Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Volvendo a casa para levar o premio

FSF: Volvendo a casa para levar o premio
A porteira muxia Eva Lema volveu ao Conco A porteira muxiá Eva Lema volveu ao Conco co Colmenarejo

O Fisober non puido sacar nada positivo ante un dos cocos da categoría como é o Colmenarejo, aínda que si lle puxo as cousas moi difíciles, nun partido moi disputado marcado polos goles psicolóxicos das madrileñas e pola humidade preludio do temporal Ana, nun choque protagonizado pola ao que fora o seu fogar da porteira muxiá Eva Lema.

En Cee, cara para os homes, rompendo unha malísima serie de resultados; e cruz para as mulleres, que sufriron as baixas e caeron en Poio.

Xa na 1ª Galicia, antiga Provincial, o Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, estreábase no Pabellón Municipal de Fontenla en Santa Comba, logo da reforma realizada no mesmo, e fíxoo dun xeito espléndido cunha goleada cómoda sobre un rival directo, Fútbol Club Meigas, quedando a 6 do liderato. Outra das vitorias singulares da categoría foi a protagonizada polo Fisober B, que vencía o seu segundo partido da tempada ante as pechacancelas do Cruces e suman xa 6 puntos, alcanzando a un Atletes que non podía co Melide, co que caía 5-2 nas terras do melindre.
O quetampouco lograba rematar o ano con vitoria na casa foi o Concello de Ponteceso FSF que queda na zona media da táboa.

 

2ª División Estatal, Gr. IV, xornada 11

  • Resultado: Fisober FSF - Colmenarejo FS (1-3)
  • FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Ainho, Noe; tamén xogaron: Taibo, Andrea M. , Carla, Nuriña, Bárbara, Mai.
  • Goles: 1-0 min. 4 Ana, 1-1 min. 17 Cris Llanos, 1-2 min. 20 Nere, (descanso), 1-3 min. 21 Orive.
Celebrando un gol do GFisober Ana celebrando o gol do Fisober

Despois dun arranque no que os dous equipos querían colocarse sobre a pista o conxunto costeiro decidiu sorprender ao seu adversario co xogo de cinco dende moi pronto algo que descolocou as madrileñas. E aproveitaron a situación xa que un pase profundo de Taibo atopou a Ana que tocou co calcaño para batir a Eva e poñer por diante as locais. O gol costeiro igualou a contenda e puxo en dificultade as visitantes. Os minutos ían pasando e Laurita tiña unha boa ocasión visitante mediada esta primeira metade. A resposta foi por parte de Noe que fixo intervir a Eva.

As madrileñas deron un paso adiante e contaron con ocasións por parte Nere, Laurita ou Cris Llanos. As costeiras buscaron solucións e volveron arriscar co xogo de cinco. E conseguiron de novo entrar no partido , con boas ocasións por parte de Noe para facer o dous a cero que non chegou. Aínda que os riscos co xogo de cinco a piques lle estiveron de custar un desgusto as locais. Achegábanse os últimos minutos da primeira metade e as visitantes deron outro empurrón o partido. E así foi como Cris Llanos aproveitaba un rexeite para igualar o partido a tres para o tempo de lecer.

Peor se lle puxeron as cousas as locais a volta de vestiarios cando Orive facía outro gol psicolóxico no primeiro minuto poñendo o un a tres. Nun abrir e pechar de ollos pasou da igualada a un a tres. A pesares das dificultades as locais seguiron loitando na busca de recurtar diferencias. Volvían arriscar nos últimos minutos co xogo de cinco. E unha internada de Noe supuxo unha das xogadas polémicas do encontro na que os colexiados non sinalaron nada nunha ocasión manifesta de gol. Ana tiña unha boa ocasión pouco despois pero seu lanzamento non atopou portería por pouco. Pasaban os minutos e xa nada cambiou.

