Laxe acende o motor para a V Festa Motera

11:10 07/07/11

Estes días coñeceremos como se vai cocendo a Motofesta en Ponteceso. Pero antes, aparcamos a nosa moto en Laxe, onde estes venres 15 e sábado 16 de xullo se celebrará a V Festa Motera de Laxe, organizada polo Motoclube de Laxe.
A concentración comezará o venres 14 de xullo ás 19:00h cunha sardiñada e un concerto dos locais Abbey Road, que están triunfando por toda a bisbarra. A xente poderá quedar durmir no polideportivo de balde.
Para o sábado 16, a inscrición estará aberta todo o día, hai ruta turística con ofrenda aos moteiros desaparecidos, churrascada e noite de concertos.
Novas relacionadas
- Motofesta Invernal Ponteceso 2011: Ruxíu Ponteceso.
- Unha viaxe en vídeo e a dúas rodas pola Motofesta de Ponteceso.
- As imaxes da Motofesta Ponteceso 2009.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).