Luns. 09.09.2024
El tiempo

Liga da Costa: Pontexceso nas Pedreiras

Liga da Costa: Pontexceso nas Pedreiras
Seis goles ante o San Lorenzo nun dos campos máis difíciles son a carta de presentación do ano para un candidato que retoma galóns; no derbi camariñán triunfou o azulón Piti e Nazo, durante un lance do derbi camariñán - Foto: CF Porteño Piti e Nazo, durante un lance do derbi camariñán - Foto: CF Porteño Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Unión Club Cee 4-3 Monte Louro
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Jose (Aitor m.64), Esteban, Javi (Samuel m.76), Carlos Leis, Uri, Juan Bello e Martín (Leo m.64)
  • Monte Louro: Fer (Iago m.46), Miguel, David, Manolo Chouza, Abel, Yeray, Riki (Dani de Sahorta m.28), Raúl (Pedro m.75), Geiko, Juan de Selia e Gabri
  • Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Amonestou a Juan Bello, Esteban, Carlos Leis, Uri do Unión Club Cee; Abel do Monte Louro
  • Goles: 0-1 m.4 Geiko; 0-2 m.7 Geiko; 1-2 m.43 Javi; 1-3 m.44 Gabri; 2-3 m.47 Jorgito; 3-3 m.61 Javi; 4-3 m.69 Uri
Foi efímera a ledicia do Louro - Foto: Edu Olveira Foi efímera a ledicia do Louro - Foto: Edu Olveira O que pedira aos Reis A acuciante falta de gol que penalizara ao Cee durante o final de 2016 desapareceu quen sabe se por un día co gallo da visita do Monte Louro (curiosamente protagonista de partidos-tenis en numerosas ocasións). Os muradans sorprenderon de saída coa verticalidade de Geiko, que puxo en vantaxe de dous tantos aos seus antes dos dez minutos de xogo. Pode que polas botas de Dani de Sahorta pasase outra sorte de destino, ao estrelar na cruceta o que tería sido o 0-3. Pero tamén tería sido inxusto cun Cee que estaba a chegar e xerar oportunidades. Foi chave o tanto de Javi pouco antes do descanso, tras unha boa acción colectiva. A réplica de Gabri foi inmediata co 1-3, pero o Cee chegara para non irse máis. Jorgito, nada máis retornar do vestiario, Javi novamente e Uri certificaron unha remontada baseada en dúas cousas: a profundidade do Unión, e o progresivo descenso físico e moral dos de Óscar Leis, que acabaron cedendo moito espazo nun pasto precisamente xigantesco. Juan de Selia, cun disparo ao pau, e Manolo Chouza, nun remate postreiro, tiveron o cuarto nas súas botas. Recuperou a efectividade o Cee - Foto: Edu Olveira Recuperou a efectividade o Cee - Foto: Edu Olveira San Lorenzo 1-6 Ponteceso
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Javi Souto, Ángel, Kevin, Pablo, Juanjo, Álex Taibo, Mario, Parafita, Juni, Fuentefría e Diego Varela (Dani Pena m.61)
  • Ponteceso: Xurxo, Matías, Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito (Cotelo m.65), Yago (Mara m.62), Charro (Adrián m.79) (Brais m.88), Jose, Mendieta e Charly (Youssef m.58)
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Mario, do San Lorenzo (m.88). Amonestou a Parafita, Juanjo e Juni do San Lorenzo; Charly, Charro, Dieguito e Juanma do Ponteceso
  • Goles: 0-1 m.4 Charro; 0-2 m.22 Matías; 0-3 m.32 Alberto Recarey; 1-3 m.35 Parafita; 1-4 m.48 Nando; 1-5 m.57 Matías; 1-6 m.73 Charro
[fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1905992136299523/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] O set menos pensado Nunha das visitas máis difíciles da Liga da Costa, o campo das Pedreiras de Verdillo, o Ponteceso ofreceu a súa mellor versión e pasou por enriba do que en teoría é un rival directo na loita polos postos de cabeza. Certo que nos locais faltaba algunha peza importante, pero non lle quita nin un ápice ao despliegue pontecesán. De libro foi a acción que inaugurou o marcador, con cambio de orientación a Charro, recorte en velocidade e definición diante do porteiro. Un Matías dominador cada vez que entra no equipo ampliou a conta ao saque dun córner, mentres que pouco despois Alberto Recarey recollía unha asistencia de Dieguito para facer o terceiro. Nin a esperanza en forma de gol de Parafita mantivo a esperanza para un cadro local que de novo sería barrido nunha reanudación con ritmo alto novamente no Ponteceso. Os locais queixáronse, iso si, da actitude do colexiado. Imaxe do choque de Verdillo-Foto-SD Ponteceso Imaxe do choque de Verdillo-Foto-SD Ponteceso Baíñas 1-3 Malpica
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Maikel, Eloy (Pablo Riveiro m.61), Braulio, Héctor, Jose Antonio, Cristian (Oreiro m.77), Damián, Víctor, Pablo Muíño, Samuel e Felipe
  • Malpica: Brais, Cristian, Marcos Pensado, Mario, Alberto, Isma, Eloy, Álex (Albertiño m.46) (Lolo m.80), Leilán, Cololo e Iván (Petís m.65)
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Eloy e Oreiro do Baíñas; Cololo, Iván, Mario Casal do Malpica
  • Goles: 0-1 m.14 Cololo; 1-1 m.37 Víctor; 1-2 m.50 Cololo; 1-3 m.90 Cololo
Un show de gomina e elegancia Cololo, eterno galán do gol, parece destinado a acaparar protagonismo polos séculos dos séculos. El, ten vivido tres décadas diferentes sobre un terreo de xogo, firmou os tres tantos do triunfo do Malpica en Vimianzo, e o fixo cunha exhibición descomunal de cualidades e tirando de tódalas especialidades: o primeiro tras un penalti a Cristian, o segundo de vaselina e o terceiro de libre directo. Estiveron finos os locais nunha primeira metade na que tiveron opcións e incluso foron superiores, aínda que sen pegada. Unha vez en vantaxe e con máis de media hora por diante o Malpica administrou á perfección á renta e incluso reclamou dous penaltis por derribos a Mario Casal e Petís.   Laxe 1-5 Baio
  • Campo: Cabo D'Area
  • Laxe: Jacobo, Jacinto, Bras, Pablo (Aarón m.56), Martín (Miguel Varela m.42), Borja, Saleta (Gora m.62), Felipe, Ales, Javi e Carrabete
  • Baio: Recarey, Isaac (Ramón m.73), Yago (Porto m.23), Norberto (Josiño m.79), Luis, Fachal (Santi Díaz m.72), Mario, Moreno, Rubio, Javi Suárez e Martín MC
  • Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.24 Isaac; 0-2 m.39 MC; 0-3 m.52 MC, de penalti; 0-4 m.83 Javi Suárez; 1-4 m.84 Miguel Varela; 1-5 m.88 MC
Demasiada diferencia Un Baio que loita pola Liga da Costa e un Laxe con problemas defensivos serios era un panorama moi desequilibrado para pensar na sorpresa. Despois dunha media hora inicial con boa resistencia local e moito mediocampismo foi unha acción maxistral de Javi Suárez, rematada por Isaac, o que rachou coa dinámica. Resultaría tamén fundamental no previo ao intermedio o reencontro co gol dun MC en plan líder que de novo finiquitou unha asistencia de Suárez. Resultou demasiado longa unha reanudación que acabaría coa goleada baiesa, xa na recta final. Antes, un penalti convertido por MC resolvera a cita. O canteirán prodixio Santi Díaz tivo protagonismo tamén asistindo ao antes 'cociñeiro' Javi Suárez.   Cerqueda 2-1 Esteirana Cerqueda e Esteirana xogaron un bonito choque - Foto: UD Cerqueda Cerqueda e Esteirana xogaron un bonito choque - Foto: UD Cerqueda
  • Campo: Xaviña (Buño)
  • Cerqueda: Richard, Bastón (Sergio m.61), Dani, Uru, Javi Pazos, Dani Mato, Cholo, Adrián (Iván Mato m.61), Míchel, Lorenzo e Méndez (Eloy m.78)
  • Esteirana: Roberto, Damián Suizo, Rafa, Álex (Eloy Campos m.43), Martín, Manu, Pablo Rama (Eloy m.76), Codesido, David, Jaime e Iker (Brais m.55)
  • Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Amonestou a Brais, Codesido e Pablo Rama da Esteirana
  • Goles: 1-0 m.34 Lorenzo; 1-1 m.47 Manu; 2-1 m.83 Iván Mato
Iván está de volta O retorno de Iván Mato aos terreos de xogo foi determinante para que o Cerqueda manteña a súa dinámica de tranquilidade total e condición de case revelación. Os bergantiñáns superaron a unha Esteirana que coma sempre ofreceu un trato exquisito de balón. Unha primeira metade case sen oportunidades e co único resalto do gol de Lorenzo tras aproveitar un rexeite deu paso a unha reanudación de alternativas. Asmiron protagonismo os visitantes, que igualaron moi cedo grazas a un pase ás costas da zaga local resolto por Manu. Houbo opcións de vitoria para ambos, pero foi a clase de Iván, que regateou ao porteiro e a varios defensas, a que resolveu na recta final dun bonito choque.   Porteño 2-3 Camariñas A Grixa rexistrou unha gran entrada - Foto: CF Porteño A Grixa rexistrou unha gran entrada - Foto: CF Porteño
  • Campo: A Grixa
  • Porteño: Martín, Adrián, Piti, Cousillas, Wii, Mario Toja, Marcos, Isma, Roi, Cachi (Manuel m.77) e Rodri (Manu m.74)
  • Camariñas: Pablo, Gabri, Sergi, Kevin (Brandon m.47), Moriño, David, Yuyo, Javi Antelo (Pablo Mouzo m.70), Pablo, Maikel e Nazo
  • Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Expulsou a Gabri do Camariñas (m.55). Amonestou a Marcos, Cachi e Wii do Porteño; Pablo e Yuyo do Camariñas
  • Goles: 0-1 m.24 Yuyo; 1-1 m.44 Mario Toja; 1-2 m.57 Nazo; 1-3 m.84 Nazo; 2-3 m.90 Wii
'Ronaldo' Nazoario Dous goles de Nazo, extremo que estivera ausente na recta final do ano, desequilibraron o derbi entre o Porteño e o Camariñas, no que os locais xogábanse moito máis en termos de supervivencia. Non obstante, foi o cadro da capital municipal o que levou a iniciativa nuns primeiros intres de moito fútbol directo e nos que xurdiu a polémica tras un gol anulado ao Porteño por falta de Roi nunha pugna cun defensa. O mazazo sería dobre para o conxunto de Javi Baña e Varela, xa que aos poucos minutos Yuyo faría o 0-1 nun pase ás costas da defensa. O guión sería moi semellante: perigo no balón áereo porteñista e na búsqueda do espazo por parte dun Camariñas que tería o segundo en botas de Nazo, que atoparíase co pau. A piques de regresar aos vestiarios unha falta en forma de xogo perigoso sobre Wii, no borde do área pequena, sería un regalo para a zurda de Mario Toja, que resolveu o libre indirecto con gol. Comezaría o segundo acto coa expulsión de Gabriel por unha falta aparatosa e coa asociación letal entre Yuyo e Nazo, que cun entendemento perfecto fabricaron o segundo e varias oportunidades máis. No terceiro, para a sentencia, foi Brandon o asistente. Sen embargo, o gol de Wii e unha falta colgada pouco despois por Mario Toja deixaron a emoción final.   Corcubión 3-3 Buño
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Beto, Jose (Abe m.58), Samuel, Lojo, Lema, Rama (Nes m.62), Mario Atan, Gabi, Adrián (Xabi m.82), Tito (Jesús m.51) e Pablo
  • Buño: Toni, Miguel Dourado (Jordan m.14), Canedo, Mario, Dani Calvete, Jorge Calvete, Juan Antelo, Fran, Adrián, Alexander e Martín
  • Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Amonestou a Jordan, Dani Calvete e Martín do Buño
  • Goles: 0-1 m.25 Juan Antelo; 1-1 m.27 Rama; 2-1 m.35 Tito; 3-1 m.44 Lojo; 3-2 m.78 Jorge Calvete; 3-3 m.85 Alexander
Táboas de supervivencia Vibrante e emocionante igualada entre Corcubión e Buño, rivais directos pola permanencia. A proposta foi prácticamente a mesma nos dous conxuntos, así como as carencias, no caso dos oleiros incluso de disposición de efectivos. Un erro defensivo permitíalle a Juan Antelo facer o 0-1, aínda que sería unha alegría efímera para os visitantes, xa que en vinte minutos caeríanlle tres tantos. O primeiro, obra de Rama, foi protestado por suposto fóra de xogo na prolongación dun saque de banda. Un golazo de Tito desde a frontal e un córner rematado por Lojo declararon o estado de ledicia en Cubaleiro. Asumirían riscos os pupilos de Mauro nun segundo acto no que acabarían por facerse co control, e tamén por igualar, cun cabezazo de Jorge Calvete primeiro e outro de Alexander a falta de cinco minutos para a conclusión.   Corme 3-1 Castriz
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño, Diego, Alejandro, Pandi, Toniño, Eloy, Martín (Brais Torrado m.60), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral (Jose m.85)
  • Castriz: Herrera, Raúl, Carlos, Álex, Balsa (Iván m.46), Nakata, Matías, Adrián, Steven (Roberto m.65), Kevin (Martín m.60) e Luis (Mata m.46)
  • Árbitro: Juncal García (A Coruña). Amonestou a Mata do Castriz
  • Goles: 1-0 m.18 Alejo; 2-0 m.33 Alejandro; 2-1 m.50 Raúl; 3-1 m.73 Alejo
O líder sigue ao seu Resolveu con fidelidade ao seu estilo o Corme a visita dun sempre perigoso Castriz, ao que pareceu finiquitar en media hora (nada máis lonxe da realidade). O manexo do esférico notable por parte dos locais deixou a creación da acción do gol de Alejo, tras gañarlle as costas á zaga xalleira. Nun córner o incombustible Alejandro faría o segundo, froito ademais dun dominio por momentos asfixiante. Mudaría lixeiramente o panorama cando, xa na segunda metade, Raúl executou maxistralmente unha pelota parada. Os minutos seguintes deixaron algo de zozobra, despexada novamente por Alejo co terceiro tanto. Debutaron nas filas do Castriz as recentes incorporacións Luis de Anxeriz e Roberto.   Coristanco 1-3 Mazaricos
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Brais, Mato, Gustavo (Damián m.60), Pazos, Gonzalo (Álex m.85), Iván (Añón m.70), Samuel, Marcos Corral, Rubén, Samuel e Cristian
  • Mazaricos: Miguel, Xabi, Matías, Martín, David García, Chenel, Molinos (Manuel Luis m.88), Estéfano, Dani Martínez, Brais e Pereiro
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.12 Chenel; 1-1 m.20 Samuel; 1-2 m.43 Molinos; 1-3 m.58 David
Cacería incuestionable Deixa moi pouco lugar a dúbidas a condición de 'terceira vía' do Mazaricos respecto ao dominio de Corme e Baio. Os amarelos superaron unha nova proba de campión na Rocheira, un deses feudos onde un se deixa títulos. Con autoridade e moito oficio o 'bronce' ligueiro adaptouse rápidamente ás necesidades do guión, e cedo abriría o marcador cunha nova acción de caníbal do gol por parte de Chenel. Duraría pouco a alegría visitante, porque no intercambio de golpes entraría un Coristanco poderoso no balón directo e que igualaría por medio de Samuel. Resultou chave o tanto de Molinos previo ao intermedio e o intelixente manexo dos tempos na reanudación.

Comentarios