FSF: Un liderado para rematar a primeira volta
Segunda xornada deste 2017 para os equipos de Fútbol Sala Feminino. O repaso comezámolo pola 2ª División Estatal, onde o Fisober volver sufrir unha derrota no Conco, desta volta ante o líder, para pechar a primeira volta nunha cómoda 10ª praza, pero empatado cos Calceatense e Cidade de Pontevedra.
Na Liga Galega, o FSF Villa de Cee xogaba un dos partidos aprazados para completar a primeira volta, e sumaba unha importante vitoria que deixa ás de Juan Jesús na 5ª praza, cumprindo con creces os obxectivos propostos para esta tempada.
Tamén aproveitou o parón polo remate da primeira volta o Ponteceso para xogar un partido aprazado da 7ª xornada, e o fixo cunha vitoria que as alza ao liderado da Liga Provincial.
2ª División Estatal, Grupo 1, xornada 15
- Resultado: FISOBER F.S.F. – INTERSALA PROMISES: 1-5.
- FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Inés, Noe; tamén xogaron: Mai, Bárbara, Tamara.
- Goles: 0-1 min. 3 Belén, 0-2 min. 16 Alba, 0-3 min. 20 Cynthia, (descanso), 0-4 min. 27 Ana, 0-5 min. 38 Saray, 1-5 min. 40 Bárbara.
Non fixo un mal partido o Fisober a pesar do resultado abultado, e aguantou no partido ata o terceiro gol, xusto ao fío do descanso. Pronto marcaba o líder, pero non cambiou o guión, e as de Fran Toba seguían aguantando. Noe puido igualar mentres Lía e as súas compañeiras encargábanse de frear as embestidas visitantes. Aos dezaseis minutos chegaba o segundo gol visitante obra de Alba. Peor foi cando na última xogada da primeira metade un lanzamento lonxano de Cynthia se coaba e facía ir o partido o tempo de lecer con 0 a 3.
A volta de vestiarios saíu o Fisober con novos brios, e poñendo en moitos apuros a porteira visitante Izarbe. Xa no primeiro minuto desperdiciaba Noe un man a man ca porteira. A segunda metade foi moito máis aberta ca primeira con ocasións en ambas porterías que fixeron traballar e moito as porteiras. Chegaba o 0-4 e o Fisober respostaba cos seus mellores minutos cheos de ocasións. Paula, Inés, Ana e Noe puideron recortar distancias pero sempre aparecía Izarbe. Só Bárbara, contra o final, marcou o gol da honra.
Bárbara foi a autora do gol do FisoberLiga Galega Feminina, xornada 12
- Resultado: EDM SALCEDA - FSF Villa de Cee "O SEMAFORO" (4-6)
- O Semáforo: Vanesa, Adriana, Alba Cambeiro, Goreti e Tati. Tamén: Andrea, María Lijó, Paula Trinidad.
Xornada aprazada no seu día coa que se completa a primeira volta. Saíron moi motivadas as ceenses a pista, conscientes de que un bo resultado as poñería no alto da táboa de clasificación, contra un rival que ian empatado a puntos e estaban a mostrarse moi sólidas na sua casa. Dominaban o xogo as rapazas de Juan Jesús, mentres o rival limitábase a defenderse e intentar saír a contra, despois de tres ocasións por parte das Ceenses, chegaría o primeiro gol, obra de Goreti, a cal lanzaba unha falta dende o lateral. Seguían a dominar as Ceenses e os poucos minutos Tati, sorprende cun trallazo mandando o balón a escuadra. Todo seguía de cara para o obxectivo de FSf Villa de Cee, dominaban o xogo, xeraban moitas ocasións e apenas sufrían en defensa xa cara os últimos 5 minutos da primeira parte Adriana logra marcar o 0-3. Nos últimos minutos un despiste nas Ceenses provoca que o Salceda marque o 1-3, resultado co cal chegaríase o descanso.
