sábado. 15.03.2025
El tiempo

Liga da Costa: O 'Pentágono' sempre atina

Liga da Costa: O 'Pentágono' sempre atina
Empeza a parecer cousa da casuística que erren os cinco candidatos ao título, que de novo golearon sen apenas dificultades; a zona baixa comprímese cos sorprendentes 'candidatos' Camariñas e Esteirana Dieguito, de novo no once, foi chave no Ponteceso - Foto: SD Ponteceso Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Porteño 3-1 Corcubión Porteño e Corcubión xogaron unha cita pola salvación Campo: A Grixa Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Piti, Quilmes, Marcos (Wii m.68), Jorgito (Mario Toja m.60), Isma, Roi, Cachi, Rodri (Adrián m.53) e Manuel Corcubión: Abe, Alan, Lojo, Sebas, Lema, Rama (Roi m.63) Toni, Samuel, Mario Atan (Senra m.53), Tito (Antón Lestón m.60) e Pablo Castro Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Piti, Wii, Roi e Quilmes do Porteño; R<ma, Sebas e Lojo do Corcubión Goles: 0-1 m.49 Samuel; 1-1 m.80 Piti; 2-1 m.86 Roi; 3-1 m.90 Mario Toja O Porteño saca a cabeza e afunde ao Corcubión Nun cara a cara por sobrevivir, o Porteño superou á Unión Deportiva Corcubión e colleu aire para afrontar unha recta final que ven con curvas e moito tráfico. Non foi precisamente o partido máis bonito do ano, pero si con aire de decisivo. Tiveron varias os locais nun primeiro acto no que estrelaron un balón na madeira. Mentres, os visitantes aguantaban das virtudes do seu rival e buscaban saídas á contra con Rama e Samuel. Precisamente foi este último o que, recién iniciado o segundo acto pescou un balón rebotado fóra do área e cunha volea acertada puxo por diante á UD. Como a maioría dos encontros na Grixa cando o Porteño ten opcións, o paso dos minutos foi inclinando máis e máis o campo a prol dos locais, que acabaron por pechar ao seu rival. Igualou Piti cunha volea tras un saque de banda, remontou Roi nun córner posto con moita clase por Mario Toja e sentenciou o zurdo nunha contra co Corcubión xa volcado á desesperada. Os da Ponte recuperaron sensacións, futbolistas e as armas (exemplo o modo en como chegaron os goles) que lles levaron nos últimos anos a salvar a categoría. Cerqueda 0-4 Corme Durou unha parte a cita de Buño - Foto: UD Cerqueda Campo: Xaviña (Buño) Cerqueda: Diego Dourado (Richard m.70), Bastón (Sergio m.74), Dani, Uru, Javi Pazos, Michel, Cholo, Méndez, Jonás (Athu m.60), Iván (Eloy m.56) e Lorenzo Corme: Susiño, Alejandro (Sergio m.66), Dani (Jesús m.66), Pandi, Toniño, Eloy, Diego (Martín m.50), Adrián Doldán (Brais Torrado m.79), Alejo, Lucas e Brais Corral Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Dani do Cerqueda (m.23). Amonestou a Jonás, Cristian, Eloy do Cerqueda; Lucas, Diego, Brais Corral e Toniño do Corme Goles: 0-1 m.17 Alejo, de penalti; 0-2 m.23 Alejo, de penalti; 0-3 m.70 Toniño; 0-4 m.81 Alejo Triple desgracia de Dani en tempo récord Dous penaltis cometidos polo local Dano con consecuencia de cartón cada un deixaron sen opcións ao Cerqueda no derbi de proximidade co invicto líder Corme. Queda a dúbida de que tería sido a tarde cun guión estándar, pero o certo é que desde as filas locais protestouse moito a arbitraxe, algo que estranou no primeiro clasificado. Non había xa encontro antes da primeira media hora, e o certo é que agás as accións de gol non sucedera case nada nas áreas. De feito o guión quedou algo enrarecido e os cormeláns fixéronse absolutos dominadores do choque. Cun ritmo algo atípico, na segunda metade pecharon o choque. E foi durante algúns minutos contra nove futbolistas, xa que Uru mancouse con trocos todos consumidos na UD. Dúas contras acertadas (despois de varias opcións erradas) aumentaron o marcador grazas á clase de Toniño e ao olfato realizador dun Alejo que de novo pudo levar o balón asinado para casa, cos seus tres tantos. Son xa corenta e tres goles en vintecatro choques, case dous de media. Laxe 2-5 Unión Club Cee Campo: Cabo D'Area Laxe: Jacobo, Bras, Borja, Saleta, Miguel Varela, Aless (Carrabete m.46), Casas, Javi, Felipe, Rafa (Santi m.65) e Bieito Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Chema, Esteban, Martín (Leo m.68), Jon (Carlos Leis m.75), Carlos (Álex m.75), Juan Bello (Uri m.66), e Javi (Aitor m.72) Árbitro: Insua Lagoa (A Coruña). Amonestou a Nico, Carlos e Esteban do Cee Goles: 0-1 m.8 Javi; 0-2 m.14 Martín; 1-2 m.55 Miguel Varela; 1-3 m.64 Juan Bello; 2-3 m.79 Carrabete; 2-4 m.82 Leo; 2-5 m.85 Leo Veteranos e noveles O Unión Club Cee sacou adiante un partido importantísimo no feudo do colista Laxe, ao que impediu manter a boa traxectoria e meter máis para abaixo ao histórico clube da Xunqueira. Significativamente, foi un equilibrio entre as xeracións entrantes e as pretéritas, encargadas de resolver nos minutos finais cando a cousa tiña tintes de poder compricarse. Controlou boa parte da tarde o cadro visitante, que entrou fortísimo e pareceu sentenciar case no primeiro cuarto de hora. Un balón ao espazo para Javi (quen resolveu con clase) e un cabezazo de Martín puxeron terra de por medio para un Laxe algo mermado polas ausencias. O fútbol control que estaba a exercer o Unión non acabou por botarlle o candado aos tres puntos, e por momentos houbo certa tensión. Sobre todo a raíz do tanto do carballés Miguel Varela, e a seguinte opción para o Laxe de equilibrar. O máis veterano, pillo e intelixente, Juan Bello, aproveitou un erro entre a zaga e o meta local para de novo anotar para o Cee. Pareceu emular o visitante Paulo ao garmallas local e, nunha tentativa por regatear a un rival, deixoulle a Carrabete o 2-3 en bandexa. Cos locais á desesperada buscando a xesta Leo foi o gran Picallo de sempre e firmou dous tantos máis que supoñen unha bombona de aire para o Cee. Baíñas 1-0 Coristanco Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Cristian, Braulio, Canedo, Eloy García (Roly m.68), Iván (Esteban m.52), Chento, Samuel, Canay, David Blanco (Héctor m.11) e Pablo Muíño Coristanco: Brais, Álex, Gustavo (Villajos m.46), Javi, Pazos (Rubén m.70), Iván (Sergio m.68), Jorge Lorenzo, Damián (Añón m.60), Samuel, Marcos Corral e Cristian Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Expulsou a Marcos Corral, do Coristanco (m.78). Amonestou a Eloy e Iván do Baíñas; Damián, Gustavo, Javi e Villajos do Coristanco Gol: 1-0 m.27 Pablo Muíño Co de sempre, acaba como sempre Un gol de Pablo Muíño levou novamente ao triunfo a un Baíñas que cada vez respira mellor e que de seguir esta dinámica salvará a categoría un ano máis. O punta decidiu esta vez ante un rival directo como o Coristanco, que prantexou moita resistencia. Foi intensiva a producción de oportunidades por parte dos vimianceses durante a primeira metade. Samuel, de cabeza, Pablo Muíño, a pase de Canay e tras un erro defensivo, avisaran en cuestión de vinte minutos. Pero o atacante, autor xa de quince dianas en trece encontros, no marra nunca tres seguidas. Un tiro cruzado desde fóra do área, esta vez con colaboración do meta visitante, a quen lle entrou a pelota entre as mans, significou o gol do triunfo. O único achegamento 'pataqueiro' foi na execución dunha falta ben detida por Maikel. No que era unha contenda igualada polo dominio da bola, estaba a definir a pegada. E así foi tamén nunha reanudación onde o Coristanco voltouse máis incisivo, pero igual de eficaz. Dúas paradas de Maikel e dous córners consecutivos eran a viva imaxe do asedio en busca do empate. Coa expulsión de Marcos Corral o Baíñas atopou o camiño para construir contras, pero non foi quen de pechar antes a cita. Braulio, nunha falta que bateu no pau, e Pablo, tamén contra a madeira, erraron á hora de aumentar a conta. San Lorenzo 4-0 Monte Louro O Louro non foi quen de sorprender esta vez - Foto: Edu Olveira Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Javi Puñal (Mario m.65), Samuel, Rudi, Adrián Varela, Pablo Díaz, Kevin (Fuentefría m.61), Iván Parafita, Juni, Álex Taibo e Dani Pena (Diego Varela m.46) Monte Louro: Fernando, Pablo, Manolo Chouza, David, César (Pesi m.58), Gelo (Yeray m.56), Adirán (Cris m.79), Raúl, Riki (Joaquín m.69), Miguel e Geiko Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Goles: 1-0 m.3 Juni; 2-0 m.21 Kevin; 3-0 m.38 Kevin; 4-0 m.90 Juni A máquina non para O San Lorenzo mantivo a dinámica vencedora do 2017 e superou con claridade a un Monte Louro que pagou en exceso as baixas importantes de homes como Juan de Selia. No descanso a contenda xa morrera deportivamente. Nada máis comezar, Juni, nun man a man, abría o camino do triunfo carballés. O tanto tranquilizaba e moito aos seus compañeiros, que iso si xogaron a un ritmo algo máis baixo que en partidos anteriores. Kevin, tamén en balóns francos contra o porteiro, asinou dous tantos máis antes do descanso. Protestou moito o banco visitante as accións, nas que reclamou falta previa e fóra de xogo. Gelo tivo os mellores achegamentos dos loureáns, que na segunda parte perderon algo de timidez. Co choque totalmente sentenciado, Juni acudiu de novo á cita co gol e anotou tras un pase da morte de Diego. Para o vindeiro choque, Óscar Leis espera recuperar a Dani de Sahorta, Gabri, Juan de Selia ou Abel. Ponteceso 3-1 Castriz Campo: O Pinguel Ponteceso: Brais, Martín Puente, Ismail, Matías, Nando, Alberto Recarey, Yago (Baba m.69), Charro (Dieguito m.25), Mendieta, Mara e Charly Castriz: Herrera, Rubén, Carlos (Martín m.70), Steven, Álex, Matías (Nakata m.55), Sebas, Roberto (Pablo m.60), Adrián, Iván e Chinda (Raúl m.64) Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Charly, Dieguito, Ismail e Matías do Ponteceso; Roberto, Raúl, Nakata do Castriz Goles: 0-1 m.27 Adrián; 1-1 m.55 Carlos, en propia meta; 2-1 m.70 Mara; 3-1 m.82 Mara Mara…billoso Peligrou durante algúns minutos o triunfo do Ponteceso na visita do perigoso Castriz, pero tería sido moi inxusto cun conxunto que novamente formou a un ritmo espectacular. Dominaron os de Barca o balón de comezo a fin, pero sufriron un pau no único lanzamento perigoso en todo o partido que fixo o seu rival. Adrián, cunha volea desde fóra do área tras un rexeite dunha falta, obrigaba novamente a que o Ponteceso tivera que remontar. Saiu forte a SD despois do paso por vestiarios, e parte da mala fortuna que tivera co 0-1 reverteuse na igualada, en forma de autogol de Carlos ao intentar despexar unha falta. Apareceu para desequilibrar definitivamente a figura de Mara, da man de quen ten medrado exponencialmente o equipo nos últimos meses. O malpicán aproveitou un centro desde a dereita para, tocando ao segundo pau, poñer o segundo. Pouco despois el mesmo iniciaría un contragolpe, abreu a banda para Nando e recolleu a parede para definir con clase ante Herrera. O asistente converteuse nesta vez no executor dun Ponteceso que non afrouxa e ao que só penaliza un irregular comezo de tempada con moitos ausentes. Malpica 4-0 Buño Campo: A Pedra Queimada Malpica: Víctor (Lamas m.80), Cristian, Marcos Pensado, Alberto, Leilán, Isma, Eloy, Casáis (Pablo Rey m.66), Iván, Ortiz (Lolo m.75) e Brais Lado Buño: Toni, Jordan, Pablo, Mario, Eloy, Jorge Calvete, Dani Calvete, Fran, Juan Antelo, Alexander e Adrián Ärbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Marcos Pensado do Malpica; Adrián, Eloy e Jorge Calvete do Buño Goles: 1-0 m.30 Alberto; 2-0 m.40 Iván; 3-0 m.70 Ortiz; 4-0 m.83 Brais Lado Autohomenaxe do Malpica Xogábase moito máis o Buño que o Malpica no derbi municipal, pero os 'capitalinos' foron superiores e acabaron por golear a un rival ao que deixan en problemas clasificatorios. Os oleiros protestaron moito a arbitraxe, aínda que só con 2-0 inquedaron e fixeron traballar duro a Víctor. Polo guión dun derbi de todo a vida moveuse unha primeira media hora de intensidade e de fútbol entre homes acostumados a este tipo de tardes. Abriría o marcador Alberto, de cabeza no rexeito dun córner que os visitantes discutiron na súa sinalización. Pouco despois, unha boa asistencia de Cristian para Iván deixou quizáis a xogada da tarde. O punta recibiu, recurtou e mandou o balón á escuadra do pau longo. O meta Víctor tirou de axilidade para rexeitar un libre directo tralo descanso que podería ter metido no encontro a un Buño que tentou ir arriba e apretar, pero que non atopou a profundidade e botou en falta a algúns dos seus homes determinantes. Brais Ortiz, nunha contra, e o seu tocayo corcubionés, cun terrible golpeo ao pau curto que acabou na escuadra, compretaron unha goleada que pode considerarse demasiado abultada para o visto sobre o campo. Baio 4-0 Camariñas Campo: Platas Reinoso Baio: Recarey, Isaac, Norberto, Porto, Fachal, Martín (Brais m.52), Moreno (Ramón m.83), Rubio, Bieito (Costiña m.80), Javi Suárez (Pablo m.58) e Martín MC Camariñas: Pablo Novo, Sergi (Martín m.60), Kevin, Nazo, Moriño, De la Sierra, David, Yuyo (Álex m.80), Gabri (Kevin Martínez m.51), Brais Alonso e Maikel Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Goles: 1-0 m.5 Rubio; 2-0 m.15 MC; 3-0 m.35 MC; 4-0 m.88 MC En ligas diferentes O Baio pasou por enriba dun Camariñas moi inferior e que está nunha profunda crise de efectivos, de rendemento e de seguir así tamén clasificatoria. Notouse a diferencia entre o que desputaban uns e outros. Media hora houbo de 'loita' nun encontro de notables dualidades. A primeira acción colectiva local deixou xa productividade. Un pase de Bieito deixou a Javi Suárez vía libre para sacar un centro ao segundo pau, con volea certeira de Rubio. Pouco despois, entre Martín, Rubio e MC fabricarían un segundo tanto tras rexeite en forma de mazazo para un cadro visitante á expectativa e que salvou os mobles en varias ocasións durante un revelador primeiro acto. Non sería ata pasada a media hora cando MC, tras marrar varias accións claras, concretase a sentencia e o terceiro, cun zurdazo ao fondo da rede. Antes, Nazo e David fixeran a reivindicación camariñán. Sobrou unha segunda metade case a modo de amigable e que só serviu para un novo hat trick de MC, o quinto do curso, tras unha cesión de Javi Suárez.
Esteirana 1-4 Mazaricos Campo: José Luis Vara Esteirana: Roberto, Dani Rama, Eloy Veloso, Iker (Pablo Rama m.38), Jose, Codesido, David Pais, Jaime, Simón, Brais (Eloy Campos m.63) e Manu (Álex m.28) Mazaricos: Miguel, Esteban (Raúl m.90), Estéfano, Matías, Martín (Oreiro m.70), Pereiro, David, Ricardo, Chenel, Molinos e Brais Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Amonestou a David Pais da Esteirana; Roberto, Ricardo e Oreiro do Mazaricos Goles: 0-1 m.36 Brais; 0-2 m.41 Chenel; 1-2 m.66 Jose; 1-3 m.72 Chenel; 1-4 m.90 Chenel Sempre resolve Non fallou o Mazaricos na súa visita a unha necesitada Esteirana, con variacións no seu once e moita xuventude, para non variar. Os visitantes, con máis táboas, manexaron á perfección os tempos e deron dous zarpazos pouco antes do intermedio. O muradán e ex do Muros e Volantes Brais abreu o marcador ao aproveitar un balón morto no área, e o mega intelixente, oportunista e fiable Chenel aproveitou un man a man para facer o segundo. Contra o que podería supoñerse medrou a Esteirana no segundo acto, e unha falta á escuadra valeu de aviso e anticipo ao primeiro e único tanto. Recuaría o Mazaricos na reanudación para buscar matar á contra, pero despois de varias accións Jose marcaría un tanto con efímero valor intimidatorio, xa que Chenel, tras gañarlle as costa á zaga local, faría o terceiro intres despois. Cos locais tentando apretar e á contra, de novo o santiagués finiquitaría a cita no desconto.

Comentarios