Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Leo, goleador de profesión

Leo, goleador de profesión
Meteu goles de todas as formas e cores posibles. Leoncio Picallo, Leo, cunha amplia traxectoria ás súas costas, segue a facer bicar as redes ós balóns que toca, aínda no Unión Club Cee, o equipo da súa vida, ó que está intentando salvar do desastre dun posible descenso a 3ª. Xogador exemplar, según palabras de todos os que o tiveron baixo as súas ordes ou de compañeiro, Leo segue a dar leccións de dedicación e profesionalidade nun fútbol amateur no que a veces atopamos pouco xogador de verdade e moito futbolista de pose de salón. El é dos de raza, dos de antes, coñece a profesión e exércea como ninguén. O domingo un gol seu derrotou ó Cerqueda nun encontro vital para os de Cee, que están nunha situación moi delicada, e necesitan ganar partidos para evitar a catástrofe. Dez goles levan o seu selo ata o de agora, pero faranlle falla ó Cee algúns máis para lograr o obxectivo. Leo, un de Corcubión axudando ó Cee a sobrevivir QPC - Once partidos de titular e dez tantos anotados. Estás como nas túas mellores épocas, non? Non, nin moito menos, os anos non pasan en balde, agora xa costa máis correr detrás do balón. QPC - Que lle está a pasar ó Cee para estar nesta situación na clasificación a estas alturas? Pois a realidade é que ó mellor tampouco hai máis equipo, isa é a verdade. QPC - Ti como te atopas a nivel persoal? Pois bastante ben, aínda que non poder adestrar me condiciona moito. QPC - A alguén coma ti, que viviu épocas gloriosas do Cee, non lle entristece algo a situación actual do club? Entristéceme moitísimo, de feito sería para min o peor momento deportivo da miña vida se teño que ver ó Cee na 3ª Galega QPC - Por que cres que hai tan pouca resposta na masa social? Pois non o sei, pero está claro que se a masa social ceense e as institucións seguen dándolle a espalda, o único que lle espera o club é a desaparición O Cee está a pasar por momentos de renovación QPC - Ves ó equipo con capacidade para saír dos postos de perigo? Claro que si, confío en que entre todos seamos capaces de sacar os puntos necesarios para poder seguir na Liga da Costa. QPC - Onde está a clave para facelo? Ganar partidos, non hay outra forma, ganar faiche coller moral para o seguinte partido. QPC - Como estás a ver a 2ª Galega este ano no grupo costeiro? Mais ou menos como esperaba, calquera pode ganar a calquera, e a partir de agora é onde se van a cocer as fabas tanto por enriba como por abaixo. QPC - Un home de fútbol coma ti, que opinión ten da actual situación do fútbol da costa? Vexo moi ben as categorías de base, con xente preparada para poder guiar os rapaces a ser mellores en todas as facetas, tanto futbolísticas como na propia vida en xeral, ogallá se vexa recompensado ese traballo dentro duns anos con xogadores en categorías superiores.

Comentarios