mércores. 30.04.2025
El tiempo

Liga da Costa: E o Titanic chegou á fin do mundo

Liga da Costa: E o Titanic chegou á fin do mundo
O 'barco' do Fisterra acabou a súa viaxe máis máxica, recibiu o título de campión e arrollou ao Cabana; na loita por non descender o Coristanco quedou por riba do Porteño Houbo minutos para os menos habituais Houbo minutos para os menos habituais-Foto-Dario Gomez Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com   Fisterra 8-1 Cabana
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Norberto, Munitis, Manuel Cartamil (Robertín m.68), Santi, Julito (Bruno m.68), Javi, Adri, Guardiola (Adrián m.55), Abel (Roco m.68), Mané e Pablo Lestón (Rodri m.58)
  • Cabana: Víctor (Darío m.56), Alberto, David Varela (Mateo m.53), Isma, Jose, Diego Varela (Rubén m.68), Miki Pose, Jose Manuel, Reigía, Christian e Fernando
  • Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.17 Pablo Lestón; 2-0 m.22 Guardiola; 3-0 m.24 Mané; 4-0 m.44 Julito; 4-1 m.65 Miki Pose; 5-1 m.73 Mané; 6-1 m.74 Adri; 7-1 m.80 Adrián; 8-1 m.83 Adrián
Un festín na festaza Recibiu o título de campión da Liga da Costa a Sociedad Deportiva Fisterra, que de novo estivo arroupada por un pobo entregado. A cea do día anterior, de celebración do título, non impediu que o equipo estivese a un alto nivel. Formaron algúns dos homes menos habituais, e o pichichi Adrián entrou na segunda metade para non faltar á súa cita co gol. Houbo sambódromo e entrega do título de campións para os pupilos de Nacho, que agora se centran na Copa e xa polo pobo empezar a soar unha palabra: doblete. Os goles caeron en Fisterra Os goles caeron en Fisterra-Foto-Darío Gómez Adrián Makaay celebrando un dos seus 3 goles cos compañeiros-Foto-Dario Gómez Adrián Makaay celebrando un dos seus 3 goles cos compañeiros-Foto-Dario Gómez O Fisterra ca Copa de Campion da Liga da Costa-Foto-Dario Gomez O Fisterra ca Copa de Campion da Liga da Costa-Foto-Dario GomezO Fisterra ca Copa de Campion da Liga da Costa-Foto-Dario Gomez   Porteño 0-2 Sporting Zas Houbo un minuto de silencio en recordo do desaparecido presidente do Porteño Houbo un minuto de silencio en recordo do desaparecido presidente do Porteño
  • Campo: A Grixa
  • Porteño: Martín (Pablo m.86), Adrián (Jose m.77), Cachi (Wii m.46), Pejo, Manuel, Cousillas, Jorge, Quilmes, Abel (Isma m.80), Cristian e Iago (Rodri m.65)
  • Sporting Zas: Bugy, Marcos, Rubén Forján, Diego, David Blanco, Dani Mato (Elías m.46), Rubio, Carlos, Adrián, Ismael (Brais m.46) e Fuentes
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.8 David Blanco; 0-2 m.51 Rubio
Doble pau ao Porteño O Porteño non pudo superar ao Zas nin progresar un posto na clasificación, e agora precisamente depende de que suba o Sporting e non baixe o Outes. Unha mala peinada de Quilmes, que resultou unha deixada a David Blanco, e un golazo de Rubio xa no segundo acto mataron aos da Ponte do Porto, que apenas tiveron opcións de voltear o marcador. Ademais, o club camariñán tiña que despedirse do seu presidente, José Martínez Ferrío, que falecía no día de onte. Sporting Zas pola Fase de Ascenso O Sporting Zas vai pola Fase de Ascenso   Volantes de Baño 0-6 Cerqueda Volantes-Cerqueda-Foto-UD Volantes-Cerqueda-Foto-UD
  • Campo: Eleuterio Balayo
  • Volantes de Baño: Rubén Santos, Julio, Álvaro, Javi, Yanky, Andel, Mou, Álex, Álex Siaba, Ramonsiño e Pedro de Paky
  • Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Brais, Piñeiro, Dani, Jonathan, Juanjo, Manu Guillamet, Martín, Lorenzo e Fernandito
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou a Pedro de Paky, do Volantes de Baño (m.86)
  • Goles: 0-1 m.6 Martín; 0-2 m.22 Martín; 0-3 m.41 Manu Guillamet; 0-4 m.60 Jonathan; 0-5 m.84 Martín; 0-6 m.87 Fernandito
Cambio de roles no adeus O Volantes de Baño pechou un ciclo de case un lustro na Liga da Costa cunha derrota dolorosa fronte á UD Cerqueda, que confirma a continuidade dun proxecto que daba os seus primeiros pasos na categorías. Tres goles de Martín e unha notable superioridade dos de Emilio Uzal foron o máis destacado dun encontro marcado polo pouco ritmo, e tamén polas reducidas convocatorias de ambos conxuntos. Louro tomará a segunda praza municipal na categoría.   Baíñas 3-1 Unión Club Cee
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Joselu (Sergio m.67), Matías, Pablo Rey, Esteban, Jorge Calvete, Cristian (Tasky m.46), Javi Suárez, Canay, Alemán, Samuel e Dani Casal (Jaime m.69)
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Rubén, Álex, Rubén Fiuza, Borja, Andrés Trillo (Alexandro m.79), Penedo (Paulo m.86), Leo (Steven m.86), Isma Lamela e Jose Manuel (Esteban m.75)
  • Árbitro: García Novo (A Coruña). Expulsou a Álex (m.51). Amonestou a Ángel Luis e Penedo do Cee; Samuel do Baíñas
  • Goles: 1-0 m.38 Alemán; 2-0 m.43 Javi Suárez; 2-1 m.60 Penedo; 3-1 m.70 Javi Suárez
O Baíñas acaba en 'posto UEFA' Sexto clasificado, o Baíñas pechou cun bo triunfo un curso no que deixou de loitar polo seu obxectivo a falta de dous meses para o final. Enfronte tiña a un Unión Club Cee oitavo e que coa chegada de Alfredo Cambeiro ten pegado un salto cualitativo respecto ao curso anterior. Moitos canteiráns e xuventude no once unionista, para un encontro no que desequilibrou a pegada de Javi Suárez e no que os locais estiveron máis finos.   San Lorenzo 7-1 Carnota
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Puyol, Javi Puñal (Mario m.46), Juanjo, Ángel, Kevin (Juni m.55), Álex Taibo, Isaac, Parafita, Luis, Fuentefría e Dani Pena
  • Carnota: Andrés, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Samuel, Nakata, Raúl, Oreiro (Tono da Caixa m.59), Jose, Miguel e Manuel Luis
  • Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Fuentefría, Mario e Juni do San Lorenzo; Raúl, Oreiro, Miguel do Carnota
  • Goles: 1-0 m.35 Luis; 2-0 m.37 Fuentefría; 3-0 m.42 Isaac; 4-0 m.53 Luis; 4-1 m.68 Pumuky; 5-1 m.86 Fuentefría; 6-1 m.88 Fuentefría; 7-1 m.90 Fuentefría
Goles para Pedro Despediuse cunha vitoria cómoda o técnico do San Lorenzo, Pedro, que ten acadado o bronce ligueiro. Non foi o Carnota o rival máis duro. Os sureños presentáronse con doce xogadores e novamente amosaron o longa que se lles fixo a tempada. Houbo minutos para algúns dos menos habituais nos verdilleses, que nos últimos minutos celebraron tres tantos de Fuentefría. O chegador acadou as trinta dianas esta tempada, a súa mellor en categoría Sénior.   Ameixenda 1-1 Mazaricos
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Ameixenda: Maikel, Jorge, Trillo, Javichu, Bicho, Álex, Jesús, Grille, Rafa, Borja e Demetrio
  • Mazaricos: Iván, Marcos, Estéfano, Matías, Martín, David, Esteban, Chenel, Molinos, Raúl e Brais
  • Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.32 Rafa; 1-1 m.47 David, de penalti
Virtualmente un adeus É case imposible que salve a categoría o Ameixenda, que se tomou relaxadamente o peche do ano do seu debut na categoría. O Mazaricos viaxou sen boa parte dos seus homes habituais, e quedou debuxado un partido máis parecido á pretempada que á competición. Houbo opcións de vitoria para os ceenses.   Coristanco 3-1 Esteirana
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Pose, Jorge Lorenzo, Lagoa (Marcos m.87), Álex, Adrián (Añón m.83), Rubén, Lista, Pablo Díaz (Sergio m.80), Cristian, Samuel (Iván Pena m.66), e Iván Rodríguez
  • Esteirana: Manuel, Anxo, Rafa, Martín, Iker, Adrián (Roberto m.53), Brais, Carlos, Eloy, Codesido e David (Xián m.46)
  • Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.12 Cristian; 2-0 m.51 Lista; 2-1 m.81 Brais; 3-1 m.83 Iván Pena
Case todo atado Moi raro tería que ser o desenlace da Segunda B e a Terceira para que o Coristanco non salvase a categoría. Os 'pataqueiros' mantiveron a súa praza na loita co Porteño. Foi tras superar a unha descoñecida Esteirana, repleta de rapaces que non conseguiron adaptarse a un fútbol nas antípodas do seu, e a un campo especialmente pequeno. O tanto de Brais parecía darlle vida aos minutos finais, pero Iván Pena decidiu. Houbo árbitro de Terceira División.   Buño 1-0 Ponteceso
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni, Miguel Dourado, Fran Borrazás, Eloy, Dimitri, Emilio, Jordan (Gurita m.59), Dani Calvete, Richard (Canedo m.69), Víctor e Alexander (Antelo m.41)
  • Ponteceso: Brais (Xurxo m.46), Diego Collazo, Pablo Regueiro (Laik m.46), Nando, Alberto Recarey, Juanma, Diego (Christian m.81), Iago, Yago, Youssef (Mendieta m.51) e Charly
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Miguel Dourado do Buño; Laik do Ponteceso
  • Gol: 1-0 m.13 Víctor
Un derbi do máis tranquilo Pecharon unha tempada finalmente notable Buño e Ponteceso. Poucos apostarían pola salvación dos oleiros hai dous meses, pero sae reforzada a figura de Mauro. Os da Vila de Pondal, pola súa banda, loitaron o título ata hai pouco, a pesares de ser un dos conxuntos máis novos da categoría. O veterán Víctor, cun bo remate no área, decidiu un encontro con alternativas.   Castriz 1-3 Camariñas
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: David, Sergio, Javi (Richard m.67), Luis, Elías, Martí (Dani Martínez m.46), Martín Bardanca, Alberto Mata, José Manuel, Bolón (Iván m.57) e Álex Flores
  • Camariñas: Pablo, Rodri, Pablo Mouzo, Paco (Álex m.80), Moriño (Joseba m.76), Soule, Yuyo, Maikol, Brandon, Nico e Vieites (Adrián m.66)
  • Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Alberto Mata, Martín, Sergio, Bolón do Castriz; Paco do Camariñas
  • Goles: 0-1 m.3 Soule; 1-1 m.39 Álex Flores; 1-2 m.45 Rodri; 1-3 m.86 Soule
Atractivo e con espectáculo Sen nada en xogo, Castriz e Camariñas deixaron un moi entretido encontro, no que sobresaiu a figura do bigoleador visitante Soule. O africano abriu e pechou o marcador e foi un pasadelo para o cadro xalleiro, cun once moi distinto ao habitual da tempada.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios