Liga da Costa: Marcadores de fútbol... americano

11:32 13/02/17
De cinco en cinco, seis ou sete en sete se resolveron algúns dos partidos dunha xornada que deixa a Corme e Baio algo máis en cabeza e que reforza a posición de San Lorenzo e Ponteceso; equipos como Esteirana e Cee atravesan un momento difícil
Juan de Selia prepara a execución dunha falta en Laxe - Foto: Edu Olveira
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Corcubión 0-4 Corme
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Abe, Mario, Alan, Sebas (Toni m.66), Rama (Nes m.60), Gabi (Mario Atán m.72), Adrián (Toja m.54), Tito (Samu m.65), Senra e Pablo Castro
Corme: Susiño, Jesús (Jose m.67), Dani (Samuel m.74), Pandi (Brais Torrado m.77), Toniño, Eloy, Diego (Aitor m.84), Alejandro, Alejo, Lucas e Brais Corral (Jose m.86)
Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Senra do Corcubión
Goles: 0-1 m.41 Alejo, de penalti; 0-2 m.43 Toniño; 0-3 m.57 Alejo; 0-4 m.70 Alejo
Cada vez máis 'Alejados'
Tres goles de Alejo, e xa van trinta e sete, foron a chave dun novo triunfo do líder Corme, que tivo algunha dificultade de máis para abrir o camiño do éxito en Corcubión. Os bergantiñáns aproveitaron así o pinchazo do Mazaricos, terceiro, e mantéñense invictos nesta campaña. O prantexamento local foi non ter medo a renunciar á posesión e buscar as saídas rápidos, un guión ao que os cormeláns están xa acostumados. Esa superioridade, non obstante, non tivo continuidade nas áreas, e non foi ata os minutos previos ao descanso cando houbo novas nese sentido. Abriría o marcador Alejo, tras un penalti cometido sobre el mesmo, e só dos minutos despois unha triangulación entre Alejo, Lucas e Toniño acabou nun cabezazo á rede do de Anllóns. Estiraría líneas a UD á volta de vestiarios, cunhas cantas accións de gol frustradas. Nunha contra Alejo mataría o encontro cun man a man, e finalmente Alejandro asistiría para o hat trick do punta.
Porteño 5-2 Unión Club Cee
O Porteño superou ao Cee nun duelo directo - Foto: CF Porteño
Campo: A Grixa
Porteño: Martín (Jimmy m.85), Pejo, Adrián, Piti, Cousillas (Mario m.70), Marcos (Xoel m.79), Jorge Velo (Manu m.73), Isma, Roi, Cachi (Rodri m.77) e Manuel
Unión Club Cee: Paulo, Esteban, Jorgito, Aitor (Noé m.82), Jon, Martín, Andrés (Leo m.62), Uri (Álex m.82 ), Juan Bello e Carlos (Rubén Castillo m.82)
Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Amonestou a Roi do Porteño; Juan Bello e Esteban do Porteño
Goles: 1-0 m.7 Jorge; 1-1 m.16 Isma, en propia meta; 2-1 m.26 Jorge Velo; 3-1 m.36 Pejo; 4-1 m.39 Jorgito, en propia meta; 4-2 m.70 Uri; 5-2 m.72 Marcos
Porteño-Cee-Foto-Jose Campaña
Estratéxicamente feito
O balón parado deulle o triunfo ao Porteño sobre un Cee que non foi quen de defender un dos conceptos máis perigosos no campo da Grixa. O que era un partido de rivais directos esta vez saeulle mal ao cadro unionista, que encaixaría moi cedo o primeiro, obra de Jorge, e que pouco despois vería como Isma introducía na súa propia portería o empate. Nunha primeira metade de dominio alterno houbo moita máis emoción no marcador que no xogo, e prácticamente cada remate acabou en gol. Un tiro desde o borde do área de Jorge novamente significaba o segundo, mentres que Pejo de cabeza e Jorgito, nun mal rexeite contra a súa portería, mandaban o partido ao intermedio cun resultado case escandaloso. Meteríase de novo no choque o Cee a falta de vinte minuos, nunha asistencia de Juan Bello para Uri, pero Marcos, tras un balón peinado por Isma e só dous minutos despois, sentenciaría. A mellor nova para o Cee, ou a única boa, foi o debut de Jon con só 16 anos.
Facendo de urxencia na Grixa...-Foto-Jose Campaña
Cerqueda 2-0 Coristanco
Campo: Xaviña (Buño)
Cerqueda: Diego, Bastón , Dani, Uru, Javi Pazos, Michel, Cholo, Jonas (Iván m.57) Lorenzo, Méndez (Juanjo m.85) e Moha (Eloy m.70)
Coristanco: Brais, Mato, Iván (Sergio m.72), Javi (Trigo m.80), Añón (Villajos m.56), Gustavo, Jorge, Lagoa, Samuel, Marcos Corral e Rubén
Árbitro: Rodríguez Penas
Goles: 1-0 m.37 Lorenzo; 2-0 m.74 Iván Mato
Cerqueda-Coristanco-Foto-UD
Eficacia Dourada
Tivo máis pegada o Cerqueda que un Coristanco que cando estirou líneas chocou co bo facer de Diego Dourado baixo paus. Os locais, que están a compretar unha das mellores tempadas da súa historia, dominaron durante unha primeira metade sen apenas oportunidades claras de perigo e na que só atopou o camiño do gol Lorenzo, cun disparo lonxano que se envenenou tras tocar nun futbolista visitante. Estaba a agardar polos contragolpes o cadro pataqueiro, ao que en troques só lle quedou apostar pola iniciativa tralo descanso. Foi aí cando xurdiu a figura de Diego Dourado, que parou todo, con varios man a man salvadores. Cos visitantes volcados, unha volea ben executada por Iván Mato deu no segundo gol da UD e na sentencia para un encontro de máxima eficacia.
Laxe 1-1 Monte Louro
Houbo alternativas no Cabo D'Area - Foto: Edu Olveira
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Iñigo, Bras, Manuel (Martín m.46), Gora, Aarón, Borja, Saleta (Rafa m.56), Aless, Felipe, Simón (Zúrich m.65) e Casas (Santi m.86)
Monte Louro: Iago, Pablo (Gabri m.53), Manolo Chouza, César, David, Yeray (Adrián m.74), Raúl (Pepsi m.86), Dani de Sahorta, Juan de Selia (Adrián m.69), Geiko e Miguel
Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Gora e Martín do Laxe; César do Monte Louro
Goles: 1-0 m.15 Simón; 1-1 m.75 Gabri
Partido ventilador
Condicionadísimo polo elemento eólico estivo a igualada entre Laxe e Monte Louro, na que o conxunto muradán variou notablemente por esa circunstancia o que viña sendo o seu xogo habitual ata agora. Simón aproveitaría precisamente unha confusión defensiva condicionada pola climatoloxía para adiantar a un Laxe que cada vez considera menos utópica unha salvación que antes do parón de Nadal semellaba imposible. Os locais non tiveron demasiados problemas para aguantar nos compases iniciais, pero segundo caían os minutos facíase máis intensa a ofensiva do Louro. Ata tres veces lle negarían os paus o gol aos pupilos de Óscar Leis, que polo menos salvarían un punto a falta dun cuarto de hora, nun córner no que Gabi aproveitou un rexeite da defensa local para enviar ao fondo da rede. Contra o que ven sendo habitual e por circunstancias externas nun partido co Louro sobre o campo déronse poucos goles e en líneas xerais resultou aburrido para o espectador.
Baíñas 0-0 Castriz
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Maikel, Cristian, Braulio, Canedo, Héctor, Oreiro (Roly m.46), Chenti, Felipe, Damián (Iván m.62), Canay e David Blanco
Castriz: David, Luis, Chinda, Álex, Raúl, Nakata (Carlos m.80), Adrián, Iván, Martín (Mata m.55), Kevin (Steven m.55) e Matías (Roberto m.55)
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Expulsou a Roberto, do Castriz (m.87). Amonestou a Héctor e Alejandro do Baíñas; David do Castriz
Segue a escalada do Baíñas
Pasiño a pasiño segue a sumar un Baíñas ao que esta vez, nun case derbi co Castriz, lle faltou o gol (curiosamente o mesmo día que faltaba Pablo Muíño). Os vimianceses tiveron máis durante o primeiro acto, no que moi cedo xa tivo un man a man fallido David Blanco, e no que habería a mellor opción do choque para Braulio, nun penalti cometido e detido por David (os visitantes reclamaron que a acción era fóra do área). Os xalleiros, algo timoratos e imprecisos na construcción ofensiva, terían pouco antes do descanso o seu achegamento máis claro, cun disparo rexeitado entre Maikel e o longueiro. Habería máis alternativas despois do paso por vestiarios, con dominio inicial para o Castriz e con varios balóns colgados sen remate por parte local. Finalmente habería apuros para os pupilos de Mata. Novamente David lle gañaría a partida a Braulio nunha boa opción para o ex do Zas, mentres que Roberto acabaría expulsado por dobre cartón amarelo.
