FSF: Un empate que sabe a moito
Queda marcada a xornada do FSF costeiro polo empate colleitado por unhas melloradísimas Atletes na Coruña. As esteirás, con Antía e Ana, demostrando temple, intelixencia e templanza, demostran que cada xornada compiten moito mellor na Liga Provincial.
Na 2ª Nacional, volveu de baleiro de Zaragoza o Fisober, a pesar de disputar un encontro moito igualado, que só decidía a falta de 5 minutos cando o San Viator escapou no marcador. Moito mérito en todo caso das costeiras, que se pegaban o madrugón da temporada e unha longa viaxe.
Cara e cruz en Cee nas Ligas Galegas. A cara para os mozos, que souberon solventar os erros da primeira metade cunha segunda moi seria. A cruz, a das chicas do Semáforo, que fixeron un gran partido contra o máis que merecido líder da clasificación, pero non puideron sumar.
Campus e Paella co Fisober
Xa están en marcha as iniciativas do Fisober para esta Semana Santa, abertas a toda a zona.
2ª División Nacional, xornada 22
- Resultado: SAN VIATOR 78 – FISOBER F.S.F. (4-1)
- Fisober; Lía, Tamara, Paula Fandiño, Noe, Ana; tamén xogaron: Mai, Laura, Inés, Bárbara,Leti.
- Goles: 1-0 min.14: Marta, 1-1 min.19: Paula Fandiño, (descanso), 2-1 min.21 Rebe, 3-1 min.35: Marta, 4-1 min.36: Rebe.
O partido na primeira metade non tivo un dominador claro e houbo ocasións en ambas porterías. As locais esperaban a media pista sen balón e trataban de combinar cando o tiñan o que deixou un partido aberto. A pesar das ocasións non se moveu o electrónico ata que no minuto 14 a local Marta aproveitaba un lanzamento lonxano tras unha xogada de estratexia para facer o un a cero. E non respostaban as costeiras ata que a 55 segundos do fin da primeira metade, tamén tras unha xogada de estratexia un lanzamento lonxano de Paula Fandiño igualaba o partido.
A segunda metade arrancou mal para o Fisober xa que no primeiro minuto unha contra local vía como Rebe voltaba poñer en vantaxe as locais. Era un novo escenario para o partido o coller vantaxe as locais tan pronto nesta segunda metade. Pero o guión non cambio e a resolución tampouco. Seguía a haber ocasións en ambas porterías. As mellores para as visitantes foron a falta de sete e seis minutos por parte de Noe e Paula Fandiño, pero apareceu a porteira local para desbaratalas.
O partido rompeuse definitivamente cando a falta de cinco minutos Marta facía o tres a un. E tan só un minuto despois Rebe facía o catro a un definitivo. Iso foi unha lousa definitiva para a moral das costeiras.
Liga Gallega Masculina Norte, xornada 25
- Resultado FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) - Chácala Arzua FS (5-3)
- Villa de Cee: Bruno, Marroco, Santi, Miguelón e Juanjo. Participando tamén: Aitor, Rober, Jose Antonio, Pose, Pablo.
Non saíron metidos no partido os ceeses, cedendo moitos erros nos pases que non desaproveitou o Arzúa para meterse 0-2 nos primeiros minutos. O Villa metiu maior presión para crear perigo e ocasións, e fruito disto chegaría o gol de Jose Antonio no minuto 11. O equipo ceés tería ocasións para empatar pero seguía moi impreciso no pase ante un Arzúa, que a pesar de no desplegar un gran xogo, aproveitaba os erros dos locais, e faltando 7 minutos para o final da primeira parte un novo erro propiciaría un roubo dos visitantes para facer o 1-3. Pero unha boa intervención de Marroco consigue marcar o 2-3, para irse o descanso co partido aberto, nunha primeira mala parte dos homes de Llopis.
Na segunda parte cambiou o guión, cun Villa de Cee con máis pausa, mellor circulación de balón, e no mediado da segunda parte Jose Antonio marcaría o empate a 3. Xusto cando mellor estaban os ceeses e a falta de 11' o equipo xa acumulaba 5 faltas, o cal facia andar con moito coidado, para non chegar o dobre-penalti. A falta de 6' Marroco conseguia meter o 4-3 no marcador, e por diante o equipo. O Arzúa quixo ir polo partido e xogando de 5, pero os ceeses moi intensos na defensa, conseguiron a falta de 2' para o final do encontro meter terra de por medio e asegurar a vitoria, gracias a un gol de Aitor.
As estrelas nesta semana son : 3* Aitor, 2* Marroco e 1* Jose Antonio.
Despois desta importante vitoria, para a semana toca viaxar a cancha do Culleredo.
Liga Gallega, xornada 23
- Resultado: FSF Villa de Cee (O Semáforo) - Comarcal a Fervenza FSF (2-5)
- O Semáforo: Vanesa, Adriana, Paula Trinidad, María Dumbría e María Lijó. Participando tamén: Goreti, Marta, Andrea e Alba Cambeiro.
Comenzaron esperando atrás as rapazas de Mario, defendéndose ben ante un rival que tiña a posesión da pelota e que dominaba o xogo. As locais, un pouco nerviosas nos 5 primeiros minutos, recibían o primeiro gol, o cal fixo que se sacasen os nervios de encima e comenzaran a mellorar o seu xogo. Empezaron a facer o seu partido contra un difícil rival que estaba xogando realmente ben, e empezaron as rapazas de Mario de desfrutar de ocasións de gol, conseguindo no mediado da primeira parte empatar nunha contra por medio de Goreti. Aos poucos minutos recibiron outro gol as Ceenses co cal iríase o descanso cun 1-3.
Na segunda parte, xa mellor postas no partido as ceesas tiveron o seus mellores minutos, pero a bola non quería entrar, mentres que as rapazas da Fervenza ben prantadas na pista conseguían poñer o 1-4. Recortaría Andrea para as locais, e co 2-4, Goreti a punto estivo de marcar de falta o que suporía o 3-4 e poñerse no partido de novo, pero non estivo a fortuna de cara, e nunha contra as Ceenses sufriron o 2-5, resultado definitivo.
As estrelas nesta semana son : 3* Vanesa, cada día mellor plantada na portería, 2* Marta, posiblemente o seu mellor partido na temporada, 1* Goreti, cando ela esta na pista todo parece mais fácil.
Liga Provincial, xornada 23
- Resultado: Seguridade Galega 5 Coruña FSF - AD Atletes, FSF (2-2).
- A.D. Atletes FSF: Martina (P); Cris; Julia; Alba; Antía (1); Ana (1 pp); Sara (1).
Saiu o Atletes a defender metido no seu campo, dándolles a iniciativa ás coruñesas. Estas atacaban, pero sen levar demasiado perigo á porta das esteirás. Na dianteira do Atletes, Sara trataba de conter a última liña de ataque do 5 Coruña, e conseguía que esta non lograse lanzar ataques claros sobre a porta do Atletes. Cando a ocasión o permitía, Sara intentaba levar algún tímido ataque sobre a porta das coruñesas, pero sen demasiado perigo. O 5 Coruña intentaba atacar polas bandas das esteiranas, pero Julia, Ana e Antía impedían que lograran efectividade sobre a súa portería. Así transcorría o partido, ata que no minuto 14, ao intentar despexar un centro dende a esquerda das coruñesas, Ana metía o balón na súa portería, deixando o marcador nesta primeira metade con un a cero para o 5 Coruña.
A saída da segunda metade o 5 Coruña intenta apretar un pouco máis sobre a porta das esteirás, que se defendían con moita efectividade, sobre todo polas ás, que é por onde intentaban entrar as herculinas. Tamén á saída desta segunda parte, as esteiranas lanzan contraataques veloces, por medio de Alba sobre a porta das locais. Pero, a pesar da seguridade do Atletes en defensa, nun despiste, no minuto dous, soa diante da porteira marca o segundo gol para as coruñesas.
A partir de aquí, as visitantes dan un xiro de 360 grados na súa actuación, e espoleadas polo orgullo, lánzanse swn complexos sobre a porta das coruñesas que se ven impotentes para frear as constantes embestidas sobre a porteira do 5 Coruña, que se erixe na estrela do partido con paradas inverosímiles a tiros constantes do Atletes, sobre todo a través de Alba, Antía e Sara. No minuto 12 en una escapada fulgurante de Sara, marca un precioso gol dende fora da área ante a salida in-estremis de Andrea, que como xa se indicou tuvo una actuación maxistral. Alba por catro veces, sola ante a porteira das coruñesas, non consigueu introducir a pelota no portería do 5 Coruña pola detención ou desvío a saque de esquina de Andrea.
Antía, por outras tres veces, tampouco conseguía perforar a meta das coruñesas, como xa dixemos pola enorme actuación de Andrea. Pero, por fín, no minuto dezaoito a un saque de esquina lanzado por Ana, logra meter o balón na porta das coruñesas, Antía, conseguindo o empate a dous que xa sería o resultado final. O Atletes lánzase, a través de Julia e Ana polas bandas, e Alba e Antía polo centro, deixando soa na retaguardia a Cristina, sobre a porta das coruñesas, pero desviando a saques de esquina, nove en esta segunda metade a favor do Atletes, ou ben Andrea, impiden que as esteirás consigan a vitoria que claramente merecía en este partido.
2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 22
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CD Chiloeches (4-0)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Sheila, Martita, Patri, Alba (cinco inicial), María Gómez, Dolo, Mónica, Mariña, Paula (portera suplente).
- Goles: 1-0 Dolo (min. 8); 2-0 Mónica (min. 10); 3-0 María Gómez (min. 24); 4-0 Martita (min. 30).
O Viaxes Amarelle FSF de Segunda División, dirixido por Pili Costa, mantén a racha de bos resultados e volve sumar tres puntos logo de superar na tarde deste sábado ao CD Chiloeches por un cómodo marcador de 4-0. Foi un partido cómodo e traballado do Viaxes Amarelle FSF que se impuxo con solvencia sobre un rival da zona media da clasificación e pelexando por aumentar sempre a renda e manter a boa racha coa que suma xa tres vitorias consecutivas, coa conseguida hoxe.
Patri co Viaxes Amarelle FSFMáis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Primeira alegría do Conco.
- Un día de praia.
- O Semáforo volve brillar.
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])