Xoves. 03.10.2024
El tiempo

FSF: Un xaneiro fetén

FSF: Un xaneiro fetén
Noe Ale e Leti co Fisober Noe, Ale e Leti na vitoria do Fisober

Xornada dispar para os nosos equipos de Fútbol Sala Feminino. Na Liga Galega, pechou o Fisober un gran xaneiro, con catro de catro en liga e a conquista da I Copa da Costa, unha situación que da folgos para o complicado febreiro que se aveciña.

Na Liga Provincial, mal partido das Ceenses as cales sentoulles mal o madrugón e o viaxe o cal significou a primeira derrota da tempada. Non obstante mantéñense líderes e cunha vantaxe de 5 puntos (e un partido menos) sobre as 2ª, que non son outras que as do Ponteceso FSF. As de Curro caían pero seguen pelexando por todo.
Por detrás, xornada para esquecer para as do Atletes, e gran vitoria das Roxiñas de Lira, que por fin escapan das catro de abaixo.

 

Liga Autonómica, xornada 17

  • Resultado: CIDADE DAS BURGAS – FISOBER F.S.F. (1-4).
  • FISOBER: Leti, Nuriña, Ana, Inés, Paula Fandiño; tamén xogaron: Laura, Noe, Tamara, Ale.
  • Goles: 1-0 Laura, 1-1 Inés, (descanso), 1-2 Nuriña, 1-3 Nuriña, 1-4 Inés.
Ana Mouzo controla co Fisober Ana Mouzo controla o balón

Partido moi disputado e difícil ante o filial do Cidade das Burgas un equipo cheo de xuventude pero moi competitivo e moi complicado coma local que sacou adiante o Fisober na segunda metade. O partido arrancou moi forte cunha ocasión para as locais e unha dobre resposta por parte de Inés para as visitantes. Pero logo deso baixou un pouco o ritmo , con dous equipos preocupados por non encaixar un gol.

Aos oito minutos a local Clara tiña unha boa ocasión ante Leti. E mediada a primeira metade era Laura a que poñía o un a cero a prol do filial. Por sorte para as costeiras non tardou en responder Inés poñendo a igualada de novo no electrónico tan solo un minuto despois. Nos derradeiros minutos os dous equipos puideron desfacer a igualada pero as porteiras interviron con solvencia. As locais Susana, Mercedes e Sofía atopáronse con Leti, namentras que as costeiras Noe e Inés fixérono con Iria. Chegouse ca igualada a uns o tempo de lecer.

Á volta dos vestiarios todo cambiou, o partido incrementou o seu ritmo e volveuse tolo, sen control de ningún dos dous equipos. Arrancou moi ben o Fisober cun balón o pau de Nuriña e unha ocasión de Noe. A resposta local non se fixo esperar cunha dobre ocasión de Amelia , que tamén enviaba un balón o pau. Ana novamente para o Fisober e María para o Cidade non desfacían a igualada. Daba a impresión de que o que marcara se levaría o partido. E así foi xa que a nove para o fin Nuriña acababa unha gran xogada visitante para poñer en vantaxe as costeiras. Ese gol cambiou o partido, deulle folgos as visitantes e desanimou algo as locais. Noe, Paula Fandiño e Inés puideron poñer máis terra de por medio para as costeiras. A seis para o fin Laura tivo unha boa ocasión para as locais o igual que Tamara para o Fisober. Ata que novamente Nuriña a cinco para o fin poñía o terceiro gol do Fisober, que foi a lousa definitiva para as locais. A corenta segundos para o fin Inés facía o definitivo un a catro, poñendo fin a un partido que se decidiu co segundo gol.

 

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: A.D. Atletes, FSF - Santiago Futsal (0-9).
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Sara; Marta; Bárbara; Alba; Antía; Ana; Sandra.

Partido xogado no Pavillón Municipal de Esteiro (Muros), con una tarde chuviosa pero que animou a bastante xente para ver o partido entre o Atletes e o Santiago. Boa entrada no pavillón de Esteiro.
Para non desentonar e que, por si acaso a xente se acostumbra a vicios extraderportivos, ían 40 segundos de xogo, e xa o Santiago lle endosara o primeiro gol ás esteiranas. Pero eso non e todo. Ían cinco minutos e trinta e oito segundos, e o marcador reflexaba 4 goles a cero.
O Atletes pide tempo morto, pero non para dar algunha táctica especial, senón para abandonar. Como non o permite o reglamento, houbo que seguir. Porén, a partir de aquí o Atletes xa xogou con un pouco máis de seriedade. Mantivo firmes un pouquiño máis as de Santiago, e aínda logrou chegar en dúas ocasións con perigo a meta santiaguesa. Logo as de Santiago, faltando tres minutos para acabar a primeira metade, puxeron o marcador cun catro a cero. Gol marcado por Fátima, que foi a estrela do partido, tanto polo bo xogo que despregou como polos catro goles que marcou. Tres na primeira parte e un na segunda. O Santiago mostrouse coma un bo equipo, aspirante a facerlle competencia o Villa de Cee. Con moi boa colocación no campo, xogadoras con oficio, sobre todo Fátima, que deixou mostra da súa calidade.

Polo Atletes, pouco que decir, superado en todo, súmaselle a pouca loita das esteiranas, sen ambición, sen intensidade, moi despistadas en todo o encontro. Sen lugar a dúbida, os primeiros catro goles encaixados tan cedo, anasteiounas para todo o partido. A afección de Esteiro espera que a somnolencia non sexa para todo o resto da tempada.
Agora ben, despois de todo esto que se expón, o que non resulta lóxico, nin xusto, nin aplicable a un encontro desta categoría, e que, quen ten que impartir xustiza, aplicación do establecido, proporcionalidade e igualdade de condicións para competir, sen que se teña en conta, por suposto, a calidade e méritos de unhas persoas sobre outras, non o faga, e que se castigue, sen merecelo nin facer méritos para elo tan duramente a una parte en beneficio doutra. Debe quedar claro que, en este caso, a parte perxudicada foi o Atletes de Esteiro. Ninguén, das persoas que estiveron vendo este partido, lle encontran explicación a permanente humillación que sufriron as esteiranas en este partido, no aspecto da impartición de igualdade na que deberían xogar o partido, como así o establece a normativa actual. Peo as mozas locais foron un exemplo de Deportividade.

 

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: Ponteceso Vila de Pondal - A Baña (1-4).
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen,e Zeltia - tamén xogaron –Elsa, Sandra, Martina, Chus, Cintia e Noa.

Comezaban tendo o balón as pontecesanas, saíndo dende atrás co balón xogado e intentando chegar á portería rival. Apenas tocarían o esférico as da Baña nos primeiros minutos, pero no minuto 3 tras unha mala saída de balón das locais, Nuria adiantaba ó seu equipo cunha xogada individual.
A pesar do gol en contra o balón seguía sendo das pondalianas, que vían como iban chegando as oportunidades, pero as definicións non eran boas. Chus e Elsa intentábano de lonxe e Cintia mandaba un balón rozando o pau. Pero a boa presión das visitantes fixo q nunha contra chegase o segundo de Nuria.
Respondería o Ponteceso con varias ocasións antes do descanso, pero todas despexadas pola porteira rival. Ó comezo do segundo período non cambiarían as cousas e tras outro erro na saída do balón facía o terceiro a Baña.
Seguían tendo o balón as xogadoras de Curro, que se batían unha e outra vez co bo traballo da defensa cerrada das visitantes. 
Chegaría por fin o tanto pontecesán por medio de Chus. Tra-lo tanto, intentaban recortar distancias as da vila de Pondal, pero tendo unha tarde negadas de cara á portería rival e sendo tampouco a mellor en defensa, non lograría envitar que chegase o cuarto da Baña, outra vez Nuria que remataba un saque de córner.
Non deixarían de intentalo ata o final, pero o encontro remataría co 1-4 no luminoso. Dura derrota para o Concello de Ponteceso nun mal partido do equipo que, pese a ter o control do balón durante casi todo o encontro, non lles saía nada, ó contrario que ás da Baña, que fixeron un gran partido, tanto en defensa como en ataque sabendo aproveitar as oportunidades que tiñan.  

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: Vila de Cruces - FSf Villa de Cee (2-1)
  • FSF Villa de Cee: Carla; Alba, María de Dumbria e Andrea. Participando tamén: Vanesa, Marta e María Lijó.
  • Goles: 1-0, m.30; 1-1, m.38: María Lijó; 2-1, m.39.

Comezaron o partido dominando as Ceenses, aínda sen ofrecer un bo xogo conseguiron nos 15 primeiros minutos disfrutar de varias ocasións de gol que sempre se toparan con unha gran actuación da porteira do Cruces FSF. Pero xa cara o final da primeira parte as rapazas do Cruces a base de balóns largos ían empuxando para atrás as visitantes. Remata a primeira parte co empate a 0-0.

Xa na segunda parte as Ceenses non conseguían dominar o xogo nin xerar peligro, as rapazas do Vila de Cruces ben cerradas atrás seguían abusar de balóns largos, os cales eran ben defendidos. Ían pasando os minutos e cada vez peor estaban as rapazas de Juan Jesus, as cales non conseguían crear o seu xogo a que nos teñen acostumbrados, con moitos erros nos pases e sen conseguir crear perigo, mentres sufrían algunhas contras en defensa. Faltando 5 minutos as locais conseguen marcar o 1-0. A partir dese momento intentaron as Ceenses, pero con mais corazón que con cabeza creaban ocasións pero fallaban nos metros finais, ata que faltando 2 minutos María Lijó consegue marcar a pase de Andrea. Xa parecía que remataba o partido co empate a 1-1, cando no último segundo do partido as rapazas do Cruces tiran un córner e o balón golpea en Alba e con mala fortuna entra na portería significando a vitoria para o equipo local 2-1.

