troula tras unha boa contra que mandan fóra coa portería vacía. Non sería a última da primeiea metade, pois o Ponteceso tiña unha nos pés de Carmen no último minuto, pero irían cara os vestiarios co 2-1. No segundo período serguirían coa mesma intensidade, cun xogo rápido e sen apenas paradas. Os dous conxuntos chegaban á portería rival, pero sen moito perigo. Vero e Ana terían as ocasións máis claras, dando unha no pau e a outra sendo despexada pola porteira. Terían tamén varias ocasións de saques de córner, pero os balóns tampouco traspasarían a liña de gol. Sería Martina a que conseguiría aumentar o resultado, facendo que o balón entrase tocando o pau tras xogada combinada con Ana e María.  

Liga Provincial Feminina, xornada 14

  • Resultado: A.D. Atletes - Cruces, F.S.F. (3-7)
  • A.D. Atletes FSF: Martina (P); Bárbara (1); Cris; Julia; Marta; Alba; Antía (1); Ana (1); Ainoa.

Boa entrada no Pavillón de Esteiro na mañá do domingo para ver un bo choque. As de Esteiro aguantaron moi ben na primeira parte do encontro. Nesta primeira metade o Cruces chegou a ir con un tres a cero o se favor. Pero en unha gran remontada, ó Atletes conseguiu igualar o encontro, deixando o descanso un resultado de empate a tres.

Só transcurrirá un minuto de xogo e xa marca o primeiro gol o Cruces. A figura do encontro, Ana, marca o primero gol. Aos cinco minutos desta primeira parte, volve a marcar Ana; e de novo no minuto 10 do partido, pon o marcador tres a cero a favor do Cruces. As esteiranas non se amilanan, e no minuto 12, marca Antía para o Atletes. No minuto 15, o saque dunha falta marca Bárbara para as de Esteiro. O Atletes volcase sobre a portería das de Cruces, pero as boas intervencións da porteira, Giselle, impiden que o Atletes aumente o seu marcador. Sin embargo, faltando un minuto, Ana saca un saque de esquina, e as de Cruces meten o balón na súa portería, deixando o resultado no descanso con empate a tres. Na segunda parte as de Esteiro vólcanse sobre as de Cruces, pero a veteranía e clase das de Cruces impídenlle que as de Esteiro consigan marcar. Os 4 minutos consigue o cuarto gol para as de Cruces, Ana, de novo. Un gran tiro desde 15 metros que se cola na porta das de Esteiro. O Atletes insiste, pero, os nove minutos volve a marcar o quinto tanto para o Cruces, Begoña, outra das destacadas do equipo visitante. O Atletes insiste, e dispoñen de ocasións claras; Bárbara por tres veces, Ainoa por dúas, pero outra das destacadas do Cruces, a súa porteira, Giselle, infranqueable, impide que as de Esteiro marquen. O Atletes vaise rindindo, e nos minutos 13 e 15 marcan para o Cruces, Begoña e Clara. O Cruces mostrouse coma un equipo veterán, pero con clase e dominio do xogo, Ana, con catro goles; a porteira Giselle, Begoña e Nancy foron as destacadas. Polo Atletes, non destacaríamos a ningunha, na primeira metade mostrou voluntade e ganas, pero na segunda baixou os brazos demasiado cedo, o que lles permiteu as de Cruces levalo partido de forma bastante fácil.  

2ª División Estatal, Grupo IV, xornada 16

  • Resultado: CDE Mora FSF - Viaxes Amarelle FSF (2-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Patri, Dolo, Lago (cinco inicial), María Gómez, Alba, Laura Tesouro, Xiana, Aida.
  • Goles: 0-1 María Gómez (min. 23); 1-1 Laura (min. 27); 2-1 Ana María (min. 37).
Patri co Viaxes ante o Mora Patri, segunda pola esquerda, co Viaxes ante o Mora O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, comezaba esta tarde a segunda volta da competición coa intención de recortar distancias co máis alto da táboa, e malia que empezou adiantándose no marcador, o conxunto herculino acabou cedendo unha derrota pola mínima, tras caer 2-1 ante o que ata hoxe era o colista do grupo, o CDE Moura FSF. Partido onde as herculinas non conseguiron atopar o ritmo e o bo facer sobre a pista, e onde acabaron pagando caro os erros ante un rival, que a priori non debía complicarse en demasía, e ao que na primeira volta gañaran por un cómodo 5-0, pero xa se ve que non hai rivais fáciles e si non pos toda a carne no asador acábalo pagando moi caro.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios