Ligas Galegas: Sumando por Carlos
Non foron malos os resultados dos equipos dumbrieses nas Ligas Galegas, que queren adicarlle os puntos e o esforzo ao baiés Carlos, que durante este Nadal tivo que ser operado dunha rotura de tibia e será baixa para o que resta de tempada.
Para el ía adicada a vitoria contudente do Dumbría demostrando ante o Cerceda o seu poderío. Un Cerceda que chegaba despois de arrebatar a primeira opción de ascenso o ano pasado, pero que sucumbiu xa na Galega ante o equipo de Leis e Lobelos. Con esta vitoria, o cadro dumbriés queda 3º, a 3 do líder, o Vilalbés, e a 1 punto do Conxo.
Tamén sumaron os Cadetes na máxima categoría, pero menos do necesario pois os de Huelvis seguen en postos de descenso, xa a 5 puntos da salvación. En todo caso, o Bertamiráns era un dos de arriba, e un empate non é mal resultado tendo en conta que trataron de ti a ti ao 3º clasificado.
Liga Galega Xuvenil, xornada 17
- Resultado: Dumbría - Cerceda (3-0)
- Dumbría: Jorge, Jacobo, Raúl Lestón, Pablo, Canario, Marcos Mouro, Gabi, Mauro, Edu, Juan de Dora e Isma. Tamén xogaron: Jose Miguel, Borja, Maikel e Raúl Lago.
- Goles: 1-0, m.55: Juan de Dora; 2-0, m.65: Juan de Dora; 3-0, m.75: Juan de Dora.
Polo ano pasado
Lembraron moitos a pelexa do ano pasado, cando o Cerceda eliminara da primeira fase de Ascenso ao Dumbría no Conco xa no desconto, cando todo pintaba á prórroga. Ao final o cadro de Leis e Lobelos tiveron que pelexar pero acadaron o ascenso á Liga Galega onde o pasado mércores, nun encontro adiantado a antes de fin de ano, os dumbrieses demostraron a súa superioridade e por que están tan arriba.
Dominaron os locals de principio a fin pero na primeira parte non acertaron as ocasións que tiveron. Si o fixeron na segunda. Un gran pase de Gabi a Isma provocou o primer gol xa que Isma cedeulla a Juan que marcou a placer. De novo Isma asistiu no segundo a Juan que volveu a marcar a placer e a pouco do final fixo o terceiro.
Con este triplete Juan de Dora métese de novo na loita polo Pichichi, pois suma 15 tantos, polos 18 do viveirense Arturo e do coruñés do Montañeros Claudio.
O triunfo é dedicado o cadete Carlos que xa debutara co equipo xuvenil e esta semana foi operado dunha rotura de tibia.
División de Honra Cadete, xornada 17
Josiño, o capi dos Cadetes do Dumbría, estivo imperial en defensa xunto a Ayuze-Foto-Marta Coronilla- Resultado: Dumbría - Bertamiráns (1-1)
- Dumbría: Juan, Esteban, Josiño, Ayoze, Juan Álvarez; Brais Fdez. (Mario, m.73), Fabio; Martín, Adrián, Lojo (Erre, m.41) e Fran Moreira (Tajes, m.50).
- Goles: 0-1, m.7: Manukyan aproveitando un erro do meta local Juan; 1-1, m.60: Martín tras unha falta de Adrián.
Moi vivos
Se esquecemos a acción do gol e un par de contras, o Dumbría tivo o pleno control do partido ante todo un 3º clasificado. O cadro de Huelvis soubo repoñerse ben ao gol inicial, e lonxe de perdela confianza, como noutras ocasións, foron arriba e tiveron boas ocasións por medio de Fabio e Adrián no primeiro tempo.
Xa no segundo tempo, a entrada de Erre deu moita profundidade, e provocou unha falta que acabou sendo o empate de Martín. Aí, o porteiro salvou aos visitantes sacando co pé unha gran acción de Tajes, e outra de Adrián que sacaron entre un defensa e o porteiro. Os dumbrieses remataron o partido volcados arriba, con Josiño e Ayoze imperiais en defensa, e un Juan que se resarciu do erro inicial con dúas paradas en sendas contras que salvaron un punto.
A sensación é que, pese a clasificación, o equipo está moi vivo, e agora veñen partidos importantes para seguir sumando e hai que seguir na mesma liña.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
- X.15: Doble alegría.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info∫@quepasanacosta.com).