Venres. 13.09.2024
El tiempo

"Gustaríame ser presidente do Fisterra"

"Gustaríame ser presidente do Fisterra"
  Poucas cousas lle quedan por probar no fútbol al recén homeaxeado Manuel Cartamil, mito do clube verde e aínda futbolista do Lira Manuel Cartamil, de 42 anos Manuel Cartamil, de 42 anos Son as oito da tarde dun mércores de inverno pechado en Fisterra. Elementos acuáticos, eólicos e case eléctricos debuxan a típica paisaxe costeiro-invernal, esa que precisamente fai florecer o inxenio de moitos á hora de atopar motivos polos que non poden acudir a un adestramento. Pero no centro de pobo e coa ilusión dun Infantil, Manuel Guillermo Cartamil Obelleiro (Fisterra, 1974) pasa da Champions, esquence que chegou de traballar ás dez da mañá e prepara o bolso para ir a Carnota a adestrar co Lira, a última parada dunha das traxectorias máis coñecidas do balompé da zona. Este podería ser un dos moitos motivos polos que a pasada fin de semana tivo unha homenaxe segreda do fútbol da zona, durante a presentación dun libro. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1118809081571081/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Na lontananza podería adiviñarse un punto e final á que agora é traxectoria máis lonxeva de todo o fútbol da Costa da Morte, pero con Manuel nunca se sabe. Máis que a conversa previa ao adeus, de momento debería tomarse isto como unha informal charla co mito do Fisterra, e un dos homes máis carismáticos dentro e fóra dos terreos de xogo.  
  • Calquera pensaría que con 42 anos e unha homenaxe de por medio, ou estamos a falar cun exfutbolista ou con alguén que lle está a pegar as últimas patadas a un balón…
Non sabía nada, pero foi unha grata sorpresa. Non o agardaba para nada, pero liáronme entre varios amigos como Bebeto. Non é que sexa un exfutbolista, simplemente hai que asumir a edad, que pasa aínda que non queramos. Hai momentos para xogar, deixalo, para agradecer…. e tamén para as homenaxes. A fin de contas, son o home máis veterán da zona.  
  • Se aínda estivese na SD Fisterra, en Primeira Galega, tería xogado contra Juanito, ex do Deportivo e do Betis e agora no Sigüeiro, que chega aos 48. Outro reto?
Non é que non me vexa con 48 anos, o problema é que cada vez teño máis problemas físicos, sobre todo co tema da calcificación na rótula.  
  • Campión de Liga co Fisterra, agora en Terceira co Lira… mudan as categorías e Manuel permanece igual…
Para a aventura do Lira liáronme entre Manín, Dudo e Guardiola. Teño moita amizade con eles, e o ano do Corcubión Manín xa se portara de marabilla comigo. Síntome moi ben tratado en Lira, e en canto nos adaptemos ao sistema de Manín e á súa forma de ser, cando nos deamos conta do bos que podemos ser, todo irá mellor.  
  • Agora en serio, cando toca retirarse de verdade? cromo-de-manuel-cartamil-obelle-sd-fisterra Manuel Cartamil sempre terá o seu cromo
Se o Fisterra me tivera feito a homenaxe do ano pasado, estaría adestrando rapaces de categorías inferiores. Fisterra é a miña casa. Veña quen veña non me van botar dela. Non teño nada en contra desta directiva, porque sei que eles fan un traballo moi desagradecido. Eu non quería homenaxes, senón despedirme da miña afección. Un aplauso emotivo para todos, e nada máis, só quería saudar desde o medio do campo, nin placas nin nada diso… sei que estivo a piques de facerse no encontro ante o Cee pero...  
  • Resulta incrible ver a emoción coa que fala, e ver nenos que aos 20 anos están fartos do fútbol e deixan todo…
A xuventude de agora é así. Cando teñan 30 anos virán as ganas. Antigamente non subías a ninguén e agora cada semana levan a un da canteira, aparte de que a metade deles xa están polos amigos.  
  • Sen embargo, para ter sido vostedes un xogador duro, en tódolos sitios falan con cariño do seu paso, tanto compañeiros coma rivais...
No campo defendo a miña camiseta e moitas veces nin miro quen teño diante. Acabo abrazado ao rival en canto pita o árbitro. Se ves que o rival ven con maldade xa é outro tema. Rompéronme o nariz en Castriz e non pasou nada, fun ata o vestiario da man do rival.  
  • Tería xogado no Cee?
Non. A pasada tempada cando estaba Alfredo Cambeiro non me faltou moito, pero sabía que non ía ser bo para el nin para min. É como levar a Puyol ao Madrid.  
  • Falando de culés, Piqué postúlase coma presidente do Barça, e non me diga que Manuel non soa ben coma xefe do Fisterra...
Función xa fixen, pero tal como teño os comprimisos… claro que me gustaría, para facer as cousas ben feitas, polo menos con cariño, tratar a todos por igual, aínda que a veces non podas facer o que prometes. O problema de Fisterra é que non hai diñeiro, e competir con outros pobos é difícil. De tódolos xeitos, co gran apoio dunha afección como os Rapacollóns, a veces é mellor quedar na casa a gusto que ir por aí adiante por vinte ou trinta euros.  
  • Fala así de fútbol, e ao seu rapaz non lle deu por seguir a tradición…
É un rapaz da nova xeración, e mira que teño berrado con el na casa os días que chovía e non quería ir adestrar, e eu ía fixera o tempo que fixese. A miña ilusión, realmente, tería sido xogar con el. Manuel, no momento de ser homeaxeado Manuel, no momento de ser homeaxeado Cuestionario a unha lenda: Unha tempada: O 2001/2002, porque tamén morrera meu pai Un campo: Ara Solis Un equipo rival: O Cee, pero ningún en especial Un xogador rival: Piti de Muros Un partido: O que lle ganamos ao Cee a tempada pasada Un gol: Nunca marquei un dun triunfo vital Unha decepción: O ano de Lema, cando deixaron de contar comigo despois de ter feito o equipo, buscado adestrador... Un compañeiro: Sergio Manín Un árbitro: Rama Rama En que lle gustaría ter sido mellor?: Fun como fun, cos meus erros, defectos e virtudes. Disfrutei deste deporte e toda a miña estarei agradecido ao fútbol

Comentarios