xoves. 01.05.2025
El tiempo

Liga da Costa: Goles comarea

Liga da Costa: Goles comarea
Só un encontro sen goles na segunda xornada dunha competición que segue a ter no Corme ao seu líder, tras unha nova exhibición ofensiva; o San Lorenzo saíu moi reforzado do seu cruce directo co Baio A lesión de Manu Guillamet foi a nova negativa do Cerqueda - Foto: UD Cerqueda A lesión de Manu Guillamet foi a nova negativa do Cerqueda - Foto: UD Cerqueda Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com San Lorenzo 4-2 Baio Baio e San Lorenzo en Verdillo-Foto-Santi Soneira Baio e San Lorenzo en Verdillo-Foto-Santi Soneira Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Kevin (Ángel m.68), Rudi (Samuel m.46), Pablo Díaz, Diego Varela (Jorge Pichel m.70), Parafita, Juni, Fuentefría, Dani Pena e Juanjo Baio: Recarey, Isaac, Yago, Porto, Luis, Peke, Brais, Martín, Christian, Santi Díaz (Pedro m.65) e Javi Suárez Árbitro: Patiño García (A Coruña). Goles: 1-0 m.11 Juni; 1-1 m.23 Javi Suárez; 2-1 m.55 Juni; 2-2 m.57 Luis Alvite, de penalti; 3-2 m.68 Juni; 4-2 m.86 Fuentefría Capis do San Lorenzo e Baio co colexiado-Foto-Santi Soneira Capis do San Lorenzo e Baio co colexiado-Foto-Santi Soneira Deses que xustifican unha entrada Partidazo para lembrar entre San Lorenzo e Baio, que serviu para darlle de novo a benvida ao exfutbolista local Pedro, tamén responsable técnico o curso anterior. Foi de alternativas unha primeira metade na que Juni adiantou aos locais cun gran testarazo, e Javi Suárez equilibrou ao aproveitar un mal golpeo de Rubén. Acabou por ser mellor o San Lorenzo no segundo acto. Rachou o encontro a falta de vinte minutos, tras un golazo de Juni á saída dun córner. Cos visitantes volcados, chegou a xogada da tarde, nunha contra maxistralmente levada polo cadro carballés e finalizada en modo delicatessem por parte de Fuentefría, cun toque maxistral desde fóra do área.
Ponteceso 0-0 Malpica Ponteceso e Malpica xogaron un atractivo duelo no Pinguel Ponteceso e Malpica xogaron un atractivo duelo no Pinguel Campo: O Pinguel Ponteceso: Brais, Matías, Nando (Adrián m.87), Alberto Recarey, Juanma, Yago (Charro m.53), Baba, Javi, Mendieta, Martín (Dieguito m.53) e Charly Malpica: Rubén, Óscar Moscoso (Cristian m.49), Mario Casal, Jose Luis, Alberto, Brais, Álex Márquez (Isma m.44), Pablo Rey, Rubén Sotelo, Cololo e Diego Casáis Árbitro: Represas Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Diego Casáis (m.90) do Malpica. Amonestou Baba e Javi do Malpica; Óscar Moscoso, Diego Casáis, Cristian, Pablo Rey e Mario Casal do Malpica Músculo e rigor De distancias curtas foi o derbi entre Ponteceso e Malpica, no que as ocasións, aínda que poucas, foron claras. Nada máis comezar, Brais sacou un man a man para manter a cero a meta pontecesán. Moi ordeado, o Malpica concedeu poucos espazos e buscou a saída pola banda do corcubionés Brais, moi activo todo o choque. As mellores opcións foron locais. Yago, tras superar a Rubén, non acertou a rematar, mentres que Dieguito en boca de gol, minutos despois, tampouco tivo o tino que si tivera o seu equipo en Mazaricos. Cee 1-0 Mazaricos Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito (Noé m.52), Chema, Esteban (Gabi m.70), Chiru, Fernando, Leo (Álex m.78), Juan Bello (Samuel m.85) e Martiin (Javi m.46) Mazaricos: Miguel, Jose, Matías, David, Rircardo, Molinos (Brais m.66), Estéfano, Diego Maneiro (Álvaro m.66), Miguel Riveiro (Pedro de Pichín m.75), Pereiro e Esteban Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Amonestou a Noé e Julito do Cee; Álvaro do Mazaricos Gol: 1-0 m.70 Nico Nico foi o máis listo Antes algúns excompañeiros e paisanos como Pedro de Pichín, o carnotán Nico resolveu un igualado choque entre Cee e Mazaricos. Os locais, cunha mestura de canteiráns e ilustres, tiraron de oficio para sacar adiante o compromiso. O tanto decisivo chegou tras unha semivolea do Xuvenil Chema que petou na madeira, e no rexeito Nico estivo máis atinado que ninguén para resolver. De novo estivo notale a parella de centrais unionista. Corme 5-0 Coristanco Eloy, mancado de gravidade no Corme - Foto: María Álvarez Eloy, mancado de gravidade no Corme - Foto: María Álvarez Campo: O Cairo Corme: Jose, Jesús (Aitor m.84), Martín, Alejandro (Brais Torrado m.73), Pandi, Eloy (Diego m.18), Toniño, Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral Coristanco: Brais, Alejandro (Cristian m.48), Gustavo, Jonathan, Javi, Pazos, Gonzalo, Ramos (Añón m.66), Marcos Corral, Sergio e Iván Árbitro: López Vila (A Coruña). Amonestou a Brais Torrado do Corme; Fabio e Añón do Coristanco Goles: 1-0 m.23 Brais Corral; 2-0 m.38 Alejo; 3-0 m.63 Lucas; 4-0 m.72 Toniño; 5-0 m.87 Lucas Outro festival Non houbo demasiada historia nun novo festival ofensivo do líder Corme, esta vez a costa dun Coristanco ordeado, pero que non tivo opcións reais de puntuar prácticamente en toda a tarde. Dúas boas accións colectivas derivaron na vantaxe dobre antes do descanso, e abriron as estradas necesarias para que os locais xogasen alegres. Son xa doce tantos en dous encontros para o equipo do Cairo. A nota negativa foi a lesión de Eloy, pendente de exploración. Corcubión 3-4 Monte Louro Corcubion-Montelouro-Foto-Eduardo Olveira Corcubion-Montelouro-Foto-Eduardo Olveira Campo: Cubaleiro Corcubión: Iago (Mario Suárez m.81), Sebas, Lema, Toni (Xabi m.73), Toja, Mario (Roi m.52), Gabi, Adrián, Tito (Beto m.46), Andrés e Pablo Monte Louro: Fernancdo, Abel, Jose Ángel, Pedro, Cristian, David (Juan de Celia m.52), Yeray, Dani (Adrián m.27), Riki, Raúl (Banana m.75) y Geiko Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Roberto do Corcubión; Abel, Geiko, Cristian do Monte Louro Goles: 0-1 m.11 Geiko; 1-1 m.30 Andrés; 2-1 m.35 Andrés; 2-2 m.38 Geiko; 3-2 m.57 Roi; 3-3 m.70 Geiko, de penalti; 3-4 m.90 Riki Penalti no Corcubion-Montelouro-Foto-Eduardo Olveira Penalti no Corcubion-Montelouro-Foto-Eduardo Olveira Premio para o menos fallón Remontou o Louro e sacou os seus tres primeiros puntos da tempada, no feudo dunha Unión Deportiva Corcubión que perdeu algo de fiabilidade defensiva respecto ao primeiro encontro. As baixas mermaron sensiblemente aos locais, que sen embargo lograron poñerse por diante ata en dúas ocasións. A verticalidade de Andrés e Roi, así coma o acerto no fútbol directo, serviron para facerlle un roto aos muradáns. Geiko, magnánimo o curso pasado en Terceira, volveu tirar do carro e firmou tres dianas, a última de penalti e a falta de vinte para o final. Decidiu Riki, co tempo xa case cumprido, tras un balón ao pau que se envenenou tras tocar no meta corcubionés. O dato curioso foi o dobre troco no intermedio, con Iago Abelleira abandoando a portería e pasando á punta de ataque. Cerqueda 1-0 Buño Campo: Xaviña Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Fran, Manu Guillamet (Jonathan m.29), Martín, Lorenzo, Pablo, Dani Mato, Iván Mato (Cristian m.64), Miguel e Sergio Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo (Mario m.72), Eloy, Dani Calvete, Emilio, Fran (Aitor m.61), Adrián, Martín, Richard e Jordan (Eloy Añón m.78) Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Dani, Johny, Martín do Cerqueda; Eloy do Buño Gol: 1-0 m.41 Jonathan Adicado a Manu Guillamet [fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1181129681950411/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] A posiblemente grave lesión de Manu Guillamet empañou o triunfo do Cerqueda sobre o Buño no derbi municipal. Os locais levaron o peso ante un rival que os coñecía á perfección e que resistiu perfectamente xunto e sen fisuras. Jonathan, nun bo remate ao fío do descanso, decidiu. Laxe 1-4 Camariñas Intenso partido en Cabo D'Area - Foto: Camariñas CF Intenso partido en Cabo D'Area - Foto: Camariñas CF Campo: Cabo D'Area Laxe: Jacobo, Jose Enrique, Aarón, Naya, Borja, Manu, Gora (Miguel Varela m.67), Omar, Cristian, Reigía (Rafa m.75) e Felipe Camariñas: Álvaro, Gabi (Pablo Mouzo m.73), Kevin, Moriño, David (Brais m.80), Nazo, Antelo (Brandon m.68), Nico, Maikel (Joseba m.83), Rodri (Pablo Suárez m.54) e Sergio Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Gora, Borja, Cristian e Felipe do Laxe Goles: 0-1 m.8 Nazo; 1-1 m.29 Felipe; 1-2 m.63 Maikel, de penalti; 1-3 m.71 Brandon; 1-4 m.84 Nazo Nazo, o líder que retornou O pequeno Martín 'Nazo' guiou ao Camariñas no seu triunfo en Laxe. Dous goles e moito dinamismo ofensivo foron a carta de presentación do ex do Soneira. Houbo táboas durante a primeira hora, con alternativas e algo máis de control por parte visitante. Foi chave o penalti transformado por Maikel, que lle deu vantaxe aos azuis e rachou o guión que reinaba. Os riscos que tivo que asumir o Laxe foron aproveitados polo Camariñas á contra. Baíñas 5-1 Esteirana Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Eloy, Braulio (Víctor m.78), Felipe, Héctor, Jaime, Pablo Riveiro (Damián m.52), David Blanco, Oreiro (Iván m.70), Samuel e Cristian Esteirana: Ponte, Rafa (David m.46), Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama, Eloy (Jonathan m.46), Codesido, Jaime (Brais m.65), Simón e Tobío Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Eloy do Baíñas; Codesido da Esteirana Goles: 1-0 m.8 David Blanco; 2-0 m.17 Braulio; 3-0 m.26 David Blanco; 3-1 m.30 Adrián, de penalti; 4-1 m.57 Oreiro; 5-1 m.76 Jaime Chegou o destructor Debutou ao grande David Blanco coma xogador do Baíñas. O de Neaño firmou dous dos tres goles da primeira metade do seu equipo, ante unha Esteirana demasiado lánguida en defensa. Todo quedou finiquitado no ecuador do acto inaugural, grazas tamén a un gran Braulio. Foi un trámite a reanudación, que só veu a confirmar o paso adiante dos vimianceses. Porteño 1-6 Castriz Formación do Porteño no día de onte - Foto: CF Porteño Formación do Porteño no día de onte - Foto: CF Porteño A rifa do descanso na Grixa paga a pena A rifa do descanso na Grixa paga a pena Campo: A Grixa Porteño: Jonathan, Pejo, Manueliño (Adrián m46), Jesús, Jorge, Quilmes, Mario Toja (Wii m.54), Marcos, Jorge (Xoel m.70), Cachi e Manu (Jose m.19) Castriz: David, Rubén Martínez, Carlos, Adrián (Matías m.81), Alberto Mata (Kevin m.56), Steven, Ferreiro, Iván (Martín m.66), Raúl, Alejandro e Pablo Landeira Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña). Amonestou a Manu do Porteño; Pablo do Castriz Goles: 1-0 m.5 Jorge; 1-1 m.23 Adrián; 1-2 m.25 Alberto Mata; 1-3 m.35 Raúl; 1- m.45 Pablo Landeira; 1-5 m.70 Kevin; 1-6 m.72 Kevin Hemorraxia na Grixa Todo parecía conducir a un partido moi distinto entre Porteño e Castriz cando, aos cinco minutos, Jorge selou o primeiro tanto local. A piques estivo de aumentar a conta pouco despois, ante un sorprendido cadro xalleiro. Pero foi unha cortina de fume de vinte minutos, xusto o que tardou o Castriz en atoparlles os descosidos á zaga porteñista. Dous centros con remate sinxelo, rematador por Adrián e Alberto, iniciaron unha remontada que levou ata o 1-4 no intermedio. O segundo acto foi case en forma de encontro amigable.

Comentarios