FSF: Unha furgo chea de ilusión... e de goles
Arrincou un novo curso, un novo soño para as mozas costeiras do Fisober Dumbría. Un ano de viaxes por media península, esas viaxes que ficarán na memoria de cada membro da familia costeira. A primeira foi a Santo Domingo de la Calzada, na Rioxa, e ademais de mil historias, volveron cos primeiros 3 puntos na furgo.
Un resultado que as fixo durmir coma líderes a noite do sábado e que as ten de forma anecdótica como segundas na clasificación, nunca tan arriba estiveran nesta categoría a pesares de solo ir unha xornada.
2ª Nacional, Gr.1, xornada 1
- Resultado: C.F.S CALCEATENSE – FISOBER F.S.F. (2-4)
- FISOBER: Leti, Paula Fandiño, Inés, Ana, Mai; tamén xogaron : Bárbara, Noe, Myre. Lía (p.s.).
- Goles: 0-1 Inés min. 9, 1-1 Nuria min. 11, 1-2 Inés min. 14, 1-3 Inés min. 15, (descanso), 2-3 Rut min. 27, 2-4 Paula Fandiño min. 37.
Empezou moi forte o Fisober cunha dobre ocasión xa no primeiro minuto por parte de Ana e Inés. As locais non querían ser menos e tiveron un lanzamento lonxano o trabe por parte de Alicia. O Fisober sentiuse cómodo sobre a pista e facía un bo xogo. E en defensa non pasaba excesivos problemas. Así aos nove minutos era Inés a que adiantaba as visitantes poñendo o cero a un. Pero pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que tan solo dous minutos despois era Nuria a que volvía a igualar o electrónico. Pasaban os minutos e seguían a sentirse cómodas as visitantes , tendo algunha ocasión que non aproveitaban. Ata que Inés no minuto catorce facía o un a dous. E tan solo un minuto despois de novo Inés volvía a anotar para facer o un a tres co que se chegou ao tempo de lecer.
A volta dos vestiarios seguía a mesma tónica cunhas locais que intentaban reducir distancias e as visitantes tentando amplialas. Os minutos pasaban e o resultado non se movía, ata que no minuto 27 Rut facía o segundo gol local apretando o electrónico. Chegábase aos últimos minutos co Fisober tentando asegurar a vitoria e as locais na busca da igualada. E foi cando a falla de 3 minutos a debutante na categoría Paula Fandiño a saída dun saque de banda poñía o cuarto gol costeiro. Ese gol foi unha tranquilidade para as visitantes que sufriron ata o final pero sacaron os tres primeiros puntos da tempada. Nun partido no que debutaron Paula Fandiño e Bárbara na categoría.
A vindeira semana chega a Dumbría o líder Bilbo.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1.
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina.
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina
Novas relacionadas
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).