Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Liga da Costa: 1.500 goles para chegar a este punto

Liga da Costa: 1.500 goles para chegar a este punto
O Baio, que asinou ese número máxico de dianas na súa historia na competición, aproveitou a perda da virxinidade cormelán no que a derrotas se refire; caeu da loita o Ponteceso, derrotado en Cee MC, que leva xa 31 goles, asinou o cuarto en Baio - Foto: Edu Olveira Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Mazaricos 3-1 Cerqueda Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Miguel, Xabi (Tuco m.80), Estéfano, Martín, Matías, Pereiro, David, Manuel Luis (Esteban m.62), Chenel (Raúl m.85), Molinos (Oreiro m.55) e Brais (Ricardo m.58) Cerqueda: Richard, David Velo (Landeira m.46), Uru , Athu , Javi Pazos, Dani, Míichel, Lorenzo, Méndez, Eloy e Iván (Sergio m.76) Árbitro: García Gómez (A Coruña). Expulsou a Diego Dourado (m.59) do Cerqueda. Amonestou a Esteban e Pereiro do Mazaricos; Landeira e Méndez do Cerqueda Goles: 0-1 m.43 Méndez; 1-1 m.49 Martín; 2-1 m.60 David; 3-1 m.73 Xabi Custoulle ao Mazaricos superar ao Cerqueda - Foto: UD Cerqueda Duro de roer Foi un rival incómodo o Cerqueda en Mazaricos, onde durante moitos minutos puxo en perigo a candidatura ao título dos de Néstor Romero. Os visitantes, que acabaron moi enfadados coa labor arbitral, prantexaron un cara a cara na primeira metade con resultado de cita igualadísima, sin demasiada presencia nas áreas e moita intensidade na medular. Habería sorpresa antes de chegar ao intermedio, ao marcar Méndez nunha indecisión entre a zaga e porteiro, ao que superou cun sutil toque por enriba. Marcado pola necesidade, saiu moi forte o Mazaricos no segundo acto, e moi cedo consegiu igualar, ao rematar Martín un córner ao primeiro pau. Como se nada sucedera, mantivo o ritmo o cadro amarela, e poouco despois un disparo raso de David compretaría a remontada. Acabou expulsado o extécnico local Raúl Periscal, debido ás protestas, ao igual que o meta do banco, Diego Dourado. Un remate de cabeza de Xabi pecharía o marcador e un choque no que tivo que poñer todo sobre o campo o Mazaricos para vencer.   Porteño 4-1 Laxe Porteño e Laxe na Grixca-Foto-Porteño Campo: A Grixa Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Piti, Jorgito (Wii m.63), Quilmes (Pereira m.75), Marcos, Jorge (Manu m.72), Isma, Manuel, Roi e Cachi (Rodri m.60) Laxe: Jacobo, Pedro (Javi m.63), Jacinto, Bras, Aarón (Bieito m.67), Pablo, Simón (Saleta m.49), Miguel Varela (Zúrich m.58), Rafa (Felipe m.51), Aless e Carrabete Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Expulsou a Saleta, do Laxe (m.76) Amonestou a Quilmes do Porteño; Jacobo, Manu, Fuentes, Jacinto, do Laxe Goles: 1-0 m.8 Piti, de penalti; 1-1 m.23 Aless; 2-1 m.28 Quilmes; 3-1 m.58 Pejo; 4-1 m.64 Isma O partido que tiña que levar Condición sine qua non era para o Porteño superar ao colista Laxe, e manter así vivas tódalas opcións de permanencia. Pola súa banda, os bergantiñáns empezan ter en chino a chave de supervivencia, con dous partidos de desvantaxe respecto á zona de calma. Foi trabada, con pouco fútbol e intercambio de golpes unha primeira metade que rachou moi cedo, debido ao penalti convertido por Piti. Non tardou demasiado en respostar o Laxe, tras un grave erro de Pejo, que perdeu o balón sendo o último home. Non lle deu tempo a reaccionar a Jimmy do Cairo, e Aless fusilou a pracer. A cita significaba tamén a recuperación