martes. 12.11.2024
El tiempo

Liga da Costa: Desplomámonos todos

Liga da Costa: Desplomámonos todos
Un pau que grazas a Deus, o máis ben á aportación de moita xente anónima e formada que fixo un impagable traballo, non foi a maiores, eclipsou toda a xornada; un posible ataque epiléptico sufrido polo Xuvenil do Monte Louro Juan de Selia obrigou á suspensión do derbi entre os muradáns e a Esteirana Imaxes dos intres posteriores ao colapso de Juan - Foto: Edu Oliveira Imaxes dos intres posteriores ao colapso de Juan - Foto: Edu Oliveira Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Nunha semana na que O Cairo parecía ser a capital do fútbol da Costa (compartida con Ara Solis), desafortunadamente quedou o balón en segundo plano despois do susto protagonizado por Juan de Selia. O Xuvenil do Monte Louro (17 anos) desplomábase antes de comezar a cita de Agra de Filgueira entre os seus e a Esteirana. A rápida intervención e primeiros auxilios de directivos, espectadores e adestradores, e así como a chegada en taxi do equipo médico (pola tardanza da ambulancia) evitaron unha traxedia maior. Juan, que se atopa en observación no CHUS de Santiago de Compostela, podería ter sido víctima dun cadro epiléptico, a pesares de que nunca presentara indicios. O loureán xa está na casa nesta mañá de luns, despois de pasar a noite en observación. Por outra banda, o clube muradán emitiu unha breve nota de agradecemento: "De parte de toda a familia da UD Monte Louro queremos dar as gracias ao persoal sanitario que se encontraba no campo. Gracias a Teresa Rivadeneira, Jose Ramon Estévez, Vicente Suarez, Javier Lodeiro (entrenador da Esteirana) e a toda a Esteirana. Gracias a vosa axuda isto só pode quedar nun susto. Moitísimas gracias", reza. juan de Celia nun encontro co Montelouro-Foto-Edu Olveira juan de Celia nun encontro anterior co Montelouro-Foto-Edu Olveira Corme 4-2 Ponteceso Os futbolistas do Corme celebran o primeiro tanto - Foto: Fin Lema Os futbolistas do Corme celebran o primeiro tanto - Foto: Fin Lema Campo: O Cairo Corme: Jose, Alejandro (Dani m.67), Jesús, Pandi, Sergio, Eloy, Toniño (Diego m.67), Adrián Doldán (Brais Torrado m.80), Alejo, Lucas e Brais Corral Ponteceso: Brais, Martín Puente, Matías, Nando, Alberto Recarey (Diego m.67), Baba, Charro (Youssef m.86), Javi, Ismail, Mara (Yago m.54) e Charly Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Brais Corral e Adrián Doldán do Corme; Charly do Ponteceso Goles: 1-0 m.25 Alejo; 1-1 m.27 Charro; 2-1 m.44 Sergio; 3-1 m.75 Sergio; 4-1 m.80 Alejo; 4-2 m.88 Pandi Alejo volveu ser o super killer - Foto: Fin Lema Alejo volveu ser o super killer - Foto: Fin Lema De leccións aprendidas e asignaturas pendentes Foi xusta e traballada a vitoria do Corme nun derbi no que os locais foron fieis ao seu estilo e sabían como facerlle dano ao seu veciño, quen coñecía a teoría pero errou na práctica. Como todo derbi con peso non houbo dono nin sensación de superioridade nun primeiro tempo de medo e prudencia excesiva, incluso para o habitualmente atrevido Corme. O guión eran tan parexo que ao gol gañándolle as costas á zaga de Alejo respondeulle só un minuto despois Charro, de idéntico xeito. Tamén como habitualmente, un factor atípico foi a chave que abriu o encontro. A piques do intermedio, e nun saque de curruncho, o balón golpeou na faciana de Matías, que sen querer converteuse en asistente para que Sergio puxese en vantaxe aos seus. E baixo ese novo guión si variou a película na segunda metade. Moito máis enchufado e directo, o Corme sorprendeu ao seu rival, perdido no plan de xogo directo. Sergio, e Alejo sentenciaron no tramo final, incluido un tanto de enxenería táctica, e Pandi en propia meta acurtaba distancias sen tempo para máis. Unión Club Cee 2-2 Malpica Campo: San Paio de Raíces Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito (Aitor m.72), Esteban, Chema, Noé, Martín, Carlos Leis, Uri (Leo m.58), Juan Bello (Trillo m.83) e Carlos (Javi m.46) Malpica: Rubén, Cristian, Alberto, Mario Casal (Álex Márquez m.67), Isma, Alberto, Brais, Pablo Rey, Eloy Cabeza, Marcos Pensado e Cololo Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Juan Bello, Jorgito, Nico e Leo do Cee; Mario Casal do Malpica Goles: 1-0 m.5 Uri; 1-1 m.38 Brais; 2-1 m.67 Leo; 2-2 m.90 Álex Márquez Co freo de man botado Non acaban de arrincar Unión Club Cee e Malpica, que igualaron e seguen sen definir demasiado ben hacia onde miran. Os sureños deixan sempre detalles positivos, pero sufren moito para pechar os encontros. Uri resolvía perfecto ante Rubén para abrir o que podía ter sido un camiño levadeiro, pero o veciño Brais Lado, referente no equipo e categoría que sexa, igualaba antes do intermedio. Pasada a hora de encontro, Leo culminaba a pracer un contragolpe e apuntaba ao reencontro co triunfo unionista. E Murphy chegou de novo, esta vez ademáis con polémica. O Malpica igualaba no último minuto, ao saque dunha falta que a parroquia ceense reclamara coma saque de porta a favor. O tanto provocou un monumental cabreo que deu co técnico Rafa expulsado. Corcubión 0-2 San Lorenzo Campo: Cubaleiro Corcubión: Abe, Gabri, Mario, Alan (Roi m.80), Sebas, Antón Lestón (Samuel m.75), Lema, Toja, Tito, Senra e Pablo Castro San Lorenzo: Javi Souto, Javi Puñal, Kevin (Samuel m.66), Rudi (Rubén Varela m.70), Juanjo, Anxo, Pablo Díaz, Parafita, Diego Varela, Fuentefría e Dani Rey (Jorge Pichel m.69) Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Sebas do Corcubión; Pablo Díaz do San Lorenzo Goles: 0-1 m.4 Parafita; 0-2 m.14 Fuentefría Saír do vestiario con vantaxe Unha empanada que nin na feira de Carral tivo o Corcubión na saída do seu encontro contra o San Lorenzo, precisamente un rival que require polo menos as mesmas táboas e seriedade que presenta como armas. Un saque de curruncho rematado por Parafita e unha boa acción colectiva con execución de Fuentefría selaron un panorama que parecía o camiño máis curto á goleada de escándalo. Pero para entón chegaron os locais á cita, e o fixeron combinando e con paciencia. Toja, cun tiro axustado, e Antón Lestón, con todo o marco a pracer, tiveron o gol da esperanza nas súas botas. Algo semellante quedaría para a segunda metade, na que, iso si, o San Lorenzo pudo machacar á contra. Coristanco 0-3 Baio Campo: A Rocheira Coristanco: Brais, Álex, Gustavo (Iván m.67), Jonhny (Gonzalo m.57), Javi, Añón (Damián m.51), Jorge, Samuel, Marcos Corral, Rubén e Canedo Baio: Recarey, Isaac, Norberto, Porto (Luis m.68), Pedro, Fachal (Fredi m.82), Brais, Moreno (Rubio m.68), Martín, Javi Suárez (Ramón m.82) e Martín MC Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Rubén do Coristanco Goles: 0-1 m.43 Javi Suárez; 0-2 m.59 Javi Suárez; 0-3 m.68 Javi Suárez O emporio do hat trick Santos piques no Platas Reinoso! Se a semana pasada era MC o protagonista dun éxito do Baio con tres goles, non quixo ser menos un Javi Suárez que últimamente acostumaba máis ao rol de asistente. Sabía da perigosidade da cita o colíder da Liga, e saíu tan enchufado que aos vinte minutos xa perdoara en tres ocasións. Apenas sufrían os baieses nun feudo onde precisamente é habitual conceder moitas oportunidades. Aparecería por primeira vez Javi Suárez xusto antes do ecuador, tres unha boa combinación de todo o ataque. Con vantaxe ao descanso a estratexia de aguantar e golpear era clara para un Baio que levaría un susto co disparo de Gonzalo ao longueiro, e que respiraría coa sentencia en forma de dous goles máis de Javi, o primeiro tras pase de Martín. Castriz 2-1 Camariñas Campo: San Pedro Castriz: David, Chinda, Álex, Carlos, Steven, Raúl (Matías m.55), Nakata (Kevin m.55), Adrián, Iván (Marcos m.75), Mata e Pablo Camariñas: Álvaro, Brandon (Pablo Mouzo m.69), Kevin, Moriño, Soule, Yuyo, Javi Antelo (Joseba m.90), Gabi, Sergi (Doyle m.64), Dani (Brais m.76) e Maikel Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Expulsou a Doyle (m.69) do Camariñas. Amonestou a Martín, Marcos e Iván do Castriz; Antelo, Sergi, Álvaro, Pablo Mouzo Soule e Maikel do Camariñas Goles: 0-1 m.39 Brandon; 1-1 m.66 Mata; 2-1 m.69 Adrián, de penalti Dúas sensacións opostas Remontou o Castriz ante o Camariñas, nun encontro no que dalgún xeito quedou representada a tendencia e a realidade de ambos conxuntos. Se ben por momentos foi superior o cadro palilleiro, foron os xalleiros os da mentalidade incorruptible e a maior fiabilidade para levar os tres puntos. Houbo igualdade tendendo ao azul predominante nun primeiro acto no que só o gol de Brandon desfixo a igualada. O canteirán aproveitou unha contra para superar á zaga local e debuxar un panorama moi favorable aos seus. Mellorou o Castriz nunha reanudación na que Mata igualaría tras un rexeite no área, e cinco minutos máis tarde o central Alejandro exercería de Piqué para romper desde atrás, ceder atrás e deixar a Kevin en boca de gol. Só a man de Doyle evitou o gol, provocou o cartón vermello e un penalti que Adrián no desaproveitou. No intercambio de golpes posterior houbo tantas ocasións coma cartóns e faltas. Mazaricos 2-1 Buño Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Miguel, Matías, Martín, David, Ricardo, Molinos (Raúl m.60), Estéfano, Oreiro (Pedro de Pichín m.46), Cerbán (Chenel m.46), Diego Maneiro (Brais m.70) e Pereiro Buño: Toni, Mario (Richard m.64), Dani Calvete, Eloy, Emilio (Jorge Calvete m.55), Canedo, Miguel Dourado, Adrián (Kevin m.81), Fran, Alexander e Martín Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Amonestou a Eloy do Buño Goles: 1-0 m.8 Diego Maneiro; 1-1 m.10 Alexander; 2-1 m.21 Ricardo O infatigable Ricardo Capitán, xefe do medio do campo e en ocasións tamén goleador e vencedor de encontros. Así é un Ricardo erixido en protagonista do triunfo do Mazaricos sobre o Buño. Non foi o de Peña do Ouro o partido do ano, nin tampouco nada memorable, pero si un dignísimo exercicio de esforzo por parte de dous equipos que mesturan á perfección veteranía e un punto de descaro xuvenil. Houbo aposta común polo xogo directo, aínda que a diferencia marcouna en boa medida a fiabilidade defensiva amarela, fronte aos problemas oleiros para replegar nos balóns ás costas da defensa. Dese modo xerou boa parte do perigo o Mazaricos, quen tivo opcións de sentenciar e de atopar a tranquilidade na reanudación. Os visitantes achegaríanse pouco, pero nun par de ocasións incluso chegaron ter a igualada a tiro. Porteño 4-2 Baíñas Bonito encontro entre Porteño e Baíñas - Foto: CF Porteño Bonito encontro entre Porteño e Baíñas - Foto: CF Porteño Campo: A Grixa Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti, Cousillas (Cachi m.46), Quilmes (Xoel m.75), Marcos (Adrián m.88), Jorge (Wii m.78), Manuel, Roi e Rodri Baíñas: Carlos, Pablo Riveiro, Héctor, Braulio, Esteban, Iván (Eloy m.57), Oreiro, David Blanco, Canay, Damián (Felipe m.65) e Cristian Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Piti do Porteño; Esteban, Braulio, Pablo Riveiro do Baíñas Goles: 1-0 m.10 Quilmes; 1-1 m.26 Oreiro; 2-1 m.50 Iván, en propia meta; 3-1 m.65 Marcos; 3-2 Felipe; 4-2 m.87 Piti, de penalti O público do Porteño, sempre fiel - Foto: CF Porteño O público do Porteño, sempre fiel - Foto: CF Porteño O espírito de maio Recuperou o Porteño a sensación de hai uns meses, cando a base de fe, con dosis de bo xogo, remontou ata unha insospeitada permanencia. Os da Ponte superaron ao Baíñas, que por momentos foi mellor, pero que acabou por pagar unha enorme fraxilidade defensiva. Coincidindo coa mellora do Porteño está o momento que atravesa o pivote Quilmes, non só faro que guía a medular, senón tamén un recentemente descuberto goleador. Onte abriu o marcador ao cabecear unha estratexia lateral. Coincidindo coa vantaxe, e ata o intermedio, desapareceron totalmente os locais, a merced dun Baíñas que aproveitaría para empatar nunha xogada persoal de Braulio, o mellor con diferencia. Esa mesma dualidade que presentara o Porteño a pasada campaña apareceu en só noventa minutos. O paso polos vestiarios mudou compretamente ao equipo, que en poucos minutos puxo terra de por medio. Primeiro, cun gol en propia meta que afeou unha boa xogada colectiva, e pouco despois nunha finalización de Marcos. O intercambio final de golpes non variou a sorte do resultado. A anécdota da tarde firmouna Cousillas, que tivo que sers cambiado ao descanso, debido a que portada dous aneis que non foi quen de sacar, e o árbitro foi categórico ao respecto. Cerqueda 1-1 Laxe Campo: Xaviña (Buño) Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Athu, Martín, Lorenzo, Juanjo (Eloy m.55), Moha, Pablo, Cristian, Jonás e Míchel Laxe: Jacobo, Bras, Aarón, Naya, Manu, Felipe, Santi (Borja m.46), Santi Casás (Bieito m.55), Saleta, Gora e Pablo Fuentes (Simón m.70) Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Eloy do Cerqueda; Gora, Felipe e Bras do Laxe Goles: 0-1 m.32 Santi; 1-1 m.60 Cristian Sabor a derbi Rivais directos e proximidade veciñal, con moitos coñecidos por bando. Baixo eses patróns que invitan á igualdade moveuse o choque entre Cerqueda e Laxe, que deixa a ambos nunha dinámica para o optimismo. Foron atrevidos os pupilos de Adrián Lema nunha primeira metade na que só o Xuvenil Santi Casás atinou de cara á meta contraria. Estaban a ser os mellores minutos dun Laxe que errou á hora de pechar o marcador. Con paciencia, comezou a medrar o Cerqueda, que igualaría na reanudación por medio de Cristian e que acabaría por ter ocasións para levar o choque.

Comentarios