As Estrelas esta semana tócanlle , 3* María Lijó conseguindo un gol e aportando xogo e frescura 2* Vanesa, que con sempre correcta nas súas intervencións na portería e 1* para Carla tamén na portería cunha moi boa primeira parte.

A vindeira semana toca dobre xornada en Cee: o Feminino as 16:00 contra A.D. Atletes e o masculino as 17.30 contra Gonnaba O Parrulo F.S. no Pavillón municipal de Cee.  

Liga Provincial, xornada 15

  • Resultado: Pontedeume FSF  – Concello de Carnota Lira FSF (2-3)
  • Concello de Carnota Lira FSF: Lía, Ara, Terre, María e Alba. Tamén xogaron: Cris e Laura.

Chegaban as Roxiñas a Pontedeume escasas de efectivos con tan só 7 xogadoras. O partido comezou cun dominio absoluto das visitantes, con presión a toda pista e aproveitando os erros defensivos das rivais. Mais os goles non querían entrar. Malia iso, Alba conseguiu poñer o 0-1 no marcador con un tiro dende a banda esquerda no minuto 3. Pouco despois desa xogada, Alba lesionábase para o resto do partido. Con Cris tamén tocada, as Roxiñas tiraron de forza e, cun pase de Laura, María gañoulle as costas ás de Pontedeume por velocidade e marcou o segundo tanto das visitantes cun tiro cruzado tamén dende a banda esquerda no minuto 6. 
Comezaron as de Pontedeume a xogar máis coas mans que cos pés, pois os empuxóns sucedíanse, desentendéndose dos balóns sen que o colexiado sancionase dita actitude. Nun pase dende a banda e rematado ao borde da área poñíanse as locais 1-2. Empataron a piques de finalizar a primeira metade por medio dunha falta directa. Íanse as Roxiñas ao descanso cansadas pola falta de cambios e un pouco queimadas polo xogo rudo local, animadas en todo momento pola grada. 

Comezou a segunda parte do partido e, xa no saque inicial, Cris nunha xogada individual puxo o definitivo 2-3 no marcador. Mais as oportunidades de ampliar o marcador das Roxiñas non diminuíron. Unha María que non parou de correr tirou unha ao pau e algunha ocasión máis que bateron na porteira. Laura e Cris tamén tiveron claras oportunidades que acabaron ou ben no pau, ou ben nas mans da porteira. Unha Terre soberbia en defensa e que ata se atreveu en ataque non permitiu que se achegaran á área as locais. O xogo do equipo local non cambiou, cambiando os empuxóns por patadas, acabando dúas delas amonestadas, unha con amarela e outra con dobre amarela. 
Non reflexa o marcador o que se veu no campo, pois a diferenza de goles puido ser moito maior. Malia a todo o que se viu no encontro, as Roxiñas voltaron a Carnota cos 3 puntos e un doce sabor da victoria máis que merecida.

Denuncian as lirachas que un membro do equipo local  tamén foi expulsado por protestar, mais non deixaba de falar por megafonía no transcurso do partido, algo ilegal segundo o regulamento. Ademais, critican tamén a actitude da grada de Pontedeume, que se adicou a insultar ás Roxiñas durante o encontro e unha vez finalizado tamén.

 

2ª División estatal, xornada 16

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Futsi Atlético Féminas B (8-1).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Lago, Dolo, Ana (cinco inicial), Sheila, María Romero, Laura Tesouro, Xiana, Luz (portera suplente).
  • Goles: 1-0 Lago (min. 1); 2-0 Laura Tesouro (min. 7); 3-0 Lago (min. 14); 4-0 Patri (min. 19); 5-0 Laura Tesouro (min. 20); 5-1 Mali (min. 28); 6-1 Laura Tesouro (min. 36); 7-1 Dolo (min. 38) 8-1 Patri (min. 38).
Patri volveu marcar e ganar co Viaxes Amarelle Patri volveu marcar e gañar co Viaxes Amarelle

Renace en casa o Viaxes Amarelle de Patri, que conseguíu un doblete ademais. As herculinas teñen que seguir traballando moi duro, posto que van ser uns meses complicados e onde non deben perder o ritmo, xa que debido a diversos parones na competición, o club herculino disputará tan só 3 partidos nos dous próximos meses de febreiro e marzo. O seguinte en disputarse será o próximo fin de semana do 13 de febreiro visitando a cancha do Club Humanes Lambea en horario e data aínda por determinar.

 

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios