Gozando do Ludijudo carballés

07:27 28/04/16

Que ben o pasaron!! Os cativos carballeses puideron disfrutar este domingo dunha xornada de xogos espectacular no festival LudiJudo de Carballo, organizado polo concello e o Judo Club Bergantiños.
Unha gran festa do Judo onde participaron ao redor de 400 persoas, coidados por máis de 30 voluntarios. Houbo tempo para todos, e os país tamén tiveron que afincar o xeonllo nas sesións de “judo chan”, “judo pé”, circuítos, hinchables e manualidades.
Ademais, grazas á colaboración da Cruz Vermella aproveitaron para realizar unha colleita de alimentos.


Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).