Liga da Costa: Da gran coalición ao triunvirato

03:41 24/10/16
Caeu un dos catro líderes da competición, o San Lorenzo, que sufriu na casa a sorpresa da xornada a cargo do Coristanco; Corme, Baio e o sorprendente Cerqueda si aguantaron o tirón
Todo é ledicia últimamente no Camariñas - Foto: Camariñas FC
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Esteirana 1-3 Camariñas
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Tobío (Eloy Campos m.55), Eloy, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Codesido, Jaime, Simón e Damián Suizo
Camariñas: Álvaro, Moriño, Sergi, Kevin, David (Nico m.81), Yuyo, Javi, Brandon (Nazo m.46), Soule, Maikel e Gabi
Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amones
Goles: 0-1 m.3 Antelo; 1-1 m.12 Álex; 1-2 m.22 Brandon; 1·3 m.38 Brandon
As alturas non lle dan 'yuyo'
Xa non só de sorpresas vive un Camariñas que en Esteiro exerceu de equipo grande e sacou adiante un duro partido. No que era un cruce entre dous dos conxuntos máis xoves da liga, os azuis dominaron. Foi un ritmo frenético de saída, co que os palilleiros son letais. Nada máis comezar Javi aproveitou un pase en profundidade dun Yuyo onte maxistral para facer o primeiro, aínda que un erro defensivo non tardaría en empañar esa acción. Álex resolveu tras un pase atrás para igualar. Tentou sorprender a Esteirana buscándolle as costas á zaga camariñán con balóns frontais, pero precisamente baixo esa receta chegaría o 1-2. Yuyo atopou un pase longo, encarou a Roberto e cedeu para que Brandon empurrase a pracer. Por segunda vez sucedería exactamente o mesmo para o 1-3 antes do intermedio. Correu menos riscos o Camariñas nunha segunda metade dominada pola Esteirana e coa verticalidade de Nazo coma ameaza azulona á contra. O ex do Soneira tivo dúas, pero chocou coa zaga esteirán.
Momento no que Javi Antelo prepara o primeiro gol camariñán - Foto: Camariñas FC
Yuyo, protagonista onte - Foto: Camariñas FC
Ponteceso 3-0 Monte Louro
11 do Ponteceso ante o Louro-Foto-SD
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Brais, Cotelo (Baba m.46), Matías, Nando (Gurita m.86), Dieguito (Adrián m.88), Charro (Martín Puente m.62), Javi Peón, Youssef, Mendieta, Mara e Charly.
11 do Montelouro no Pinguel-Foto-SD
Monte Louro: Iago, Abel, Borja (Cristian m.80), Manolo Chouza, Jose Antonio, Yeray, Raúl, Adrián (Canelo m.51), Geiko (Axel m.72), Riki e David (Gabri m.60)
Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña).
Goles: 1-0 m.45 Javi Peón; 2-0 m.65 Mara; 3-0 m.90 Adrián
Ponteceso-Montelouro-Foto-SD
Ponteceso-Montelouro-Foto-Edu Olveira
Susto e goleada
Dous balóns estrelou nos postes (un deles tras un libre indirecto) o Monte Louro contra un sorprendido Ponteceso, que aínda que controlou a gran maioría do tempo a piques estiivo de ter que nadar a contracorrente. Foi chave o tanto de Javi Peón, á saída dun córner, uns intres antes de que o árbitro sinalizase o intermedio. Coa nova realidade e toda a segunda parte por diante fíxoselle moi costa arriba aos muradáns, erráticos na saída de balón e ante a presión pontecesán. Decidiu o marcador Mara, ao rematar no segundo pau un centro de Martín Puente. Sobrao a case media hora final para todos salvo para Adrián, que atoparía o camiño do gol tras unha parede no área e remate libre de marca.
Ponteceso-Montelouro-Foto-SD
Baíñas 1-1 Unión Club Cee
Campo: San Paio de Refoxos
Baíñas: Maikel, Iván (Damián m.65), Eloy, Braulio, Esteban, Jose Antonio, Cristian, David Blanco (Oreiro m.46), Víctor, Pablo Riveiro e Felipe (Héctor m.70)
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Jose, Esteban (Gabri m.62), Martín, Carlos Leis, Leo, Juan Bello (Jon m.78) e Castiñeira (Penedo m.72)
Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Felipe, Braulio, Jose Antonio, Esteban e Eloy do Baíñas; Carllos Leis, Juan Bello e Nico do Unión Club Cee
Goles: 0-1 m.60 Martín; 1-1 m.84 Braulio
Eterno termo medio
Non acaban de coller fondo Baíñas e Unión Club Cee, que igualaron nun partido con oportunidades, e que finalmente acabaría resolvendo para táboas unha acción a balón parado. Xa pecara de falta de puntería o conxunto unionista a semana pasada, e algo así volveron lamentar os Leo, Juan e compañía. Foron dous esta vez os balóns que golpearon na madeira vimiancesa. Iso si, o primeiro golpe o pegaría o Cee, tras unha serie de rexeites no área nos que Martín apareceu como o máis listo e empurrou ao fondo da portería. Saboreaban os tres puntos os visitantes ata que unha falta colgada foi peinada polo intumbable Braulio para selar unha igualada que non lle vale para demasiado a ningún dos dous.
Laxe 2-6 Corme
Fermosa estampa no Cabo da Area captada por Victor de Mira
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Jacobo, Naya, Saleta, Manu, Aarón, Bras, Gora, Borja (Santi m.77), Álex Trigo, Simón (Bieito m.65) e Zúrich (Cristian m.71)
Corme: Susiño, Jesús, Dani, Pandi, Sergio (Adrán Doldán m.46), Eloy, Martín (Diego m.46), Alejandro, Alejo, Lucas e Toniño (Brais m.71)
Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Amonestou a Gora, Álex Trigo e Naya do Laxe; Alejo do Corme
Goles: 0-1 m.10 Toniño; 0-2 m.24 Eloy; 0-3 m.44 Alejo; 1-3 m.53 Saleta; 2-3 m.56 Álex Trigo; 2-4 m.69 Alejo; 2-5 m.82 Alejo; 2-6 m.90 Diego
Huracán con interludio de suspense
Non tivo contemplacións nin a falta de puntería de hai unhas semanas o Corme na casa do Laxe. A confrontación norteña tivo clara cor visitante, especialmente nunha primeira metade na que pareceu quedar todo resolto. Tres accións colectivas incontestables, e un dominio do xogo claro eran argumentos de peso para pensar nun marcador amplo. Pero habería historia. Dous lanzamentos lonxanos, un de Saleta e outro de Álex Trigo, servíronlle ao Laxe para 'comezar' un novo encontro e mesmo para intimidar durante trece minutos. O fixo baixo a mesma premisa de ataque a distancia. Pero entón xurdiu Alejo. O expichichi da Liga da Costa atopou certa colaboración de Jacobo á hora de finalizar unha contra e aí xa puxo unha insalvable terra de por medio.
San Lorenzo 1-2 Coristanco
Campo: As Pedreiras
San Lorenzo: Javi Souto, Samuel (Anxo m.79), Kevin, Rudi, Juanjo, Pablo Díaz (Jorge Pichel m.64), Álex Taibo, Iván Parafita, Juni, Fuentefría (Dani Rey m.75) e Diego Varela
Coristanco: Brais, Gustavo, Jonathan, Javi, Pazos, Iván, Jorge Lorenzo, Ramos (Añçon m.57), Damián, Marcos Corral (Samuel m.86) e Cristian (Gonzalo m.78)
Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Juni e Álex Taibo do San Lorenzo; Marcos Corral, Jonathan, Pazos, Damián e Añón do Coristanco
Goles: 0-1 m.18 Jorge Lorenzo; 1-1 m.60 Diego Varela; 1-2 m.80 Jorge Lorenzo
Revolución pataqueira
Unha das sorpresas do que vai de liga protagonizou o Coristanco nas Pedreiras de Verdillo. No que era un dos poucos derbis da xornada o guión desenrolouse baixo un máis que previsible control local. Non tivo esa realidade repercusión no marcador, durante un primeiro acto no que os locais tiveron o balón, pero sen profundidade e sen xerar demasiadas opcións de perigo, e na que os coristanqueses defenderon de dez e acertaron na que tiveron. Acentouse o acoso durante a reanudación, e parecía comezar a remontada co gol de Diego Varela. Volcaríase o San Lorenzo na búsqueda do segundo, pero o que recibiu foi un mazazo en forma de contragolpe, disparo desde a frontal do áea e gol de Jorge, con só dez minutos por desputarse. Habería ocasións para o empate, pero o marcador xa non se movería máis.
Malpica 0-0 Castriz
Campo: Pedra Queimada
Malpica: Rubén, Cristian, Alberto Carballo (Óscar Moscoso m.80), Mario Casal, Isma, Brais, Alberto, Eloy Cabeza, Rubén Sotelo, Cololo e Diego Casáis (Marcos Pensado m.46)
Castriz: David, Martín (Pablo m.46), Carlos, Álex, Steven, Iván, Nakata (Balsa m.70), Raúl, Marcos (Luis m.73), Adrián e Kevin
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña).
Poucos sobresaltos
Moito centrocampismo e pouca presencia nas áreas houbo durante boa parte do encontro entre Malpica e Castriz. A igualdade foi notable nunha primeira metade sen apenas oportunidades de perigo. Melloraron especialmente os xalleiros nun segundo acto no que dispuxeron de tres oportunidades claras de perigo: un disparo en boca de gol que marchou alto, unha boa parada de Rubén e un centro que se paseou por diante da meta malpicán. Houbo accións notables de Brais e Cololo por parte local.
Baio 4-0 Buño
Campo: Platas Reinoso
Baio: Julián, Isaac, Norber (Costiña m.82), Porto, Fachal, Martín (Brais m.77), Moreno (Rubio m.77), Pedro, Santi Díaz (Luis m.85), Martín MC e Javi Suárez
Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo (Aitor m.58), Eloy, Mario, Emilio, Adrián, Alexander (Martín m.54), Richard, Jorge Calvete (Antelo m.28) e Dani Calvete
Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Santi Díaz do Baio; Pablo Canedo, Miguel Dourado e Richard do Buño
Goles: 1-0 m.48 MC; 2-0 m.74 MC; 3-0 m.77 Javi Suárez; 4-0 m.90 MC
MC, camino da lenda na homenaxe a Peke
Segundo hat trick da tempada para MC, dianteiro dun Baio do que non só é referente ineludible, senón que vai camino de facer historia. Onte desequilibrou a cita contra un Buño que resistiu moito máis do que di o marcador e que durante unha hora tivo opcións de puntuar. Case unha hora tarde comezou a cita, debido á confusión do colexiado no horario oficial. O ritmo foi de menos a máis e as hostilidades comezaron cun remate de Javi Suárez que sacou un defensa oleiro baixo paus. Á media hora chegaría á mellor da tarde para o Buño, nun remate de Álex ante Julián que se foi demasiado alto. Chegou o primeiro gol nada máis voltar de vestiarios, cun pase medido de Santi Díaz para MC, que finalizou en escorzo. Javi Suárez sería protagonista despois, ao asistir a MC para o segundo e rematar de vaselina no terceiro. O Baio adicoulle a vitoria a Peke, convaleciente dun accidente laboral.
O CD Baio anima a Peke
Porteño 2-4 Mazaricos
A Grixa rexistrou boa entrada
Campo: A Grixa
Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Adrián, Piti, Jorge (Mario m.46), Quilmes, Wii (Manu m.68)i, Marcos, Jorge Velo, Manuel e Adrián (Caamaño m.66)
Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín, Matías, David, Ricardo, Molinos, Estéfano, Manuel Luis (Chenel m.67), Diego Maneiro (Dani Martínez m.46), Esteban e Pereiro
Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Quilmes do Porteño; Estéfano Ricardo e Matías do Mazaricos
Goles: 1-0 m.16 Piti; 2-0 m.30 Quilmes; 2-1 m.38 Estéfano; 2-2 m.52 David; 2-3 m.59 Manuel Luis; 2-4 m.90 David
O Mazaricos levou un partido que se lle puxera moi difícil - Foto: CF Porteño
Remontada e duro golpe
Rarísimo o partido que protagonizaron na Grixa Porteño e Mazaricos, cunha versión sobresaínte dos locais na primeira metade e unha remontada express por parte amarela. Piti, de libre directo, e Quilmes, de cabeza tras unha falta lateral, parecían encarrilar a sorpresa e vitoria chave porteñista. o 2-1 de Estéfano pouco antes do intermedio sería fundamental e descriptivo: executou unha falta desde o medio do campo que botou no área, envenenouse e marchou ao fondo da rede. O meta local Jimmy do Cairo mancárase no quecemente e xogou con molestias, ata que non pudo máis e Manuel baixo paus. Antes diso aínda encaixaría o segundo, de David tras un pase perfecto ás costas da defensa, e o terceiro, de Manuel Luis de volea. Unha contra co Porteño volcado resultou decisiva e o 2-4.
Cerqueda 2-1 Corcubión
Non ten límites este Cerqueda - Foto: UD Cerqueda
Campo: Xaviña
Cerqueda: Jose Ramón, Athu, Fran, Martín (Adrián m.85), Lorenzo, Pablo, Dani Mato, Iván Mato, Jonás (Cristian m.46), Miguel Ángel e Sergio
Corcubión: Abe, Mario, Adrián, Pablo Castro, Gabri, Sebas, Antón Lestón (Roi m.66), Tito (Mario Atán m.75), Samu (Nes m.52), Jose Ramón e Toja
Árbitro: Sánchez García (A Coruña).
Goles: 0-1 m.31 Toja; 1-1 m.51 Iván; 2-1 m.55 Martín
Xa ata sen brillo
Non foi a mellor versión do Cerqueda a que lle remontou o partido a un moi bo Corcubión, pero o certo é que os bergantiñáns teñen flor esta tempada. Case media hora tiveron contra as cordas os visitantes aos de Raúl Periscal, grazas a unha moi boa presión adiantada e á orde defensiva. Con xustiza chegou o 0-1, tras unha execución de bola parada a cargo de Antón Lestón e remate de Toja. O tempo no que o Corcubión baixou á guardia, ao regresar de vestiarios, resultaríalle letal. Un rexeite de Abe e remate de Iván (protestada a posición por parte da expedición visitante) sería a igualada, mentres que pouco despois un pase da morte con intervención de Abe e balón morto foi aproveitado por Martín para facer o segundo. Aínda non morrería a emoción, e nos últimos segundos Roi tería a igualada nas súas botas, pero o balón marcharía alto.













