Independiente e Ciclón's do Maio lideran o Campionato de Barrios de Esteiro
Xa están engraxando as carrilanas, pero en Esteiro teñen aínda unha cita semanal clave: o XXXV Campionato de Barrios (si, si, trixésimoquinto...)
Superada unha terceira parte da fase preliminar do campionato de fútbol de Esteiro, o equipo Independiente de Uhía lidera a clasificación empatado a seis puntos co Ciclón’s do Maio. Estes dous equipos suman os seus partidos con sendas vitorias.
Os outros dous equipos que, neste momento, lograrían virtualmente o pase ás semifinais do campionato serían o Canchester de Creo con catro puntos. E o Carallo Santo que onte logrou a súa primeira victoria contra a Abelleira, superando neste partido un auténtico «match ball» para o equipo de Solleiros que viña de sufrir dúas derrotas.
Seguen na clasificación, e quedarían fóra da fase decisiva do campionato, Abelleira con tres puntos, Tal con un punto. E a "Cuchara de madeira" sería para o Praias de Raimundes.
Vindeira xornada
A vindeira fin de semana disputarase a quinta xornada do campionato. O sábado 23 ás sete da tarde Independiente-Carallo Santo e o domingo 24 á mesma hora Abelleira-Ciclón's.
Novas relacionadas
- Esteiro espera 20.000 persoas para o XXV Gran Premio das Carrilanas.
- Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís.
- Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta.
- Outes tamén ten cita co F7.