Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Variedade de resultados

FSF: Variedade de resultados

Xornada diversa de resultados para os equipos costeiros.

 

2ª División Nacional, xornada 8

  • Resultado: C.F.S. SAN FERNANDO – FISOBER F.S.F. (1-1)
  • FISOBER: Lía, Laura, Bárbara, Ana, Paula Fandiño; tamén xogaron: Mai, Ainho, Carla.
  • Goles: 0-1 min. 5 Ainho, (descanso), 1-1 min. 25 Sofía Valero.

Ata a localidade madrileña de San Fernando de Henares viaxaron as costeiras e volveron cun puntiño no saco. Un puntiño que sabe a ouro pois enfrontábanse a un equipo que aínda permanece invicto na competición. De esta maneira son xa tres xornadas das costeiras sen perder.

Partido moi disputado sen un dominador claro, na que os dous equipos tiveron boas fases. O inicio foi local aínda que non con demasiadas ocasións. Pero eran as costeiras as que se adiantaban moi pronto, o que lles permitía xogar máis tranquilas. Tivo o segundo Bárbara mediada esta primeira metade pero a porteira local desbaratou a contra das costeiras.

Na segunda as madrileñas facían máis dano a balón parado e pronto empataban. Carla puido marcar, pero o Fisober tiveron que defender arreo, mesmo salvando un balón que petou no pau no último suspiro.

1ª División Autonómica, xornada 8

  • Resultado: Ortegal A Fervenza - Hotel O Semáforo Villa de Cee FSF (6-2)

Tocoulle as Centolas viaxar a Ferrol, contra un dos cocos da categoría pero saíron sen medo, moi ben metidas no partido, e facendo posiblemente a mellor primeira parte do que vai de liga. Dominaban o xogo e conseguían crear un sin fin de oportunidades marcando o primeiro gol por obra de Tamara nos seu primeiro partido cocClub. Seguían dominando ainda que nunha contra as ferrolás conseguen marcar o empate, mero xa cara o último minuto da primeira parte Andrea consegue marcar para ir o descanso cun mais que merecido 1-2.

Xa na segunda parte comenzou moi parecido a primeira, aínda que as locais intensificaban o seu xogo a fin de intentar remontar. Conseguen marcar o 2-2, pero os poucos minutos as ceesas fallan nun man a man de Andrea ca porteira rival o cal podía significar o 2-3, pasan a sufrir unha contra e recibir o 3-2. A partir de aí as Centolas foron a deseperada arriscando todo, e sufriron varias contras co resultado final de 6-2.
As Estrelas está semana son: 3* Tamara de Carballo, seu estreo e un bonito gol. 2* Andrea, 1* Marta.

 

3ª División Nacional Masculina, xornada 9

  • Resultado: Villa de Cee FSF A Xunqueira - Club Deportivo Casas (4-4)

Tras dous partidos seguidos os ceeses comenzaron dominando durante toda a primeira parte conseguindo marcar e poñerse por diante cun 1-0 con gol de Marroco e, e errando un sin fin de ocasións onde púdose deixar sentenciado o partido.
Xa na segunda parte cambiaron as cousas aínda marcando de novo os ceeses todo parecía ir de cine co 2-0, pero un pequena paxara do equipo e un pouco de mala fortuna fixo que marcaran os visitantes tres goles seguidos poñéndose o marcador cun 2-3, e complicándose o partido para os ceeses. Tiraron de casta os homes de Llopis, e de novo conseguiron remontar e poñerse cun 4-3, e finalmente cando todo parecía xa sentenciado, un grave error arbitral deixan de pitar a 6ª falta clarisima a favor dos costeiros o cal significaba un Dobre-penalti, a permitir o xogo e na contra os visitantes marcan o definitivo 4-4.
As estrelas nesta semana son: 3*Pose, 2* Perce, 1* Dudo.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 5

  • Resultado: Melide FSF - Concello de Ponteceso FSF (5-3).
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Nuria, María e Saray - tamén xogaron - Martina, Verónica e Uxía.
  • Goles: Elvira (2), Elisa, Inés e María (Melide). E Martina, María e Saray para o Ponteeso.