Paula Fandino co Fisober Paula Fandiño  

1ª División Autonómica, xornada 12

  • Resultado: ED Poio Pescamar - Hotel Semáforo Villa de Cee FSF (6-1).
  • Hotel Semáforo Villa de Cee FSF: Marta, Paula Trinidad, Adri, Andrea e Goretti. Tamén: Alba e Alejandra.

Saída complicada das Centolas, que acusaron varias baixas por lesión e outras por motivos laborais e tan só dispoñendo de dous cambios, e mesmo cunha xogadora de campo baixo paus trala lesión de Adriana. Circunstancia que resultou definitiva para o resolver do partido, pois nos 7 primeiros minutos xa recibiran 4 goles. Ainda así as ceesas doídas no seu orgullo puxeron se as pilas e no resto da primeira parte dominaron o partido. Goreti conseguía marcar o 4-1, e Alejandra e Andrea terían ocasión de marcar para recortar o marcador pero non estaba a fortuna de cara o gol, indo para o descanso co 4-1.
Intentaron na segunda parte outra vez as Centolas, Goreti o Pau, Alejandra de novo case marca, Andrea, outra ocasión de Marta, pero cando estaban máis preto de recurtar chegaron os tantos da sentenza.
As estrelas nesta semana son: 3* Alejendra, a infantil ceesa, no seu primeiro partido oficial sorprendeu a todos, cun partidazo: 2* Marta, tivo que asumir un papel que non lle toca, a portería onde sufriu os 4 primeiros goles, volvendo despois o se sitio na pista onde estivo fantastica coma pivot; 1* Goreti, aínda con falta de fortuna cara a porta con dous balóns os paus marcou o gol do equipo.

 

3ª División Galega, xornada 13

  • Resultado: FSF Villa de Cee Clínica A Xunqueira - CD Rececende A Pontenova (7-2)
  • FSF Villa de Cee Clínica A Xunqueira: Pose, Angelito, Santi, Javi, Cristian. Tamén: Bruno, Edu e Aitor.

Esta semana, e ante máis de 150 afeccionados costeiros, saíron os locais a por todas, e non dispostos a deixar marchar os puntos. Comenzaron moi ben, dende o primeiro minuto de xogo, dominando totalmente o rival, o cal defendíase e trataba de saír á contra. Xa nos 5 primeiros minutos encarrilaban o partido os ceeses con goles de Santi e Aitor. Santi de novo volvería marcar no minuto 11, 3-0 e os locais seguían a dominar o partido, e insistían no seu xogo e seguían desfrutando de ocasións chegando a poñerse cun 4-0 no minuto 16 por obra de Angel. Xa faltando 3 minutos para rematar a primeira parte os do Rececende conseguen maquillar o resultado para irse o descanso cun 4-1.

Na segunda parte saíron con máis intensidade os visitantes, e aos 2 minutos marcan e póñense de novo no partido cun 4-2. Os vermellos xogando co marcador a favor aplicáronse máis en defensa, e trataban de saír á contra. O rival dominaba mais o balón pero os ceeses estaban moi boi ben plantados en defensa, o rival intentouno saíndo de 5, pero a boa defensa dos locais non lles daba opción de marcar e a base de contras conseguen marcar xa nos últimos 5 minutos Angel, Dudo e de novo Angel, para así rematar cun contundente 7-2 que reflexaba o moi bo partido do FSF Villa de Cee.

As estrelas nesta semana son: 3* Angelito, todo na pista, o seu xogo en pro do equipo e engadirlle 3 goles, máis non se lle pode pedir a este campión; 2* Santi, 2 goles, e un dos seus mellores partidos nesta tempada; 1* Pose, dende a portería dirixiu a todo o equipo.

 

1ª Galicia, xornada 9

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Troula FS (3-4).
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Martina, Alba e Saray - tamén xogaron - Nuria, María, Verónica e Aroa.
  • Goles: Saray (2) e Martina para as pondalianas. Ana, Silvia, Alba e Lucía para as visitantes.

Volvía á competición o conxunto pontecesán despois dunha xornada de descanso tendo en fronte ó 2º clasificado da liga. O partido foi moi intenso, cunha primeira metade moi disputada e con moitas ocasións e goles, mentras que na segunda si houbo ocasións, pero non se movía o marcador. Comezaban o encontro centradas as pontecesanas, que non tardaban en ter a primeira ocasión cun tiro dende a frontal, pero tamén asustaba o Troula con dúas chegadas á portería de Uxía. Non tardaba en chegar o primeiro tanto, pois no minuto 3, Saray poñía o 0-1 no luminoso cun tiro dende a frontal. A partir do gol relaxáronse as de Ponteceso, cometendo erros en defensa que as condenarían. En tan só 3 minutos e tras 3 erros defensivos das pondalianas, as betanceiras poñían o resultado ó seu favor con 3 goles, un tras xogada de falta e dous de disparos dentro da área. Pero quedaba todavía moito partido e non llo deixaría tan fácil o Ponteceso que, tras volverse centrar no xogo, vía como Saray lle daba dous tantos máis ó seu equipo, o primeiro marcado por ela mesma tras roubar o balón na frontal e o seguinte deixando que Martina rematara soa tras un pase ó 2º pau. Quedaba aínda un minuto para chegar ó descanso e ambos equipos tiñan unha ocasión máis, sendo as visitantes as que lograban materializalo, indo así cara os vestiarios co resultado de 3-4.

O segundo período tamén estaría cheo de ocasións, ó igual de que de erros tanto en defensa como en ataque por parte do conxunto pontecesán. Intentábano con tiros lonxanos Ana e Alba, pero sen perigo para a portería rival. Tería varias oportunidades o Troula, outra vez tras erros defensivos das xogadoras de Curro, que parecían pouco centradas no día de onte no que a defender se refire, pero Aroa lograba salvar as ocasións. Chegarían máis veces á portería visitante as pontecesanas, pero errando os pases nos últimos metros e os tiros nas ocasións a balón parado. Os últimos minutos serían de idas e voltas, con ambos equipos probando todo de cara ó gol, pero sen conseguir ningún anotar ningún tanto máis. Remataba o partido co 3-4 co que se marchara no descanso.

 

1ª Galicia, xornada 9

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - FC Meigas (8-2)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Rita, Ge, Tati, Nuria (cinco inicial), Lucía, Tania, Carla, Paula, Leti, Vanesa.
  • Goles: 1-0 Rita (min. 1); 2-0 Nuria (min. 6); 3-0 Nuria (min. 6); 4-0 Tania (min. 18); 5-0 Nuria (min. 22); 6-0 Leticia (min. 27); 7-0 Rita (min. 30); 8-0 Tati (min. 32); 8-1 Teresa (min. 37); 8-2 Sabela (min. 39).

O Amarelle Concello de Santa Comba iniciaba dunha forma claramente ofensiva e así conseguía adiantarse no marcador cun gol de Rita ao primeiro minuto de xogo. As visitantes intentaban igualar a contenda, pero atopáronse con dous tantos prácticamente consecutivos anotados por Nuria aos seis minutos de xogo, para ampliar a distancia ata o 3-0. Tati facía o cuarto antes do descanso.

Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba tiña o partido moi de cara, pero iso non serviu para que baixasen os brazos e de feito saíron a por aumentar a renda, e seguir aspirando a todo.

 

2ª División Nacional, G.IV. xornada 12

  • Resultado: Futsi Atlético Féminas B - Viaxes Amarelle FSF (1-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Sheila, Martita, Patri, María Gómez (cinco inicial), Dolo, Marta Hermo, Inés, Mónica, Paula.
  • Goles: 0-1 Patri (min. 23); 1-1 Andrea (min. 24).

Un gol da muxiá Patri e moita seriedade permitiron ao Viaxes Amarelle volver cun puntiño da visita ao filial do Atlético. As herculinas suscitaron un partido serio en defensa buscando o contrataque para crear perigo, e o bo facer galego deixou un partido moi igualado.

 

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios