Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Liga da Costa: Piloto automático

Liga da Costa: Piloto automático
Os enfrontamentos directos dos seus perseguidores ou algún pinchazo esporádico chocan directamente coa case mecánica perfección dun Corme aínda invicto e que esta vez meteulle terreo ao Ponteceso; na terra de Pondal venceu nun partido de valor tan moral como efectivo o recuperado Baio O Corme mantívose invicto ante un Cee que deixou boa imaxe - Foto: Fin Lema Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Corme 4-1 Unión Club Cee Campo: O Cairo Corme: Susiño, Jesús, Dani (Alejandro m.18), Pandi, Toniño, Eloy, Martín (Jose m.61), Diego (Brais Torrado m.77), Alejo, Lucas e Brais Corrral (Samuel m.84) Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, JUlito, Aitor (Leo m.65), Esteban (Jon m.86) Javi, Chema (Noé m.74), Uri (Carlos m.80), Martín e Andrés (Juan m.46) Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Eloy do Corme e Julito do Cee Goles: 1-0 m.26 Toniño; 1-1 m.31 Uri; 2-1 m.41 Lucas; 3-1 m.78 Alejo; 4-1 m.86 Jose Máis axustado do que parece Segue invicto o líder da Liga da Costa, un Corme que co paso das semanas ten convertido o éxito en inercia. Non foi sinxela a visita do Unión Club Cee ao Cairo, onde o equipo con máis títulos da zona pareceu reverdecer vellas grandezas e competiu minimizando o factor clasificatorio. Sen embargo, non ser fiable defensivamente penalizou en exceso os seus intereses. A posesión, prácticamente indiscutible cando xoga o Corme, era azulona por maioría absolutísima. Pero cunha falta de profundidade que atoparía un aliado ou solución: a pouca fiabilidade defensiva amosada polo Unión. Tres dos catro tantos cormeláns levaron consigo algún erro chave. E iso que Uri puxéralle algo de emoción e tensión á Liga co seu gol de falta (tamén coa colaboración do meta local). Racharon a tarde a clase de Lucas e, xa na recta final, o xa clásico encontro co gol do pichichi Alejo, que suma xa 32 dianas en 20 encontros desputados. Corcubión 1-1 Coristanco Campo: Cubaleiro Corcubión: Abe, Mario, Sebas, Antón Lestón (Toja m.72), Pablo, Tito (Lojo m.57), Adrián, Gabri, Rama (Nes m.68), Roi (Alan m.60) e Lema Coristanco: Brais, Samu, Iván, Mato, Jorge, Corral, Toni (Álvaro m.62), Javi, Pazos (Espasandín m.86), Damián (Sergio m.67) e Samuel Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Pablo do Corcubión; Brais do Coristanco Goles: 0-1 m.81 Samu; 1-1 m.86 Sebas Co que había en xogo! Sinxelo traballo o de porteiro no Corcubión-Coristanco, onde dous rivais directos pola permanencia lle puxeron ganas, pero moi pouco fútbol e porcentual relación de opcións claras de gol. Os visitantes maniataron perfectamente ao seu rival durante un primer acto no que Abe e Brais apenas interviron unha vez por bando, e sen ter que facer precisamente unha demostración de cualidades Si deron os locais un paso adiante no segundo tempo, aínda que coma quen choca cun muro. Pola súa banda o cadro 'pataqueiro' avisou con timidez antes dun gol de Samu que polas alturas e dinámica de encontro parecía decisivo. O bergantiñán aproveitou un rexeite na frontal tras unha contra para remachar. Volcaríase a UD, que tería en botas de Lojo e Lema unha igualada que chegaría co selo de Sebas, á saída dun córner. Nes tería a última para facer o segundo. Porteño 1-3 Monte Louro Os futbolistas do Louro celebran un tanto ante a mirada dos mancados porteñistas Quilmes e Cachirulo - Foto: Edu Olveira Campo: A Grixa Porteño: Martín, Pejo, Piti, Jorge (Adrián m.22), Wii (Xoel m.62), Marcos, Jorgito, Isma, Manuel, Roi e Rodri (Manu m.76) Monte Louro: Fernando, Pablo Vidal (Cristian m.86), Abel (Jose m.74), Manolo Chouza, César, Yeray, Gabri (Raúl m.64), Miguel, Geiko (Adrián m.88), Riki e David Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Piti e Adrián do Porteño; Jose e David do Louro Goles: 0-1 m.1 Geiko; 0-2 m.6 Gabri; 1-2 m.16 Wii; 1-3 m.48 Geiko Urxencias e rapidez Parecía ter presa unha Unión Deportiva Monte Louro que coa súa vitoria na Ponte do Porto prácticamente deixa de ser candidato a evitar o descenso directo. Os de Óscar Leis asinaron o tanto máis rápido da Liga, obra de Geiko aos vinte segundos tras pase de Miguel, e pareceron case sentenciar cinco minutos despois, nunha acción entre David e Gabri e remate deste. Iso sería un pau mortal para calquera necesitado, pero o Porteño, que reclamara un penalti de Fernando a Roi co 0-1, tirou de orgullo e determinación, e a base de saques de banda e balóns colgados acabaría por pechar no seu área aos muradáns. Wii acurtaría distancias nun balón morto, e incluso a parroquia local protestaría moito un gol anulado por fóra de xogo. Houbo dominio porteñista nunha segunda metade na que os dous grandes pilares do Louro foron o meta Fernando e un Manolo Chouza imperial. Piti, en boca de gol, e un man a man errado por Jorgito, diusfrutaron das mellores opcións dun conxunto que non acaba de dar un paso á fronte. Cerqueda 0-0 Castriz Campo: Xaviña (Buño) Cerqueda: Diego, Javi Pazos, Sergio, Uru, Bastón, Dani, Jonás, Adrián, Martín, Richard e Moha Castriz: Herrera (David m.20), Martín (Raúl m.75), Carlos, Álex, Steven, Nakata, Adrián, Iván, Pablo, Matías (Chinda m.64), Kevin (Roberto m.60) Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña). Amonestou a Martín e Adrián do Cerqueda; Steven David do Castriz Os 11 de Xaviña Sen trocos e co meta Richard formando coma dianteiro, a Unión Deportiva Cerqueda foi quen de aguantar o desafío da visita do Castriz, conxunto que non acaba de atopar a regularidade nin o punto necesarios para volverse máis temible. Un ritmo especialmente lento era o que máis lle interesaba a un Cerqueda sen aire no banco, e así transcorreu boa parte dunha cita na que por outro lado o Castriz non deu coa fórmula definitiva. Un centro de Steven para Pablo, que o atacante marrou en boca de gol, foi o máis relativo dun longo primeiro acto. Houbo algún achegamento esporádico e con certo perigo dun moi valiente cadro de Raúl Periscal (que curiosamente estaba ante seus ex). Unha parada de Diego a tiro de Nakata, así como outro erro de Pablo en boca de gol deron nas máis claras oportunidades dese segundo tempo no que nin os trocos nin a enerxía renovada do Castriz puderon cun moi solidario Cerqueda. Laxe 4-2 Buño Campo: Cabo D'Area Laxe: Iñigo, Bras, Gora, Pablo, Aarón, Aless, Borja, Simón (Bieito m.64), Javi (Rafa m.84), Miguel Varela (Carrabete m.17) e Santi (Felipe m.46) Buño: Toni, Jordan, Aitor (Emilio m.66), Mario, Eloy (Dimitri m.54), Jorge Calvete, Juan Antelo, Fran, Dani Calvete, Martín e Miguel Dourado (Jesús m.71) Árbitro: Juncal García (A Coruña). Goles: 1-0 m.8 Santi; 2-0 m.44 Santi; 3-0 m.64 Felipe; 3-1 m.80 Fran; 3-2 m.89 Dani Calvete; 4-2 m.93 Aless Hai vida! Fundamental e traballada vitoria do Laxe no derbi ante o Buño, que chega en forma de inxección de moral a un conxunto que xa estaba a vivir unha metamorfose positiva nas últimas semanas. Un inicio moi serio, unido a un acerto non tan habitual foron algunhas das chaves do éxito. Non botaron de menos os de Lilo a homes como Saleta, Jacinto ou Naya, titulares habituais. O xuvenil local Santi Casas foi o home do primeiro acto. Bigoleador, trouzo de cabeza á zaga oleira. Primeiro, anotou nun balón largo no que resolveu un man a man, e pouco antes do descanso remacharía unha falta lateral. De aí ao terceiro, asinado por Felipe no ecuador do segundo acto, o Buño medraría e tería opcións de acurtar distancias, pero non era o día dos de Mauro. Só pareceuse á versión reciente no cuarto de hora final, onde dous goles meteron o medo no corpo a un Laxe que sentenciaría co gol de Aless. Baíñas 5-2 Camariñas Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel (Samuel m.93), Cristian, Braulio, Canedo, Héctor, David Blanco, Chento, Canay (Damián m.61), Felipe (Roly m.78), Víctor e Pablo Muíño (Iván Hermida m.92) Camariñas: Pablo Novo, Sergi, Kevin, Moriño (Dani m.76), David, Yuyo, Antelo, Brais (Rodri m.54), Pablo Mouzo, Maikel e Nazo Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amonestou a Canay, Roly e Maikel do Baíñas; Yuyo e Sergi do Camariñas Goles: 1-0 m.14 Felipe; 2-0 m.17 Pablo Muíño; 3-0 m.48 Víctor; 3-1 m.55 Nazo; 3-2 m.66 Yuyo; 4-2 m.74 Pablo Muíño; 5-2 m.92 Pablo Muíño Muíñoland Tres goles e o mellor partido do que vai de curso para Pablo Muíño foron sinónimo de triunfo chave para o Baíñas ante un Camariñas ao que se lle empeza a notar a tranquilidade clasificatoria. Foi o inicio vimiancés determinante para a sorte do resto do choque. Unha acción por banda do matador do local con pase atrás para Felipe significou o primeiro da tarde, mentres que pouco despois sería o propio Pablo o encargado de remacgar, tras un pase do corcubionés Víctor que lle deixou man a man co porteiro. A figura do mediapunta e a superioridade no medio do campo inclinaba a balanza moi do lado local. Nada máis voltar dos vestiarios, e cos visitantes tentado dar un paso adiante, Pablo levaba todo por diante para provocar un rexeite e o tanto de Víctor de volea. Co panorama moi encarrilado, a tarde entraría nunha dinámica algo distinta e o Camariñas medraría. Un par de boas combinacións ofensivas servíronlle para que as balas Nazo e Yuyo acurtaran distancias, polo menos ata que con espazos e os riscos Pablo aproveitara para facer o cuarto nun balón morto. A anécdota negativa da tarde chegou cando Maikel decidiu marchar do campo tras recibir insultos referidos ao seu pai, falecido recentemente, por parte duns seareiros visitantes, que dixeron descoñecer a realidade. San Lorenzo 3-1 Esteirana Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Rubén (Samuel m.14), Kevin (Adrián m.78), Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Diego Varela (Anxo m.80), Mario, Juni, Fuentefría (Pablo m.38) e Dani Pena Esteirana: Roberto, Codesido, Rafa, Veloso, Tobío, Álex (Carajillo m.71), Martín, Jaime, David Pais (Pachín m.55), Pablo e Iker (Campos m.55) Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Rudi do San Lorenzo; Rafa e Codesido da Esteirana Goles: 1-0 m.4 Juni; 2-0 m.6 Diego; 2-1 m.40 Pablo Rama; 3-1 m.70 Mario Tres puntos e dous paus Importante triunfo para un San Lorenzo que sigue mirando cara á zona noble, aínda que estaba vez o premio chegou cunha peaxe en forma de lesións de Rubén, cunha escordadura de nocello, e Fuentefría, víctima dunha posible rotura de fibras. Entraron moi fortes os carballeses na cita, e prácticamente aos cinco minutos tiñan o triunfo no peto. Juni, nun balón colgado tras rexeite dunha falta lateral (e en posición protestada polos visitantes) facía o primeiro. Diego, pouco despois, cabeceaba espectacularmente no segundo pau para facer o segundo. Decrecería a intensidade e medraría lixeiramente unha Esteirana que antes do intermedio recurtaría distancias por medio de Pablo Rama, que aproveitou un saque de Roberto e erro