Sábado. 21.05.2022
El tiempo

Ligas Galegas: Un potiño quente e un xerro de auga fría

Ligas Galegas: Un potiño quente e un xerro de auga fría
Isma marcou a pase de Juan de Dora-Foto-JP Isma marcou a pase de Juan de Dora para o equipo da Doble L-Foto-JP

Continúa o mesmo guión para os dous equipos dumbrieses nas Ligas Autonómicos, e se parece que o ano que vén o cadro Cadete xogará na Liga Galega, esperamos ter a sorte de ver aos xuvenís na Liga Nacional.

Liga Galega Xuvenil, xornada 23

  • Resultado: Órdenes - Dumbría (0-4)
  • DUMBRÍA: Bruno, Eloy, Jacobo, Pablo, Canario, Yeray, Isma, Maikel, Juan de Dora, Marcos Mouro e Gabi. Tamén xogaron: Borja, Edu e Mauro.
  • Goles: 0-1, m.23: Juan de Dora de falta; 0-2, m.45: Isma a pase de Juan de Dora; 0-3, m.81: Juan de Dora de penalti; 0-4, m.88: Juan de Dora presiona unha cesión ó porteiro e rouba para marcar.

Triplete

A pesar de seguir contando con varias baixas importantes (Roberto, Javi, Toja e Ivan Baña por lesion, Jose Miguel por sanción e Raúl, xa habitual do primer equipo ) e algún xogador como Mauro que se vestiu a pesar de estar lesionado, os dumbrieses sacaron adiante un partido de eses denominados trampa. Clave foi deixar a portería a portería a cero e esperar polas ocasións, e contar cun Juan de Dora que segue en estadode gracia.

Partido condicionado polo forte vento que dominou o Dumbría de principio a fin. Pouco a pouco foron caendo os goles.

 

División de Honra Cadete, xornada 22

  • Resultado: Galicia Caranza - Dumbría (2-1)
  • DUMBRÍA: Isma; Esteban, Ayoze, Luís Mayán, Erre; Josiño; Martín, Juan Álvarez, Fabio, Mario; Fran Moreira. Tamén xogaron Moi, Brais Fernández, Lojo e Jonathan.
  • Goles: 0-1, m.14: Erre, remata de cabeza un córner botado por Martín; 1-1, m.32: Manu Vidal culmina de tiro cruzado unha boa combinación do ataque ferrolá; 2-1, m.55: Álex Fernández remata no segundo pau unha contra.

Xerro de auga fría

Xerro de auga fría, e non só pola chuvia na mañá sabatina ferrolana, senón pola sensación de ter deixado unha oportunidade de sumar importantísima, dado ademais o bo facer do equipo durante boa parte do encontro. O partido comezou coa idea do Caranza de tratar de sair co balón controlado, pero que sufría e moito diante da organizada presión dun Dumbría enchufadisimo. Durante os 25 primeiros minutos xerou 6 corners, e 4 ou 5 5 tiros con sensación de perigo, mentres o Caranza apenas superaba o medio campo, salvo con algún envío longo. Nesa fase de partido chegou o gol do Dumbría. Martín executou desde o canto, con precisión, na zona do primeiro pau, e alí irrumpía Erre entre a defensa para remachar de cabeza.

Non sería a única do lateral xalleiro, que estivo entre algodóns durante a semana, por mor de molestias musculares. Nunha boa combinación entre fabio, Juan Álvarez e o propio Erre, este plantouse diante do porteiro, pero o seu tiro foi rexeitado. Cando se albiscaba o final do primeiro tempo, o Caranza comezou a dar mostras de perigo. Algunhas perdas na elaboración dumbrinesa eran aproveitadas polos locais para acercarse a Isma, moi seguro durante toda a mañá. Logo de varias accións a balón parado do Caranza, chegou o seu gol, tras varias paredes, que culminou Manu de tiro cruzado.

O partido chegou o descanso coas espadas en todo o alto. Reanudouse equilibrado, co Dumbría agora en contra do vento e da chuvia que comezaba a arreciar. A primeira para o desequilibrio tívoa o Dumbría, tras un pase milimétrico de Fabio, que Juan controlou ben, e executou de dereita, a súa menos boa, e o balón marchou alto por pouco.

O Caranza comezou a ter máis veces o balón no entorno da área visitante, e nun despiste, tras unha perda, armou unha xogada rápida e profunda, que rematou no gol da victoria. Logo un toma e daca constante. O Dumbría buscando, con tiros de Juan, Josiño, Lojo, e o caranza contraatacando con espacios, chocando cun sensacional Isma. Na parte final do partido, cun Dumbría volcado, incluso con Ayoze de " Alexanco", non puido chegar o gol que premiara os merecementos do equipo costeiro, que coa entrada de Brais Fernández, Moi e Lojo, se fixera coa iniciativa do xogo, diante dun caranza, replegado que defendeu con uñas e dentes o seu traballado botín.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

comentarios