do timonel por parte de Quilmes, e vaia se se notou. O hosteleiro vimiancés fixo o segundo tras un mal despexe de Jacobo, pouco antes do descanso, o que foi fundamental para o prantexamento do segundo acto. Tampouco tivo demasiada fortuna o equipo visitante, que nada máis voltar de vestiarios estrelouse dúas veces na madeira. Iso, unido ao terceiro nun zurdazo de Pejo, acaban coa moral do máis optimista. Ismael, cun bo remate, asegurou tres puntos importantísimos na carreira porteñista. [fbvideo link="https://www.facebook.com/porteno.cf/videos/1361605960570875/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]   Corcubión 2-2 Baíñas Campo: Cubaleiro Corcubión: Abe, Mario, Alan, Lojo (Nes m.68), Antón Lestón (Gabi m.56), Lema, Toja (Tito m.59), Samu, Adrián, Pablo e Roi (Mario Atán m.78) Baíñas: Maikel, Cristian (Damián m.77), Chento, Eloy García, Héctor, Oreiro (Roly m.62), Víctor, Esteban (Canay m.5), Felipe (Samuel m.44), David Blanco e Pablo Muíño Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Alan, Pablo do Corcubión, unha vez finalizado o encontro. Amonestou a Antón Lestón, Lojo, Mario, Gabi, Roi do Corcubión; Damián e Chento do Baíñas Goles: 1-0 m.26 Roi; 1-1 m.58 Pablo Muíño; 2-1 m.76 Tito; 2-2 m.90 David Blanco Polémico final da final Igualaron os rivais directos Corcubión e Baíñas, nunha cita na que os locais tocaron coa punta dos dedos un triunfo que lles houbera dado alas na outra liga, na de cotinuar o vindeiro ano en Segunda. A polémica final polo gol da primeira igualada vimiancesa levou ademáis a peaxe en forma de expulsións de dous titulares locais, outro hándicap na carreira de resistencia. Consciente do que había en xogo, a UD saíu tremendamente intensa e imprimíndolle un alto ritmo ao encontro. Non houbo sinais da versión dun Baíñas que chegaba como un dos equipos máis en forma da competición. O nivel de oportunidades foi reducido nos dous casos, e só acertaría de cara a gol o Corcubión, nun pase 'valeroniano' de Antón Lestón para Roi, que definiu con solvencia ante Maikel. O factor eólico tamén sorriu neste tempo aos locais, que apenas sufriron en defensa. Iniciou como un calco a segunda metade, cos corcubioneses tratando de poñer terra de por medio, e era a zaga visitante a que sacaba baixo paus un remate. Era, por outra banda, o pouco agardado prólogo da igualada de Pablo Muíño, que recolleu un rexeite da barreira nunha falta para marcar en posición tremendamente protestada. Nin a polémica tumbou á UD, que segiu apretando e que anotou o segundo tras un rexeite de Maikel aproveitado por Tito. Só o pau e o longeuro evitaron o terceiro pouco despois nun partido no que a actitude non lle bastou ao Corcubión. Co tempo cumprido, e tras un disparo de Pablo Muíño, David Blanco recollía unha segunda xogada para igualar.   Corme 1-2 San Lorenzo O San Lorenzo conquistou Corme - Foto: Fin Lema Campo: O Cairo Corme: Josiño, Alejandro, Dani (Jesús m.46), Pandi, Toniño, Eloy, Diego (Sergio m.21), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral San Lorenzo: Javi Souto, Samuel, Juanjo, Rudi, Adrián Varela, Pablo, Álex Taibo, Parafita, Juni (Dani Rey m.93), Fuentefría (Diego Varela m.75) e Kevin Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Adrián Varela (m.60), Rubén Varela (m.62) e Puyol (m.62) do San Lorenzo. Amonestou a Toniño e Sergio do Corme; Kevin, Fuentefría, Javi Souto, Álex Taibo e Juni do San Lorenzo Goles: 0-1 m.27 Parafita; 1-1 m.39 