Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Igualada na Promoción e emoción na Copa

Igualada na Promoción e emoción na Copa
PROMOCIÓN DE ASCENSO C.F. PORTEÑO 1 - S.D. AMEIXENDA 1 PORTEÑO: Brais, Adrián, Caamaño, Pejo, Manu, Vicente, Jorge, Cousillas, Velo, Rachón e Luis. Tamén xogaron Angel, Wii e Canosa. AMEIXENDA: Papi, Adán, Oca, Bichiño, Bruno, Chucho, Piquero, Susiño, Cristian, Samu e Andrés. Tamén xogaron Castreje, Nes, Pablo e Borja. GOLES: 1-0 33´Cousillas    1-1 66´Cristian Igualdade no primeiro partido na final da promoción de ascenso á liga da costa. Moito público na Grixa. Equipos parexos nos primeiros minutos, estudiando ó rival. O Porteño ten ós 3´ un cabezazo á saída dun córner. Bichiño no 25´cabecea alto tamén nun córner. Cristian tivo dúas boas ocasións pero Brais e a falta de puntería fixeron que non lograra o gol. E nun córner que Papi saca de puños Cousillas empalma unha tremenda volea marcando o 1-0. Gran gol do medio do Porteño. O Ameixenda buscou o gol no segundo tempo. Tivo claras ocasións para logralo: Piquero no 52´, Castreje manda ó pao no 55´, unha falta de Chucho no 57´, gol anulado a Cristian. Brais, o gardameta local estaba a facer un gran partido, pero nun balón longo non calcula ben o despexe e Cristian iguala o encontro. Os últimos minutos ambos equipos preferiron non arriscar en demasía e deixar o desenlace da eliminatoria para o partido de volta en Sampaio de Refoxos.   COPA DA COSTA A Copa da Costa é un torneo diferente por algo. Onte tivemos boa mostra nos partidos da fase previa, que cobraron tintes de emoción sen límites. En Corcubión, a pesar da vantaxe que traían os locais da ida, estiveron a punto de quedar fora ante un Laxe respondón, que buscou a remontada a pesar de verso dous tantos abaixo á media hora. Pero co 2-3 no minuto 60 creían na machada, que afogou un penalti transformado por Lema. Moita tensión nun encontro no que o Laxe acabou con 8 xogadores no campo. En Vimianzo máis do mesmo. O Castrelo igualou a eliminatoria por medio dun tanto de Felix, pero David Pérez puxo o empate no 63´, dando o pase ó Seaia. Aquí tamén varios expulsados, dous por parte local e un por parte visitante. CASTRELO 1 (Felix 38´) – SP. SEAIA 1 (David Pérez 63´) CORCUBIÓN 3 (Samu 27´29´Lema 72´) – LAXE 4 (Jorge 47´52´ Paredes 59´ Santi 90´)

Comentarios