defensivo para superar de vaselina a Javi Souto. Xa no segundo acto, con alternativas nas dúas porterías e sobre todo achegamentos locais, tivo que ser unha xenialidade de Mario a que finiquitase a tarde. O centrocampista executou unha falta cunha sorte de folha seca imposible para Roberto. E aí morrería o que de desputada tiña a tarde. Ponteceso 0-1 Baio MC e Charro dispuxeron dalgunhas das mellores opcións - Foto: SD Ponteceso Campo: O Pinguel Ponteceso: Xurxo, Ismail, Matías, Nando, Alberto Recarey (Adrián Pose m.90), Yago, Charro, Javi, Mendieta, Mara (Dieguito m.69) e Charly (Iván m.81) Baio: Diego, Isaac, Porto, Norberto, Luis (Pedro m.24), Mario, Martín (Costiña m.86), Brais (Moreno m.81), Rubio, Javi Suárez (Eloy m.88) e MC Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Mendieta, Xurxo e Javi do Ponteceso; Ivánn, Martín e Mario do Baio Gol: 0-1 m.50 MC Preto de 300 seareiros presenciaron o choque do Pinguel - Foto: SD Ponteceso Nunha distancia extremadamente curta Fíxose partido de fútbol o tradicional dito de "deciden pequenos detalles". E tanto. Ponteceso e Baio evidenciaron unha paridade prácticamente total e deixaron un encontro máis intenso, desputado e táctico que espectácular na producción ofensiva, pero sempre cun coeficiente de calidade por enriba do notable. Era o mellor momento do curso dos locais, que por tendencia ademais podían acadar a segunda praza, e iso notouse nun primeiro acto sen presencia nas áreas e cunha constante de tentativa e réplica no mando do xogo. Sería chave o momento do pau baiés, cun penalti executado por Brais ao pouco da reanudación. Xurxo acertaría a intención, pero o seu rexeite chegaría a MC, que non erraría. O propio meta local salvaría pouco despois, nun disparo de Rubio. A intervención serviría como lanzadeira para unha contra de libro, na que Charro, só ante Diego, mandou fóra. Estaba volcado o Ponteceso, e pouco despois Mara mandaba demasiado alto un centro do propio Charro. Tentou o Baio botarlle o freo de man á tarde, e conseguiu que decrecera o ritmo ata minimizar totalmente a presencia nas áreas, a pesares da vontada dun Ponteceso ao que esta vez non lle saíron as cousas.
Malpica 1-2 Mazaricos Campo: A Pedra Queimada Malpica: Braism Cristian, Alberto, Leilán, Marcos (Casáis m.65), Isma, Eloy, Brais Lado, Iván, Álex (Hombre m.60) (Lolo m.86) e Brais Ortiz Mazaricos: Miguel, Dani Martínez (Oreiro m.46)(, Estéfano, Martín, Matías, Pereiro, David, Ricardo, Chenel, Molinos e Brais (Manuel Luis m.66) Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Amonestou a Brais Ortiz do Malpica; Matías do Mazaricos Goles: 0-1 m.31 Chenel; 1-1 m.55 Brais Ortiz; 1-2 m.80 Chenel A vidal mantense igual Novo triunfo dun Mazaricos ao que parecen non importarlle os rivais nin os feudos onde xoga. Sempre responde a un guión moi parecido, que por outra banda funciona á perfección. Os amarelos desfixéronse esta vez dun Malpica que pode que merecera algo máis de premio e que deixou moi boa imaxe. Tiveron os locais a posesión, algo que non pareceu importarlle demasiado ao terceiro clasificado da liga, que unha vez máis apenas concedeu opcións de perigo na súa área. Poucas chegadas bastáronlle, non obstante, para resolver a tarde con éxito. Á media hora, e tras un balón morto nun córner, Chenel adiantaba aos seus. Medrou un pouco máis o Malpica no segundo acto, e con algo de fortuna nos rexeites Brais Ortiz conseguía equilibrar de novo o marcador. Pero sempre hai que contar que os matadores coma Chenel volven. O santiagués resolveu un balón morto na frontal do área para resolver outros tres puntos rumbo á Picota.

Comentarios