Alejo, de penalti; 1-2 m.42 Fuentefría A Liga patas arriba Quédase curto o termo épico para definir o triunfo dun San Lorenzo que revolucionou a Liga da Costa co seu triunfo en Corme. Xusto sete días despois dunha mala tarde na casa ante o Cee, e coas opcións de título cerca do concepto remotas, o equipo carballés reinventouse e venceu en inferioridade numérica ao virxe de derrotas e líder da competición. Foi con merecemento e despois dunha mañá case perfecta. O espectáculo resultou unha delicia para o espectador neutral, con dous equipos mimando a bola e renunciando a dañala con balóns longos. A producción ofensiva estivo por debaixo da calidade da cita, aínda que habería tempo para o intercambio de golpes. Parafita aproveitou unha indecisión dos centrais cormeláns para fusilar e adiantar aos seus. A vantaxe a neutralizaría de penalti, clara a acción, o goleador Alejo. Os cinco minutos previos ao intermedio resultaron decisivos para o devenir da cita. Adrián Doldán marrou en posición franca o que tería sido o gol da remontada, e case na réplica o efecto foi dobre, despois de que Juni realizase unha gran acción por banda e cedese para que Fuentefría fixese o segundo a pracer. Toleou a cita, e o colexiado, nunha reanudación en forma de ofensiva cormelán, e resistencia valiente dos verdilleses. Ata tres futbolistas, mais o delegado, do San Lorenzo acabaron expulsados nunha xogada que pode ser fundamental no desenlace ligueiro. Un penalti sinalado sobre Alejo foi trmeendamente protestado por toda a expedición verdillesa. Javi Souto, que xa detivera un recentemente, gañoulle a partida na execución ao infalible cormelán, e con elo deulle un novo panorama á competición.   Unión Club Cee 2-1 Ponteceso Sorprendeu o Cee ao Ponteceso - Foto: SD Ponteceso Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Aitor, Chema, Esteban, Martín (Carlos Leis m.82), Noé (Uri m.68), Leo (Isma m.61), Juan Bello (Javi m.78) e Carlos (Andrés Trillo m.80) Ponteceso: Brais, Ismail, Matias, Dani Cotelo, Charly, Baba, Recarey, Nando (Xurxo min.84), Luca (Iván Rodriguez min.50), Aday e Yago Árbitro: Vázquez Penas (A Coruña). Amonestou a Jorgito e Juan Bello do Unión Club Cee Goles: 0-1 m.65 Aitor, en propia meta; 1-1 m.70 Juan Bello; 2-1 m.82 Javi Aday, canteirán do Ponteceso, dolorido tras un golpe - Foto: SD Ponteceso Adeus a un candidato e premio a un con fe Deixouse as súas opcións de título ligueiro o Ponteceso na súa visita a Cee. Non era habitual nin o 'mañaneo' de domingo nin unha convocatoria marcada polas baixas nas dúas formacións. O encontro tamén era unha proba máis na carreira hacia a permanencia dun Unión Club Cee que vai a máis. Deixaron grata impresións os canteiráns visitantes nunha primeira metade na que tocaron con criterio a bola. Toda a producción ofensiva da primeira metade redúxose a un gol anulado ao Unión e a un gran disparo de Baba salvado por Paulo. Repetiríase o guión no segundo tempo, no que o marcador abriríase a falta de vinte minutos, tras unha falta executada por Alberto Recarey que Aitor introduxo na súa propia portería. Non tivo sorte o de Estorde, un dos líderes do equipo. En medio de tanto 'acné' ganou importancia un que podería ser o pai da maioría. Juan Bello reaccionou cinco minutos despois para igualar por enriba de Brais. Buscaron o gol os dous equipos, e a fortuna sorriulle a Javi, a falta de oito minutos para o final. O árbitro aínda lle anularía un tanto por fóra de xogo aos visitantes.   Coristanco 2-6 Malpica Campo: A Rocheira Coristanco: Brais, Álex, Gustavo (Villajos m.55), Javi, Pazos (Cristian m.81), Iván, Jorge (Añón m.65), Damián, Samu, Marcos Corral (Álvaro m.76) e Rubén Malpica: Brais, Cristian (Lolo m.83), Alberto (Pensado m.46), Mario, Leilán, Laye, Ismael, Iván, Eloy, Brais Lado (Álex Márquez m.70) e Cololo (Casáis m.80) Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Goles: 1-0 m.5 Jorge; 1-1 m.25 Cololo; 2-1 m.31 Marcos Corral; 2-2 m.44 Iván; 2-3 m.50 Cololo; 2-4 m.57 Iván; 2-5 m.58 Eloy Cabeza; 2-6 m.76 Álex Márquez Set en pista dura Sorpresón do Malpica en Coristanco por diversos motivos: pola dificultade de conquistar A Rocheira, polo antecedente dun equipo local que viña de arrollar ao Ponteceso no Pinguel e polas baixas dos de Repi, que teñen incrementado notablemente o rendemento nas últimas semanas. A pesares do resultado amplo, a primeira metade foi igualada e con alternativas para os dous conxuntos. De feito, ata en dúas ocasións os pataqueiros puxéronse por diante. Desde a chegada do actual técnico un dos factores de mellora dos malpicáns pasa pola competitividade e o aproveitamento da experiencia. Moveuse como pez no auga, a pesares de que o terreo non lle axudaba, un Cololo executor e tamén canalizador do fútbol ofensivo dos seus. O tanto da tarde, e o que variou a dinámica do encontro chegou nada máis comezar a segunda metade, nunha gran acción de Brais por banda, con centro e remate cruzado de exterior do do Castrillón coruñés. Foi un paseo para o Malpica unha reanudación na que só os paus evitaron un resultado máis escandaloso.   Monte Louro 0-4 Baio MC, no partido de onte - Foto: Edu Olveira Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Fer, Pablo (Joaquín m.68), César, Gelo (Juan m.57), Pedro, Adri, Miguel, Dani de Sahorta (Gabriel m.57), Riki, Raúl (Jose Ángel m.73) e Geiko (Cris m.82) Baio: Diego (Recarey m.82), Isaac, Yago, Norberto, Luis, Martin (Fredi m.83), Fachal, Bieito, Rubio (Ramón m.79), Moreno e Martín MC Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña). Goles: 0-1 m.40 Yago; 0-2 m.48 Luis Alvite; 0-3 m.62 Rubio; 0-4 m.85 MC, de penalti Gol do Baio en Louro-Foto-Santi SoneiraGol do Baio en Louro-Foto-Santi SoneiraGol do Baio en Louro-Foto-Santi Soneira Celebrando un Gol do Baio en Louro-Foto-Santi Soneira O novo dominador Non lle temblou o pulso ao Club Deportivo Baio na súa visita a Louro, onde xa era consciente do pinchazo do Corme, e de que un triunfo lle convertía en novo líder da competición. Enfrente tiña a un rival que ten os deberes prácticamente feitos na loita pola salvación, e que está a disfrutar no seu retorno á categoría. Foi igualada e con alternativas unha primeira metade na que Geiko e Migel tiveron as opcións máis claras dos muradáns, ademáis dun Riki que viu como lle pitaban falta cando encaraba ao porteiro, tras un caída dun central. Desequilibrou o visitante Yago, de cabeza e a dous minutos do intermedio, como remate dunha pelota parada. Ese gol, unido ao madrugador de Luis nada máis reanudarse o choque, mataron calquera posibilidade de sorpresa. O ex do Cee, Dumbría e Sporting Zas atopou portería nun centro chut que sorprendeu a Fernando. Para a historia queda o tanto da tarde, obra de Rubio tras combinar con MC, que significaba o 1.500 na historia do Baio na Liga da Costa. O cuarto, de penalti, serviu para que MC asinase a muesca número trinta e un do seu mazo.