Xa na segunda parte intentaron as ceenses intentaron ir definitivamente a polo partido , podendo en dúas ocasións distanciarse no marcador, pero as Locais, emplearonse a fondo, subiron a intensidade do seu xogo e meteron o 2-3 nos 5 primeiros minutos, gol que facía meterse de novo na loita polos tres puntos. Tal era a intensidade con que xogaban as locais que no mediado da 2ª parte xa acumulaban 5 faltas. As ceenses non estaban dispostas a deixar escapar o resultado favorable e foron a por todas, ariscando en defensa e conseguindo marcar por parte de Goreti o 2-4 tirando un dobre-penalti , aínda así as locais conseguen recortar de novo o marcador cun 3-4. xa cara os minutos finais marca nunha bonita xogada combinada Tati o 3-5 e posteriormente de novo Goreti o 3-6 outra vez de dobre-penalti, resultado que xa aseguraba a vitoria, aínda así nos minutos finais a base de intensidade o local consegue marcar o 4-6, resultado definitivo do partido.
As estrelas nesta semana son 3*Goreti, tres goles e foi a pesádela para as rivais, 2* Alba Cambeiro, mostrouse segurísima coma cerre 1* Andrea.
Xa finalizada a primeira volta, a semana seguinte tócalle as rapazas do FSF Villa de Cee comenzar co primeiro partido da 2ª volta e viaxar de novo, a Bembrive, difícil saída, tratándose do 2º clasificado da Liga.
Liga Provincial Feminina, xornada 7
- Resultado: FC Meigas - Concello de Ponteceso FSF (1-3).
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, María, Carmen e Verónica - tamén xogaron - Nuria, Martina e Alba.
- Goles: Antía para as locais. Carmen (2) e María para as pontecesás.
Partidazo o visto a tarde do sábado no Municipal de Milladoiro. Saltaban á pista con respeto ambos equipos, pero comezando o encontro con intensidade. Na primeira xogada xa chegaba o Ponteceso á portería rival, pero a porteira despexaba o tiro de María. Estaba ben tanto en ataque como en defensa o conxunto pondaliano, conseguindo así que as locais non chegasen á portería defendida por Melani. Vero dispoñía da segunda ocasión do encontro, pero o seu disparo non lograba encontrar portería. Na primeira chegada do Meigas, estas conseguían adiantarse no marcador tras unha boa contra dende atrás.
Non baixaban os brazos as pontecesanas, que seguían xogando tranquilas e co mesmo ritmo dos minutos anteriores ó gol. Nuria e Ana tiñan dúas oportunidades para igualar o resultado, pero o balón non conseguía chegar á liña de gol. Sería no último minuto cando Carmen igualaba o encontro rematando ca zurda o balón devolto polo pau tras un anterior remate dela. Irían cara os vestiarios con táboas no luminoso.
Reanudarían o encontro coas mesmas ganas e a mesma intensidade os dous equipos tanto en ataque como a nivel defensivo. Xeraban ocasións claras de gol en cada xogada, chegando con asiduidade á portería rival. María e Vero terían as ocasións máis claras para o conxunto dirixido por Curro, mentras que o Meigas mandaba dous balóns rozando o pau. A boa actuación de Melani tamén evitaba que as locais se volvesen adiantar en varias ocasións. Despois de varios intentos con tiros lonxanos fallidos, Carmen, que remata soa na portería tras centro de Vero, poñía ás pontecesanas por diante no marcador a falta de 5 minutos para o remate do partido. Non deixarían de intentalo ambos conxuntos, pero sería o Ponteceso o que lograba o terceiro tanto, obra de María tras xogada individual.
Quedarían aínda 3 intensos minutos para chegar ó final, coas xogadoras sen baixar o ritmo en ningún momento, o que faría que houbese aínda un par de oportunidades para cada lado, pero o colexiado pitaría o final co 1-3 para o Concello de Ponteceso FSF, que suma outros tres puntos, rematando así a primeira volta como líder provisional da categoría.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).