xoves. 01.05.2025
El tiempo

Graduado en sufrimento

Graduado en sufrimento
Corme e Baio o pasaron moi mal para superar a Camariñas e Porteño respectivamente; os de Lentjo tiveron que remontar; Pola súa banda, o Dumbría puxo a Primeira patas arriba vencendo en Tordoia e metendo a directa na primeira praza Malpica e Cerqueda xogaron un igualado derbi Malpica e Cerqueda xogaron un igualado derbi Un dos moitos pasos polos que debe pasar un campión antes de 'confirmarse' é o sufrimento en encontros que sobre o papel non entrarían na categoría 'A'. Pasoulle esta semana a Corme e Baio, dominadores da Liga da Costa, e que tiveron nos representantes do Concello de Camariñas a dúas víctimas que puxeron moi alto prezo pola súa pel. Os de Lentejo tiveron que remontar varias veces ao conxunto da capital municipal, quen unha vez máis evidenciou o seu mellor rendemento en citas de esixencia. Menos goleador e igual de axustado foi o compromiso do Baio na Grixa da Ponte do Porto, que deixou hai tempo de ser de terra, pero que sigue mantendo o cartel de visita con perigo para os que loitan por altas cotas. O resto da xornada da Liga da Costa deixou novamente os problemas goleadores dun Unión Club Cee metido nos postos de descenso, así como eficiencia de Ponteceso, San Lorenzo e Mazaricos, alternativas ao dúo de cabeza e cunha crecente regularidade. Houbo tamén tempo para derbi no Concello de Malpica, entre un Cerqueda que parecía favorito e un eterno rival que impuxo a experiencia e o peso das individualidades. Na Primeira o do Dumbría empeza a ser unha dictadura, especialmente tralo 'gol-pe' de estado de Adrián en Tordoia. O fisterrán asinou un tanto que mete case dous encontros de por medio entre o líder o perseguidor. Tamén fundamental, pero nesta ocasión como bombona de aire foi o éxito do Fisterra en Silleda, diante da atenta mirada do deportivista Joselu, oriundo da localidade pontevedresa. Sporting Zas e Outes xogaron un derbi do que os de Alfredo Cambeiro saen con serios problemas clasificatorios. O lado malo leva o nome da Preferente e os problemas do Soneira en Loimil ante o Estudiantil. A derrota mantén aos vimianceses en descenso. Tampouco houbo sorte para o Sofán, tras un vibrante encontro en Ponte dos Brozos de Arteixo resolto finalmente a favor dos locais. O que prosigue a xeira interminable é un Xallas que incluso empeza a soñar con algo máis grande. Ten debuxado un novo panorama unha Terceira na que queda confirmada a chegada para quedarse do Lira; o seu triunfo en Nantón é deses que se analizan como chave en caso de éxito. Foi colosal a figura do meta Peipo, parando de tódalas cores, incluso penaltis. O Muxía, pola súa banda, segue ao seu.  

PreferenteNorte, xornada 17

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 15

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 15

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 14

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 10

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 14

LigaGalega Cadete, xornada 14

1ªCadete, xornada 11

LigaGalega Infantil, xornada 13

1ªInfantil, xornada 13

LigaAlevínSur, xornada 9

LigaBenxamínSur, xornada 9

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios