Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Ledicia na presentación da Peña Deportivista Bar Pérez

Ledicia na presentación da Peña Deportivista Bar Pérez
A pasada semana a vila de Laxe acolleu a presentación dunha nova peña deportivista con sede na rúa Villa Amparo do termo municipal laxense. Desprazáronse ata o evento varios dos representantes máis coñecidos do Deportivo e do deportivismo. Alí estiveron Pachi Dopico, Vicepresidente da entidade branquiazul, Miguel Otero, Presidente da Federación de Peñas, e o xogador Laure. Foron máis de cen persoas as que se achegaron para bautizar o novo punto de encontro do deportivismo en Laxe. Dopico agradeceu en nome de  Augusto César Lendoiro a creación desta nova familia e fixo balance da tempada do ascenso e do que vai dar de si a nova campaña, facendo especial fincapé no apoio amosado por parte da afección. Por outra banda, Miguel Otero tamén agradeceu o xesto ante unha familia deportivista en crecemento. Ademáis comentou ante a nova directiva as grandes responsabilidades que supón un proxecto deste tipo. O acto pechou cunha merenda a base de churrasco e chourizo criollo a moreas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios