FSF: Un mísero empate e unha fermosa viaxe
Xornada para esquecer esta do temporal para os equipos costeiros. 4 derrotas e un empate é o balance total da fin de semana. O empate, das bravas do Vila de Cee, mentres que as do Fisober polo menos lle quedou o bo sabor de boca de disfrutar dunha tarde e unha noite en Bilbao.
2ª División Nacional, xornada 17
- Resultado: BILBO F.S. - FISOBER F.S.F. (8-0).
- FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Bárbara, Noe; tamén xogaron : Mai, Inés, Laura, Tamara, Leti.
Coa visita turística quedaron as costeiras tralo seu paso por Bilbao. Ao ser o domingo pola mañá o choque, a expedición dumbriesa durmiu alí, e disfrutou dunha agradable tarde-noite sabatina.
Bo recordo ese o que traen, porque do partido, mellor non contar nada. Aguantou ata o minuto 10 o cadro visitante, pero volveuse realidade o maleficio vasco das costeiras: 9 visitas na súa historia ao País Vasco, e 9 derrotas. Por sorte nesta tempada remataron as visitas a territorio vasco.
O Fisober fixo posiblemente os seus dous peores partidos da tempada nas dúas visitas a Bilbao, nas que recibiu dous duros golpes en forma de resultado abultado. A mellor noticia do fin de semana foi que por primeira vez na tempada Tamara puido viaxar co equipo a un partido fora de Galicia. A vindeira semana que a liga descansaba o Fisober adiantará o seu partido fronte o Sala Zaragoza a petición das aragonesas, un difícil rival chega a Dumbría.
Liga Galega Feminina, xornada 16
- Resultado: 5 Coruña FS - FSF Villa de Cee "O Semaforo" (2-2)
- O Semáforo: Vanesa, Adriana, Alba Cambeiro, María de Dumbría e Andrea. Participando tamén: María Lijó, Paula Trinidad e Marta.
Tocoulles viaxar as Ceenses A Coruña, nunha tarde entre temporais e con importantes baixas, entre elas a de Tati, que vestía en Lezama a camisola da Selección Galega.
Comezaba mal o choque para as costeiras e o 5Coruña sorprendía moi pronto con un gol marcado dende lonxe pola porteira rival, aproveitando un despiste defensivo. O tanto obrigou ás ceenses a ter que esforzarse e remar en contra e ir a polo partido, dominaban o xogo e conseguían xenerar bastantes ocasións pero non estaban tendo fortuna de cara o gol. Xa a mediados da primeira parte consegue marcar Andrea o 1-1. Continuaron a intentalo as ceenses, e o 5Coruña ariscou ca saída de 5, as ceenses defendianse perfectamente, e seguían a xerar ocasións, e cara o final da segunda parte consegue marcar o 1-2 por obra de Adriana, resultado co cal se iría ao descanso.
Na segunda parte continuaba o mesmo guión, o 5Coruña intentado ca formación de 5, e as ceenses defendendo ben e saíndo a contra. Pero perdoando moitas ocasións. E xa pasado o ecuador da 2ª parte un erro defensivo do Villa de Cee custoulles o gol 2- . Xa cara os últimos instantes as Ceenses tiveron o partido onde Andrea falla a porta baleira nos últimos segundos a ocasión mais clara. Finalmente un empate e un puntiño que sabe a pouco polo bo partido realizado.
As estrelas nesta semana son 3* Alba, foi o motor en todo o momento do equipo, 2* Andrea, tivo sempre en vilo as rivais, 1* María Lijó, con ela na pista foron os mellores momentos de xogo das Ceenses.
A vindeira semana toca recibir na casa o Santiago Futsal, igual cas Ceenses outro dos equipos novos na categoría, asemella un bonito e disputado encontro.
Liga Galega Masculina, xornada 18
- Resultado: Troula Betanzos FS - FSF Villa de Cee "Clinica a Xunqueira" (6-1)
- Villa de Cee: Bruno, Perce, Róber, Jose Antonio e Santi. Mario, Miguelón, Aitor e Marroco.
Xogaba un partido importante o masculino o sábado a tarde en Betanzos para certificar a súa presenza nos postos nobles da táboa, pero non tiveron opcións ante un gran Troula, e eso sumado a que os ceenses xogaron de longo o peor partido da tempada, pois non sorprende o marcador final.
Pese a non saír moi enchufados os ceenses se adiantarían cun gol de Santi, pero pronto o cadro betanceiro lle daba a volta ao marcador e marchaba ao descanso con 2-1. Pese a non andar finos con e sen balón, o resultado mantiña o encontro aberto, pero conseguiron meterse de cheo e o Troula no último treito pasou por riba dun cadro costeiro, que se desesperou coa actitude “chulesca” dun colexiado.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Ventorrillo Bodega O Rincón (1-2)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, María, Carmen, Verónica - tamén xogaron - Martina, Nuria, Alba e Sandra.
Pouco vistoso o encontro disputado o sábado en Ponteceso. Saían fortes as locais, que xa dispoñían da primeira ocasión do partido nada máis empezar, cun tiro de Ana que envía a porteira a córner. Durante os primeiros instantes do encontrl parecía que o control do xogo ía ser das pontecesanas, pero a medida que os minutos pasaban, os erros e as ocasións ían sucedendo por parte dos dous conxuntos. As coruñesas comezaban probando con tiros lonxanos, pero ou ían fóra ou Melani os desviaba da portería. Nuria e Vero tamén probaban con disparos desde a frontal para as pondalianas, pero estes saían desviados. Chegaríase ó descanso co 0-0 inicial.
Volverían dos vestiarios igual de fortes que no inicio do encontro as xogadoras de Curro que, transcurridos 3min se adiantaban no luminoso cun gol de Verónica, que remataba no segundo pau tras un pase de Martina que chegaba tras un roubo de balón de esta nunha boa presión pontecesana. Parecía que ía ser o momento das locais, conseguindo acabar varias xogadas, pero nunha mala saída do balón, rouba o Ventorrillo e conseguía o empate. Reaccionaban as de Barca xerando ocasións pero sen acerto. Vero e Carmen serían as que dispoñerían das ocasións máis claras, unha cun tiro que ía directo á escadra e a outra rematando o balón a medio metro da liña de gol, pero a meta visitante despexaría ambas ocasións, evitando o tanto pontecesán.
Parecía que o encontro remataría co empate a 1 cando, a 30 segundos para que sonara a bocina, o colexiado pita unha falta inexistente no borde da área que o Ventorrillo convertiría cun tiro directo que pasa polo medio da barreira conseguindo batir a Melani. Un conxunto de erros arbitrais e defensivos que privan ó Concello de Ponteceso de sumar un punto, conseguindo así a segunda derrota ligueira da tempada.
2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 17
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CFS Artilleros Moratalaz (0-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri, Lago, Alba, Martita (cinco inicial), Laura Tesouro, Dolo, Sheila, María Gómez, Xiana, Mariña, Aida.
Dixo adeus á temporada o Viaxes de Patri e volveu ficar fóra de cobertura no choque desta xornada. É certo que tivo a posesión do balón e foi xerando ocasións de gol, pero só as contras visitantes remataron nas redes, dando unha nova derrota ás herculinas. Esperan que o parón desta vindeira semana lles axude a recuperar o ritmo.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).