  Buño 1-3 Camariñas Campo: Xaviña Buño: Toni, Jordan (Dimitri m.63), Canedo (Varela m.5), Mario, Eloy, Jorge Calvete, Alexander, Dani Calvete, Richard (Juan Antelo m.65), Emilio e Adrián (Fran m.75) Camariñas: Pablo, Gabri, Sergi, Maikol, Moriño, De la Sierra (Joseba m.82), Yuyo, Javi Antelo (Kevin m.28), Brais (David m.70), Luigi e Maikel Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Eloy (m.69) e Mario (m.77) do Buño. Amonestou a Alexander, Fran e Dimitri do Buño Goles: 1-0 m.50 Richard; 1-1 m.65 Sergi; 1-2 m.68 De la Sierra; 1-3 m.76 Yuyo Un novo Camariñas Pechou o ciclo dos horrores o Camariñas cun triunfo que alonxa pantasmas. Foi ante o que xa era un rival directo como o Buño, sumido en graves problemas clasificatorios e que non acaba de atopar a fórmula. Non houbo demasiado fútbol na primeira metade, con nervios por doquier e unha búsqueda demasiado directa das vías de penetración. Debutou nos palilleiros o ex do Cee, Carnota, Soneira e San Lorenzo Luigi, que exerceu de veterano xunto a Moriño e De la Sierra (Sub 28). Comezou con premio para a insistencia nas segundas xogadas unha reanudación chea de incidencias. Richard rematou e puxo en vantaxe aos seus. Un pase de Moriño a Sergi, con remate de media volea do canteirán camariñán serviu para a igualada, mentres que o pouco prolífico ofensivamente De la Sierra asinou o segundo pouco despois, tras unha asistencia de Yuyo. Acabaron con nove os locais, moi enfadados coa labor arbitral, e que xa non puderon facer nada trala sentencia de Yuyo.   Castriz 0-4 Esteirana Campo: San Pedro Castriz: David, Rubén, Álex, Carlos, Chinda, Matías (Kevin m.65), Steven (Pablo m.60), Martín (Balsa m.55), Iván, Sebas e Roberto Esteirana: Ponte, David Pais, Tobío (Serrano m.72), Dani Rama, Simón, Álex, Josiño, Xián (Campos m.67), Jaime (Pachín m.84), Josiño e Pablo (Iker m.80) Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Chinda (m.50) do Castriz. Amonestou a Álex e Adrián do Castriz; Pablo Rama da Esteirana Goles: 0-1 m.5 Josiño; 0-2 m.32 Josiño; 0-3 m.65 Jaime; 0-4 m.67 Josiño Josiño amosa o camiño Unha espectacular actuación de Josiño guiou á Esteirana na conquista de San Pedro, feudo habitualmente moi difícil e que nesta ocasión deixou en evidencia a diferencia de necesidades dos dous conxuntos. Metidísimos, os visitantes comezaron coa vantaxe case desde o pitido inicial. Dani Rama meteu un balón ás costas da defensa xalleira e o ex do Noia Josiño resolveu con clase. Só nunha oportunidade, iso si de forma sobresaínte, tivo que actuar o meta esteirán Ponte, que sacou unha man prodixiosa a balón parado. Tiña Xián o segundo, pero o balón marchou por enriba do longueiro. Si acertaría de novo Josiño, esta vez ao finalizar unha contra levada á perfección polos seus compañeiros. A madrugadora expulsión de Chinda na reanudación fixo que o Castriz baixase definitivamente os brazos. Só quedaba tempo para que Jaime atopase o terceiro tras un rexeite a tiro de Josiño, e para que o punta, de vaselina, compretase o seu hat trick.

Comentarios