FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando
Non rematou o partido o Vila de Cee pero parece que contará como vitoria. As ceenses lideran a Liga Provincial, con vantaxe sobre un Ponteceso que se afianza na segunda praza tras vencer no derbi a unhas Roxiñas de Lira que vendero cara a súa pel.
Mentres, na Liga Galega, o Fisober volvía gañar en casa e segue na 8ª praza cun ollo cara arriba.
Liga Autonómica, xornada 16
- Resultado: FISOBER F.S.F. – COMARCAL A FERVENZA F.S.F. (5-3).
- FISOBER: Leti, Ana, Paula Fandiño, Inés, Mai; tamén xogaron: Andrea Piroja, Andrea Muíño, Tamara, Laura.
- Goles:1-0 Inés, 2-0 Mai, 3-0 Tamara, 4-0 Laura, 4-1 Carol, (descanso), 4-2 Yu, 4-3 Cris, 5-3 Ana.
Arrincou a segunda volta, e o fixo en Cee polos problemas de humidades no pavillón dumbriés.
E foi un partidazo dos que fan afección polo fútbol sala e do que o público disfrutou. Cunha metade para cada equipo, o Fisober saíu lanzado na primeira e foi quen de aguantar o empuxe visitante da segunda para levarse a vitoria ante un gran rival como é A Fervenza que a pesares da súa xuventude desprega un xogo de moitos quilates.
Que o partido ía ter ritmo e que ía ser entretido xa se viu dende o primeiro segundo. Os dous minutos chegaba a primeira ocasión para as visitantes a cargo de Carol. A resposta do Fisober non se fixo esperar e nese mesmo minuto Inés poñía o primeiro gol para as locais.
Tan só un minuto despois era a local Paula Fandiño a que podía aumentar as distancias no electrónico pero non o lograba. Quen si o facía era Mai que os catro minutos poñía o dous a cero. O partido tiña un ritmo endiañado, e aos seis minutos Laura atopábase cunha Leti excelsa. Mediada esta primeira metade Tamara picaba o balón ante a porteira visitante para facer o tres a cero a prol das locais. A resposta non se facía esperar e un novo lanzamento de Laura era desviado por Leti o trabe. Agora eran Inés e Paula Fandiño as que podían aumentar diferenzas e Alba a que tentaba reducilas. Quen si atinou foi Laura aproveitando un rexeite para facer o catro a cero. Tardou pouco en respostar Carol que fixo o catro a un co que se chegou o tempo de lecer.
A volta dos vestiarios as visitantes saíron cun ritmo se cabe aínda maior espoliadas polo gol a fin da primeira metade. Aos catro minutos Yu facía o segundo gol visitante o que as fixo crecer aínda máis. Aos seis minutos era Cris a que facía o terceiro gol para as de Ferrolterra reducindo a mínima expresión a renda local. As visitantes despregaban un gran xogo e as locais tocoulles traballar en ambas áreas e así o fixeron dende a primeira ata a última. Nunha contra Inés a piques estivo de facer o quinto.
O partido non daba un segundo de respiro. Carol e Natalia atopábanse con Leti a seis para o fin. Nos últimos minutos o Fisober tranquilizou un pouco o xogo e pasou menos apuros ante unhas visitantes que arriscaban cada vez máis, iso si o axustado do electrónico apretaba o corazón de ambas escuadras.
Pero a tranquilidade definitiva non chegou ata que a tres segundos do fin Ana finalizaba unha contra para poñer o cinco a tres definitivo, baixando o telón a un espectacular enfrontamento.
Liga Provincial, xornada 14
- Resultado: Roxiñas de Lira - Concello de Ponteceso (0-2)
- CONCELLO DE CARNOTA-LIRA FSF: Lia, Inés, María, Alba e María - tamén xogaron - Cristina, Martina, Laura e Araceli.
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, Carla, Zeltia e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Chus, Cintia e Noa.
- Goles: 0-1, m.18: Zeltia; 0-2, m.38: Zeltia.
Sandra tiña unha ocasión, cun tiro que desvia a porteira e Chus tiña a máis clara ata o momento, rematando a bocajarro e desvía a porteira cunha boa intervención. O encontro volvíase de ida e volta, e Zeltia tería outra ocasión cun tiro dentro da área que para a porteira. Zeltia faría o primeiro da tarde rematando na frontal tras un pase de Cintia.
Non baixaron os brazos as Roxiñas e decidiron seguir como estaban no partido, tranquilas, tocando o balón e xogando o seu xogo. Seguían tendo o balón as de Curro, pero algo máis imprecisas, presionando arriba e cometendo moitos erros, quizáis produto dos nervios ou da presa, mais as Roxiñas seguiron pecando de inocentes porque apenas tiraron. Un par de veces estrelaron Alba e Cris o balón contra a porteira de Ponteceso, e Martina tivo a oportunidade de empatar o partido nun balón que, unha vez máis, foi ao pau. Xa a falta de dous minutos para o remate do partido, nun erro defensivo das Roxiñas, o Ponteceso conseguíu marcar o segundo gol do partido, de novo obra de Zeltia, deixando así o marcador.
Partido bonito, limpo e sobretodo reñido en Lamas de Castelo o que se vivíu o sábado, malia a derrota, a sensación no xogo das Roxiñas foi boa e o Ponteceso é un equipo contra o que da gusto xogar. 3 puntos para que o Ponteceso siga na loita polo ascenso, mentres por Lira entonan o “xogamos coma nunca e perdemos coma sempre”.
Liga Provincial, xornada 14
- Resultado: Grupo Work, FSF. - A.D. Atletes, FSF (8-1)
- A.D. Atletes FSF: Mariña(P); Cris; Sara; Marta; Bárbara(1); Alba; Antía; Ana; Sandra.
Partido xogado no Pavillón Municipal de Mesoiro (A Coruña), en un horario (16:00h) que, según se está vendo, resulta un plus negativo mais, en contra do Atletes feminino. O partido ten moi pouquiña historia, tanto para o Atletes coma para o Grupo Work. Este, tremendamente superior ás de Esteiro, con mais calidade, mais forza, mais veteranía, en fin, o Atletes naufragou no Pavillón de Mesoiro. Cando transcurría o primeiro minuto de xogo, para non desentonar, o Grupo Work xa marca o seu primeiro gol. Este gol tan madrugador desarmou para o resto do partido o equipo de Esteiro. A través do superior xogo das coruñesas, mediante combinacións perfectas e superior físico, estas acosaban continuamente o Atletes. Así foron chegando os goles, que foron hasta catro, en esta primeira parte. Suspirou o equipo de Esteiro cando o árbitro señalou o descanso, xa que se vía impotente para conter o magnífico xogo do Grupo Work.
Na segunda parte, outro tanto do mesmo. Porén, as esteiranas chegaron unhas catro ou cinco veces ata a portaría das coruñesas; o suficiente para que a porteira Beatriz mostrase a súa gran clase. Seguramente, unha das mellores porteiras deste campionato. Tamén se deixou ver Ainhoa, con una gran clase, así como a directora do Grupo Work, Patricia, con gran calidade tamén. Durante a segunda parte, as coruñesas conseguiron bater por outras catro veces a portaría do Atletes, que ben puderon ser mais, de non ser por algúns fallos a porta vacía do Grupo Work.
Os tímidos ataques das esteiranas foron levados por Bárbara, que non tuvo hoxe o seu día, e Antía, que aínda non acaba de collerlle o ritmo a competición. Bárbara, cando xa se estaba acabando partido, foi a autora do único gol das esteiranas.
Liga Provincial, xornada 14
- Resultado: Vila de Cee FSF - Espartanas (5-0)*
- FSF Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, Andrea e María de Dumbria,. Participando tamén: Marta, María Lijo, Paula Trinidad e Serena.
- * Partido suspendido no m.18 co 5-0 no marcador porque o Espartanas quedou sen xogadoras suficientes ante unha expulsión e dúas lesións.
Máis de 100 persoas o sábado en Cee para ver medio partido. Saíron totalmente a polo partido as Ceenses, dominando totalmente o xogo, sen dar ningunha opción de xogo o rival, nos 5 primeiros minutos as Ceenses xa dispuxeran de 5 ocasións de gol, mais a pelota parecía non querer entrar. Xa chegado o ecuador da primeira parte as Ceenses conseguen marcar por medio de Andrea de penalti, foi poñer o primeiro gol para así golear o rival marcando Alba en dúas ocasións e Adriana en outras dúas ocasións e levando o partido cun 5-0 a favor. Faltando dous minutos para finalizar a primeira parte suspendese o partido, pois o Equipo das Espartanas cunha expulsada e dúas lesionadas quedouse sen xogadoras para poder continuar o partido.
As Estrelas corresponden esta xornada 3* para Alba, dous preciosos goles, 2* para Adriana outros dous goles, e 1* para Serena. Para a semana tocaralle as Ceenses visitar Vila de Cruces, saída complicada contra un rival moi forte na súa casa.
2ª Divisón Estatal, xornada 15
- Resultado: CFS Femenino San Fernando - Viaxes Amarelle FSF (3-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, María Romero, Lago, Dolo (cinco inicial), Laura Tesouro, Sheila.
- Goles: 1-0 Jenny (min. 2); 1-1 Laura Tesouro (min. 20); 1-2 Lago (min. 22); 2-2 Jenny (min. 31); 3-2 Patri (min. 36); 3-3 Laura Tesouro (min. 37).
Rescatou un punto o Viaxes Amarelle da súa visita a San Fernando de Henares, marcando un tanto no teitro final tras ir perdendo en dúas ocasións. Clave foi a muxiá Patri, de novo titular.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).