San Lorenzo 6-1 Buño
Campo: As Pedreiras
San Lorenzo: Javi Souto (Puyol m.63), Ángel, Samuel, Rudi, Adrián, Pablo, Kevin, Iván Parafita, Mario, Juni e Dani Pena
Buño: Toni, Dimitri, Canedo (Emilio m.46), Mario (Aitor m.46), Eloy, Jorge Calvete, Jordán, Juan Antelo (Alexander m.76), Fran, Martín (Richard m.61) e Adrián
Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Javi Souto, do San Lorenzo e a Mario e Toni do Buño
Goles: 1-0 m.5 Iván Parafita; 2-0 m.13 Iván Parafita, de penalti; 3-0 m.30 Kevin; 4-0 m.38 Mario; 5-0 m.56 Iván Parafita; 6-0 m.82 Mario; 6-1 m.86 Adrián
Un derbi case de set en branco
O Buño, conxunto que acostumaba a compricarlle a vida e moito ao San Lorenzo nos derbis, acabou goleado pola versión máis letal e en forma dos de Verdillo. Parece que o 2017 ten comezado cun 'all in' polo título desde a parroquia carballesa, que xa celebraba o triunfo no intermedio. Dous madrugadores tantos de Iván Parafita, o segundo de penalti, deixaron unha vantaxe cómoda para o San Lorenzo antes do primeiro cuarto de hora. Pero non só o ataque está pletórico, senón tamén o gardamallas Javi Souto, quen evitou que o Buño se metera no encontro detendo un penalti chave para o guión da cita, así como dúas chegadas máis. O tino era exclusivamente local e Kevin e Mario aumentarían ata catro tantos o desnivel entre un e outro. Sobrou unha segunda metade con moitos trocos nas formacións e na que maquillaría lixeiramente o resultado o visitante Adrián, cun tanto de falta minutos antes do remate. A sensación para os oleiros foi que o castigo resultou excesivo, aínda que sobre o céspede en todo momento atopouse cómodo un San Lorenzo en inercia triunfal.
Ponteceso 7-0 Camariñas
Ponteceso-Camariñas-Foto-SD
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Xurxo, Martín Puente, Ismail, Matías, Nando, Alberto Recarey (Yago m.61), Charro (Diego m.67), Jose, Mendieta (Baba m.55), Mara e Charly (Adrián m.66)
Camariñas: Pablo (Brais m.72), Pablo Mouzo, Kevin, Kevin Martínez, Rodri, Joseba, Javi Antelo (Gabri m.46), Áex (Facundo m.63), Brais, Maikel (Martín m.72) e Nazo
Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Amonestou a Rodri e Maikel do Camariñas
Goles: 1-0 m.35 Matías; 2-0 m.42 Matías; 3-0 m.53 Nando; 4-0 m.60 Matías, de penalti; 5-0 m.74 Baba; 6-0 m.80 Yago; 7-0 m.83 Baba
Afrenta vingada
Devolveulle o Ponteceso ao Camariñas os sete goles da primeira volta no campo do Pinguel, no que fóra a peor tarde do curso para os brancos. Non houbo cor esta vez e os da Vila de Pondal seguen o seu idilio co gol e tendencia vencedora desde que comezase o ano. Non tiña visos de resistencia un cadro visitante con seis xuvenís, que tentou aguantar atrás desde o principio e que non disparou a porta en toda a cita. Aínda así, e a pesares do clamoroso dominio pontecesán, non se abriría o marcador ata pasada a media hora, nun córner botado por Recarey, peinado por Mara e remachado por Matías. O camellán faría o segundo pouco despois, con lanzamento de falta raso. Foi un festival a reanudación, con Nando sumándose á festa tras un rexeite do porteiro a tiro seu, Matías asinando o seu hat trick tras un penalti cometido a Mara e Baba aparecendo de cabeza para facer o quinto. Yago, e novamente Baba nunha xogada persoal, compretarían un resultado duro para un Camariñas que nas últimas semanas está a pagar a perda de futbolistas importantes coma Soule e Brando, así como a falta de obxectivos tras ter cumpridos os deberes moi cedo.