Intenso encontro o visto no municipal de Melide, no que ata o último minuto non se sabía cal ía ser o vencedor. Comezaban algo descentradas as pontecesanas, que nos 3 primeiros minutos xa vían como o Melide dispoñía de varias ocasións e acabaría adiantándose no marcador. A pesar desto, pouco a pouco fóronse metendo no partido as visitantes, que comezaban a ter o control do encontro e a xerar ocasións. Nuria probaba con dous disparos dende a frontal, pero ambos irían fóra. Sería Martina a que poñería as táboas no marcador rematando de cabeza unha xogada de saque de banda. A partir de aquí o dominio era todo pontecesán, sendo elas as que xogaban o balón e as que facían as xogadas.

O comezo da segunda metade foi un calco da primeira. Saían enchufadas as locais e nos primeiros minutos xa se volvían adiantar. Pero pronto as de Pondal comezaron a avisar con ocasións de Saray e Verónica. Quedaban 3 minutos para o final, os que serían os máis intensos do encontro. Saray poñía o 3-3 tras coller o rechace dun despexe da porteira local. Respondía o Melide cunha contra que paraban as pontecesanas con falta. 2 ocasións máis tiña o Ponteceso, que remataban co despexe da porteira no primeiro pau. E nun fatídico último minuto para as xogadoras de Curro, conseguía os 3 puntos o Melide cun tiro cruzado de Elisa e co remate de María nos últimos segundos, rematando así o encontro co resultado de 5-3.

A vindeira fin de semana haberá derbi no punicipal de Ponteceso, pois será o Fisober FSF o que o visite para disputar a 6ª xornada.

 

1ª Galicia Feminina, xornada 5

  • Resultado: Fisober B - Amarelle Santa Comba (3-14)
  • Fisober FSF: Marta, Paula, Gisela, Laura, María (cinco inicial), Lucía, Daniela.
  • Amarelle Concello Santa Comba: Vanesa, Rita, Tania, Ge, Nuria (cinco inicial), Violeta, Leti, Nerea Ramallo.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 1); 0-2 Nuria (min. 2); 0-3 Nuria (min. 3); 0-4 Nuria (min. 14); 0-5 Rita (min. 16); 1-5 Gisela (min. 17); 1-6 Tania (min. 18); 1-7 Rita (min. 19); 2-7 Laura (min. 21); 2-8 Nuria (min. 22); 2-9 Nuria (min. 28); 2-10 Rita (min. 28); 3-10 Paula (min. 31); 3-11 Rita (min. 34); 3-12 Nuria (min. 37); 3-13 Nuria (min. 38); 3-14 Nuria (min. 38).

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, resolve cunha gran goleada o choque ante o filial Fisober FSF. Comezaban moi fortes as xalleiras que se colocaban 0-3 en apenas 3 minutos. Asentouse o filial dumbriés pero antes do descanso o partido xa estaba reslto.

Na reanudación, as locais parecían reaccionar nos primeiros segundos poñendo o 2-7 no marcador aos 40 segundos de xogo cun gol de Laura, pero sería un breve espazo, para que as visitantes volvesen tomar o mando e seguisen ampliando a súa renda goleadora apenas un minuto máis tarde cun tanto de Nuria. De aí ao final completouse a goleada.

 

2ª División Nacional, xornada 9

  • Resultado: Viaxes Amarelle - Cidade de Pontevedra (6-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Pau, Patri, Martita, María Gómez, Inés (cinco inicial), Sheila, Mónica, Dolo, Marta Hermo, Mariña, Sandra, Aida.
  • Goles: 1-0 María Gómez (min. 2); 2-0 Martita (min. 20); 3-0 Martita (min. 29); 4-0 Patri (min. 31); 5-0 Dolo (min. 32); 6-0 Mariña (min. 34).
Patri capitana do Viaxes Amarelle Patri capitana do Viaxes Amarelle

Con Patri de capitana e Inés no 5 inicial, o Amarelle de 2ª Nacional fixo un partidazo e venceu. O 4-0 chegou tras un roubo de balón e unha gran combinación entre María Gómez e Patri, que esta última remataría dentro do área entre os tres paus.

 

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios