Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Javi "Pelos", unha baixa sensible para o Muros

Javi "Pelos", unha baixa sensible para o Muros
Pasa por ser un dos mellores xogadores da 3ª Galicia, o ano pasado competiu no At.Riveira e este ano uniuse ó proxecto de Bibi na volta do Muros ó fútbol costeiro. No encontro do domingo un golpe no pe fixo que se lesionara nun dedo, en principio parecía mais grave, pero parece ser que vai a quedar en menos. Javier García Ferreiro, ou "Pelos", como se lle coñece no mundo futbolístico, cóntanos como foi a cousa. QPC - Como foi a lesión? A verdade cando vin o dedo asusteime moito,pensei que rompera o dedo e que seria unha lesión mais dura,pero por sorte so rompín os ligamentos do dedo así que nun mes/mes e medio espero estar de volta!! Foi nun despexe de balón e déronme coa plantilla no pé e xa notei como se me saía o dedo no momento. Pero en menos de dous meses espero estar listo e de volta. QPC - Que tal a volta do Muros ó fútbol costeiro? Pois a verdade moi moi ben, temos unha defensa moi forte, moi dura e moi seria, estamos todos moi ilusionados e ahora parece que empezamos a marcar goles que era o que mais falta nos facía!! Esto pinta ben, pero bueno ainda acabou de empezar coma quen di. QPC - Plantexádesvos o ascenso como obxectivo? Estar entre os 6 primeiros para poder xogar, mínimo,a fase de ascenso, é a nosa meta. Pero a ansia que temos como equipo é sempre mirar ao mais alto, pero partido a partido. QPC - Como se recibiu no pobo a volta á competición do histórico Muros? Ao principio a xente pensaba que "iamos de chiste", que non chegaríamos nin a navidade, pero bueno, como van indo os resultados parece outra cousa! E sinceramente eu vexo a xente moi ilusionada no pobo muradán. Tamén quería deixar en acta, e agradecer o esforzo da directiva que se meteu moi a fondo para que se poidera facer o equipo e ivertiron moito tempo e moita ilusión para que se poidera facer o equipo, e en especial ó mister Bibi, que todos sabemos que sin el esto non sería o mesmo. Solo el nos sabe levar polo bo camiño, está facendo dun grupo de chavales novatos e dificiles de levar, un equipo competitivo. Gracias de verdade a Manoliño, Venencia, Rebollido, Cristian e Bibi. Como equipo vamos tentar de darlles o premio que merecen. QPC - Supoño que a rivalidade cos Volantes será forte. É moi moi alta a verdade! "Non é o derbi do muros que digamos" pero nótase moita tensión no tema Muros Volantes - Volantes Muros! QPC - Que tal foi a experiencia en Riveira o ano pasado? Pois unha experiencia moi bonita a verdade! Disfrutei moito e tiven uns compañeiros increíbles!! Desde xogadores hasta entrenador e directiva!! De feito,a miña idea era seguir ali este ano, pero cando me enterei que volvía o Muros non puiden decir que non o meu equipo de toda a vida!! O corazón nestes casos,tira moito. QPC - Por que estás en 3ª podendo estar mais arriba? Porque me encanta xogar no Muros, en Muros e cos meus amigos de toda a vida. Tampouco creo que teña tanto nivel, non sei.... O único que quero agora é recuperarme canto antes e poder estar de novo cos meus compañeiros QPC - Como ves a liga este ano? quen son os equipos que mais che gustan? Vexo unha liga moi igualada, que penso que ata as ultimas xornadas non se vai a saber quen vai ascender directo, quen irá a fase de ascenso e quen se quedará fora.... Favoritos sinceramente non vin a nadie, porque cada partido é un mundo!! Pero o que mellor vin xogar ao futbol foi ao Ameixenda, no seu campo, o resto cos que xogamos,equipos moi duros, pero non vexo a nadie superior a nos sinceramente!! Móllome cun favorito,e digo o C.D.MUROS.

Comentarios