https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1924244914474245/
Malpica 5-0 Esteirana
Campo: A Pedra Queimada
Malpica: Víctor (Lamas m.70), Cristian (Lolo m.75), Marcos Pensado (Pablo Rey m.70), Alberto, Leilán, Isma, Mario, Eloy, Ortiz (Álex m.55) e Brais Lado
Esteirana: Roberto, Rafa, Álex (Brais m.80), Jose, Pablo Rama, Campos (Iker m.58), Damián Suizo (Xian m.71), Codesido, David Pais, Jaime e Tobío
Árbitro: García Novo (A Coruña). Amonestou a Pablo Rama e Rafa da Esteirana
Goles: 1-0 m.22 Alberto; 2-0 m.71 Mario Casal; 3-0 m.76 Brais Lado; 4-0 m.79 Iván; 5-0 m.90 Brais Lado, de penalti
Paliza de última hora… grazas a Roberto
A gran tarde do gardamallas da Esteirana evitou que a goleada sufrida en Malpica chegase moito antes. O '1' visitante sacou tres mans de libro a Alberto e Eloy, incluida unha falta que se colaba pola escuadra. De feito, desde que Alberto abrise a conta cun bo remate ata que Mario Casal prácticamente sentenciou pasou case unha hora. Os esteiráns continúan coa súa problemática de profundidade de banco, así como un déficit de veteranía que lles ten levado da tranquilidade clasificatoria a serios problemas para manter a categoría. Houbo rotacións nun Malpica non faltaban homes importantes como Cololo, e no que Repi aproveitou tamén para dar minutos aos menos habituais.
Baio 3-2 Mazaricos
Campo: Platas Reinoso
Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto, Pedro, Mario (Bieito m.66), Martín (Brais m.66), Moreno (Ramón m.91), Rubio, Javi Suárez e Martín MC (Costiña m.93)
Mazaricos: Miguel, Roberto, Matías, Martín, David, Chenel, Molinos (Oreiro m.68), Estéfano, Dani Martínez (Cerbán m.59), Brais e Pereiro
Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Porto e Javi Suárez do Baio; Brais, Martín e Chenel do Mazaricos
Goles: 0-1 m.8 Chenel; 1-1 m.20 MC; 1-2 m.39 Matías; 2-2 m.44 Javi Suárez; 3-2 m.88 Porto
Unha final previa ás finais
Como se de un título se tratase dispuxeron o encontro Baio e Mazaricos, segundo e terceiro da Liga da Costa, e que deixaron un espectáculo precioso para todo aquel seareiro neutral que entrase no Platas Reinoso. Para os involucrados sentimentalmente tamén, aínda que o desenlace foi cruel cun conxunto visitante que se puxera ata dúas veces en vantaxe e que comprobou o xen competitivo dos baieses. Foi para non respirar unha primeira metade desputada a peito descuberto, sen miramentos tácticos e cunha vontade gañadora por pate de ambos. Golpeou primeiro o Mazaricos, con Chenel gañándolle a partida na disputa aos dous centrais baieses e resolvendo con veteranía e seguridade. A primeira polémica chegou co empate baiés, xa que os visitantes reclamaron man de MC no control que deu lugar a rematar o centro de Isaac. Alternativas, pouca circulación longa e moita verticalidade foron o denominador común. Rubio e Javi Suárez rozaron o tanto, pero foi Matías o que puxo de novo por diante ao Mazaricos tralo rexeite dun córner. Sería chave para o desenlace e o guión da segunda metade a igualada de Javi Suárez, no 44, de disparo lonxano e que entrou tras tocar nun futbolista amarelo. Reculou lixeiramente o Mazaricos, ou máis ben buscou ceder a iniciativa e buscar a saída en contragolpe. Non lle funcionou demasiado ben o plan e a realidade deu nun feixe de ocasións locais, como unha volea de MC e varios balóns francos que se pasearon polo área. Co empate celebrado en Corme, Ponteceso e Verdillo, apareceu Porto, a falta de dous minutos, para de cabeza compretar a remontada baiesa e deixar de novo unha certa bicefalia no control da competición.







