mércores. 26.03.2025
El tiempo

La vie en rose

A vitoria do Baio ante o Mazaricos reforza o dualidade Corme-Baio no mando da Liga da Costa e apreta aínda máis o tráfico de alternativas entre San Lorenzo, Ponteceso e os amarelos; por arriba, o triunfo do Outes foi unha nova celebrada ata en Segunda Galega O Cee domina a liga de ascenso Xuvenil - Foto: Sergio Cambeiro Nunha fin de semana marcada polas intradecisiones políticas (dedazos aparte), o que parecían unhas primarias para presentar alternativa de poder na Liga da Costa non defraudou para nada. Baio e Mazaricos xogaron a modo de final no Platas Reinoso, con resultado de continuidade na cabeza para os locais e atasco extremo no podio ligueiro. San Lorenzo, Mazaricos e Ponteceso transitan a dous partidos da promoción de cabeza (cinco puntos no caso dos carballeses) e dan a sensación de ameaza en caso de debilidade. Vengativo foi o resultado dos da Vila de Pondal, que devolveron os sete goles que lles marcara o Camariñas na primeira volta no Hermanas Patiño. O factor competicional empeza a marcar a diferencia nalgúns choques. Tampouco houbo piedade do San Lorenzo cun Buño que parecía terlle tomada a medida recentemente, pero que comprobou o estado de forma verdillés. Pola permanencia os veciños Corcubión e Cee seguen sen parecer fiables e empeñados nunha complicación que podería pasar á historia por inédita. Das ligas 'nobres' houbo novas de tódalas cores. O momento 'Mago de oz' ou país das marabillas do Xallas esfumouse coa segunda derrota consecutiva, esta vez na casa ante o Arzúa. Os combeses teñen mercado un billete á tranquildade hai tempo e agora poden pasar á 'zona de tránsito' dunha táboa axustada. Nese punto de calma está un Sofán que venceu con solvencia na casa, onde é forte. e desexaría estar tamén un preocupante Soneira, goleado en Betanzos e con síntomas para preocupar. Outra xeira que quebrou foi a do Dumbría, con licencia de sobra para permitirse eses despistes, e que caeu en Piloño nun deses días tontos do ano. Pero a gran actuación esta vez foi a dun Outes que tiña que vencer si ou si na casa ao Esclavitud, e o fixo. Un punto, cun partido menos, separa xa aos de Cambeiro da salvación, algo celebrado tamén na mesma loita pero en Segunda. E nesas anda un Zas que non pudo co segundo, o Agolada. O Fisterra, pola súa banda, pasa por ser case o mellor visitante da competición, e vai camiño dunha posición na táboa que marcaría o seu mellor nivel en dúas décadas. Saltou a sorpresa nunha Terceira de locos co Seaia, e maldita para o líder Muxía cada vez que se enfronta ao Nantón. Os cabaneses parecen terlle a medida tomada ao cadro da Vila da Barca, que ve polo retrovisor ao Ameixenda. E van xa catro xornadas na Liga de Ascenso Xuvenil, previa á loita por chegar a Liga Galega, co Cee dominando tras superar ao Coristanco na casa. A igualdade na competición é a nota dominante, cunha marxe de tres puntos entre os de cabeza. O Pedreiras acosa e o Ponteceso, cun partido menos, pode poñerse a dous puntos  

PreferenteNorte, xornada 24

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 22

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 22

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 21

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 17

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 21

LigaGalega Cadete, xornada 21

1ªCadete, xornada 18

LigaGalega Infantil, xornada 20

1ªInfantil, xornada 20

LigaAlevínSur, xornada 16

LigaBenxamínSur, xornada 16

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios