FSF: Unha nova vitoria pola mínima para celebrar o #25N
08:23 27/11/18
Fisober e Galipizza co 25N
Boas novas para o Fisober da Preferente, que conseguía, no Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a súa segunda vitoria consecutiva pola mínima, que as instala na zona media da táboa, despois de varios meses de invertidume na zona perigosa.
A fin de semana provocou que o choque do filial do Fisober se adiase. Si que xogaron na 1ª Galicia, o Amarelle Santa Comba, que volveu á senda da vitoria trala derrota a semana pasada precisamente no Conco; e o Atletes, que caía na casa nun pavillón de Esteiro ateigado de xente nova para ver ás súas bravas rapazas.
Preferente Galicia, xornada 10
- Resultado: Galipizza Sport Sala Culleredo - Fisober FSF (0-1)
- FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Nuriña ; tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Laura, Kenny.
- Goles: 0-1 min 23 Ana.
1ª Galicia Feminina, xornada 8
- Resultado: A.D. Athletés - Melide, F.S.F. (1-5)
- A.D. Athletés FSF: Julia (P); Mari; Cris; Saray; Martina; Laura; Antía (1); Ana; Ainoa.
1ª Galicia Feminina, xornada 8
- Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - Cruces FSF (5-2)
- Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Ge, Carla, Nuria, Andrea (cinco inicial), Alba, Paula, Violeta, Leticia, Elsa.
- Goles: 1-0 Nuria (min. 13); 2-0 Nuria (min. 25); 3-0 Nuria (min. 28); 3-1 Begoña (min. 30); 3-2 Begoña (min. 31); 4-2 Nuria (min. 40); 5-2 Carla (min. 42).
1ª División Foro 16 Feminismo. xornada. 9
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CD Universidade de Alacante (0-2)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Irune, Martita, María Gómez (cinco inicial), Reneé, Iraia, Mónica, Zaida.