Venres. 11.10.2024
El tiempo

Iago Canosa pon o listo moi alto nun prometedor arranque de campaña do Piragüismo Dumbría

Iago Canosa pon o listo moi alto nun prometedor arranque de campaña do Piragüismo Dumbría
Iago Canosa competiu con moitisima madurez

A aceña de Pagade, no rio Coura, na freguesía de Covas, Portugal, acollía un ano máis a Copa Ibérica de Slalom, competición que habitualmente abre a do slalom tanto en Galicia coma en Portugal. Así pois os mellores clubes de ambos lados do Miño estaban presentes dandolle un especial aliciente a esta competición. E como non, alí estaban os bravos do CDM Piragüismo Dumbría.

O río presentaba un excelente caudal, quizais un puntiño alto, e o acondicionamento que se fixo nas marxes fai que falemos dun excelente lugar para ir a entrenar ou organizar competicións a nivel autonómico.

A representanción do CDM Dumbría non era excesivamente numerosa debida a baixas de última hora por motivos lectivos, pero os que acudiron a portugal rendiron a un bó nivel, especialmente Iago Canosa.

Na categoría Infantíl femenina, que abría a competición ainda que sin puntuar, a campeona galega Kiara Martinez non foi moi feliz, con un volco que a deixou fora de competición. Laura Antelo conseguía un traballado cuarto posto na categoría xuvenil, Aarón Elías pasaba sin demasiados apuros ás rondas finais no K1 senior facendo unha muito mellor manga na final que na ronda preliminar, con algunha penalización por toques nos remontes. Marco Oreiro pasaba nas preliminares coma segundo mellor xuvenil no K1, pero pifiaba na súa mellor modalidade, a canoa, perxudicado por un percorrido que beneficiaba ós canoistas zurdos na súa zona máis complicada. Javier Trigo segue na súa evolución, con unhas baixadas non demasiado rápidas pero moi correctas técnicamente.

Pero o protagonista do equipo dumbriés foi Iago Canosa, que no K1 o bordou na ronda preliminar, facendo unha manga impresionante, polo sitio e cun temple digno de palistas moito máis experimentados. Ademais de vencer no K1 cadete masculino, Iago tamén foi segundo na canoa cadete, volvendo a casa con dúas medallas nesta competición internacional.

En definitiva, prometedor arranque de tempada nunca competición máis que digna por parte do CDM Piragüismo Dumbría.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios